19 ene 2015

Cósmica: Taller de Teatro Oprimida


Nesta pasada Cósmica tivemos a fortuna de asistir a un obradorio de Teatro d@ Oprimid@.

Obradoiro capitaneado por Ángela, Fran e Rebeca que en a penas dúas horas, conseguiron que os presentes nos plantexáramos e reflexionásemos sobre as problemáticas sociais e prexuizos que nos rodean, todo esto dende o  xogo, a improvisación e as actividades grupales.




Explicaron que cando falamos deste tipo de teatro estamos referíndonos a un método teatral baseado no principio de que o acto de transformar é transformador. Un método que busca mediante o diálogo, o cambio, o xiro de otorgar aos oprimid@s o seu dereito á palabra, e literalmente " o seu dereito a ser".


En palabras de Bogal " Aquel que transforma as palabras en versos transformase en poeta; aquel que transforma o barro en estatua transformase en escultor; ao transformar as relacións sociais e humanas representadas nunha escea de teatro, transformase en cidadán"

Os exercicios nos levaron a crear esa " realidade desexada" e  poñendo de manifesto as opresións sociais; deste xeito xurde a opción para mudar esas situacións, todo isto de forma grupal, dinámica e colaborativa.

Dentro do marco no que nos atopábamos, nunha Cósmica de ESF, este obradoiro nos aporta o coñecemento e posibilidade de plantexamentos diferentes formas de reivindicación e sensibilización para achegar a unha sociedade a idea de cambio, para ser conscientes das problemáticas e para descubrir dentro de nós mesmos se realmente somos coñecedores do que nos rodea.



ANDREA RODRIGUEZ LORENZO

Enlaces relacionados (Cósmica 2014: reunión da base social das diferentes asociacións de Enxeñería Sen Fronteiras de España en decembro 2014,  en Allariz, que tivo lugar coa cofinanciación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia)
- Emotivo carta de Gonzalo Martínez (Lalo) sobre la Cósmica
- Resumen general
 

- Taller Derivando por Allariz
- Piedra, zapato y tiza
 
- Aprender en comunidad 
- Aprendizaje cooperativo 
- Autogestión para la lucha! 
- Aprendizaje y Servicio
Educación popular  
- Talleres (más internos) del domingo
- Vertebrando :-)
- Qué opinaron de la Cósmica (llegó la hora de la evaluación)

2 comentarios:

100tolas dijo...

Foi un día xenial no que aprendimos moito do dinamismo de ESF e non nos queda dúbida de construiredes moitas alternativas novas!!! Ánimo compañeirxs e grazas por contar con 100tolas!! ;)

ESF Galicia dijo...

Grazas a vós polo dinamismo e por traernos novas ferramentas para o cambio (que xa chega de usar sempre as mesmas :DDD)