28 ene. 2017

Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil: programa 2016/2017

Un ano máis está a puntiño de comezar, e van vinte desde as primeiras xornadas "Introdución a Cooperación para o Desenvolvemento" e 17 desde que esas xornadas se convertisen nunha materia oficial da UdC, a materia Cooperación para o Desenvolvemento na Enxeñería Civil. Aquí vos traemos o programa recen saído do forno, agardámosvos os venres na aula 7 da Escola de Camiños, Canais e Portos. Podedes asistir até completar aforo na/s sesión/s que vos interese/n aínda que non esteades matriculados.

Bloque 1: INTRODUCIÓN Á COOPERACIÓN
3-feb  Presentación da materia. 

 Enquisa inicial da materia.

 Binta y la gran Idea. (ESF-Galicia)
 Dinámica de redes.


10-feb  Economía e desenvolvemento (Enrique Sáez)

 Dinámica dos cubos. (ESF-Galicia)


17-feb  Choque intercultural (Cristina Vázquez)


24-feb  Cartografía colaborativa (Alberto Varela)


Bloque 2: TECNOLOXÍAS APROPIADAS
03-mar   As desigualdades. (Atilano Pena)

  Pobreza espacial (Alberto Varela)


10-mar  Axentes de Cooperación e Axuda Humanitaria (Ofelia García, Enrique Peña)


17-mar  Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano (ESF-Galicia, Alberto Varela)
24-mar  Acceso a Auga. TpDH en abastecimento e saneamento (Enrique Peña)
31-mar  Proxectos de abastecemento. Xestión sustentable dos recursos hídricos.  (Acacia Naves)


Bloque 3: PROXECTOS DE COOPERACIÓN
21-abr  Enfoque de marco lóxico (ESF-Galicia, José Anta)


28-abr  Metodoloxías de traballo en proxectos de cooperación (ESF-Galicia)


05-mai  Experiencias da enxeñaría en Cooperación.

 Nesta clase contarase ca experiencia de antigos estudantes da ETSECCP que forma parte da base social de ESF-Galicia e a súa actividade profesional está vinculada ca cooperación para o desenvolvemento.

Valoración final asignatura

Se non podedes asistir ficade tranquilos que nos quedan polo menos outros vinte anos por diante.

26 ene. 2017

Asociacionismo Marca España

Quero compartir aquí un par de exemplos do gran apoio que se lle da e as poucas trabas burocráticas que se lle pon ao asociacionismo en España:

  1. Solicitamos un certificado de estar inscritos no Rexistro Nacional de Asociacións para así poder obter o Certificado Dixital (obligatorio xa en moitos trámites de relación coas administracións públicas, por exemplo a solicitude dalgunhas subvencións). Taxas:11,58€ (?!!!) E tardan mes e medio en mandalo!!
  2. Inscrición ou alta no Rexistro de Axentes de Cooperación de Galicia ou no de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia. Taxas: 9,65 euros. Realización de modificacións de datos neses rexistros (hai que telos ao día): 4,87 euros. Isto serve para poder acceder a unha serie de subvencións para este tipo de entidades.
Non parece isto o mellor xeito de promover o asociacionismo dende as administracións públicas, pero claro, igual é que non interesa... Polo menos nos rexistros das entidades locais (concellos) de momento non nos consta que cobren (igual é porque son a administración máis cercana á cidadanía...).

22 ene. 2017

Xornadas sobre o modelo enerxético o 18 de febreiro en Vigo

 Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras, apoiadas pola Plataforma por un Nuevo Modelo Energético unen esforzos para organizar a xornada “Enerxía e Desenvolvemento sostible. A urxencia de repensar o modelo enerxético global” que se celebrará o vindeiro sábado 18 de febreiro en Vigo, coa cofinanciación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Concretamente a idea é crear un espazo de reflexión colectivo sobre o actual modelo enerxético e os seus impactos, coñecer accións que se están desenvolvemento a nivel local, nacional e internacional para, unha vez avaliado o interese que existe por cambio o actual modelo desde distintos ámbitos, identificar accións e crear vínculos para promover un grupo de traballo no noso territorio.  Todo isto desenvolverase a través do seguinte programa:


10:00-10:15 Benvida
10:15- 10:45 Impactos sociais do sistema enerxético actual. Sonia Ramos Galdo , Grupo "Enerxía" de Enxeñería Sen Fronteiras.
10:45- 11:15   Impactos ambientais do sistema enerxético actual. Benigno Rodríguez Gómez, Universidade de A Coruña.
11:15- 11:45 Características do mercado enerxético español. José Luis Villamarín Fernández, grupo "Enerxía" de Amigos da Terra.
11:45- 13:00  Dinámica de dialogo colaborativo (I). Xeración de ideas
13:00- 13:30 Cooperativas de comercialización eléctrica. Pablo Álvarez, presidente de Nosa  Enerxía Sociedade Cooperativa Galega.
13:30- 14:00 Xeración distribuída, autoconsumo e redes intelixentes. Antón Román Portabales, estudante de doutaremento da Universidade de Vigo.
 
  14:00-15:30 Comida networking
15:30- 16:00 Enerxía e Cambio Climático: Mercados de comercio de emisións e outros mecanismos de compensación. Miguel Rodríguez Méndez, Universidade de Vigo.
16:30- 17:00 Proxectos de acceso á enerxía no Norte e no Sur. Daniel Vila Barreiro, grupo "Enerxía" de Enxeñería Sen Fronteiras.
17:30- 18:00 Organizacións Transformadoras da Sociedade Civil. Julio Campo, Plataforma por un Nuevo Modelo energético.
18:00- 19:30  Dinámica de dialogo colaborativo (II). Xeración e priorización de ideas.
19:30- 20:00 Propostas de traballo futuro.

Neste marco, queremos contar co máximo de perspectivas posibles que enriquezan a reflexión conxunta e a posterior xeración de alternativas. De aí que se busque a participación de persoas tanto de organizacións vinculadas ao sector da enerxía (profesoras/es da universidade e centros de formación profesional, centros tecnolóxicos, empresas, cooperativas, sociedade civil) así como persoas de organizacións relacionadas con sectores sensibles aos seus impactos (asociacións medio ambientais, terceiro sector, administracións públicas, organizacións políticas e de consumidores).

Dado que o aforo é limitado, para poder asistir á xornada será preciso inscribirse previamente no correo enerxia@amigosdaterra.net.  A inscrición será por orden de recepción e pecharase o día 15 as 15:00 horas, quedando habilitada unha lista de reserva para posibles baixas (por isto, prégase avisar se, unha vez anotado, non se vai poder asistir).



ENERXÍA E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE 
A urxencia de repensar o modelo enerxético global
  • Cando?
   SÁBADO 18 DE FEBREIRO
  • Onde?
   PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA
   EDIFICIO CAMBÓN (3ª PLANTA)
   R/ OLIVA Nº 3, - VIGO


Prazas limitadas!! (inscripción  en enerxia@amigosdaterra.net ata o día 15 as 15:00)

Máis información: 981 167 000 ext 1479 (de 10 a 14:30) ou info@galicia.isf.es

20 ene. 2017

Reflexionando en grupo sobre Voluntariado Transformador

Na última Xuntanza fixemos entre todas unha dinámica na que reflexionamos sobre Voluntariado Transformador. Achégase aquí unha pequena exposición das ideas que alí xurdiron:


Conceptualizando

Entendemos o Voluntariado Transformador como un cambio a nivel interno e externo.
→ Do asistencial ao existencial ←
Podería considerarse unha decisión persoal, aínda que se debate se isto é correcto ao non ser sempre tomada por unha mesma. Considerámolo unha decisión persoal ás veces inconsciente.

A autosupervisión e a autoxestión forma parte das ferramentas que fomentan o Voluntariado Transformador.

Compatibilizando

Preguntámonos se é compatible realizar un Voluntariado Transformador en traballos de xestión como por exemplo no Grupo de Administración e Tesourería. É a xestión, unha actividade utilitarista?

Consideramos que esas actividades poden ser realizadas por unha Voluntaria Transformadora, aínda que neses grupos o proceso de transformación tende a ser máis lento. Consideramos que en grupos como Educación para o Desenvolvemento ese proceso é máis rápido.
Asocación → Ferramentas
Persoas → Ganas
Implementando
 
Preguntámonos se o Voluntariado en sí é un proxecto da Asociación, e se debe ser así.

Consideramos que sí, xa que é unha ferramenta de Educación para o Desenvolvemento.

Transformando
 
Preguntámonos que cousas cambian gracias ao Voluntariado Transformador.

Consideramos que mediante el, aprendemos a diferenciar o importante do superficial e comezamos a cuestionarnos cousas.
Aprender e desaprender
Logramos crear espazos onde encauzar inquietudes. E consideramos que debemos ver os erros como unha aprendizaxe.
 
Axúdanos con todo isto ser un grupo interxeneracional, aínda que podemos parecer ás veces un grupo pechado ou estanco.

Preguntámonos se se pode transformar a todo o mundo.
 
Consideramos que non, pero que non é unha cuestión preocupante xa que sería como renunciar a gañar o trivial porque se che da moi mal o queixiño laranxa.
Primeiro transformámonos NÓS! → Axentes de cambio

A transformación na forma de pensar ás veces xurde e é importante.
Liñas vermellas
A coherencia total non existe. Se eres completamente coherente estás mal da cabeza.

Transversalizando
 
Non se pode ser completamente horizontal se entendemos por iso que todo o mundo teña as mesmas competencias e o mesmo poder, xa que podería chegar a ser como un elefante nunha cacharrería. Dubídase da horizontalidade pura porque hai xente que leva máis tempo e que constitúe unha referencia.

Propoñendo

Consideramos que sería interesante que haxa unha persoa de cada grupo de traballo participando no grupo de voluntariado.
 
Propoñemos planificar o Voluntariado Transformador. Utilizando dinámicas e indicadores. Como xa está a facer, proponse reforzalo.

Propoñemos protocolarizar o traspaso de cargos.

12 ene. 2017

Libros: O desengano da internete, de Evgeny Morozov


Un moi recomendble libro dun autor que cuestiona tecnooptimismo radical de "a tecnoloxía faranos libres", sen caer nos estereotipos luditas de rexeitamente incondicional da tecnoloxía.

Fai moito fincapé (con moitos exemplos en todo o mundo, moi de actualidade a pesares de que o libro é do 2010) na inutilidade, e mesmo perigo, de aplicar receitas baseadas na guerra fría (como de muros ou telóns, no que o caso de China é recorrente) para afrontar a censura na internete por parte de rexímenes autoritarios. O mesmo advirte sobre receitas homoxéneas en todos os casos, baseadas en cuestións técnicas e no discurso de “liberdade de internete”. Hai que adaptarse a cada caso e coxuntura política-social.

Quedámonos con dúas frases:

  • Na última década, caracterizada por un masivo repunte da cantidade e a sofisticación do control de internete, os rexímenes autoritarios demostraron ser moi creativos á hora de reprimir a disidencia grazas a medios non necesariamente tecnolóxicos. Como tal, a maioría dos cortalumes que deben destruirse son de naturaleza máis social e política que tecnoloxica.
    Eugeny Morozov (O desengano de internete)
  • A información quere ser libre, pero tamén quenes a intercambian

Tamén queremos deixar o seguinte parágrafo, que nos parece que resume ben as teses de todo o libro:

En definitiva, sosteño que a única forma de conseguir que internet desenvolva o seu potencial emancipador é abrazar tanto o ciberrealismo como o ciberagnosticismo. O ciberrealismo axúdanos a evitar confundir o sociotécnico co puramente técnico, e a restaurar as dimensións políticas e sociais que tenden a extraviarse cando a tecnoloxía explica o mundo (unha confusión condenada a producirse cada vez con maior frecuencia, a medida que aumenta a importancia cultural de internet). Os ciberrealistas comprenden que o mundo circundante é o produto dunha complexa interacción entre factores sociais e tecnolóxicos, e néganse a priorizar como dominante calquera destes dous conceptos. O ciberagnosticismo, pola súa banda, protéxenos da perniciosa influencia das actitudes condicionadas pola cultura (xa sexan utópicas ou distópicas) cando analiza tecnoloxías concretas. Protéxenos do esgotador debate acerca de si internet é bo ou malo, e permítenos pensar con máis claridade e sen necesidade de cuestionar que significa o noso exame dunha tecnoloxía concreta para o ámbito cultural máis amplo de internet. En suma, o ciberrealismo axúdanos a percibir as tecnoloxías de internet tal como están situadas no mundo sociotecnolóxico, mentres que o ciberagnosticismo axúdanos a analizalas, incrementalas ou combatelas sen ningunha parcialidade ideolóxica. Pensar que poderemos chegar a utilizar internet como ferramenta para fomentar a democracia sen respectar estes dous ideais cognitivos é o desengano de internet na súa forma máis pura.

10 ene. 2017

Boletín Oficial Esfeiro: xaneiro 2017

  O pasado día 28 de novembro na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións de Vigo organizamos con Amigos da Terra unha charla sobre obsolescencia programada e electrónica ética. Podedes ver os relatorios aquí. Ademais, aquí tendes os cursos en liña da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras abertos para febreiro (ao que probablemente se una o de incidencia política).



CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


    No noso blogue de vida asociativa podedes ver en decembro a crónica das xornadas e obradoiro de bioconstrución de Vigo coorganizadas coa Asociación ESPIGA (en tres entregas: visitas técnicas, xornadas e obradoiro). Tamén podes ver as crónicas do Congreso Nacional de Medio Ambiente (CONAMA), ao que asistiron dúas persoas de ESF Galicia (tamén con tres entregas: unha introdución sobre o CONAMA, auga e infraestruturas verdes). A mediados de mes resolvéronse os premios dos certames de poesía e fotografía, aquí podedes ver as obras gañadoras! Foron datas tamén de formacións e encontros da base social (o Nadal parece que invita a iso, ademais de que moita esfeirx da diáspora volve a Galicia). O CEXEF, con quen estamos a colaborar, organizou en A Coruña un par de eventos moi interesantes, ademais dos organizados por ESF en A Coruña (para falar sobre o Dereito á Auga no sur de Honduras) e Lugo (sobre Soberanía Alimentaria en Galicia e Centroamérica). Rematamos o ano dando noso apoio á campaña prosaharauí #EspañaNoDescoloniza.



BLOGUE HONDURAS

    En decembro en Honduras estivemos a tope pechando sendos proxectos financiados por Cooperación Galega da Xunta de Galicia (un do programa de Dereito á Auga e outro do programa de Soberanía Alimentaria), así como outro do programa de Soberanía Alimentaria financiado polo Concello de Lugo (aquí podes coñecer os programas que estamos a desenvolver en Honduras e a súa historia). Aínda así, tivemos tempo de contar como funciona o modelo enerxético en Honduras (tema que nos interesa pola idea que temos de ir traballando algo o tema de enerxías renovables).



ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento



Consumo responsable



Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas

  • CAMPAÑA #EspañaNoDescoloniza. ESF ten unha relación histórica coa causa saharaui. A campaña, que parte da Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara (CEAS-Sahara), pretende aproveitar que en decembro lle corresponde a España a rotatoria Presidencia do Consello de Seguridade da ONU, e que así se faga algo en relación co contencioso do Sahara Occidental (un dos 17 territorios non autónomos recoñecidos polas Nacións Unidas e do cal o Reino de España segue a ser potencia administradora do proceso de descolonización).
  • https://nomascortesdeluz.org/
  • Globat Network Initiative

Investigación para o desenvolvemento 



Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • Boas prácticas na Cooperación e Educación para o Desenvolvemento nas Universidades Galegas. Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento
  • Manual de construcción con botellas desechables de plástico
  • Programa de desarrollo integral Champerico-Retalhuleu
  • Territorios a examen III. Análise comparada da xestión territorial
  • Adobe sismorresistente (tríptico).


E NO PRÓXIMO MES ...


    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.
 



A ESF-RASE DO MES

Lembramos a Zygmunt Bauman, que faleceu hoxe, con 6 frases seleccionadas sobre tecnoloxía e consumismo
  • Hai outros xeitos de atopar satisfacción, receitas para a felicidade humana, desfrute, digna e significativa, a vida gratificante, que o aumento do consumo que aumenta a produción.
  • A diferencia das relacións reais, é doado entrar e saír das relacións virtuais. Estas parecen elegantes e limpas, fáciles de utilizar, en comparación co pesado, lento, desordenado proceso das cousas reais.
  • É estéril e perigoso crer que un domina o mundo enteiro grazas a internete cando non se ten a cultura suficiente que permite filtrar a información boa da mala.
  • O progreso deixou de ser un discurso sobre a mellora da vida de todos para converterse nun discurso de supervivencia persoal.
  • Ademais de tratarse dunha economía do exceso e o lixo, o consumismo é tamén, e xustamente por esa razón, unha economía do engano. Aposta á irracionalidade dos consumidores, e non as súas decisións ben informadas tomadas en frío; aposta a despertar a emoción consumista, e non a cultivar a razón
  • Os móbiles axudan a estar conectados aos que están a distancia. Os móbiles permiten aos que se conectan… manterse a distancia

9 ene. 2017

Frases de Zygmunt Bauman

Lembramos a Zygmunt Bauman, que faleceu hoxe, con 6 frases seleccionadas sobre tecnoloxía, felicidade e consumismo. Hoxe a terra é máis rica e nós somos máis pobres...

  • Hai outros xeitos de atopar satisfacción, receitas para a felicidade humana, desfrute, digna e significativa, a vida gratificante, que o aumento do consumo que aumenta a produción.
  • A diferencia das relacións reais, é doado entrar e saír das relacións virtuais. Estas parecen elegantes e limpas, fáciles de utilizar, en comparación co pesado, lento, desordenado proceso das cousas reais.
  • É estéril e perigoso crer que un domina o mundo enteiro grazas a internete cando non se ten a cultura suficiente que permite filtrar a información boa da mala.
  • O progreso deixou de ser un discurso sobre a mellora da vida de todos para converterse nun discurso de supervivencia persoal.
  • Ademais de tratarse dunha economía do exceso e o lixo, o consumismo é tamén, e xustamente por esa razón, unha economía do engano. Aposta á irracionalidade dos consumidores, e non as súas decisións ben informadas tomadas en frío; aposta a despertar a emoción consumista, e non a cultivar a razón
  • Os móbiles axudan a estar conectados aos que están a distancia. Os móbiles permiten aos que se conectan… manterse a distancia