23 feb. 2017

Obxectivos para o Desenvolvemento Sustentable (ODS) Obxectivo nº 2 dende a soberanía alimentaria

Segundo a ONU actualmente viven 795 millóns de persoas pasando fame e no 2050 estímase que serán 2000 millóns. Neste documento recoñecen, que aínda habendo alimentos para todos os habitantes do planeta, unha de cada nove persoas pasa fame. Este feito xustifícano, literalmente, da seguinte maneira “As malas prácticas de recolección e o desperdicio de alimentos contribuíron a escaseza de alimentos. As guerras tamén afectaron negativamente a dispoñibilidade de alimentos e provocaron a destrución do medio ambiente, que é fundamental para cultivar alimentos” É dicir, o descoido na recolección, comercialización e consumo, ademais dos desastres humanos e ecolóxicos das guerras, son o principal motivo da fame no planeta. 
En xaneiro de 2016 entraron en vigor os 17 ODS incluídos na Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable aprobada na Cume para o Desenvolvemento Sustentable das Nacións Unidas en New York en setembro de 2015. O ODS nº 2 defínese como Poñer fin a fame, acadar a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sustentable. Para acadar este obxectivo definíronse 8 indicadores (metas) que se poden consultar neste enlace. En 3 dos 8 indicadores déixase entender que realmente o problema está na produtividade dos agricultores, especialmente do pequeno campesiñado, agricultura familiar, etc, e non tanto no desperdicio dos alimentos e guerras como se xustificaba no inicio.
En 5 dos 8 indicadores suxírese que a solución pasa pola introdución do campesiñado no mercado. Pero, pode competir o pequeno campesiñado no mercado global da alimentación? Conseguirase en 15 anos o reparto equitativo das terras? E a recuperación do 33 % do solo fértil degradado, segundo a FAO, no planeta? Conseguirase a erradicación dos conflitos armados, moitos deles polo propio interese dos recursos naturais dos territorios disputados? Conseguirase nese tempo a concienciación da sociedade de consumo para que compre produtos xustos socialmente e producidos de forma ambientalmente sustentable? Conseguirase que o prezo destes alimentos sexan accesibles por todas as persoas e non exclusivamente polas elites sociais? Están as universidades formando a profesionais que poidan dirixir e apoiar un modelo agroalimentario basado na soberanía alimentaria mais que no negocio agroalimentario? Claramente bótase en falta, aló menos, un indicador do tipo “en 2030 todas as persoas estarán informadas das consecuencias ambientais e sociais da agroindustria”
E para incentivar a creatividade na educación do consumo responsable, un exemplo impulsado por VFS Justicia Alimentaria Global:


Corto: "Planeta azucar", do director David Salvochea, dentro do Programa "25 gramos" para a concienciación dos problemas de saúde causados polo consumo de azúcar a través dos productos procesados

People4Soil: Iniciativa Cidadá Europea pola protección dos solos

    As iniciativas cidadás europeas (ICEs) son mecanismos que permiten propoñer ante a Comisión Europea solicitudes formais de lexislacións concretas. Neste caso, máis de 350 organizacións e institucións europeas apoian a ICE “People4Soil”, ou tamén bautizada no estado español como “Protejamos nuestros suelos”. No prazo dun ano, ata setembro de 2017, é preciso recoller un millón de sinaturas para que se poida solicitar a creación dunha lexislación europea específica para a protección dos solos en Europa, actualmente inexistente. Xa suman 25.000 firmas pero estase moi lonxe de conseguilo obxectivo.



    Enxeñería Sen Fronteiras-Galicia quere apoiar e dar voz a esta ICE porque entende e comparte totalmente o sentir da urxencia de actuación. Estímase que a taxa anual de selado do solo en Europa é de 1000 km cadrados. Por outra banda, para a creación de 10 cm de solo fértil considéranse que son necesarios 2000 anos. O solo é a base de calquera ecosistema terrestre. Un solo degradado supón a degradación do ecosistema que sustenta, así como daqueles que interaccionan con este. Dende a óptica da soberanía alimentaria que defende ESF, non hai soberanía sen terras fértiles nas que cultivar. Tampouco en Europa.


10 feb. 2017

Convocatoria 4 prazas Programa de Coñecemento da Realidade 2017

Un ano máis, convocamos as prazas do Programa de Coñecemento da Realidade nos nosos países de traballo (Honduras). Son 4 prazas, 2 dentro do programa de Dereito Humano á Auga e outras 2 dentro do programa de Desenvolvemento Rural e Soberanía Alimentaria.

O prazo para solicitar remata o día 24 de febreiro

A continuación podes consultar as bases ou descargalas de aquí. Calquera dúbida podes preguntala en info@galicia.isf.es



8 feb. 2017

Proxectos académicos con ESF Galicia.Se queres que o teu PFG-PFM sexa algo máis...

Como cada ano, temos un catálogo de ideas sobre proxectos fin de grao ou máster para distintas titulacións (NON SÓ ENXEÑERÍA). Se tes algunha dúbida ou consulta non dubides en contactar a info[arroba]galicia.isf.es poñendo en asunto "proxecto fin de carreira".
As que temos máis concretadas, son dúas posibilidades de Proxecto Fin de Mestrado, en colaboración con profesorado das Facultades de Enxeñería Informática e da Escola Politécnica de Ferrol, ambas da Universidade da Coruña, que podedes consultar a continuación:

  • Material de apoio para a especificación e avaliación de proxectos de bombeo fotovoltaico en Honduras. TITOR: Rodríguez Gómez, Benigno Antonio. Máis información na páxina 13 deste documento.
  • Tetris dos Dereitos Humanos. Titores: Emilio Padrón (UDC) e Miguel Segade (ESF Galicia). Ver máis información neste documento. 



Ademais, hai outras posibilidades abertas, que habería que concretar máis e ver se se aceptarían nas facultades correspondentes, así como se os prazos que manexe a persoa solicitante se adaptan á nosa dispoñibilidade. Serían aptas para distintas titulacións das distintas universidades galegas e as compartimos aquí por se estás interesada ou sabes de xente que poida estalo:


ARQUITECTURA:

  • Proxecto de deseño dunha vivenda tipo "passivehauss", vivendas pasivas, para o calor do sur. Son vivendas pasivas enerxéticamente ao máximo posible. É dicir, que non precisarían moito aire acondicionado. Inclúen máis cousas que o aillamento térmico. Xogan con exposición ao sol, circuito de aire, etc. A dificultade é propoñer materiais, penso, pero creo que poderiamos conseguir esa info dunha ou outra maneira...
  • Deseño de elementos para prazas públicas para sombreo, refresco, e disfrute, a baixo custe.
  • Proxecto de embelecemento dos espazos públicos de San Lorenzo (Honduras).
  • Proxecto de construcción dunha vivenda tradicional de adobe, sismorresistente e con solucións ás necesidades de servizos básicos.
  • Proxecto de vivenda ecolóxica a baixo custe digna. Técnicas posibles a aplicar: colleita de auga? placas solares? aillamento térmico? Tratamento ecolóxico augas? )
  • En San Lorenzo (cidade do sur de Honduras onde temos sede de ESF Galicia) hai un déficit alarmante de canchas de deporte. Deseño de cancha multiuso e fácil de implementar nos espacios públicos (importante que teña sombra, estamos no "forno de Centroamérica")


ENXEÑERÍA CIVIL, OU ENXEÑERÍA OBRAS PÚBLICAS:

Algún dos anteriores, como o dos espazos públicos poderá valer para estas titulacións tamén (e das que hai aquí igual tamén serven para a anterior).

  • Análise de alternativas ou deseño de un sistema de bombeo de auga mediante enerxía solar para comunidades rurais adaptado ás condicións e recursos do sur hondureño. Estamos implementando un na comunidade (aldea) de Varsovia, na municipalidade de El Triunfo, que nos serve de refencia.
  • Proposta de transformación da praza que hai frente á camaronera nunha praza de aproveitamento social. Hoxe ten unha cancha de basquet e un descampado onde aparcan os buses que traen ao personal da camaronera, cando hai traballo.
  • Deseño do sistema de auga en Nueva Concepción ou outras comunidades no Triunfo, ou no Marañonal, en San Lorenzo (levantamento topográfico feito).
  • Proxecto de sistemas de depuración de augas residuais en comunidades: recoller os sistemas que pode haber, facer guías de construcción, cálculo de custes, etc. (Require traballo de campo e contacto con algunhas ONGDs para pedir datos).
  • Sistemas depuración augas residuais para comunidades por sistemas ecolóxicos e/ou baixo custe.

ENXEÑERÍA EN CIENCIAS AMBIENTAIS, ENX. QUÍMICA, ETC ETC:

  • Sistemas depuración augas residuais para comunidades por sistemas ecolóxicos e/ou baixo custe.
  • Estudo alternativas e diseño dun proxecto piloto para un sistema de extracción de auga do aire: pesca de nubes, deshumidificadores, etc.
  • Estudios de impactos ambiental: de la actividad camaronera / agroindustria / minería / etc.... O de la posible implantación de una ZEDEs.
  • Proyecto de recuperación ambiental de una zona de camaronera (piscinas de cría intensiva de langostino).

