14 dic 2016

Formacións en Igualdade de Xénero en A Coruña

Dende este ano 2016 estamos colaborando co CEXEF (Centro de estudos de Xénero e Feministas) da Universidade da Coruña nun proxecto de Educación para o Desenvolvemento financiado pola Xunta de Galicia. Dentro desta colaboración, péchase o curso de Historia da Teoría Feminista, cun peche institucional e a última conferencia do curso a cargo de Sophie Bessis (una super-crack!!!). Terá lugar o vindeiro luns 19 de decembro, ás 18:30h. no espazo Cubo da Normal (Paseo de Ronda, 47), e podedes acercarvos por alí.


Ademais, o vindeiro venres 16 de decembro, o CEXEF organiza unha xornada con moi boa pinta de "As desigualdades nos usos e repartos de tempos e traballos".
Máis info en http://istoenormal.org/gl/actividades/xornada-as-desigualdades-nos-usos-e-repartos-de-tempos-e-traballos

No hay comentarios: