10 ene. 2017

Boletín Oficial Esfeiro: xaneiro 2017

  O pasado día 28 de novembro na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións de Vigo organizamos con Amigos da Terra unha charla sobre obsolescencia programada e electrónica ética. Podedes ver os relatorios aquí. Ademais, aquí tendes os cursos en liña da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras abertos para febreiro (ao que probablemente se una o de incidencia política).



CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


    No noso blogue de vida asociativa podedes ver en decembro a crónica das xornadas e obradoiro de bioconstrución de Vigo coorganizadas coa Asociación ESPIGA (en tres entregas: visitas técnicas, xornadas e obradoiro). Tamén podes ver as crónicas do Congreso Nacional de Medio Ambiente (CONAMA), ao que asistiron dúas persoas de ESF Galicia (tamén con tres entregas: unha introdución sobre o CONAMA, auga e infraestruturas verdes). A mediados de mes resolvéronse os premios dos certames de poesía e fotografía, aquí podedes ver as obras gañadoras! Foron datas tamén de formacións e encontros da base social (o Nadal parece que invita a iso, ademais de que moita esfeirx da diáspora volve a Galicia). O CEXEF, con quen estamos a colaborar, organizou en A Coruña un par de eventos moi interesantes, ademais dos organizados por ESF en A Coruña (para falar sobre o Dereito á Auga no sur de Honduras) e Lugo (sobre Soberanía Alimentaria en Galicia e Centroamérica). Rematamos o ano dando noso apoio á campaña prosaharauí #EspañaNoDescoloniza.



BLOGUE HONDURAS

    En decembro en Honduras estivemos a tope pechando sendos proxectos financiados por Cooperación Galega da Xunta de Galicia (un do programa de Dereito á Auga e outro do programa de Soberanía Alimentaria), así como outro do programa de Soberanía Alimentaria financiado polo Concello de Lugo (aquí podes coñecer os programas que estamos a desenvolver en Honduras e a súa historia). Aínda así, tivemos tempo de contar como funciona o modelo enerxético en Honduras (tema que nos interesa pola idea que temos de ir traballando algo o tema de enerxías renovables).



ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento



Consumo responsable



Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas

  • CAMPAÑA #EspañaNoDescoloniza. ESF ten unha relación histórica coa causa saharaui. A campaña, que parte da Coordinadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara (CEAS-Sahara), pretende aproveitar que en decembro lle corresponde a España a rotatoria Presidencia do Consello de Seguridade da ONU, e que así se faga algo en relación co contencioso do Sahara Occidental (un dos 17 territorios non autónomos recoñecidos polas Nacións Unidas e do cal o Reino de España segue a ser potencia administradora do proceso de descolonización).
  • https://nomascortesdeluz.org/
  • Globat Network Initiative

Investigación para o desenvolvemento 



Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • Boas prácticas na Cooperación e Educación para o Desenvolvemento nas Universidades Galegas. Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento
  • Manual de construcción con botellas desechables de plástico
  • Programa de desarrollo integral Champerico-Retalhuleu
  • Territorios a examen III. Análise comparada da xestión territorial
  • Adobe sismorresistente (tríptico).


E NO PRÓXIMO MES ...


    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.
 



A ESF-RASE DO MES

Lembramos a Zygmunt Bauman, que faleceu hoxe, con 6 frases seleccionadas sobre tecnoloxía e consumismo
  • Hai outros xeitos de atopar satisfacción, receitas para a felicidade humana, desfrute, digna e significativa, a vida gratificante, que o aumento do consumo que aumenta a produción.
  • A diferencia das relacións reais, é doado entrar e saír das relacións virtuais. Estas parecen elegantes e limpas, fáciles de utilizar, en comparación co pesado, lento, desordenado proceso das cousas reais.
  • É estéril e perigoso crer que un domina o mundo enteiro grazas a internete cando non se ten a cultura suficiente que permite filtrar a información boa da mala.
  • O progreso deixou de ser un discurso sobre a mellora da vida de todos para converterse nun discurso de supervivencia persoal.
  • Ademais de tratarse dunha economía do exceso e o lixo, o consumismo é tamén, e xustamente por esa razón, unha economía do engano. Aposta á irracionalidade dos consumidores, e non as súas decisións ben informadas tomadas en frío; aposta a despertar a emoción consumista, e non a cultivar a razón
  • Os móbiles axudan a estar conectados aos que están a distancia. Os móbiles permiten aos que se conectan… manterse a distancia