16 ene 2015

Cósmica 2014: Aprender cooperando

Aprendizaxe cooperativa: aprender a cooperar - cooperar para aprender 

 O sábado pola tarde, despois de experimentar co prototipo de xogo de rol da cooperación que está a desenvolver ESF, voltaron os obradoiros a pares; e mentres media 'cósmica' descubría o teatro da oprimida, a outra media faciamos o propio coa... Aprendizaxe cooperativa!


Foi unha das experiencias máis intensivas da fin de semana pois en apenas dúas horas Laura e Rosa explicáronnos en que consiste esta metodoloxía didáctica, fixeron un rápido percorrido polo programa curricular no que elas a desenvolven e puxeron en práctica moitas das dinámicas que empregan.


Entendín que a aprendizaxe cooperativa na escola supón traballar con grupos heteroxéneos de alumnado nos que todos os membros de cada grupo rematan acadando os obxectivos educativos mediante o apoio mutuo.

Pareceume moi interesante pois imaxino que as persoas que teñan vantaxe nun campo, no canto de se aburrir, ademais de aprender a aprender, aprenden a ensinar.
O máis positivo da experiencia foi o xogo. Xogamos moito. Sentímonos como a rapazada do centro de educación primaria de Cambados onde Rosa e Laura xa están a poñer en funcionamento este sistema.


ROBERTO ROGET





Enlaces relacionados (Cósmica 2014: reunión da base social das diferentes asociacións de Enxeñería Sen Fronteiras de España en decembro 2014,  en Allariz, que tivo lugar coa cofinanciación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia)

- Emotivo carta de Gonzalo Martínez (Lalo) sobre la Cósmica
- Resumen general
 

- Taller Derivando por Allariz
- Piedra, zapato y tiza
 
- Aprender en comunidad 
- Teatro Oprimida 
- Autogestión para la lucha! 
- Aprendizaje y Servicio
Educación popular  
- Talleres (más internos) del domingo
- Vertebrando :-)
- Qué opinaron de la Cósmica (llegó la hora de la evaluación)


No hay comentarios: