14 jul 2016

Obradoiro na sede de Vigo: Pódese cargar o móvil con enerxía solar??


Este venres 15 de Xullo, o grupo da sede de Vigo terá a oportunidade de descubrir unha nova utilidade da enerxía solar.


Será nun obradoiro formativo ao que estades convidados todos aqueles que teñades curiosidade por saber se é posible cargar a batería dos vosos teléfonos móviles con enerxía renovable e 100% limpa. O compañeiro Daniel Vila será o encargado de facilitarnos as ferramentas e tecnoloxías adecuadas para este propósito. E as persoas participantes, a trebellar!!!


Mañá venres pola tarde en Gondomar.

No hay comentarios: