22 ene. 2017

Xornadas sobre o modelo enerxético o 18 de febreiro en Vigo

 Amigos da Terra e Enxeñería Sen Fronteiras, apoiadas pola Plataforma por un Nuevo Modelo Energético unen esforzos para organizar a xornada “Enerxía e Desenvolvemento sostible. A urxencia de repensar o modelo enerxético global” que se celebrará o vindeiro sábado 18 de febreiro en Vigo, coa cofinanciación de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Concretamente a idea é crear un espazo de reflexión colectivo sobre o actual modelo enerxético e os seus impactos, coñecer accións que se están desenvolvemento a nivel local, nacional e internacional para, unha vez avaliado o interese que existe por cambio o actual modelo desde distintos ámbitos, identificar accións e crear vínculos para promover un grupo de traballo no noso territorio.  Todo isto desenvolverase a través do seguinte programa:


10:00-10:15 Benvida
10:15- 10:45 Impactos sociais do sistema enerxético actual. Sonia Ramos Galdo , Grupo "Enerxía" de Enxeñería Sen Fronteiras.
10:45- 11:15   Impactos ambientais do sistema enerxético actual. Benigno Rodríguez Gómez, Universidade de A Coruña.
11:15- 11:45 Características do mercado enerxético español. José Luis Villamarín Fernández, grupo "Enerxía" de Amigos da Terra.
11:45- 13:00  Dinámica de dialogo colaborativo (I). Xeración de ideas
13:00- 13:30 Cooperativas de comercialización eléctrica. Pablo Álvarez, presidente de Nosa  Enerxía Sociedade Cooperativa Galega.
13:30- 14:00 Xeración distribuída, autoconsumo e redes intelixentes. Antón Román Portabales, estudante de doutaremento da Universidade de Vigo.
 
  14:00-15:30 Comida networking
15:30- 16:00 Enerxía e Cambio Climático: Mercados de comercio de emisións e outros mecanismos de compensación. Miguel Rodríguez Méndez, Universidade de Vigo.
16:30- 17:00 Proxectos de acceso á enerxía no Norte e no Sur. Daniel Vila Barreiro, grupo "Enerxía" de Enxeñería Sen Fronteiras.
17:30- 18:00 Organizacións Transformadoras da Sociedade Civil. Julio Campo, Plataforma por un Nuevo Modelo energético.
18:00- 19:30  Dinámica de dialogo colaborativo (II). Xeración e priorización de ideas.
19:30- 20:00 Propostas de traballo futuro.

Neste marco, queremos contar co máximo de perspectivas posibles que enriquezan a reflexión conxunta e a posterior xeración de alternativas. De aí que se busque a participación de persoas tanto de organizacións vinculadas ao sector da enerxía (profesoras/es da universidade e centros de formación profesional, centros tecnolóxicos, empresas, cooperativas, sociedade civil) así como persoas de organizacións relacionadas con sectores sensibles aos seus impactos (asociacións medio ambientais, terceiro sector, administracións públicas, organizacións políticas e de consumidores).

Dado que o aforo é limitado, para poder asistir á xornada será preciso inscribirse previamente no correo enerxia@amigosdaterra.net.  A inscrición será por orden de recepción e pecharase o día 15 as 15:00 horas, quedando habilitada unha lista de reserva para posibles baixas (por isto, prégase avisar se, unha vez anotado, non se vai poder asistir).



ENERXÍA E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE 
A urxencia de repensar o modelo enerxético global
  • Cando?
   SÁBADO 18 DE FEBREIRO
  • Onde?
   PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA
   EDIFICIO CAMBÓN (3ª PLANTA)
   R/ OLIVA Nº 3, - VIGO


Prazas limitadas!! (inscripción  en enerxia@amigosdaterra.net ata o día 15 as 15:00)

Máis información: 981 167 000 ext 1479 (de 10 a 14:30) ou info@galicia.isf.es