13 sept. 2017

¿La curación de contenidos es importante para las organizaciones de desarrollo?¿Cómo lo hace ESF?

PLAN DE CURACIÓN DE CONTENIDOS DE LA ASOCIACIÓN INGENIERÍA SIN FRONTERAS GALICIA


1. ANTECEDENTES
Con motivo del curso sobre curación de contenidos que estuve haciendo, aprovecho para reflexionar sobre la importancia de este tema para las organizaciones de cooperación al desarrollo y derechos humanos y exponer cómo lo hacemos en Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. Se agradecen las aportaciones para posibles mejoras.

ESF es una asociación de tamaño pequeño, que trabaja en Galicia y Honduras, pero con una fuerte especialización en lo que se refiere a la reflexión y acción de cómo poner la tecnología al servicio del bien común, en el marco de programas internacionales y nacionales de defensa de los servicios básicos y la promoción del pensamiento crítico. En este contexto, el filtrar y dotar de valor añadido a la gran cantidad de contenidos en las redes que hacen referencia a temas que tienen que ver con la organización es muy importante, dado que la base social la conforman mayoritariamente personas voluntarias, y el resto de público meta son personas de diversos perfiles, pero que están interesadas en tecnología o bien en desarrollo y cooperación. Además, también es importante un cierto filtrado de información "a lo interno" (apariciones en medios de comunicación u otros medios de obtener retroalimentación del trabajo de sensibilización y difusión de contenidos sobre tecnología para los derechos humanos que estamos haciendo). Posiblemente esto mismo se aplicaría a casi cualquier otra ONG de desarrollo, sea cual sea su tamaño y especialización.

En nuestro caso, dada la defensa del conocimiento abierto y el software libre que hacemos como parte del concepto de "tecnología para el bien común/el desarrollo humano" que defendemos, tratamos de emplear herramientas basadas en esos conceptos, si bien no siempre es posible (lo cual da para no pocos debates en el seno de la asociación).

En lo que tiene que ver con la curación de contenidos, los objetivos son tres:
- Generar reflexión y posicionamientos la defensa de los derechos humanos en todo el mundo, en especial en los que tienen que ver con los servicios básicos más intensivos en tecnología. Los principales temas de trabajo son el derecho al agua y saneamiento, energía, TIC y alimentación, y cómo la tecnología puede contribuir a que las personas accedan a los mismos y a su control. Se trabaja también, por tanto, la parte más “política”de la tecnología y los servicios básicos. Por ejemplo, la idea no es simplemente que se abra el grifo y salga agua, también debe ser de calidad, con un precio accesible, con mecanismos que haga que llegue a todo el mundo, y que la gestión sea participativa y transparente.
- Permitir una profundización en los temas mencionados a través de una participación directa en la generación de contenidos y diseño y desarrollo de las líneas de acción y actividades de la organización por parte de la base social (personas voluntarias, personas socias y personal laboral de la asociación).
- Medir la presencia de ESF en medios de comunicación externos a la ONG para desarrollar posibles estrategias de comunicación.

2. BÚSQUEDA DE CONTENIDOS
En lo que tiene que ver con contenidos de presencia de la ONG en medios, para la búsqueda usamos google alerts configuradas con palabras clave como ingeniería sin fronteras galicia, ingenieros sin fronteras galicia, enxeñería sen fronteiras galicia e enxeñeiros sen fronteiras galicia.
La búsqueda de contenidos en ambos casos se realiza a partir de fuentes similares, páginas especializadas en tecnología, en la disciplina CTS (ciencia, tecnología, sociedad), agencias de desarrollo, otras ONGD o instituciones de desarrollo. Estas no son solo de Galicia, aunque sí se presta atención especial a los contenidos y reflexiones generados en Galicia sobre el tema, para poder contribuir desde lo local a lo global. Esta búsqueda se facilita con lectores de RSS como feedly, así como listas de twitter y la propia red social de twitter. Facebook hace un tiempo ha hecho más complicada la interacción entre páginas institucionales, lo cual implicaría usar perfiles personales para visualizar grupos y páginas institucionales de interés (antes podían suscribirse y visualizar páginas institucionaes desde otras páginas institucionales, de forma separada al perfil personal).

3. CLASIFICACIÓN Y PERSONALIZACIÓN
Todos los contenidos donde haya referencias a ESF Galicia los clasificamos usando la herramienta DELICIOUS, a modo de clip de prensa con los enlaces a referencias clasificados por años y temas. Esto nos permite ver la evolución de la presencia de ESF Galicia en medios digitales a lo largo de los años y las temáticas por las que más aparecemos, que es en realidad el objetivo de esta curación de contenidos.
Para los contenidos de interés para los otros dos objetivos, se usan herramientas como la intranet (basada en la herramienta owncloud, como alternativa a dropbox) para el objetivo de la base social, y la wiki institucional o el boletín mensual tanto para las personas de la base social como a lo externo, donde se clasifican por temáticas distintos enlaces sobre derechos humanos y tecnología, para tener disponibles para formaciones, pensando en elaborar distintos itinerarios formativos. En algunos casos se elaboran esquemas, imágenes o gráficos usando herramientas de software libre como GIMP, Inkscape o el propio paquete ofimático de Libreoffice (aquí se elaboró una lista de equivalencias entre herramientas privativas con otras similares basadas en sofware libre).

4. DIFUSIÓN
Para la difusión, a nivel interno se usa mucho las listas de correo para los distintos grupos de trabajo, personas socias e interesadas en recibir información, y también grupos de telegram. A lo externo, los blogs, la web, redes sociales como facebook y twitter y, en menor medida, youtube y slideshare. También el mencionado boletín, que además de enviar vía listas de correo se cuelga en la web.






24 ago. 2017

Cursos e formacións de principio de curso

Para comezar o curso formándose.


Para a base social de ESF, a maiores de descontos que  se consigan nos cursos (por seren estudantes, parados, membros de ESF, etc.), ESF financia o 40% do custo dos cursos que teñan que ver coas actividades de ESF (cun máximo de 100 euros por persoa e ano, e sempre que se avise previamente á matrícula e se remate o curso presentando o diploma acreditativo de telo superado xunto coa factura/comprobante de pago):

11 jul. 2017

Descubrindo San Martiño


Escapada exprés de sábado a domingo. Isto é a nova estratexia do grupo Agro para motivar e facilitar o encontro do seu voluntariado, tan espallado polo territorio, non só galego. Esta vez o lugar elixido foi San Martiño, A Coruña, en concreto o Mosteiro do SXII de San Martiño de Ozón, autoxestionado como albergue por un grupo cosmopolita de peregrinos atrapados polo Camiño de Santiago. Recibiunos Ricardo, un italiano de mans polifacéticas que nos ensinou os rincóns do Mosteiro e nos amenizou con incribles historias sobre este espazo  abandonado durante máis de 50 anos.




De esquerda a dereita, dende arriba a abaixo: Hórreo máis antigo e o quinto máis longo de Galica e tamén o fogar de dous franceses; Ricardo na carpintería do mosteiro; Ricardo mostrándonos un dos espazos que se conservan do SXII (os tellados foron reconstruídos); Ricardo explicando a evolución do Mosteiro no seu exterior (fíxarse no arco semienterrado); espazo común para a realización de actividades varias (antigamente eran as cortes); vista do exterior do Mosteiro; Cruceiro na entrada ao Mosteiro



A reunión de grupo comezou no patio e terminou, pasada a medianoite, despois de compartir unha cea deliciosa na compaña doutros peregrinos chegados dende Europa e EEUU. Antes de durmir, Ricardo sorprendeunos cun espectáculo de lume que nos deixou a todos coa boca aberta.

O domingo dedicámolo a coñecer o roteiro das Caldeiras de Castro, que aínda con algún retraso na saída, conseguimos chegar para poñernos a remollo e comer antes de que se cerrara a chover. 
Algunhas conclusións desta xornada son: o roteiro non está ben sinalizado mais o voluntariado de agro precisa practicar o sentido da orientación; o roteiro é mostra da paisaxe actual de Galicia: o monocultivo, os incendios e o rural abandonado

Despedímonos en Muxía, onde fixemos algo de turisteo antes de espallarnos de novo cara os nosos destinos, xa cos plans feitos para a próxima Agro-xuntanza…


21 jun. 2017

Proxecto fin de carreira informática. Tetris dos Dereitos Humanos

Ofértase un Proxecto Fin de Carreira (PFC) (ou Traballo Fin de Grao/Mestrado, TFG/TFM) para carreiras da Facultade de Informática da Universidade da Coruña no ámbito da Educación para o Desenvolvemento e enfocado na difusión do que se coñece como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano (TpDH).

