25 jun. 2013

El "pensar" es para el verano

Como ya tenemos encima el verano y en este tiempo solemos pensar mejor dada la “tranquilidad” que normalmente nos rodea, me gustaría compartir este pensamiento con vosotros.

La entrada viene a cuento, por que siento que el mundo de las ideas y de las acciones va muy rápido y nosotros no estamos a ese ritmo. Creo que la ola nos está pasando y no nos estamos enterando.

Creo que hasta hace poco íbamos por delante de los acontecimientos y eso se trasformaba en “fortaleza” y a las pruebas me remito. Nuestro éxito como organización estaba siendo grande. Estimo que nuestra complacencia nos está haciendo un tanto ingenuos. Creemos que las cosas nos van a ir como siempre y este pensamiento no es compatible con la realidad actual.

Creo que hay un momento en el que las buenas intenciones deben convertirse en pragmatismo para que la ética y nuestras acciones encajen, y se puedan llevar a efecto. Si no, la ética acaba diluyéndose como las imágenes de un sueño, siempre irrealizable, y la bondad se queda anclada en el Cielo perfecto de Platón para siempre incapaz de descender al mundo real.

¿Compartís esta visión del tiempo en que vivimos? Si así fuera deberíamos recargar lo más rápidamente posible nuestras pilas, individual y/o colectivamente, volver a poner el Norte en su sitio y tirar para adelante puesto que nuestras ideas son buenas y factibles.

23 jun. 2013

Un viaxe de ida e volta para coñecer a realidade - PCR 2013

O Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) implica a estancia de persoas voluntarias en países obxecto de Cooperación coa intención de seren formadas no contexto dun proxecto, activar o seu pensamento crítico e capacitarse con criterios de actuación, para converterse, así, en mellores activistas sociais. A comisión PCR está formada por distintas persoas voluntarias da organización co obxectivo de establecer e executar as fases do proceso que vai dende a convocatoria das prazas PCR ata a selección de persoas participantes, a súa formación e avaliación da estancia.

Gracias ao traballo da comisión, dos grupos de traballo e doutras persoas da asociación, en 2013 participarán 4 persoas no Programa de Coñecemento da Realidade: 
  • Grupo Agua: Sandra García, Daniel Vila
  • Grupo Agro: Adrián Castro, Yolanda
Queremos mandarlles desde aquí a nosa noraboa! Elas e eles recibiron xa unha formación xeral e están integrándose nos grupos e recibindo formación específica para posteriormente realizar a estancia de dous meses de duración en Honduras, cun compromiso de fortalecemento da asociación e difusión da súa experiencia á volta. Confiamos, por tanto, na súa motivación para:
 
Cooperar: son persoas comprometidas con principios como a concepción integral da cooperación, o protagonismo da poboación local, o enfoque de xénero ou os criterios relacionados coa sustentabilidade.
 
Aprender: levarán esa formación humana que nace en cada conversa, en cada ollada desprovista do filtro eurocéntrico, que nos axudan a identificar as cousas importantes da vida para todas as persoas en calquera parte do mundo.
 
Transmitir: retornarán e converteranse no suxeito activo, utilzando a experiencia adquirida para artellar máis cousas na procura da xustiza social.
 
NORABOA!!




Queremos visibilizar tamén aquí o traballo da comisión PCR:
  • Traballouse na nova convocatoria, con algúns cambios novedosos en canto a organización da formación e criterios de selección. A convocatoria sacouse cun mes de retraso respecto ao previsto (xaneiro) pero a tempo para enviar as solicitudes de financiación ás Universidades. A convocatoria estivo aberta ata o 10 de marzo de 2013.

  • Organizouse unha primeira formación obrigatoria para ter o primeiro contacto, o sábado 16 de marzo, coincidindo co curso de TcpDH en Lugo, á que invitouse a todas as persoas presentadas que cumprían cos requisitos básicos de documentación necesaria para a solicitude da praza e prazo de entrega. Ademais estaban invitad@s ao resto de sesións do curso. As ponencias obrigatorias foron:
10:00 a 11:15 Presentación e charla sobre o PCR. - Álvaro, ESF

11:30 a 14:00 Políticas e axentes de Cooperación Internacional. Participación social, sensibilización e incidencia. - Antonio, Cruz Roja

16:00 a 18:15 Ferramentas de Cooperación. Os proxectos - Anxo, ESF

18:30 a 20:30 A xestión do proxecto. Introducción ao Marco Lóxico - Anxo, ESF
  • Organizouse unha formación alternativa en Santiago de Compostela o martes 19 de marzo, para as 4 persoas que non puideron ir a Lugo. (Algunhas fotos acompañan esta entrada!) O programa foi o seguinte:
     
    15:30 a 17:00 Introducción a cooperación e ESF – Patricia Iglesias, ESF
    17:00 a 18:30 Experiencia PCR – Álvaro Trillo, ESF
    18:45 a 21:30 O proxecto como ferramenta de Cooperación – Alicia López, ESF

  • Organizáronse dous pequenos grupos de traballo na comisión (un para Auga e outro para Agro) para avaliar CV e cartas de motivación. Así seleccionáronse ás 5 persoas por cada grupo que foron entrevistadas. As entrevistas tiveron lugar na última semana de marzo. 
     
  • Ás persoas seleccionadas e suplentes propuxéronselles as dúas seguintes formacións, para completar a formación xeral: 
    • Xornada Claros e Escuros da Cooperación, en Santiago de Compostela, 6 de abril. 
    • Segunda formación xeral, 11 de maio en A Coruña. Segundo as enquisas, esta formación foi en xeral moi ben valorada por todas as persoas participantes: 
10h-10h30 – Presentación – dinámica Os Zapatos

10h30-12h - Enfoque de Xénero (Vanessa Míguez)

12h-12h30 - Descanso

12h30-14h - Interculturalidade (José Manuel Vázquez)

14h-16h - Comida

16h-17h30 - Comunicación para o cambio social (Alba Miranda)

17h30-17h45 - Descanso

17h45-18h45 - Seguridade e Saúde en Honduras (Daniel Iglesias)
  • Ademais, dúas persoas que non puideron asistir ao curso de Lugo pero si a formación alternativa do 19 de marzo en Santiago e finalmente foron seleccionadas, recibiron ademais unha formación adicional en Marco Lóxico coincidindo con actividades da asociación en A Coruña (José María Vara, ESF). 


     
  • No respecto á financiación, no grupo Auga ambas subvencións da UdC foron concedidas; no grupo Agro tratarase de financiar un con fondos propios e outro cun proxecto de EpD. 
  • Preparouse a documentación complementaria a entregar ás persoas seleccionadas.    

  • Fíxose unha análise da convocatoria de Servicio de Voluntariado Europeo e pénsase que pode ser axeitada para o programa PCR 2014. Habería que empezar por acreditarse como asociación enviadora de persoas voluntarias. Para isto, hai que escribir unha expresión de interese como mínimo 6 semanas antes da data de entrega da solicitude do proxecto. Habería que madurar o tema e en outubro comezar a traballar niso. 
Aínda que traballamos moito, quédannos aínda cousiñas pendentes!:
  • Posta en común da avaliación do PCR 2012 - as enquisas foron cubertas, hai que sacar as conclusións e leccións aprendidas.
  • Avaliación da comisión PCR 2013 - trátase de que as persoas da comisión reflexionemos sobre como funcionou o proceso, se houbo melloras ou non, que pode cambiarse de cara ao próximo ano.
  • Avaliación da formación xeral PCR 2013 – as enquisas correspondentes serán avaliadas polo grupo de voluntariado/comisión de formación e a comisión PCR. Quérese recoller tamén a opinión sobre as entrevistas para mellorar o proceso de selección de futuras comisiones. Na redacción das enquisas terase en conta que a xente seleccionada xa ten na avaliación do PCR preguntas para avaliar esta formación tanto xeral como especifica para non saturar ás persoas con tanta enquisa. Quérese facer un formulario web que permita tratar os datos de forma inmediata e é máis facil de cubrir para a xente.

Destacamos que algunhas das leccións aprendidas xa quedaron reflectidas na wiki O que salga das avaliacións contribuirá a seguir mellorando o proceso. Pensamos que con todo isto, estamos list@s como grupo de traballo a pasarlle o relevo en outubro as persoas que formen a comisión PCR 2014 e por suposto a desexarlles a Yolanda, Dani, Adri e Sandra un fructífero PCR!






11 jun. 2013

Entrevista con Luis Babiano y Nuria Hernandez


Entrevista de radio con Nuria Hernandez Mora, presidenta de la Fundación Nueva Cultura del Agua @FNCAgua, y con Luis Babiano Amelibia, gerente de la Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecimiento y Saneamiento @aeopas

La privatización de la gestión del abastecimiento y saneamiento se vende como una mejora en la eficiencia del servicio, donde el mercado, bajo un enfoque neoliberal, aumentará en último término la eficiencia a través de la libre competencia y por tanto los beneficios obtenidos...

La realidad es que solamente existen unas pocas multinacionales que eclipsan y ocupan cerca del 90% de toda la gestión privada. Estas grandes empresas gestoras no compiten en el mercado, sino que compiten por el mercado al perseguir concesiones a 40-50 años, donde además también se reduce la competencia en los mercados tecnológicos, que es donde se produce el mayor valor añadido del servicio, debido a que estas corporaciones ya disponen de los medios tecnológicos necesarios como la ósmosis inversa, microfiltración, robotización de fugas, etc y por tanto ya no es necesario abrir un concurso público para acceder a esta tecnología. Por último también nos encontramos con que los beneficios obtenidos por la afamada eficiencia económica de su gestión, siempre en detrimento de un buen servicio púbico, no revierten en ningún caso en beneficio de la ciudadanía, pues no son empleados para reducir las tarifas ni mucho menos para realizar inversiones en el propio servicio de agua.

N. Hernandez:

 - "En países como España el problema no se centra tanto en el acceso al agua potable y al saneamiento sino en la crisis de insostenibilidad, en cuanto a que en torno al 50% de las aguas, tanto superficiales como subterráneas se encuentran en un grave estado de degradación por diferentes factores".

 - "El proceso de venta de la concesión del servicio de agua en las ciudades ha aumentado significativamente en los últimos años debido a la fuerte inyección de dinero que reciben los ayuntamientos, que atraviesan problemas financieros, a través del canon concesional, que no tiene que ser empleado necesariamente en la inversión del servicio de agua, sino en cualquier otro gasto del municipio".

- "Si la ciudadanía se involucra en los debates sobre el servicio urbano y sobre la gestión de nuestros ríos y nuestros ecosistemas es posible revertir el estado de insostenibilidad al que nos enfrentamos".


L. Babiano:

 - "Fundamentalmente el problema de la privatización del servicio de aguas a través de la vía del canon concesional es la pérdida del control por parte de las instituciones públicas. París y otras 40 ciudades en Francia han remunicipalizado este servicio, han vuelto a la gestión pública y han retomado el control de la gestión".

- "El agua también tiene que ser democracia, tenemos que implicarnos todos y no debemos delegarlo a esferas de élite porque todos somos responsables. En los últimos tiempos se están presentando en los procesos de privatización entornos demasiado turbios para la democracia, entornos que están rozando la ilegalidad o que están directamente relacionados con la corrupción, como el caso Pokémon, el caso de Jerez, del Puerto de Santa María, de Aigües Ter-Llobregat, etc."

- "No se puede especular con derechos fundamentales, hay cosas que pertenecen a la esfera del mercado y otras deben pertenecer a la caja fuerte de lo público".








3 jun. 2013

Resumo blogueiro: maio 2013

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa 
  • Blogue Honduras 
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia 
  • Outras canles ISFeras 
  • Enlaces de interese 
  • Publicacións en físico 
  • E no próximo mes ... 
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

No mes de maio podedes ver no blogue de vida asociativa varias crónicas de actividades super-interesantes: a xornada Claros e Escuros na Cooperación ao Desenvolvemento, os obradoiros de Teatro da Oprimida e a formación sobre Coñecer, motivar, escoitar e persuadir. Polo día das letras galegas, un regaliño, a tradución dun conto clásico de Tolstoi: "canta terra necesita un home" (se queres, manda un debuxiño alusivo ao texto e o publicamos!). Tamén se avisou da charla sobre dereito humano á auga que ía ter lugar en Ferrol na sede de Esquerda Unida, e tivemos tempo de colgar de parte do grupo de Educación para o Desenvolvemento algunhas reflexións sobre o informe Diagnóstico de la Educación para el Desarrollo en España que tiñamos pendentes.

Volver

BLOGUE HONDURAS

En Honduras no mes maio tivemos bastante movemento do blogue. Puidemos coñecer como van os proxectos de auga de San José de las Conchas, así como o programa de soberanía alimentaria na microcunca da Quebrada (río) Gallardo apoiado pola Cooperación Galega, xunto coa súa compoñente de micro-regos apoiada pola Deputación de A Coruña. Moi interesante é poder coñecer o proxecto de investigación que se está a desenvolver coa Misión Biolóxica de Galicia-CSIC sobre mellora participativa de millo, así como ver algo do material das formacións en equidade de xénero nos programas de auga na municipalidade de Marcovia. Tamén é interesante coñecer as actividades da Coordinadora de ONGD Españolas en Honduras, que fan seguemento ás políticas internacionais españolas e ao desempeño de empresas españolas nese país.


Volver


OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!!
  • Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Blogue de Proxectos de Nicaragua como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2006 e 2010
  • Blogue da Materia de Libre Elección da Universidade de A Coruña de Introducción á Cooperación para o Desenvolvemento.
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.


OUTRAS CANLES ISFERAS


Trátase doutras canles 2.0 do resto das asociacións de Ingeniería Sin Fronteras que, xunto con ESF Galicia, forman parte de Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras. Podes consultalas aquí



ENLACES DE INTERESE

Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 


Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado


PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Ao compás das mareas: vida do Bajo Lempa. Asamblea de Cooperación por la Paz, AGARESO e CORDES.


E NO PRÓXIMO MES ...


Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD


A ESF-RASE DO MES

Que importa saber o que é unha recta, se non se sabe o que é a rectitude?
Séneca





1 jun. 2013

Abril e maio na Xunta Directiva

@s divertidill@s comezaron a primaveira moi animad@s! Os seguintes temas foron tratados na lista de traballo... 

AS PERSOAS E O GRUPO DIVERTIDILLO

Transparencia - as persoas da Xunta Directiva

Podes saber quen son, na web onde aparece información máis "seria" ou no blog que é máis informal e se trata de transmitir cercanía e que somos persoas, non obxectos laborais. Por iso a web está enlazada co blogue.

Reunión da Xunta Directiva de maio: 

Fíxase para o 3 de maio en A Coruña, en conxunto cunha reunión da sede de A Coruña e posterior vertebración. Todas as sedes precisan de vez en cando un pouco de pegamento divertidill@! :) Estes foron os temas tratados: 

- Seguemento de tarefas pendentes
- Consulta do tema de prácticas coa USC
- Seguemento presupuestario e control de gastos
- Estado da petición de entidade de utilidade pública
- Aprobación da tabla de dietas: un documento no que se detallan as cuantías de dietas tanto en Honduras como en España, para telas actualizadas e saber cómo cubrir os protocolos de gastos
- Aprobación da autorización a Sergio González do grupo de Administración e Tesourería para que poida acceder ao programa e pagar as cuotas coas suas propias claves sen ter que ir á sede de A Coruña
- Intercambio sobre as redes ás que ESF Galicia pertence: Federación, CGONGD, Coordinadora de ONGD de España
- Intercambio sobre as comisións de ESF: PCR, Financiación, Formación
- Intercambio sobre as vogalías e os grupos de traballo
- Rogos e preguntas 

Planificación da reunión da Xunta Directiva de xuño

Xa temos varias cousiñas no tinteiro que deberiamos solventar antes de que rematase Xuño, propóñese ter unha reunión no mes de xuño, para tratar estes temas entre outros que se irán engadindo:
 
-Aprobación de presentación a convocatorias de subvencións varias
-Asistencia á Asamblea Federal do 29 de xuño en Málaga
-Temas federais pendentes
-Formacións do verán
-Actividades pendentes (a nosa táboa magnífica)

AXUDÁNDOLLE A DARLLE VIDILLA Á ASOCIACIÓN

Arranque do grupo de asesores sectoriais Auga

Co obxectivo de crear debate en distintos temas nos que traballamos e de manter a algunhas persoas exvoluntarias que polo que sea deixaron de estar no día a día da asociación pero teñen experiencia en certos temas, xorde a idea de ter distintos grupos de asesores sectoriales cunha persoa de enlace aos grupos ou á asociación que tamén sepa do tema e está máis no día a día da asociación e pode canalizar o resto de debates sobre os que se desexa coñecer a súas opinión ou incluso pedirlles propostas de tipo filosófico ou estratéxico. Estas ideas serían insumos para que se debatera nos grupos do día de ESF pero partindo de opinións e información algo máis traballada de expertos afíns a ESF nestes temas.

O primeiro grupo que empezou a funcionar de forma oficial é o de Auga. Quen teña interese en formar parte deste grupo ou en ser enlace doutro novo grupo que se manifeste. ¡É unha idea moi bonita para desenvolverse como persoa e crecer en pensamento crítico!
Proposta de prácticas en empresa dunha estudante da USC

Unha estudiante de Bioloxía do último curso que está interesada co tema da cooperación para o desenvolvemento ten que facer as prácticas en empresa e gustaríalle saber se temos convenio coa USC para poder solicitalas con ESF. Gustaríalle coñecer como traballamos e poder enfocar mellor o seu futuro laboral no ámbito da cooperación.
Organízase unha reunión coa estudante para expoñerlle os nosos perfís de prácticas e falar sobre o tema dos convenios, xa que hai un convenio marco coa USC pero non un convenio específico para facer prácticas en empresa. Finalmente non había un perfil non que encaixara e non saíu adiante a idea das prácticas. Pode que a persoa se integre de momento como voluntaria na sede de Compostela. 

Participación e decisión nas Asembleas de ESF

Despois de moitas vertebracións falando sobre o tema, chegou o momento de poñerse a divagar en serio:

-que pensades sobre o procedemento de toma de decisións nas asambleas?
- o papel das persoas socias?
- e o papel das persoas voluntarias?


Esperamos as vos@s ideas!! 
 
O debate non continuou online na lista pero deixouse unha experiencia dunha cooperativa de base en Venezuela (http://www.cecosesola.net/index.php), que evolucionaron co tempo e defenden agora unha filosofía de funcionamiento, unha forma de traballar e unha estrutura moi interesante e transformadora. Este é o seu libro "¿Hacia un cerebro colectivo?" http://issuu.com/cecosesolaorganismo/docs/_ltima_version_collective_mind_?mode=window&backgroundColor=%23222222

ESF ten aínda moito camiño que percorrer para ser verdaderamente horizontales, non cres? Este debate é, na miña opinión, unha boa forma de comezar. 
 
Formación sobre orzamentos e contabilidade en ESF
 
Pénsase que a principios de xullo pode ser unha boa data. Esta formación está dirixida a todos os grupos da asociación, xa que todas as persoas voluntarias participan na elaboración de orzamentos dos proxectos dos grupos de traballo ou teñen que pasar protocolos de gastos. É bo que se coñeza o funcionamento interno da administración tesoureira e a contabilidade de ESF para facer ben os orzamentos, facer un bo seguimento orzamentario e cubrir correctamente os protocolos. Ademais a formación é case obrigatoria para as vocalías e responsables económicos dos grupos.
TRABALLO EN REDE - GALICIA

Asemblea da Coordinadora Galega de ONGD, CGONGD


O sábado, 4 de maio, celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria da Coordinadora Galega de ONGD en Santiago de Compostela, na Escola Galega de Administracións Públicas. 

Os temas da reunión foron:


Informe de xestión 2012.
Liquidación e conta do exercicio económico de 2012.
Previsión de actividades 2013.
Orzamento 2013.
Proposta de modificación do Fondo Social da Coordinadora.
Informe das Comisións da Coordinadora.
Análise da situación das cotas 2013.
Solicitudes de altas e baixas como membros da CGONGD.


ACTUALIDADE! - Manifestación contra a megaminería

O domingo 2 de xuño está convocada unha gran manifestación, unitaria e apartidista, ás 12:00 na Alameda de Santiago de Compostela
 
Galicia non é unha mina. Defende a terra. Defende a vida€.

A manifestación foi convocada hai dúas semanas por Contraminacción, a rede que agrupa aos colectivos galegos afectados pola megaminaría, da que formamos parte a tí­tulo individual varias persoas de ESF. E esta semana conseguiuse o apoio e difusión da manifestación por parte da organización desta campaña "Salvemos Galicia". ESF aí­nda pode sumarse á lista de apoios á manifestación, se así­ o considera. O procedimiento nestes casos é que a XD tería que votar de urxencia.

Unión da sede de Vigo á plataforma ECOAR

Á sede de Vigo plantexáronlle a posibilidade de unirse á plataforma ECOAR (ecoar.eu), movemento que pretende aunar ás diferentes asociaciós da zona de Vigo e arredores co fin de servir de espacio común e de coordinación de acciós, así de ofrecer plataformas de comunicación (a web, revista, etc.). Os obxetivos do movemento (http://ecoar.eu/quen-somos/), así como os puntos básicos (http://ecoar.eu/puntos-basicos-ideoloxicos-e-metodoloxicos/) e demais  información teñena colgada na web. Pode ser unha ferramente interesante de cara a estar ao tanto das iniciativas que haxa pola zona e darnos maior visibilidade. A idea é tamén xuntar a asociaciós e movementos de tódolos ámbitos. Amninstía Internacional Vigo, Amigos da Terra e outras están dentro do movemento xa. O movemento inda está conformándose (a presentación oficial foi hai un par de semanas, o vídeo, a trozos,  aquí: http://bambuser.com/channel/ECOAR ) e hai moitas asociaciós pendentes de contactar con elas.

Tras unha valoración positiva por parte de diversas persoas voluntarias, confirmouselles a nosa adhesión como ESF Galicia a través da sede de Vigo en calidade de COLECTIVO COLABORADOR (non toma decisións + participa nas accións + infórmaselle das accións,...) A toma de decisións implicaría reunións quincenais, ao cal non estamos dispost@s por falta de capacidade. Con esta forma de adhesión teremos por tanto unha plataforma onde difundir iniciativas e actividades, chegando a máis xente de Vigo e comarca, coa posibilidade de crear sinerxias con outros colectivos, utilizar a web, revista e mesas informativas para informar, difundir, opinar, etc.
Investigación para o Desenvolvemento con Amigos da Terra

Expóñese a Amigos da Terra a posibilidade de presentar un proxecto na convocatoria de EpD da Xunta que teña unha compoñente forte de Investigación para o Desenvolvemento afinando unha investigación piloto co LaboraTe da USC sobre a utilización de fotografía de satélite para monitorear o avance das camaroneiras industriais sobre o bosque de manglar na zona do Golfo de Fonseca. A idea é depurar máis os primeiros estudios, e ademais amplialos a todo o Golfo de Fonseca. Tamén está a proposta en Honduras dunha pilotaxe sobre "restauración de bosque de manglar" (no que hai pendente algunha reunión coa xente do laboratorio de estudos mariños) pero non está claro aínda.  Por outra banda, no mesmo proxecto, tamén poderíase en vincular unha campaña denunciando as malas prácticas de camaroneiras e pesquerías industriais no que Amigos da Terra teñen traballado aquí en Galicia. Poderíase encaixar no concepto de "Xusticia Económica", campañas sobre as que Amigos da Terra teñen experiencia.

Amigos da Terra pensa que é un tema totalmente coincidente coas súas actuacións e liñas de traballo e unha boa oportunidade para dar continuidade aos proxectos en Honduras, neste ano onde non haberá convocatoria específica da Xunta de Cooperación Exterior. 
 
Aprobación dun convenio de colaboración coa Universidade de Vigo
 
Este convenio fírmase para o recoñecemento de créditos ECTS dos cursos organizados por ESF Galicia na Universidade de Vigo. O convenio apróbase por procedemento de urxencia da Xunta Directiva con 7 votos de 8 posibles, todos eles a favor.

TRABALLO EN REDE - A TRAVÉS DA FEDERACIÓN DE ISF
 
Cursos Federais de Educación para o Desenvolvemento (EpD) online

Retomando un tema pendente da anterior Asemblea Federal plantéxanse dúas opcións na lista federal, que se reenvían a nosa lista de traballo:

       * OPCIÓN A: realizar un ou dous cursos intermedios (convocatoria abril - xuño) e despois realizar o curso de extractivas e terminar cunha última convocatoria de cursos federais ofertando 2 cursos (outubro a decembro)

       * OPCIÓN B: continuar con 2 convocatorias de cursos EpD Federais ao ano e sumarlle o curso de Extractivas. Neste caso, de outubro a decembro, ofertarianse 3 cursos.

Coa opción A preténdese cubrir o salario mensual da técnica de EpD entre ambas convocatorias, garantizando a continuidade ata setembro (convocatoria Extractivas) e non sobrecargar de cursos a segunda convocatoria. Coa opción A pódese apurar tamén na segunda convocatoria e sacar tres cursos, en caso de que o número de matrículas fose baixo. En cambio, coa Opción B, existe un déficit para cubrir o salario da técnica entre maio e xuño e na convocatoria de finais de ano non habería marxe de maniobra. 

