10 mar 2017

Xa están aquí as PCR de 2017!

Compráceme anunciar que despois de darlle voltas e reviravoltas xa temos as catro seleccionadas para integrarse no programa PCR de 2017 e que viaxarán a desfrutar do calorciño do Golfo de Fonseca, das súas baleadas e do manglar.
Son (redoble):

Por Agro e co sacho na man

Carla Méndez. Estudante do Grao en Enxeñería Agrícola e Agroalgomáis (esta titulación cambia de nome coma eu de camiseta) da USC en Lugo. Rapaza de Viveiro que demostrou gran compromiso con ESF (e ambición) tentando xunto con Andreina de facer que a sede de Lugo rexurdira das súas cinzas.

Daniel Regueiro. Quen pese ao seu apelido vai por Agro. Estudante de último ano de Ciencia Poítica. De Arzúa, coma os queixos, promete duras conversas como demostra coa súa participación en torneos de debate. Interesado pola política internacional, sen dúbida aproveitará o programa como se merece.

Por Auga e con moito flow

Verónica Torrijos. De A Estrada. Bióloga e enxeñeira ambiental con moitos anos de experiencia en tratamento de augas residuais e xestión de humedais. Máis de dez anos como voluntaria de ADEGA. Haberá que vixilala ben non se vaia a quedar en Honduras!

Adrián López. Voluntario dende decembro do ano pasado. Cursa dous másters porque un non lle é abondo, o de camiños e un de hidráulica ambiental. Outro que vai a haber que vixilalo ben para que volva cargado de anotacións.

As catro demostraron que merecen ser PCR. Pero agora chega o máis difícil para todas, e máis para os grupos, que é facer que nós merezamos estes PCR e facer do programa de este ano un dos máis proveitosos.

Un aplauso! Moita sorte!

No hay comentarios: