3 mar. 2017

Boletín oficial esfeiro: marzo 2017




CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    No mes de febreiro fixemos a convocatoria de 4 prazas para participar no Programa de Coñecemento da Realidade 2017, que inclúen unha estancia mínima de 2 meses en Honduras coñecendo o país, as organizacións hondureñas coas que colaboramos e os programas que desenvolvemos con elas. Tamén sacamos o catálogo de propostas de traballos fin de grao/master 2017 para distintas titulacións, na busca de persoas que queran facer algo máis que un traballo académico. Quixemos dar a coñecer a People4Soil: Iniciativa Cidadá Europea pola protección dos solos, que ESF Galicia respalda, e tivemos tempo de reflexionar sobre o importante papel que a soberanía alimentaria debería ter na consecución do Obxectivo nº 2 dos Obxectivos para o Desenvolvemento Sustentable (ODS).



BLOGUE HONDURAS

    En Honduras continúan os traballos de recompilación de material para xustificar o bo uso de diñeiro público da Xunta de Galicia nos proxectos do programa auga (Fase II) e soberanía alimentaria respectivamente, que remataron a finais de 2016, así como da primeira anualidade do proxecto a 18 meses do programa auga (Fase III) que remata a finais de 2017. Na Fase II do programa de fortalecemento de capacidades locais para asegurar o dereito á auga traballouse, entre outros, o tema de abastecemento de auga con enerxía solar, abordando un proxecto piloto que describimos aquí e que esperamos teña continuidade. Dentro do programa de soberanía alimentaria, tivemos ocasión de compartir experiencias e formación co resto de organización socias dun convenio financiado por AECID no que participamos xunto con CODDEFFAGOLF (a nosa socia de sempre nestes temas de soberanía alimentaria) e varias máis ao longo do país.




ENLACES DE INTERESE


Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable



Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento

Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas e, se che interesan estes temas, tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  •  El otro mundo. Volumen 1. Miguel Brieva. Cómic.



E NO PRÓXIMO MES ...


  • 29 de marzo: presentación do estudo sobre Educación para o Desenvolvemento en empresas tecnolóxicas da Coruña. 11:30h. Forum metropolitano da Coruña. Por cuestións de espazo precisarase invitación.
  • 21 a 23 de abril: Xuntanza da Base Social de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia. O sábado 22 pola tarde será a Asemblea de Persoas Socias. Lugar por determinar

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.




A ESF-RASE DO MES

“A pesar de todos os pesadelos inventados pola ficción, as máquinas carecen de vontade propia. Non se inventan a si mesmas, non se fabrican a si mesmas e non nos forzan a poñernos ao seu servizo. Todas as decisións e actividades operadas por elas son decisións e actividades humanas. As coaccións e ameazas que atribuimos ás máquinas son sempre, consideradas máis de preto, ameazas e coaccións de grupos humanos interdependentes producidas nas súas recíprocas relacións con axuda das máquinas”.
Norbert Elias.