16 oct 2017

Como e por que traballamos a equidade de xénero en ESF


Aproveitamos a recopilación que tivemos que facer para a mesa redonda do curso de Xénero e Desenvolvemento e aquí vola deixamos.


Antes de nada dar a visión da base social de ESF Galicia desglosada:
143  persoas socias (76 homes, 67 mulleres) e 48 persoas voluntarias (17 homes e 31 mulleres). 4 persoas contratadas, 2 homes e 2 mulleres (un secretario de apoio administrativo en Honduras, unha representante país Honduras, un técnico de proxectos en Galicia e unha secretaria técnica en Galicia).
Xunta Directiva 2017: 8 persoas (6 mulleres e 2 homes)


2. XUSTIFICACIÓN E ANTECEDENTES DO TRABALLO EN XÉNERO EN ESF GALICIA

A enxeñería e a tecnoloxía é un ámbito moi masculinizado, onde a fenda de xénero pode apreciarse con especial virulencia. Non só nos estamos a referir a tecnoloxías máis modernas ou "ao dixital", senón tamén mesmo a actividades propias das mulleres en sociedades con tecnoloxías menos complexas, que cando xurdía unha tecnoloxía para facelas máis sinxelas, moitas veces quedaba apropiada polos homes (casos destes xa se documentan nunha das obras que foi a nosa referencia neste eido). Cando falabamos de tecnoloxía para o desenvolvemento humano (concepto en construción e discusión, pero que bebe moito de valores como a xustiza), non podía faltar este enfoque feminista.

Outras ISF (Euskadi sobre todo) empezaban a falar do tema hai xa varios anos,  e empezamos a compartir tamén formacións con organizacións do noso entorno como a Coordinadora Galega de ONGD. Ademais, viñamos detectando as fendas de xénero nos países de traballo (sobre todo dende que traballamos en Honduras, país no que xa levamos 10 anos traballando).

Todo isto fixo que na Planificaciónestratéxica vixente 2014-2017 incluiramos un principio de traballo de equidade de xénero que definimos así:

Consideramos imprescindible adoptar a perspectiva de xénero como eixo transversal e transformador en tódalas nosas accións (entendendo isto como o medio de acadar a a equidade entre homes e mulleres), non só no deseño das mesmas, senón tamén no día a día da asociación e nas relacións entre as persoas que a forman. Para iso, tratamos de orientar as nosas actividades cara a igualdade entre os xéneros mediante o empoderamento da muller e a súa participación activa na sociedade, á igualdade de oportunidades no acceso e control de recursos e beneficios e, en definitiva, á concienciación da existencia dunha fenda de xénero e loita por reducila e eliminala.

Tamén incluiuse na planificación estratéxica unha liña específica de xénero (páxina 3 do anexo de matriz estratéxica).


3. TRABALLO EN GALICIA

- Formacións en cursos externos de persoas da asociación (algunhas xa viñan formadas, e empezaron a dar algunha formación interna nos grupos).
- Formacións internas á base social de ESF con expertas externas en Xuntanzas ou outros obradoiros, debates dixitais, organización de cursos de teatro da oprimida e poesía, novas masculinidades e algunha outra actividade de sensibilización (como videoforums e participación en foros)
- Finais 2015: creouse o grupo de xénero, para empezar a reflexionar sobre este tema en ESF.
- Finais 2015: organización das xornadas xénero e tecnoloxía
- Creación de repositorio de materiais de internete para formación en xénero
- En 2016 empezou a colaboración co CEXEF en formacións que organizan de temas de xénero máis en xeral, ou vinculados coa cooperación e o desenvolvemento, buscando o seu asesoramento en indicadores de xénero nos programas que desenvolvemenos en Honduras. Actualmente colaboramos en elaborar unha comparativa do rol das mulleres na xestión comunitaria auga Galicia-Honduras a través dalgúns casos reais de aldeas hondureñas e galegas.

4. TRABALLO INTERNACIONAL

- Fortalecemento socios locais para que estén formados en equidade de xénero (sobre todo, de momento, para o seu desempeño diario en extensión hídrica, extensión agro-pesqueira, etc.).
- Caixas rurais e emprendementos enfocados a grupos de mulleres
- Xestión da finca familiar a través de Planes de Manejo de Finca, tratando de incorporar el enfoque de género
- Obradoiros autoestima e xénero
- Obradoiros de Novas masculinidades
- Fortalecemento de xuntas de auga con enfoque de xénero
- Impulso da elaboración de liñas de base de xénero municipais e diagnoses comunitarias

5. RETOS

- Elaborar un Plan de xénero da asociación? (aínda non o temos claro)
- Accións en Honduras sobre xénero, propiedade da terra e corresponsabilidade
- Mellora de indicadores de xénero nos programas internacionais
- Continuar o traballo en xénero e tecnoloxía, tecnofeminismo
- Incorporar á base social a máis persoas con sensibilidade de xénero 
- Sensibilizar a toda a nosa base social sobre feminismos e facelos nosos; non tomalo como unha temática máis, senon incorporalo á nosa identidade

No hay comentarios: