20 may 2016

Tertulia sobre ciencia e cooperación ao desenvolvemento en Santiago TV

Por ESF estivo Alberto Varela, histórico de ESF en Coruña, profesor na Escola de Camiños da Universidade da Coruña e coordinador do CartoLab (con quen ESF leva anos colaborando tanto en Honduras co desenvolvemento da feramenta gvSIG FONSAGUA para a xestión integral do recurso hídrico, como en Galicia na materia de cooperación para o desenvolvemento da Escola de Camiños e en diversos temas relacionados coa cartografía participativa, Openstreetmaps, índice mundial de TpDH, etc.).

Tamén está na tertulia Pedro Revilla (a quen agradecemos a invitación!), da Misión Biolóxica de Galicia, con quen ESF colabora hai tamén uns anos nun programa de mellora participativa de millo en Honduras.


Aquí se pode ver o programa en dúas partes:

É importante plantexarse o tema de "open knowledge" e "open access", como xeito de "democratizar" a ciencia, ou polo menos facela máis accesible a todo o mundo. Tamén é importante a "fenda científica" como indicador de desigualdade na ciencia (publicacións de gran impacto por países de orixe e outros produtos científicos amosa una brutal fenda que fai que tamén se parta dunha situación moi desigual, os primeiros postos da parrilla de saída están copados e non parece que haxa moita vontade de facer unha parrilla "máis ancha").

Tamén é importante mencionar que a cooperación para o desenvolvemento non implica soamente "cooperación internacional" ou con outros países, senón tamén o enfoque da investigación cara un desenvolvemento baseado na protección dos dereitos humanos en todo o mundo e o ben común. Estamos a conseguir iso co modelo actual de investigación? Probablemente non porque, ao fin e ao cabo, a ciencia tamén está dentro dun modelo de desenvolvemento que non aposta por isto.

O anterior lévanos a propoñer un novo tema para unha vindeira tertulia: a neutralidade da ciencia.

4 may 2016

Formación xeral PCR 2016

O vindeiro sábado 7 de maio, levarase a cabo a formación para as participantes no Programa de Coñecemento da Realidade en Honduras deste 2016, ainda que se trata de unha formación aberta a calquera persoa interesada.

Lugar:

Escola de Camiños, Canais e Portos, Campus de Elviña, A Coruña.

O programa sería o seguinte:
  • 10:00-10:30 Coñecendo Honduras. Contexto socioeconómico, historia, socios locais, presencia de ESF no país... 
Dinámica
  • 10:30-11:00 Loxística da viaxe. Vacinas, maleta, seguro... 
Raquel Zolle (PCR agro 2014), Daniel Vila (PCR auga 2013)
  • 11:00-12:00 Seguridade e Saúde. Consellos e recomendacións sobre seguridade e riscos de saúde tanto na preparación da viaxe como no terreno.
Sabela Pan (PCR Auga 2010)

#######Descanso#######
  • 12:30-13:30 Interculturalidade. Como abordar o "choque cultural" de un modo sinxelo e práctico. 
Martiño (PCR 2015)
  • 13:30-14:00 Organización xeral dos PCRs Activiades máis adecuadas, calendario de incorporación ao grupo, formación específica...
Grupo auga e agro.  

Resumo blogueiro: abril 2016

Este mes ESF Galicia asinou o manifesto da Rede Galega en Apoio das Persoas Refuxiadas.

Ademais, vimos de coñecer que Cooperación Galega da Xunta de Galicia concedeunos unha subvención cunha excelente valoración para continuar o traballo a prol do Dereito Humano á Auga en Honduras, para o proxecto Fortalecemento das capacidades locais e da participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da Mancomunidade NASMAR, Honduras, fase 3. Iso si, por falta de fondos quedaron bos proxectos fora e, por riba, 400.000 euros quedaron sen asignar por culpa da artificiosa e innecesaria división das partidas orzamentarias VII (inventariables) e IV (o resto), de xeito que esgotouse o orzamento da partida IV (e polo tanto non se podía asignar o sobrante da partida VII). Dende e ESF, en colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD (dentro da súa Comisión de Incidencia Política), levamos anos intentando que desapareza esta división no caso das subvencións de cooperación internacional para o desenvolvemento, que son sempre fortalecemento a parceiros e podería considerarse capítulo IV (como xa ocorre noutras comunidades autónomas), sen conseguilo.




CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    O mes de abril comeza cunha entrada moi informativa sobre un tema pouco presente: a pobreza enerxética en Galicia. Continuamos coa reflexión de despedida da Presidencia de Marta!. De seguido, a tan esperada crónica da Xuntanza de Lugo. E para rematar, filosofamos sobre os dereitos humanos.

Volver



BLOGUE HONDURAS



    Este mes publicamos dúas entradiñas sobre Honduras: un resumo do informe da misión internacional “Justicia para Berta Cáceres” con conclusións demoledoras e o pronunciamento da marcha organizada polo movemento ambientalista MASSVIDA co gallo do Día da Terra, pola defensa do territorio fronte actividades que ameazan o medio ambiente e os medios de vida no Sur de Honduras.




ENLACES DE INTERESE


Auga



Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable



Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 




Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas



E NO PRÓXIMO MES ...




    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.



A ESF-RASE DO MES

A ciencia e a tecnoloxía, na sociedade revolucionaria, deben estar ao servizo da liberación permanente, da HUMANIZACIÓN do home.
Paulo Freire