ENXEÑERÍA INDUSTRIAL:

  • Lanchas de pescadores que se movan con placas solares baixo custe.
  • Deseño dun taller para fabricar lanchas de pescadores e barquitas de paseo.
  • Demanda de electricidade para cargar o móvil en comunidades sen electricidade. Por exemplo en Chachahuate, nos Cayos Cochinos ao norte do país, a comunidade non ten luz pero teñen un par de placas solares que utilizan para recargar linternas e os móviles. O deseño e creación dun dispositivo portátil que permitira facer isto sería un bo traballo.
  • Análise de alternativas ou deseño de un sistema de bombeo de auga mediante enerxía solar para comunidades rurais adaptado ás condicións e recursos do sur hondureño. Estamos implementando un na comunidade (aldea) de Varsovia, na municipalidade de El Triunfo, que nos serve de refencia.

ENX. FORESTAL/ MONTES:

  • Estudios de impactos ambiental: de la actividad camaronera / agroindustria / minería / etc.... O de la posible implantación de una ZEDE.
  • Proyecto de vivero de planta forestal en una comunidad, para abastecer de planta forestal y ornamental adaptada a la sequía / planta protectora de suelos / planta para proteger acuíferos y riberas, etc.
  • Proyecto de recuperación ambiental de una zona de camaronera.

ENX. INFORMÁTICA:

  • Á proposta de "Adaptación / Diseño de una aplicación para los móbiles con GPS para tomar los datos en campo de los PMF. Los GPS de los móbiles ya tienen tanta resolución como los GPS de mano normales." Agora empezarán a utilizar unha aplicación de Android para estes traballos. Eu recomendeilles Mobile Topographer por a sencillez e o sistema de mellora de precisión que ten. Pero sí estaría ben dispoñer dunha app libre algo similar.
  • Idem para os datos cos que traballamos no Programa de Fortalecemento en Dereito Humano á Auga: ubicar puntos de referencia no móbil subindo datos xa en campo

ENX. AGRÍCOLA/AGRÓNOMA

  • Estudo comparativo sementes, cos datos xerados este tempo, e outras investigacións: semente autóctona vs. semente comercial e/ou transxénica.  Podería estar apoiado dende a Misión Biolóxica de Galicia, cos que temos en marcha un traballo de investigación aplicada neste eido

  • Analise de formatos usados por ongd e outras fuentes de información no relativo a datos sobre Agricultura Familiar en Honduras.Deste tema non hai datos no INE hondureño, nin censo de agricultores/as dende 1991, nin a Secretaría de Agricultura y Ganadería, que ten oficinas departamentais (rexionais) e nalgúns concellos, sabe cántas persoas dependen da AF e en que medida. Trataríase de crear un formato ou metodología e probala recompilando os datos que se levan obtidos nos últimos anos nos proxectos desenvolvidos por ESF Galicia e os seus socios en Honduras, a modo de pilotaxe e cun mínimo de análise  territorial particularmente no sur de Honduras.  Esta zona, por outra parte, aínda que non se abarque todo o país, ten un interés propio, porque é una zona vulnerable a nivel de "seguridade alimentaria". Ademais podería servir como referencia para políticas e estratexias na zona e como exemplo á hora de amplialo ao resto do país.

SOCIOLOXÍA

  • Mulleres e auga, presenza das mulleres na gobernabilidade comunitaria da auga. Casos de sur de Honduras e Galicia. Podería tratar de integrarse nunha investigación que temos en marcha co CEXEF da UDC.
  • Analise de formatos usados por ongd e outras fuentes de información no relativo a datos sobre Agricultura Familiar en Honduras.Deste tema non hai datos no INE hondureño, nin censo de agricultores/as dende 1991, nin a Secretaría de Agricultura y Ganadería, que ten oficinas departamentais (rexionais) e nalgúns concellos, sabe cántas persoas dependen da AF e en que medida. Trataríase de crear un formato ou metodología e probala recompilando os datos que se levan obtidos nos últimos anos nos proxectos desenvolvidos por ESF Galicia e os seus socios en Honduras, a modo de pilotaxe e cun mínimo de análise  territorial particularmente no sur de Honduras.  Esta zona, por outra parte, aínda que non se abarque todo o país, ten un interés propio, porque é una zona vulnerable a nivel de "seguridade alimentaria". Ademais podería servir como referencia para políticas e estratexias na zona e como exemplo á hora de amplialo ao resto do país.

FILOSOFÍA

  • Algún tipo de investigación sobre autores que reflexionaran sobre o papel da tecnoloxía na humanización (ou deshumanización), tratando de tamén de valorar a tecnoloxía como feito ético ou moral.


ANTROPOLOXÍA/HISTORIA

  • Tecnoloxías apropiadas tradicionais galegas para a soberanía alimentaria/ enerxética.
  • Tecnoloxías apropiadas tradicionais no sur de Honduras para a soberanía alimentaria/ enerxética.

ENX. AGRÍCOLA e/ou TECNOLOXÍA DOS ALIMENTOS:

  • Deseño deshidratadores adaptados ao clima e aos alimentos da zona: pasas do marañón, etc.
  • Estudo do valor nutricional da dieta do sur. E, cos datos das enquisas da consultora sobre consumo de alimentos nas casas, incluíndo a comida lixo, comparación.
  • Estudo alternativas sistemas de conservación de alimentos nas condicións climáticas do sur de Honduras.
  • Estudo doutras fontes de alimentación alternativas (require traballo de campo).
  • Proxecto industria agraria artesanal ou proceso produtivo: elaboración de viño a base da pasa do marañón / outros....
  • Proxecto industria agraria artesanal: pequena planta de limpeza e preparación de peixe para transporte a cidades e venta en tendas.


TELECOMUNICACIÓNS
  • Drons para o estudo da evolución da seca de xeito económico (ou doutras variables)
  • Á proposta de "Adaptación / Diseño de una aplicación para los móbiles con GPS para tomar los datos en campo de los PMF. Los GPS de los móbiles ya tienen tanta resolución como los GPS de mano normales." Agora empezarán a utilizar unha aplicación de Android para estes traballos. Eu recomendeilles Mobile Topographer por a sencillez e o sistema de mellora de precisión que ten. Pero sí estaría ben dispoñer dunha app libre algo similar.

POLÍTICAS
  • Gobernanza comunitaria dos recursos naturais. Casos de Galicia, sur de Honduras.









3 feb. 2017

Boletín Oficial ESFeiro: febreiro 2017




CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    Neste inicio de ano non decaeu a actividade da asociación. Xa está en marcha a organización da Xornada sobre o modelo enerxético o 18 de febreiro en Vigo, e a piques de arrincar ás sesións da materia de Cooperación ao Desenvolvemento na Enxeñería Civil. Ademais, queixámonos das trabas burocráticas que se lle poñen ás asociacións, recomendamos o libro O Desengano da Internete e quixemos unirnos ao homenaxe a Zygmunt Bauman trala súa morte, lembrando algunha das súas frases máis inspiradoras. Tivemos tempo tamén para compartir unhas reflexións sobre voluntariado transformador a partir dun obradoiro que desenvolvimos na Xuntanza da base social de ESF de novembro.

Volver


BLOGUE HONDURAS

    En Honduras no mes de xaneiro estiveron a retomar as actividades tralo parón de Nadal, e non houbo actividade no blogue. Rematáronse a finais de 2016 catro proxectos que tiñamos en marcha e estase a pechar a recopilación de documentación para xustificar as subvencións aos distintos financiadores. Dentro do programa de promoción do dereito á auga rematou a Fase 2, coas nosas socias Mancomunidade de Municipios de NASMAR, Asociación Hondureña de Juntas de Agua y Saneamiento e Cartolab da UDC, financiado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia, que durou 24 meses. Dentro do programa de soberanía alimentaria remataron tres proxectos, todos eles colaborando co noso socio CODDEFFAGOLF: un de 24 meses financiado pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, outro de dous meses financiado polo Concello de Lugo (xa xustificado) e outro financiado pola Unión Europea (no que ESF participaba como socio) que durou 36 meses. En 2017 continúan dous proxectos dos que tiñamos xa en marcha: a Fase 3 do Programa de Dereito á Auga, financiada pola Xunta de Galicia, así como co convenio financiado por AECID que forma parte do programa de soberanía alimentaria (e no que imos en consorcio con Amigos de la Tierra e Veterinarios Sin Fronteras). E xa estamos empezando a preparar novas accións coas nosas socias hondureñas para buscar financiación en 2017!

Volver



OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
Outras canles 2.0 de ESF Galicia poden consultarse dende aquí.

Volver



OUTRAS CANLES ISFERAS


    Trátase doutras canles 2.0 do resto das asociacións de Ingeniería Sin Fronteras que, xunto con ESF Galicia, forman parte de Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras. Podes coñecelas aquí.

Volver

ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable



Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización



Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)



Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas


Volver

PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • Centroamérica Encendida. Transnacionales españolas y reformas en el sector eléctrico
  • Las ONG en España. De la apariencia a la realidad nbg
  • Ayuda, mercado y buen gobierno. Los lenguajes del desarrollo en África en el cambio de milenio


Volver

E NO PRÓXIMO MES ...


    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.

Volver


A ESF-RASE DO MES

"A esencia da tecnoloxía non é de ningún modo a tecnoloxía".
Martin Heidegger

Volver