A idea do proxecto consiste no desenvolvemento dun videoxogo tipo tetris que sexa software libre e incorpore conceptos de Cooperación para o Desenvolvemento e Dereitos Humanos no seu deseño. Na proposta de anteproxecto, máis abaixo, hai información máis detallada sobre o que se está a propor, que se basea no concepto de ludificación ou gamificación para transmitir conceptos (neste caso, sensibilizar sobre os dereitos humanos como a auga, a enerxía, a alimentación ou as TIC).

O traballo desenvolveríase dentro da Facultade de Informática da Universidade da Coruña, ben como PFC da extinta titulación de Enxeñería Informática, como TFG do Grao en Enxeñería Informática ou como TFM do Mestrado Universitario en Enxeñería Informática. Os directores do traballo seriamos Miguel Segade (ESF Galicia) e Emilio J. Padrón (UDC).
Ademais, co compromiso de impartir un pequeno relatorio/charla tras a súa finalización, ESF gratificará con 400€ (menos impostos) á persoa que desenvolva o proxecto.

Na páxina de ESF Galicia pódense atopar outras propostas e ideas para proxectos académicos no eido da Educación para o Desenvolvemento: https://esfgalicia.blogspot.com.es/2017/02/proxectos-academicos-con-esf-galiciase.html

Proposta de Anteproxecto

Título

Tetris dos dereitos humanos

Obxectivo

Proxecto de difusión da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano na comunidade educativa e profesional de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral 2016-2017.
Obxecto da proposta e produto esperado: Elaborar un videoxogo de «Tetris dos Dereitos Humanos».
En concreto, preténdese obter:
  • O xogo en si como elemento de ludificación para achegar contidos de Dereitos Humanos a persoas con pouco contacto con estes temas.
  • Un Proxecto Fin de Grao na Facultade de Informática con contidos de Educación para o Desenvolvemento, como xeito de visibilizar a tecnoloxía como posible ferramenta de ruptura co modelo extractivista no que as tecnoloxías dixitais naceron, explorando o seu potencial emancipador, e todo iso dentro dunha facultade onde se forman futuras profesionais (e exemplarizante tamén para profesorado).

Descrición

Antecedentes e xustificación da proposta

Enxeñería sen Fronteiras (en adiante ESF) é unha asociación independente, sen ánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e poñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano. Neste sentido, o proceso de participación voluntaria enténdese coma un fin en si mesmo e como un mecanismo para a transformación persoal e social.

O 17 de novembro de 2012 aprobouse na segunda Asemblea anual de ESF Galicia a nova Planificación Estratéxica da asociación (2013-2017). Dito documento, realizado pola práctica totalidade das persoas que conforman a entidade, inclúe como un dos piares máis importantes da acción da asociación o traballo en Educación para o Desenvolvemento (en adiante EpD). Varias liñas estratéxicas de traballo previstas nesa planificación entran dentro desta área de traballo, e considéras necesaria a consecución de financiación externa para asegurar o seu correcto desenvolvemento. Unha desas liñas fai referencia a transversalización de contidos en dereitos humanos e EpD nos estudos universitarios tecnolóxicos, co enfoque de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano e a emancipación, onde ESF pretende especializarse. Ademais da elaboración de materiais didácticos e organización de xornadas no eido formal e non formal, hai tempo que se queren explorar novos xeitos de levar estes contidos a poboación “non sensibilizada”, usando canles populares. O xogo é unha destas canles, que xa hai anos ESF explora elaborando versións de xogos populares como o Risk (elaborando un Risk enerxético) ou xogos de cartas máis elaborados con gran aceptación entre público novo (e xa non tan novo), como o xogo de cartas Co-operación. O concepto de ludificación ou gamificación1 no eido de impulsar aprendizaxes de conceptos, actitudes e valores da educación para a emancipación non é, pois, novo para ESF, pero si o é o facelo a través de xogos baseados en tecnoloxías informáticas, que é o que se propón aquí.

Dado que o videoxogo elexido a priori, o Tetris, é xa parte da cultura pop, quérese explorar o potencial para atraer público interesado en xogos (dende xente máis nova xa a mediana idade) dándolle certo contido sensibilizador no eido dos Dereitos Humanos. Deste xeito se intenta sensibilizar a xente que pode xogar co producto elaborado (e pode ser que nin se fixe noutros contidos, de aí o desafío técnico e gráfico de visibilizar os contidos en Dereitos Humanos integrándoo perfectamente coa dinámica do xogo), e ademais usar isto para transversalizar actividades cun enfoque de educación para o desenvolvemento na facultade de Enxeñería Informática, xa que a proposta é que o xogo se poida ofertar como posible Proxecto Fin de Grao para a programación e o deseño gráfico, co asesoramento dun titor académico (profesor na Facultade) e do seguemento do grupo de EpD de ESF Galicia, apoiados polo técnico de EpD da asociación.

Idea de xogo e desenvolvemento

Se parte das premisas:
  • que o xogo se poida usar en PC e tamén en teléfonos móbiles
  • que teña apariencia sinxela, pero en cor (para poder usar as cores como diferenciación de diversos servizos básicos aos susceptibles de ser Dereito Humano)
  • que poida integrar pequenas informacións en texto xunto coa aparición das pezas a encaixar no proceso de xogo
  • que teña algún nivel de dificultade para contrastar diferencias entre países
Existen diversos proxectos libres de desenvolvento do Tetris, que xa teñen traballados deseños de pezas, fondos e outras capas ou librarías que se poderán empregar.
A idea é que as pezas que se encaixan en cada nivel, que son de diversas formas e cores, teñan asociadas:
  • a cada cor un servizo básico de base tecnolóxica vencellado a un Dereito Humano (nesta fase empezaríamos coas que soe traballar ESF Galicia: azuis a auga e saneamento; amarelas a enerxía; laranxa as TIC; verde a alimentación)
  • a cada forma un elemento que conforma a facilidade (as máis sinxelas de encaixar) ou ameaza (as máis complicadas) para o aseguramento dun servizo básico (por exemplo: as cadradas unha lexislación, participación e institucionalidade axeitada; as alongadas unhas infraestruturas axeitadas; as de forma de L eivas nas infraestruturas; as de forma de Z corrupción, etc.).
A idea é que ao inicio do nivel correspondente se informe brevemente do “entorno” (país) no que se xogará ese nivel e en que servizo básico, con alguha información do estado dese Dereito Humano ao servizo básico no país. Logo, a medida que cada peza vai aparecendo, que apareza tamén o elemento do dereito humano a que se refire a peza (para que se xogue, pero sendo consciente por que é máis ou menos fácil de encaixar a peza en cuestión).
Os niveles virán dados polas cores das pezas, que logo poderán xa mezclarse para xogar niveles con todas as cores (os 4 servizos, que en realidade van interrelacionados), e tamén respecto ao país (que determinará a dificultade de xogo tanto no número de pezas “complicadas” para encaixar como na velocidade á que caen como mesmo no espazo de colocación das mesmas). A priori se propón facer dous países ou rexións, que poden ser Honduras (ou o Golfo de Fonseca) e España (ou Galicia), empregando datos reais para ilustrar cada peza e nivel.

Metodoloxía

Para o desenvolvemento do proxecto empregarase unha metodoloxía áxil, con 'sprints' dunha ou dúas semanas nos que se irá engadindo funcionalidade ao videoxogo, tras unha pequena fase preliminar de análise de requisitos e busca de proxectos libres relacionados que se poidan aproveitar para o desenvolvemento.
O desenvolvemento seguirá a filosofía do software libre, cun repositorio público onde se irá compartindo todo avance do proxecto.

Fases

  1. Análise de requisitos e obxectivos e estudo de proxectos libres relacionados.
  2. Planificación do proxecto en función das restriccións temporais da estudante
  3. Bucle: Sprints dunha ou dúas semanas nos que se desenvolverá o proxecto

Material

Un ordenador e conexión a internet. Todas as tecnoloxías empregadas no desenvolvementos serán de fonte aberta.

Departamento

Enxeñería de Computadores (antiguo Electrónica e Sistemas)

Directores

Miguel Segade (ESF Galicia) e Emilio José Padrón González (UDC). Para contactar: info[arroba]galicia.isf.es ou emilioj[arroba]udc.es

19 jun. 2017

VINDE XA. VENID YA

Enxeñería Sen Fronteiras apoia a campaña Venid Ya.

  • 1.499 reasentadas de Turquía, Líbano ou Grecia que teñen que chegar antes do 20 de julio de 2017.
  • 15.888 reubicadas de Italia ou Grecia que teñen que chegar antes do 26 de setembro de 2017.
A pesar das campañas, mobilizacións e do respaldo dunha grande parte da cidadanía, o Goberno español non está a cumprir os seus compromisos e en maio de 2017 só acollera a un 7,5% das persoas refuxiadas.

Esiximos que se respecte o Dereito Internacional, os Dereitos Humanos e os compromisos asumidos. Un xeito de esixilo é mediante un contador de tempo con conta atrás que amosa os días, horas, minutos e segundos que quedan até a data final do 26 de setembro.

16 jun. 2017

Soberanía tecnolóxica é moito máis que soberanía dixital

A soberanía tecnolóxica vai na liña das "novas soberanías" (nas que ten un papel cada vez máis esencial). Sóese falar de "soberanía tecnolóxica" como sinónimo de "soberanía dixital", o cal naturalmente non é nada preciso. Sobre soberanía tecnolóxica (sobre todo dixital) é super-recomendable este dossier e tamén o blogue de RamónRamón.

Ocorre é que hai moitos elementos da soberanía dixital que permiten comprender moi ben conceptos de soberanía tecnolóxica, como nos respondeu Stallman na Coruña comparando o problema do software privativo coas patentes das sementes.

Todos estes conceptos van moi na liña do que vimos definindo como tecnoloxía para o desenvolvemento humano-TpDH (se ben este último concepto na miña opinión ten unha compoñente moito máis "ética" e de defensa do ben común do que quizais teña a soberanía tecnolóxica "per se", posiblemente a soberanía tecnolóxica faga máis referencia á forma e a TpDH ao "fondo" ou "fin").

Aquí temos uns enlaces interesantes para formarse máis sobre soberanía dixital (e outras soberanías como a alimentaria ou a enerxética).

12 jun. 2017

Novas soberanías: alternativas ao modelo extractivista baseado na dominación de persoas e ambiente


Hildebrando Vélez sinala que, da loita pola soberanía e do desenvolvemento do concepto de soberanía, hai algúns aspectos a destacar. Desde a filosofía e a política emerxe a necesidade de adoptar unha postura ética que convida á construción de sociedades sustentables, con respecto pola vida e polas xeracións vindeiras, e co principio de precaución como ferramenta de construción de xustiza para cos outros. Debates sobre a relación entre “o soberano” e “o pobo” lévannos a asumir unha postura sobre as formas de goberno, a descentralización do poder, etc., que poida validarse como alternativa a un modelo que está a deixar a demasiadas persoas nas periferias. Así mesmo, cando de gobernanza se trata, hai que referirse a políticas sectoriais concretas, por exemplo, á maneira como se aproveita e usa a enerxía, como e para que se producen os alimentos, ou como se manexa a información neste mundo hiperconectado con TIC. A soberanía condúcenos a tomar postura fronte á democracia e o exercicio real de cidadanía, que non pode quedar suxeita á democracia formal atrapada polas elites que monopolizan o sistema representativo, nin pode reducirse á seguridade do capital e a tecnociencia que nos fan cada vez máis dependentes e menos conscientes, co perigo de que o modelo extractivo nos leve até o punto de non retorno para os ecosistemas. Preocúpanos especialmente o optimismo tecnolóxico que fomenta o pensar que “aparecerá algo” que reverta a situación, aínda que sexa a posibilidade de levar o modelo a outros planetas abandonando o actual cando xa non sirva aos intereses da elite que, ao cabo, será a beneficiada. Por iso, como sinala tamén Hildebrando, é fundamental na loita pola soberanía fomentar a interrelación entre os pobos, máis aló dos límites ficticios que promoven os estados.

A soberanía popular, en definitiva, é o poder auto-constituínte (que fixa as súas propias regras e acátaas) que deriva da unidade dos pobos, dos desposuídos e os desterrados, orientando a súa capacidade de autogobernarse e crear novas institucións e novas relacións económicas e sociais, ou cando menos de cuestionar as políticas e institucións tradicionais e incidir sobre elas, para edificar un mundo sustentable entre os seres humanos e cos ecosistemas. Trátase, pois, dun concepto que bebe moito dos movementos autoxestionarios, aumentando a co-responsabilidade das comunidades, parte importante dos sistemas complexos para solucionar problemas complexos que Elinor Ostrom estudou.

