22 ene. 2016

El cochecito: ¿pies, para qué os quiero?

No verán publicouse neste mesmo blog unha entrada acerca de películas para pensar sobre tecnoloxía . Non quixera enumerar os case 101 erros da lista nin sinalar a ignorancia do autor, simplemente irei pouquiño a pouco profundizando en algunha das ausencias (ou presencias) da lista.

En 1960 estrenouse en España “El cochecito” unha comedia dirixida por Marco Ferreri e baseada na obra Pobre, paralítico y muerto de Azcona (que tamén será guionista na peli). O elemento central desta cinta é un “cochecito”, unha silla de rodas motorizada grazas a cal persoas con problemas de mobilidade que se verían marxinadas ou condenadas a estar recluídas no fogar poden integrarse na sociedade e levar unha vida satisfactoria. O cochecito dalles a autonomía que necesitan para seguir relacionándose co mundo, pero que pasa cando eres o único que non dispón desa tecnoloxía?

O gran Pepe Isbert, protagonista do film, dá vida a un señor que ten a desgracia de ser o home con mellor saúde do seu grupo de amigos e verse, por iso, marxinado. Todos os seus compañeiros teñen problemas de mobilidade e disfrutan dun cochecito que lles fai poder seguir saíndo a rúa pero tamén “camiñar” máis rápido e ir máis lonxe cansándose menos, todo isto fai que don Anselmo (Isbert) se vexa marxinado e sinta a necesidade de mercar un cochecito que realmente non precisa.

Ata aquí a película, non quero facer spoilers nin comentar os finais da película (a censura franquista non permitiu que o final da peli fose uno, grande y libre e tiveron que rodar un alternativo). A película móstranos a un grupo de persoas que dispoñen dunha tecnoloxía debido a unha necesidade específica pero que xera un sentimento de marxinación a quen non dispón dela, creando necesidades de consumir na xente que os rodea. A tecnoloxía excluíndo e xerando consumismo, unha persoa sa desexando estar enferma para poder usar unha silla motorizada coma os seus colegas: “Cosas veredes, Sancho”.

Os que foron os últimos en ter Whatsapp (ou Telegram) do seu grupo de amizades seguro que saben do que falo: non estar enterado da última novidade, do último cambio de plans ou da nova quedada. Ser o último en enterarse de todo.

               -Veña, pois quedamos en dúas horas na do Luís, ok?
               -Ok. Quen avisa a Mijeliño que el non ten wachá?

Quen foi o voso “Mijelinho”? Esa persoa da que alguén se tiña que acordar, ese do que hai que estar pendiente para que se entere das cousas como se fose parvo.

               -Ai Mijeliño, compra un esmarfon e tira a porquería esa!

O pobre de Mijeliño non debía saber que para non ser uns marxinados estamos obrigados a usar as mesmas ferramentas. Polo menos así o asegura un estudo do Centro Reina Sofía: os mozos e mozas que non usen as redes sociais están en risco de exclusión**.


E vós que? Tendes todos un “cochecito” no bolsillo?


_________________________________________________________________________________
**Aquí podedes consultar o estudo completo: Jóvenes y comunicación. La impronta de lo virtual.

21 ene. 2016

Curso en liña Soberanía Alimentaria 2016 de ISF

Aberto o plazo para matrícula no CURSO SOBERANÍA ALIMENTARIA 2016: Sembrando Conciencias, construyendo Soberanía Alimentaria, que cofinancia Cooperación Galega da Xunta de Galicia e organiza Ingeniería Sin Fronteras Valencia.


  • Duracion: 60 horas. 5 horas semanais.
  • Precio: 20 euros para personas vinculadas a ISF, 50 euros para o resto de participantes.
  • Data: do 15 de febreiro ao 29 de maio de 2016.
  • Data límite de inscrición é o 10 de febreiro.
  • Para participar só tes que encher o formulario de inscrición


O curso afonda no actual modelo agroalimentario en todas as súas dimensións e, dende aí, a resistencia e alternativa que supón a Soberanía Alimentaria. Xunto aos aspectos máis teóricos, estudanse experiencias concretas e a diversidade de estratexias a través das caies se está a construir a Soberanía Alimentaria nos territorios. Preténdese, ante todo, promovenr a conciencia crítica da persoa participante.

No propio formulario e debido ao reducido número de plazas disponibles, habilitouse un espazo para que comentedes as vosas motivacións, implicación e vinculación con experiencias de Soberanía Alimentaria: colectivos sociais, grupos de consumo, experiencias agroecolóxicas, defensa da biodiversidade, etc.

Se tes calquera tipo de dúbida contacta con curssobal.isfvalencia@gmail.com.

Máis info aquí.

------------------------------------------------------------
Lembramos que o 17 de febreiro pecha a data de matrícula para outros catro cursos da Federación ISF:

  • auga, 
  • enerxía, 
  • proxectos internacionais, 
  • Sistemas de Información Xeográfica e cooperación
-------------------------------------------------------------
ACTUALIZACIÓN 10/02/2016
Tamén dispoñible o curso de incidencia política da Federación ISF. O 27 de febreiro pecha a matrícula.





Comunicación para o Cambio Social como Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano

A nosa compañeira Alicia Fariña compartiunos un interesante artigo de reflexión sobre Comunicación para o Cambio Social como Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano, dentro da colección de Reflexións sobre TpDH que imos publicando neste blogue, grazas ao apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

Aquí podes descargala e a continuación visualizala online:






11 ene. 2016

Resumo blogueiro: decembro 2015



CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    O ano 2015 remata no blogue con dúas entradas para a reflexión, á que tendemos aínda máis nestas datas de cambio de ano: cal é o papel das empresas en desenvolvemento e en cooperación?, e por último o debate que pasa coa guerra en Siria?




BLOGUE HONDURAS


   O mes de decembro trouxo boas novas en Honduras, xa que a nosa organización socia, CODDEFFAGOLF, recibiu o premio Ecuatorial da ONU que recompensa os esforzos comunitarios para a reducción da pobreza, protección da natureza e resiliencia ante o cambio climático. Noraboa! Raquel, voluntaria técnica en Honduras (xa leva dende agosto e até febreiro alí estará apoiando a organización socia nosa ) informounos de como se viviu a emoción da entrega do premio. Podedes atopar algunha das actividades que están a executar no ámbito do Desenvolvemento Rural dentro do proxecto financiado pola Subdirección Xeral de Cooperación da Xunta de Galicia. E para rematar o ano, unha análise dos problemas derivados do acceso a auga como é o lavado da roupa no río por parte das mulleres, que  o noso "corresponsal" Martiño (o único participante no PCR que quedou dos 4 que foron, xa que ampliou un pouco a súa estancia no país) nos fixo.




ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable



Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 




Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:


E NO PRÓXIMO MES ...



    Ademais, o 2016 está declarado Ano Internacional do Entendemento Mundial, así como Ano Internacional das Legumes (moi vencelladas coa soberanía alimentaria en todo o mundo.

    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.
 




A ESF-RASE DO MES

Se me fixeran obxecto, sería obxectivo, per fixéronme suxeito.
José Bergamín