13 mar. 2017

OUTRA EMPRESA É POSIBLE! Presentamos estudo sobre a incorporación de valores éticos no ámbito empresarial tecnolóxico

O vindeiro día 29 de marzo presentaremos ás 11h no Forum Metropolitano de A Coruña o noso primeiro

Estudo sobre a incorporación de valores éticos no ámbito empresarial tecnolóxico da provincia da Coruña. OUTRA EMPRESA É POSIBLE!


 
O informe levouse a cabo grazas ao financiamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia e tense previsto continuar esta liña de traballo.





Por temas de espazo, o acceso será con invitación, pero a partir do día da presentación poderedes descargar o informe e os seus anexos a continuación:

  •     Informe 
Resumo de prensa
Informe completo 
  •     Relación de Anexos
Anexo A.1 Modelo de enquisa
Produto A Informe das enquisas iniciais
Produto B.1 Matriz de indicadores
Produto B.2 Guía explicativa da matriz
Produto E Recomendacións sobre boas prácticas