14 feb 2016

Xornadas Esfeiras en Vigo

A sede de Vigo de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia ten o pracer de anunciar que o vindeiro sábado 12 de marzo realizaranse unhas xornadas formativas sobre cooperación ao desenvolvemento e tecnoloxías apropiadas, os grandes eixo de traballo da asociación. Está cofinanciada pola Xunta de Galicia a través de Cooperación Galega.

O programa de actividades é o seguinte:
  • 18:00 Experiencia dunha PCR en Honduras: Aqui Paula vainos relatar a súa experiencia en Honduras visitando os proxectos internacionais de ESF Galicia, enfocados en Desenvolvemento Rural e Soberanía Alimentaria. (encontra mais información no noso blogue sobre as actividades en Honduras)
  • 18:45 Facendo frente á sequía en África Subsahariana: Nesta charla, Sabela vai contar o proxecto levado a cabo en Savanes, Togo (no África Subsahariana), consistente na dotación de infraestructuras de auga cun enfoque de xénero, complementadas con actividades de formación e capacitación das comunidades rurales. Este proxecto foi levado a cabo por Arquitectura Sen Fronteiras.
  • 19:30 Pausa-café.
  • 19:45 Os ordenadores vellos, reviven? Nesta charla-obradoiro, Dani Vila, Nikole Pérez e Andrés Suárez farán unha breve introducción ao concepto de Software Libre, e despois pasarase a unha formación práctica na que se instalará Linux en ordenadores que as persoas asistentes traian. Trátase de mostrar como ordenadores que parecen chatarras inútiles ante a constante renovación de sistemas operativos de Windows, poden ter unha proveitosa segunda vida se se lles instala un sistema operativo de Linux, moito mais lixeiro e práctico. Tamén se realizará a montaxe de máquinas virtuais cos ordenadores mais novos. A finalización das xornadas está prevista para as 21:00.
 Inscrición (de balde):

 https://docs.google.com/forms/d/1PEdqpGFy1fCdm_gInwfHNdJ0xF4VsPjMq85II8le7B0/viewform?c=0&w=1

 Lugar:

Café Uf, en Rúa do Pracer, nº 19, Vigo (ao lado do Concello)

Material necesario:

Para sacarlle o máximo partido ao obradoiro aplicado de instalación de Linux, recoméndase traer o ordenador propio, especialmente se se ten un ordenador en casa que xa non se usa por vello pero que ainda funciona.

Contacto:

Para calquer dúbida ou consulta, non dubides en contactar connosco e Andrés resolverá as túas dúbidas! ansuga@gmail.com

Esperámoste o sábado 12 de marzo no Café Uf!!!




No hay comentarios: