30 nov. 2017

Somos soñadoras


REFLEXIONANDO SOBRE NOS MESMAS


Na Xuntanza de outono do 2016, levouse a cabo unha dinámica para reflexionar un pouquichiño sobre nos mesmas.

Por un lado, tiñamos que responder un cuestionario sobre algunhas preguntas como se nos sentíramos acollidas en ESF, ou se nos sentíamos coidadoras.

Estábamos sentadas no chan e tiñamos cada unha, unha bolsiña ao noso lado. Ademáis, nunha mesiña había 4 lotes de papeletas para repartir. Cada lote tiña unha palabra: celebradora, soñadora, facedora ou planificadora. 

Mentres se ia completando o cuestionario, levantábamonos en orde para repartir a cada unha das compañeiras a papeleta que quixésemos, ou ca que máis as identificásenos.



A continuación preséntanse os resultados.

Clasificación do total de papeletas utilizadas na dinámica. Reconto de tódalas papeletas repartidas ás persoas participantes, cada persoa podía ter máis de unha (92 soñadoras, 90 facedoras, 72 planificadoras e 41 celebradoras)




Nesta gráfica podemos observar o % de cada papeleta que tiña cada unha das participantes. A parte azul (celebradoras) da nome á imaxe, xa que é o máis fácil de analizar nesta gráfica. Podemos observar que 9 persoas das 23 participantes na dinámica non recibiron ningunha papeleta celebradora.


As seguintes imaxes mostran un desglose de soñadoras, planificadoras, facedoras e soñadoras. Nelas podese observar o % sobre cada persoa na personalidade sinalada; a media de % entre todas (liña vermella da gráfica inferior); e un gráfico circular no que se poden observar despuntes, pero ademáis é moi útil para valorar a cantidade de personalidades con predominancia soñadora soamente tendo en conta a superficie do debuxo.













A partir de aquí os gráficos que se mostran resumen as respostas ao cuestionario persoal realizado na dinámica.

O 80% das persoas sentíronse ben acollidas en ESF.


Esta gráfica circular responde ao sentimento de pertenza en ESF. O 43% dirían que son ESF, mentres que o 48% din que están en ESF. Moitas das persoas que elexiron esta segunda opción apuntaban a que aínda non estaban o suficientemente involucradas coa Asociación para sentir que son ESF.



A anterior gráfica responde ao sentimento que temos cada unha de nós sobre o papel que tomamos con respecto aos coidados.

18 nov. 2017

Entrevista a Sergio Fernández Alonso - Radio Galega

Aquí podedes escoitar o audio da entrevista realizada a Sergio Fernández Alonso, Técnico de Proxectos da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, emitida no programa "Lambóns Dixitais" da Radio Galega o 18 de novembro de 2017.

Durante a conversa, Sergio fala sobre o obradoiro de mantemento de ordenadores portátiles e os obradoiros de bioconstrucción organizados por ESF Galicia, asemade, aproveita para presentar as distintas actividades nas que está a traballar a asociación.
ame>

6 nov. 2017

EpD en Salceda de Caselas. 25 e 26 de novembro.


Despois das xornadas “bioconstrución” e “ferramentas para a transformación social”, os vindeiros 25 e 26 de novembro vanse celebrar en Salceda de Caselas as últimas actividades do programa “Concienciación ecolóxica” dentro da actual convocatoria de Educación para o Desenvolvemento financiada pola Xunta de Galicia. Unha vez máis contaremos coa colaboración da asociación local TrezeCatorze.



- SÁBADO 25 ás 17h no centro social A Devesa.

Dentro da liña de traballo sobre soberanía alimentaria, o sábado 25 (17:00 h) poderemos coñecer máis en profundidade os Sistemas Participativos de Garantía (SPG) da man dos seus propios creadores. Contaremos coa participación do recén creado SPG A Gavela (Pontevedra) e, o SPG en proceso de creación, Mercado da Terra (Lugo). O obxectivo é acercar á cidadanía este concepto do que cada vez se fala máis pero sobre o que aínda recae moito descoñecemento. A mesa redonda terá lugar no centro social A Devesa.


- SÁBADO 25 ás 20h no centro social A Devesa.
A xornada cerrarase coa proxección do último traballo do director de “Dos tomates, dos destinos”, David Salvochea. El mesmo nos presentaráPlaneta azúcar, curtametraxe que se integra dentro da campaña “25 gramos” de VSF Justicia Alimentaria Global, e que busca concienciar as consecuencias da produción e consumo masivo de azucre.

- DOMINGO 26 ás 11h no Auditorio Municipal: Seguindo a outra liña temática do programa, a ordenación do territorio, dedicarase a mañá (11:00 h) do domingo 26 a acercar, neste caso, o concepto de custodia do territorio. Aínda que o termo pode parecer novidoso, na práctica é máis coñecido do que se pode crer. Figuras como as comunidades de montes en man común propias de Galicia e norte de Portugal, son vellas coñecidas desta práctica.

Pero como toda ferramenta, non sempre é ben usada. Catástrofes ambientais como a causada polos incendios do pasado mes de outubro, especialmente neste concello e arredores, deixan en evidencia esta realidade. Queremos aproveitar esta oportunidade para darlle un enfoque práctico ás potencialidades da custodia do territorio como medio de prevención de incendios.

Contaremos coas aportacións daqueles que máis saben do tema. Contaremos coa participación da Asociación Galega de Custodia do Territorio, de Ridimoas- Asociación cultural e ecolóxica para a defensa e estudo dos bosques autóctonos  (Ribadavia), do Grupo de Traballo da SGHN “Valora Natura- Gándaras de Budiño”, Comunidade de Montes de Teis (Vigo) e a Iniciativa Social de Custodia Verdeval Asociación .
Terá lugar no Auditorio Municipal


As xornadas, excepto a proxección, contarán con obradorios infantís paralelos para facilitar a asistencia de pais e nais.


Máis info: trezecatorze[arroba]gmail.com