Sen dúbida as soberanías están a construírse a partir accións concretas como as loitas populares en lugares diversos do mundo, desde as comunidades rurais hondureñas que están a ser presionadaspor intereses extractivistas, aos colectivos de makers no rural galego, ou de quen buscan modelos de empresa alternativos como o cooperativismo enerxético. Un dos retos que esta situación expón é o de fortalecer o traballo pedagóxico con e para que a sociedade civil orientemos soberanamente o noso futuro no acceso aos servizosbásicos que necesitamos para vivir, e que ademais son un dereito humano (que en demasiadas ocasións os estados, no caso de recoñecelos, non están en condicións de asegurar). A construción de alternativas cara a unha nova matriz enerxética, alimentaria ou dixital que rompen co colonialismo tecnolóxico e a dependencia científica, é outro alicerce fundamental nesta loita. Detrás das novas tecnoloxías, dado o contexto en e para o que naceron, hai monopolios que impiden a ecosuficiencia e a ecoeficiencia, así como o aproveitamento democrático das mesmas para asegurar unha vida mellor e o ben común. 

O reto é procurar que as soberanías enerxéticas, alimentaria, dixital, etc., sexan factores de unidade das loitas e permitan instaurar no mundo xustiza e equidade. Neste sentido hai que construír os “vivideiros” que dicía Hildebrando (ou sementes demostrativas, como se mencionaba no documento “Organizaciones de la Sociedad Civil Inteligentes”), lugares e espazos dounde vivir e construír esta soberanía, a modo de pequenas sementes de demostración do cambio. 

...pequenas sementes de demostración e cambio...


Estas soberanías danse articuladamente, por exemplo a soberanía alimentaria non pode ser dependente de tecnolóxicas petroadictas, como tampouco o pode ser o coidado das sementes de agroquímicos derivados do petróleo, ou de máquinas cuxo software e mecánica están cubertos por patentes (non tan distintas das patentes de sementes). Así que estas soberanías son tamén, en sentido xeral, unhas formas de ser, de habitar e ocupar os espazos e construír as paisaxes; son maneiras de relacionar a nosa espiritualidade, o noso corpo e o noso territorio, ou os nosos grupos de afinidade na rede, como cidadanía que pode pensar e colaborar cada vez máis globalmente (cidadanía dixital).

2 jun. 2017

Boletín Oficial ESFeiro: BOE xuño 2017

Este mes, dende o grupo de enerxía de ESF Galicia chámannos a apoiar á campaña "Un millón sáese" da Plataforma por un Novo Modelo Enerxético, da cal formamos parte, que convida á cidadanía para contratar electricidade de orixe 100% renovable con comercializadoras e cooperativas situadas a favor da transición enerxética. O obxectivo da campaña é lograr que polo menos un millón de usuarios abandonen o oligopolio eléctrico, contribuíndo a avanzar cara a un novo modelo enerxético sustentable, xusto e democrático.





CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    En maio difundimos no blogue a nova interface do Índice Mundial de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano, versión 2.0, onde se pode modificar a ponderación dos distintos indicadores que forman o índice. Ademais, se poden ver as crónicas do que se falou nas xornadas Os retos da cooperación municipalista na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, e da visita da xente do noso grupo de Desenvolvemento Rural a Negueira de Muñiz, para coñecer exemplos de comunidades con alto grado de autoxestión.



BLOGUE HONDURAS

    No blogue de Honduras non houbo actividade en maio, xa que todos os esforzos de ESF e as nosas organizacións socias hondureñas están centrados en preparar os dous novos proxectos para os que imos pedir subvención a Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Un deles será para darlle continuidade ao programa de promoción do Dereito á Auga na Mancomunidade de NASMAR. Continuarase con experiencias e boas prácticas de bombeo con enerxía solar, contadores de auga, etc. fortalecendo a persoal técnico e ás xuntas de auga locais e, sobre todo, reforzando o concepto de xestión integral dos recursos hídricos integrando elementos de enfoque de vacía hidrográfica e hidroxeoloxía. O outro proxecto será con CODDEFFAGOLF, fortalecendo ás bases da organización no eido da pesca e agricultura artesanais con enfoque de soberanía alimentaria, integrando elementos de cartografía participativa para a denuncia ambiental.



ENLACES DE INTERESE


Auga



Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable



Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento

Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:



E NO PRÓXIMO MES ...



    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.


A ESF-RASE DO MES

“A guerra é unha masacre entre xentes que non se coñecen, para proveito de xentes que si se coñecen pero que non se masacran.”
Paul Valéry