Finalmente óptase pola opción A e organízase o curso de Incidencia Política.

http://www.isf.es/formacion/

É importante comezar a ter en conta novos posibles espazos, como empresas de economía social (tipo cooperativa), que teñen por ley a obriga de invertir parte das súas ganancias en formación dos seus membros ou en promover actividades que teñan que ver coa economía social ou solidaria. 

Aprobación da proposta de Caja de Ingenieros

A Caja de Ingenieros adoita donar 15000 euros á Federación todos os anos, este ano só asociando eses 15000 euros a proxectos internacionais de cooperación ao desenvolvemento. Como a Federación non ten proxectos como tal falouse de facelo así:

- Unha ISF presenta un proxecto á Caja de Ingenieros que teña parte de cofinanciación con fondos propios.
- A Caja da diñeiro á ISF, figurando no proxecto como fondos propios.
- A ISF fai una donación á Federación por ese importe.

ESF Galicia podería aportar así uns 2000 euros.

A decisión foi aprobada de urxencia pola Xunta Directiva con 7 participantes de 8 posibles: 6 votos a favor e unha abstención.

Caja de Ingenieros 2014
 
Transmítese unha idea da Xunta Federal para ir traballando o tema de cara á proposta do ano que ven, para que non se alargue ata maio novamente. Os anos anteriores presentárase o proxecto "Cumple tu reto" como proxecto federal a financiar por Caja de Ingenieros. Este ano, nas conversacións mantenidas, foi evidente que á Caja non lle convencía este obxectivo de financiación e prefería financiar "proxectos finalistas en terreo". 

Dado que a Federacion, como tal, non fai este tipo de proxectos, pódense facer propostas desde as ISF para presentar en febreiro á Caja. Por exemplo, se hai unha necesidade moi puntual dentro dun proxecto, cun coste que ronde os 15000€ podería presentarse á Caja como un microproxecto federal dentro doutro. 
 
En ESF Galicia tamén pódese pensar se temos algún proxecto para 2014 que queiramos cofinanciar.
 
Colaboración con EADIC

"EADIC Formacion y Consultoria" (www.eadic.com) é unha empresa on-line de formación técnica (Enxeñería e Arquitectura) que colabora con varios colexios profesionais e a Universidade de Alcalá. De momento o que queren facer é darnos publicidade entre os seus máis de 30 mil contactos e facilitar que o seu alumnado poida facer algunha mini-aportación ao matricularse, dirixida ás nosas campañas, proxectos e ao noso funcionamento. Co tempo quizais poida falarse de facer cousas conxuntas en formación pero isto son só ideas de momento...

En Galicia soamente houbo unha opinión, por iso enviouse unha abstención: 
 
A título personal lo único "raro" que veo en principio es el partnership con microsoft empresa condenada en la unión europea por prácticas monopolistas. Pero no lo veo motivo suficiente para echarse atrás. 
 
Posicionamento federal sobre a II edición da campaña SOMOS ASÍ 
 
A segunda edición da campaña SOMOS xa comezou. É unha campaña de 35 ONGD para poñer en valor a cooperación ao desenvolvemento e que está financiada por empresas de dudosa reputación. 
 
En ISF Aragón queren desmarcarse este ano por completo, por tanto, o comunicado que xa colgaran o ano pasado foi renovado. Non queren darlle moito bombo porque este ano apenas sonou pero o colgarán na web, facebook, twitter:
http://aragon.isf.es/menu_otros/noticias.php?$sesion_idioma=1&$codigo=22618

En Galicia son malos tempos para tomar unha decisión rápida. De todas formas o ano pasado houbo bastante debate e tíñamos claro que non nos gustaba a campaña. Este ano non houbo movemento, pero non habería nada en contra de que saíse adiante unha desmarcación a nivel federal. 
 
Temos un minidebate en torno a unha frase do comunicado: 

"¿Cuántas personas más deben morir para que sean totalmente responsables en su modelo de producción?"

Opinión 1: 
 
Acusar de homicidio imprudente a la gente así sin más, no es algo que me haga mucha gracia.

Opinión 2:

No creo que esa frase esté acusando de homicio imprudente a nadie, simplemente dice una verdad como un mundo: que no se logran acuerdos hasta que no pasan catástrofes y muere gente como en Bangladesh, y no debería ser así. En realidad a nivel personal ya hace un tiempo que estoy criticando la campaña. En Madrid en el curso de guerrillas de comunicación también se habló del tema y en la coordinadora también, de hecho Solidaridad Internacional este año se salió de la campaña...