20 oct 2017

Que nos interesa en twitter?

Trátase dunha das redes sociais máis coñecidas. Moita xente a considera unha rede revolucionaria, xermen de movementos como a Primaveira Árabe. Outra xente, a considera unha simple prolongación da realidade (co sesgo da fenda dixital, moi presente todavía no mundo), e en absoluto unha tecnoloxía transformadora per se (ou sexa, pódese usar igual de fácilmente para a emancipación e o benestar, que para o control e a opresión). Ao ser unha rede centralizada (os twits quedan gardados nos servidores da empresa) e ademais privativa (non baseada en software libre), pode ter máis puntos mesmo para ser o segundo que o primeiro...

Pero neste caso simplemente quixemos facer unha pequena investigación,  vendo cantxs seguidorxs tiña a 7 de setembro de 2017 unha serie de entidades de ámbito galego, co criterio de que tiveran actividade nos últimos 3 meses. De aí quizais podamos intuir por onde se moven os intereses da xente cando usa twitter.


QUE OPINAS TÍ??



CLUBES DE FÚTBOL
  • Celta 351329
  • Depor 299496
  • Lugo 76932 
  • Compostela 10647
  • Racing de Ferrol 9758
  • Pontevedra 8235
  • Ourense 3942

ONG DE DESENVOLVEMENTO
  • CGONGD 2394
  • ESF Galicia 1609
  • ACPP Galicia 468
  • Intermon Vigo 236
  • Mans Unidas Santiago 221
  • Fundación Fabre 177
  • ASF Galicia 116
  • Solidariedade Internacional Galicia 51

ONG AMBIENTAIS
  • ADEGA 4121
  • Amigos da Terra 2240
  • Greenpeace Galicia 2164
  • Verdegaia 432
  • Petón do Lobo 197

ONG SOCIAIS
  • Cruz Vermella en Galicia 3893
  • Asociación ASPADEX 2671
  • FEAFES Galicia 1969
  • EAPN Galicia 1924
  • Down Galicia 1637
  • ONG Mestura 230
  • Asociación ASPAS 110

ORGANIZACIÓNS FEMINISTAS
  • Marcha Mundial das Mulleres Galicia 1531
  • Plataforma Feminista Galega 1091

SINDICATOS AGRARIOS
  • Sindicato Labrego Galego 629
  • Unións Agrarias 770

SINDICATOS XENERALISTAS
  • CIG 6025
  • CCOO-Galicia 2076
  • UGT-Galicia 1299

PARTIDOS POLÍTICOS
  • BNG 28041
  • En Marea 19878
  • Marea Atlántica 13016
  • Anova 10558
  • PPdG 10446
  • Esquerda Unida 8490
  • PSdG 7669
  • Podemos Galicia 7583
  • Cidadáns Galicia 4736
  • Ourense en Común 4149
  • Equo Galicia 2126
  • UpyD Galicia 1961
  • Democracia Ourensana 1857

BIBLIOTECAS
  • Biblioteca USC 2170
  • Biblioteca Angel Casal 1998

16 oct 2017

Como e por que traballamos a equidade de xénero en ESF


Aproveitamos a recopilación que tivemos que facer para a mesa redonda do curso de Xénero e Desenvolvemento e aquí vola deixamos.


Antes de nada dar a visión da base social de ESF Galicia desglosada:
143  persoas socias (76 homes, 67 mulleres) e 48 persoas voluntarias (17 homes e 31 mulleres). 4 persoas contratadas, 2 homes e 2 mulleres (un secretario de apoio administrativo en Honduras, unha representante país Honduras, un técnico de proxectos en Galicia e unha secretaria técnica en Galicia).
Xunta Directiva 2017: 8 persoas (6 mulleres e 2 homes)


2. XUSTIFICACIÓN E ANTECEDENTES DO TRABALLO EN XÉNERO EN ESF GALICIA

A enxeñería e a tecnoloxía é un ámbito moi masculinizado, onde a fenda de xénero pode apreciarse con especial virulencia. Non só nos estamos a referir a tecnoloxías máis modernas ou "ao dixital", senón tamén mesmo a actividades propias das mulleres en sociedades con tecnoloxías menos complexas, que cando xurdía unha tecnoloxía para facelas máis sinxelas, moitas veces quedaba apropiada polos homes (casos destes xa se documentan nunha das obras que foi a nosa referencia neste eido). Cando falabamos de tecnoloxía para o desenvolvemento humano (concepto en construción e discusión, pero que bebe moito de valores como a xustiza), non podía faltar este enfoque feminista.

Outras ISF (Euskadi sobre todo) empezaban a falar do tema hai xa varios anos,  e empezamos a compartir tamén formacións con organizacións do noso entorno como a Coordinadora Galega de ONGD. Ademais, viñamos detectando as fendas de xénero nos países de traballo (sobre todo dende que traballamos en Honduras, país no que xa levamos 10 anos traballando).

Todo isto fixo que na Planificaciónestratéxica vixente 2014-2017 incluiramos un principio de traballo de equidade de xénero que definimos así:

Consideramos imprescindible adoptar a perspectiva de xénero como eixo transversal e transformador en tódalas nosas accións (entendendo isto como o medio de acadar a a equidade entre homes e mulleres), non só no deseño das mesmas, senón tamén no día a día da asociación e nas relacións entre as persoas que a forman. Para iso, tratamos de orientar as nosas actividades cara a igualdade entre os xéneros mediante o empoderamento da muller e a súa participación activa na sociedade, á igualdade de oportunidades no acceso e control de recursos e beneficios e, en definitiva, á concienciación da existencia dunha fenda de xénero e loita por reducila e eliminala.

Tamén incluiuse na planificación estratéxica unha liña específica de xénero (páxina 3 do anexo de matriz estratéxica).


3. TRABALLO EN GALICIA

- Formacións en cursos externos de persoas da asociación (algunhas xa viñan formadas, e empezaron a dar algunha formación interna nos grupos).
- Formacións internas á base social de ESF con expertas externas en Xuntanzas ou outros obradoiros, debates dixitais, organización de cursos de teatro da oprimida e poesía, novas masculinidades e algunha outra actividade de sensibilización (como videoforums e participación en foros)
- Finais 2015: creouse o grupo de xénero, para empezar a reflexionar sobre este tema en ESF.
- Finais 2015: organización das xornadas xénero e tecnoloxía
- Creación de repositorio de materiais de internete para formación en xénero
- En 2016 empezou a colaboración co CEXEF en formacións que organizan de temas de xénero máis en xeral, ou vinculados coa cooperación e o desenvolvemento, buscando o seu asesoramento en indicadores de xénero nos programas que desenvolvemenos en Honduras. Actualmente colaboramos en elaborar unha comparativa do rol das mulleres na xestión comunitaria auga Galicia-Honduras a través dalgúns casos reais de aldeas hondureñas e galegas.

4. TRABALLO INTERNACIONAL

- Fortalecemento socios locais para que estén formados en equidade de xénero (sobre todo, de momento, para o seu desempeño diario en extensión hídrica, extensión agro-pesqueira, etc.).
- Caixas rurais e emprendementos enfocados a grupos de mulleres
- Xestión da finca familiar a través de Planes de Manejo de Finca, tratando de incorporar el enfoque de género
- Obradoiros autoestima e xénero
- Obradoiros de Novas masculinidades
- Fortalecemento de xuntas de auga con enfoque de xénero
- Impulso da elaboración de liñas de base de xénero municipais e diagnoses comunitarias

5. RETOS

- Elaborar un Plan de xénero da asociación? (aínda non o temos claro)
- Accións en Honduras sobre xénero, propiedade da terra e corresponsabilidade
- Mellora de indicadores de xénero nos programas internacionais
- Continuar o traballo en xénero e tecnoloxía, tecnofeminismo
- Incorporar á base social a máis persoas con sensibilidade de xénero 
- Sensibilizar a toda a nosa base social sobre feminismos e facelos nosos; non tomalo como unha temática máis, senon incorporalo á nosa identidade

11 oct 2017

Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade de ESF Galicia 2004-2016. 13 anos promovendo cidadanía global

Aquí deixamos o informe elaborado pola consultoría externa Wayna (descargable aquí tamén), de avaliación do Programa de Coñecemento da Realidade de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia Galicia desde que comenzou en 2004 até 2016, e no que participaron 51 persoas con estancias en 4 países distintos (El Salvador, Nicaragua, campamentos de refuxiadas saharauis en Alxeria, Honduras) nese período.

Os resultados sobre a influencia deste programa no desenvolvemento persoal das persoas participantes e na propia organización foron moi positivos, e xurdiron leccións aprendidas e melloras que xa en 2017 estivemos tratando de aplicar.