24 feb. 2016

ESF Galicia convoca 4 prazas de PCR. Convocatoria PCR 2016

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia) abre o prazo da convocatoria para o Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) 2016. 
O PCR consiste na formación específica das persoas participantes no coñecemento da realidade concreta dos países nos que traballamos, co fin de fortalecer o seu pensamento crítico e a súa capacidade e criterios de actuación. 
A data límite para a presentación de solicitudes é o 7 de marzo, ás 12 da noite. As solicitudes que sexan recibidas despois deste momento non entrarán no proceso de selección. Se tes algunha dúbida sobre o concepto de PCR, a filosofía de ESF, a convocatoria ou a túa solicitude podes contactar con info@galicia.isf.es 
Pódese consultar os detalles da convocatoria descargándoos  aquí (non te preocupes polo aviso de conexión insegura) ou a continuación
 

 

21 feb. 2016

Emprego en ESF: praza de Representante País Honduras


Enxeñería Sen Fronteiras Galicia abre a convocatoria dunha praza de persoal remunerado para Representante País Honduras, que faga ademais o seguimento dos seus programas de Dereito á Auga e Desenvolvemento Rural no país.

Pódense consultar os detalles da convocatoria aquí (non te preocupes polo aviso de conexión insegura) ou velos abaixo. Máis información en info[arroba]galicia.isf.es

Data límite para presentación de candidaturas, 13 de marzo de 2016





19 feb. 2016

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

Compartimos un artigo máis da colección de reflexións multidisciplinares sobre Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano, que desenvolvemos grazas a nosa base social e a cofinanciación do departamento de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. Desta volta é o noso compa Andrés Estévez quen nos comparte unha reflexión, sobre as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

Pódese descargar de aquí ou lela en liña a continuación: