ESF Galicia - Persoas

XUNTA DIRECTIVA

A Xunta Directiva de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, para o período 2018 - 2019, quedou constituída na Asamblea Xeral celebrada o 28 de abril de 2018.


PRESIDENCIA

Daniel Vila Barreiro 
  • Voluntario de ESF Galicia dende o ano 2009.
  • Vinculado a sede de Vigo, xa non é a súa primeira vez na Xunta Directiva, aínda que si na presidencia. 
  • Argallador profesional, un dos McGivers da asociación. Seguidor do hardware libre, software libre ou cacharreo en xeral, o que lle boten.


VICEPRESIDENCIA


Irene González Veiga


  • Arquitecta técnica. Estudante do Mestrado en Planificación e Xestión do Desenvolvemento Territorial da USC.
  • Participou no Programa de Coñecemento da Realidade en 2017
  • Encántalle todo o que ten que ver con bioconstrución e urbanismo para as persoas e o medio ambiente 

TESOURARÍA

Daniel Vila Recarey 

  • Voluntario dende 2012. Participou no Programa de Coñecemento da Realidade en 2013
  • Estudante de Grao en Obras Públicas.

  • A auga é o seu hábitat natural


SECRETARÍA

Andreina Vargas 

Carrión
  • Voluntaria de ESF Galicia dende o ano 2015.
  • Estudante do Grao en Enxeñería Civil na USC.



SEDES

Na actualidade Enxeñería Sen Fronteiras Galicia está presente en distintas cidades galegas, polo que se constitúen as seguintes sedes:

A Coruña
Santiago de Compostela
Lugo
Vigo

Aínda así, a dispersión xeográfica da nosa base social fai que a colaboración poida ser a distancia (vía telemática con encontros presenciáis segundo a dispoñibilidade das persoas)