20 mar. 2017

Día Mundial da Auga: Cinefórum “La Fuente de las Mujeres”

A día de hoxe 663 millóns de persoas seguen sen ter acceso a auga potable. Consomen a diario auga con bacterias patóxenas ou sustancias nocivas sendo, a nivel mundial, a contaminación fecal o principal problema por iso para asegurar o acceso a auga potable é necesario garantir o acceso ao saneamento. Esta actividade concíbese como espazo de debate e reflexión colectiva, non se busca que os asistentes sexan suxeitos pasivos senón que se pretende que compartan a súa visión e experiencias no tempo de debate posterior á proxección e é unha aposta dentro da liña de Educación para o Desenvolvemento de ESF-Galicia por achegar outras realidades ao estudantado universitario galego e establecer un vínculo entre os seus estudos e as desigualdades no mundo.

O filme aborda as temáticas de Dereito Humano a Agua e Xénero, liñas traballadas acotío por ESF. Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto de difusión da Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano na comunidade educativa e profesional de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral que desenvolve en conxunto ESF e o CEXEF e conta co financiamento da Xunta de Galicia. 
Esta proposta segue ademais a liña de acción “Promoción da conciencia Ambiental” do Green Campus da que ESF está a encargarse actualmente , e máis concretamente na actividade “Organización dunha serie de charlas/obradoiros prácticas sobre temáticas relacionadas (reciclaxe, compost, bos hábitos diarios , voluntariado ambiental”.

Entrada libre até completar aforo


Programa
  • 18.00h: Presentación da actividade
  • 18.05h: Proxección da película La Fuente de las Mujeres (136 min)
  • 20.20h: Charla/coloquio
  • 21.00h: Peche da actividade
Máis información


epd.corunha@isf.es 
981 167 000 ext. 1479



No hay comentarios: