25 sept. 2015

Chamada de axuda dende Açailandia, Brasil

Un antiguo esfeiro de Lugo que lleva muuuuuuuuchos años en Brasil como misionero comboniano laico nos hace llegar un llamamiento de ayuda, dando un testimonio de primera mano de lo que está ocurriendo en su zona de trabajo. Él trabaja en la zona de Açailandia, de donde hace también unos años vino un espectáculo de denuncia del trabajo esclavo a través del teatro que en Galicia se apoyó desde ESF (se llamaba Kilombagem, y en Galicia se representó en A Coruña y Santiago de Compostela). 
Hemos querido hacer eco de su llamamiento desde aquí. 
Forza, Xoancar!
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Amigos,
mi trabajo en Açailândia (estado de Maranhão, Brasil) en la red "Justiça nos Trilhos" ha dado un giro imprevisto en los últimos días.
El asesinato de un ambientalista conocido me ha obligado a dejar de lado todas las actividades de promoción de la agroecología en comunidades rurales de los municipios de Açailândia y Buriticupu, en el estado de Maranhão. La necesidad ahora es proteger a varios colaboradores permanentes de Justiça nos Trilhos que están recibiendo constantes amenazas de muerte. Las listas con personas “marcadas para morir” han vuelto a la actualidad. Nos parece haber vuelto a los tiempos de los pistoleros a servicio del latifundio, que eran la tónica por aquí en los años 80.
El clima en la Reserva Biológica de Gurupi es de terror. Los extractores ilegales de madera y los terratenientes se están apropiando de una Unidad de Conservación Ambiental y de varias Tierras Indígenas. Los tractores devastan la selva y las balas amenazan o matan a quién levanta la voz para denunciarlo.
La situación ya ha sido denunciada nacional e internacionalmente (incluso ante la ONU y OEA), pero la respuesta de los distintos niveles de gobierno brasileños todavía es muy tímida y lenta. Aquí nos enfrentamos a una red de intereses que ha formado una organización criminal con ramificaciones en los tres poderes e incluso en las fuerzas policiales.
Una comunidad entera de 29 familias (aproximadamente 200 personas), han tenido que huir con lo puesto, debido al alto nivel de amenaza para sus vidas que percibimos en la zona. Ya hemos conseguido hacer una retirada, con escolta policial, de los objetos más básicos (documentos, ropas, utensilios de cocina). Pero han tenido que abandonar sus cultivos cuando ya estaban cerca de la cosecha.
Estas personas, todas muy pobres, están ahora viviendo en la periferia de la ciudad de Buriticupu (a 160 Km de Açailândia) de favor en casas de amigos o parientes. En algunas casas, todas bastante pequeñas, hemos visto que conviven hasta cuatro familias (22 personas). La solidaridad de los pobres siempre nos cuestiona y provoca.
Hemos iniciado dos campañas urgentes para intervenir en esta situación:
1) la primera consiste en una colecta ("vaquinha" en portugués) para recaudar dinero para sufragar los gastos de alimentación de estas familias "refugiadas".
Para ello hemos organizado una colecta crowdfunding, donde podéis contribuir por internet (con tarjeta de crédito). El enlace para las donaciones está aquí
2) una campaña de emails a las autoridades que deben intervenir urgentemente en esta situación. Os mando un anexo en inglés, con todos los emails y el texto que os pedimos que enviéis.
Aquí tenéis los enlaces a algunas noticias que están pasando en las televisiones brasileñas sobre esta situación:
http://g1.globo.com/ma/maranhao/noticia/2015/08/liberado-suspeito-de-participar-da-morte-de-ambientalista-no-ma.html
http://g1.globo.com/ma/maranhao/noticia/2015/08/pf-diz-que-organizacao-criminosa-mandou-matar-ambientalista-no-ma.html

http://g1.globo.com/ma/maranhao/noticia/2015/08/conselheiro-do-icmbio-no-maranhao-foi-morto-com-sete-tiros-diz-iml.html
También un artículo en italiano: index.php-option=content&task=view&id=3550&Itemid=1
Os pido que difundáis esta información entre vuestros contactos, webs, blogs... para que más personas participen de la colecta y de la campaña de envío de emails para que quien puede hacer algo se moje.

18 sept. 2015

60 frases e 2 relatos que nos fixeron pensar

O equipo de ratas de laboratorio de Enxeñería Sen Fronteiras, gracias ao apoio de Cooperación Galega, nunha investigación histórica sen precedentes nesta asociación descubriu que grandes personaxes históricas como Castelao, Amilcar Barca, Cunqueiro, Einstein, Gandhi, Nietzsche, Curros Enríquez... xa coñecían e traballaban o concepto de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano.

Na seguinte publicación poderedes ver os resultados da investigación. Non volo credes? Mirade, mirade... (e aquí podes descargala)



16 sept. 2015

Aprendizaxes nas Xornadas Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: unha oportunidade real para acabar coa pobreza global?

Nas interesantísimas xornadas "Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: unha oportunidade real para acabar coa pobreza global?" do pasado venres varias persoas esfeiras tivemos oportunidade de coñecer máis sobre como se foron construindo os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, que virán substituir (cun alcance até o 2030), como elemento central da axenda oficial de desenvolvemento, aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Este proceso se chamou axenda Post-2015. Desde ESF xa vimos hai un tempo falando deles, e mesmo facendo pequenas análises dalgúns que tocan máis de perto ámbitos de traballo de ESF.

Tamén houbo (moito) lugar para poñer de manifesto eivas nos mesmos obxectivos, tanto na forma de construilos como na batería de obxectivos e metas definitiva que, previsiblemente, se aprobará nas próximas semanas.

"Momento pregunta" dun dos ESFeiros na sala

Algunhas ideas interesantes sacadas das xornadas (que en breve se colgarán para poder ser visualizadas e tamén se pode ver o que se xenerou en twitter coa etiqueta #ODSaDebate) as queremos compartir a continuación, ademais dalgunha consideración sobre o papel de ESF e a Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano neste novo contexto internacional para as políticas de desenvolvemento que nos fixeron formular as charlas e coloquios subseguintes.


Koldo Unceta. HEGOA

  • Os #ODM non serviron para un cambio de modelo de desenvolvemento,os #ODS é previsible que tampouco sirvan.
  • Os indicadores dos ODS son imprecisos e houbo moi pouco compromiso político en recursos para levalos a cabo.
  • Respecto aos ODM, se amplía a visión dos elementos que propician desenvolvemento sustentable e inclusivo-
  • A sociedade perdeu a esperanza no desenvolvemento
  • Papel do sector privado lucrativo na Axenda #Post2015: que polo menos "non molesten". Pagar impostos, temas ambientais, laborais...



Francisco Gutiérrez, responsable da área de educación da Secretaría Xeral de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento

  • Trátase dunha axenda centrada nas persoas e o aliñamento do estado no proceso da axenda foi unha constante.
  • O cumio de Addis Abeba non puido sacar adiante nada relacionado coa fiscalidade internacional


Ignacio Martínez. Plataforma 2015 y Más. Actores descentralizados


  • Algunhas solucións pasan pola Economía Social, con gran vínculo local e dos axentes descentralizados
  • A voluntariedade da axuda oficial ao desenvolvemento e o concepto de instrumentalización para a internacionalización que veu dándose xa hai tempo (especialmente neste goberno), así como a incoherencia de políticas, non axudarán a que esta nova axenda sirva para acadar un verdadeiro cambio de modelo que poña ás persoas primeiro.
  • A axenda non di nada sobre as responsabilidades e dereitos desde o local
  • A axenda, dende o local, hai que leela e interpretala para a acción como actores globais que somos
  • Hai que poñer en valor o municipalismo solidario: os actores locais como actores globais"
  • Papel do goberno español e as súas aportacións totalmente irrelevantes para a construción da axenda post 2015


José Medina. Alianza Española contra a Pobreza. Sector privado e sociedade civil organizada.

  • Para os lobbies empresariais a tecnoloxía ten que estar ao servizo de facer sustentable o desenvolvemento e o crecemento
  • As solucións baseadas no mercado ignoran os Dereitos Humanos,que non están en clave de rendabilidade
  • A desigualdade de poder nas estruturas de escoita (máis posibilidades tiveron as grandes empresas na construción destes ODS) e preponderancia das "persoas eminentes"nas propostas (fixeron a inicial, e eran persoas que viñan máis da "alta política" e as empresas). 
  • Nuns anos teremos moitas máis políticas de desenvolvemento baseadas no "medo" ao Cambio Climático e menos baseadas nos Dereitos Humanos (a pesar de ser uns dereitos construidos inicialmente cunha perspectiva moito máis occidental). As empresas están mellor posicionadas neste "capitalismo verde". En temas de desenvolvemento, o que vende é o "capitalismo filantrópico" de Shakira y Bill Gates.
  • "Existen desigualdades de poder entre los distintos actores de desarrollo y no se interviene para ajustarlo"
  • O papel das organizacións civiles nestes tempos é construir imaxinarios que superen os que están detrás da Axenda Post 2015 

Nuria Castejón. Secretaría Técnica do Observatorio da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (OCUD 

  • Mandato á universidade de formar en desenvolvemento sustentable, empezando a nivel interno
  • A universidade tamén debe mirar ao seu territorio, pola lexitimidade que ten pode ser ponte para impulsar á axenda na sociedade civil do seu entorno.
  • É importante o traballo entre ONGD e universidades para xenerar e xestionar o coñecemento sobre desenvolvemento


----------------------------------------------

Yayo Herrero. Fuhem. Medio ambiente como elemento transversal nos ODS

  • O ambiente,elemento transversal na axenda. Todos os países"desenvolvidos"son deficitarios en materia-enerxía 
  • Hai que darlle a volta ao modelo produtivo e de consumo para poñer a vida no centro.
  • Todos os ODS fan unha aposta tecnolóxica e de crecemento económico a partir da propia crise ecolóxica
  • Crer no crecemento sustentable só é posible crendo na 1 lei de WaltDisney: basta con creer moito en algo para que sexa verdade
  • A tecnoloxía é condición necesaria,pero non suficiente, na transformación do modelo. Coidado co optimismo tecnolóxico
  • A crise ecolóxica non é nada diferente da crise social.  As causas son as mesmas


Itziar Ruiz-Giménez. Dereitos Humanos como elemento transversal nos ODS

  • Os Dereitos Humanos na declaración ODS son retórica, floreiro.Non aparecen nos obxectivos,nin se fala de obrigas
  • Non se debe compartimentar #DDHH #CooperaciónAoDesenvolvemento
  • Vivimos un proceso de seguritización e militarización: os problemas sociais convértense en problemas de seguridade"
  • "Los derechos humanos no están entre los objetivos de la nueva agenda de desarrollo"

Mar Correa. Xénero como elemento transversal nos ODS

  • Hai que fuxir do discurso da eficiencia e da #CaixaDeFerramentas.O activismo feminista(e o resto) ten que "atravesar o corpo"
  • O #EnfoqueDeXénero é unha ferramenta de acción,non descriptiva.Hai que vixiar isto cando a axenda #post2015 comece
  • Xénero integrado no eixo principal.Transversalizar e empoderar.Sen relacións equitativas non se cumplirán #ODS,como #ODM

María Luisa Gil. Economistas Sen Fronteiras. Coherencia de políticas como elemento transversal nos ODS
  • O desenvolvemento é moito máis que Axuda Oficial ao Desenvolvemento e políticas de cooperación
  • Para ESF, o importante é superar o "enfoque do 0,7%" e dar máis importancia ao "99,3%" restante
  • Para a avaliación da coherencia de políticas é moi importante impulsar á transparencia das administracións e os #OpenData, dada a dificultade actual de acadar datos


Pablo M. Osés. Plataforma 2015 y Más

  • Claro que a axenda post2015 non ten elementos de ruptura nin cuestionamento do modelo, dado o proceso de contrución (con en realidade moi poucas posibilidades de participación real dende organizacións da sociedade civil que defenden outro modelo posible).
  • Os documentos gobernamentais foron irrelevantes construindo #ODS. Os gobernos foron desbordados polas lóxicas transnacionais


Para que haxa masa crítica que quere cambio hai que promover a honestidade. Non queremos crer que a situación sexa "tan mala", pero hai que tratar de non enganarse a nós mesmos.  A clave é saber cando e onde hai que ser máis combativos e ter un discurso máis forte, e cando as mensaxes deben ser positivas, non culpabilizadoras, construtivas e que apelen ao pensamento crítico.

Dende ESF GALICIA seguiremos esforzándonos por impulsar á tecnoloxía para o ben común, para a emancipación e pàra vivir unha vida que pague a pena vivir, que é realmente o que debemos entender como "desenvolvemento humano"

10 sept. 2015

El Mercado y la Globalización


Un libro moi recomendable, moi didáctico e sinxelo de ler, El Mercado y la Globalización (editorial Destino) de José Luis Sampedro (cunhas impresionantes ilustracións de Sequeiros), foi a víctima dos meus últimos días de verán.

Chámame a atención o papel que lle asigna á antigua URSS antes do seu desmoronamento como contención da globalización capitalista. Isto pode ser certo, pero non estou nada seguro que o que había fora mellor, máis ben penso que esa dicotomía bloqueaba unha “tercera vía”, unha economía máis enfocada ás persoas (non creo que nin unha economía onde o verdadeiro protagonista é o capital nin unha economía onde o protagonista sexo o Estado sexa a solución para a desigualdade e a falta de acceso a uns servizos básicos mínimos por unha cantidade indecente de persoas).
 
Pareceume interesante o presente que está a “técnica” en todo o texto, como vehículo e multiplicador do sistema dominante no que se estivo a desenvolver (sobre todo no que ten que ver coa informática e o gran desenvolvemento das comunicacións globais, que facilitan sobre todo o movemento do capital). Para pensar en como poñer a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano é preciso ir tendo claras estas "terceiras vías" no que as persoas son primeiro (falando entón de tecnoloxías para a emancipación, tecnoloxías para o bo vivir, tecnoloxías contra a desigualdade e polos servizos básicos, etc.).

Por último, aínda que se trata dun texto de 2002, botei en falta na última parte do libro, onde se mencionan corrientes alternativas que aportan na busca desta terceira vía, referencias á loita feminista, que ten un discurso moi traballado.

7 sept. 2015

Resumo blogueiro: agosto 2015


     Este ano a Cósmica será en Euskadi do venres 9 de outubro ao luns 12. Hai que confirmar asistencia antes do 20 de setembro, para facilitar a loxística do albergue. ESF pode financiar parcialmente a asistencia. É moi recomendable participar en estes foros, apréndese moitísimo e tamén queda tempo para a "vertebración".

    Ademais, os 2 últimos xoves de setembro e os 2 primeiros de outubro, con horario de tarde, terán lugar en A Coruña as Xornadas de Bioconstrución que organizamos xunto coa Asociación ESPIGA. Complementándoas, haberá os venres e sábados desas semanas, un Obradoiro Práctico de Construción con COB, restrinxido a 20 prazas, con preferencia para persoas da base social de ESF, ESPIGA e a UDC. Coas mans na masa!

E, a continuación, o Resumo Blogueiro de agosto 2015!

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    O mes de agosto comeza cunha pequena análise da influencia da crise nos proxectos de cooperación. Continuamos coa publicación do informe de erros sobre a planificación. Na seguinte entrada poderás coñecer os resultados dun proxecto de investigación en cooperación co Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da UdC: é unha ferramenta para calcular o índice mundial de tecnoloxía para o desenvolvemento humano. E se aínda estás pensando en como usar o teu tempo nas próximas semanas, o blogue ofrece as recomendacións de pelis e cursos para setembro!



BLOGUE HONDURAS

    Trala chegada das PCRs, o blogue énchese de entradas onde nos contan as súas actividades de campo, como cociñan pan coas mulleres da Comunidad El Marañonal, unha charla sobre voluntariado, a sinatura da carta de entendemento entre unha Escola de Agronomía e a Rede de Productores/as Nacaome - San Lorenzo e a marcha das antorchas como expresión das persoas indignadas. Pero que mellor maneira de coñecer a estas voluntarias de agro (ou Codefagolfas) e auga (ou Triunfitos) que vendo os simpáticos capítulos 1  e 2 do aclamado reality “La isla de los PCR” onde amosan en clave de humor os seus problemas (ou non?) de convivencia e alimentación. Nos vos perdades as próximas entregas!
    Por outra banda, atoparedes un mes mais o informe de seguemento do proxecto de auga financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coas actividades realizadas no pasado mes de xulho. E un artigo onde se explica a situación dos transxénicos en Honduras.
    



ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable



Cooperación e ONGD



Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 

Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas



PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:



E NO PRÓXIMO MES ...



    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.



A ESF-RASE DO MES

Debemos, pois, parece evidente, cuestionar sempre aos que nos contan historias e aceptalas cando estén ben e rexeitalas cando non.
Platón de Atenas









4 sept. 2015

OBRADOIRO PRÁCTICO DE CONSTRUCIÓN DUN BANCO DE COB NA UDC

ORGANIZA: Asociación ESPIGA E Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

FINANCIA: Cooperación Galega da Xunta de Galicia

LUGAR: A Coruña. Campus de Elviña. As primeiras sesións serán na Escola de Camiños, para logo pasar ao lugar da construción, ao lado da parada de autobuses da rotonda de Elviña.

PRAZAS: 20

CONDICIÓNS: Darase prioridade por igual e por estricta orde de inscición a socias de ESPIGA, membros de ESF e alumnado da Universidade da Coruña. Nas prazas sobrantes, por orde de inscrición.

No obradoiro construirase un elemento de mobiliario urban real co material COB, polo cal as persoas que se apunten terán que comprometerse a asistir durante o horario e as sesións marcadas, para garantir que a construción se realice no tempo previsto.

Este obradoiro pode complementarse se se desexa asistindo ás Xornadas de Bioconstrución, polas mesmas datas.

PREZO E INSCRICIÓN: Actividade gratuita. Inscricións en info@galicia.isf.es indicando no asunto "Obradoiro COB" até o día 16 de setembro

Viernes 18 sep de 16-20h
    Introducción ao obradoiro. Teoría.

Sábado 19 sep de 10-14h y 16-20h
    Laboratorio de deseño.

Viernes 25 sep de 16-20h
   Obradoiro práctico: iniciar a construción.

Sábado 26 sep de 10-14h y 16-20h
   Obradoiro práctico: construción do banco

Viernes 2 oct de 16-20h
   Obradoiro práctico: construción do banco

Sábado 3 oct de 10-14h y 16-20h
   Obradoiro práctico: acabados

Viernes 9 oct de 16-20h
   Obradoiro práctico: acabados

Sábado 10 oct de 10-14h y 16-20h
   Obradoiro práctico: remate acabados
   Peche obradoiro


Banco de terra realizado como obradoiro na Escola Internacional de Bangalore, India. https://www.behance.net/gallery/2025789/Mud-bench


XORNADAS DE BIOCONSTRUCIÓN EN A CORUÑA

ORGANIZA: ASOCIACIÓN ESPIGA E ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA

LUGAR: A Coruña. Campus da Zapateira (salón de actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura).

PREZO E INSCRICIÓN: Actividade gratuita, inscrición en info@galicia.isf.es indicando no asunto "xornadas bioconstrución" para estimación previa de asistencia

Estas xornadas poden complementarse se se desexa asistindo ao Obradoiro práctico de contrución con COB (ten prazas restrinxidas), polas mesmas datas. 

PROGRAMA:

Xoves 17 de setembro

“A BIOCONSTRUCIÓN”

16.00 h Presentación Xornadas.

16:30 h.Presentación Espiga e Enxeñería Sen Fronteiras (Asociación Galega para a Bioconstrución). Proxectos e Actividades.


17.00 h Toni Marín. Director da revista Ecohabitar. 


18.30 h Silvia De Santos. Arquitecta. Especialista en medicións e proxectos de biohabitabilidade. Representante do Instituto Español de Baubiologie.
https://www.youtube.com/watch?v=pVhgfqgsxfc



Xoves  24 de setembro

“SAÚDE”

17.00 h Elisabet Silvestre. HÁBITAT SAUDABLE 

http://youtu.be/XWjJONEFGqY

El espacio en el que vivimos y trabajamos tiene una incidencia en nuestra salud. Conocer los factores ambientales y los parámetros e indicadores para conseguir una calidad del ambiente interior resulta determinante para que sean saludables para sus moradores. El denominado síndrome del edificio enfermo es una buena prueba de cómo el ambiente interior puede acabar mermando la salud de las personas. En la presentación se expondrá las investigaciones que indican la importancia de diseñar, construir y rehabilitar espacios con indicadores de salud en la línea de la biología de la construcción.

Elisabet Silvestre. Doutora en bioloxía, experta en saúde e hábitat.

18.30 h Inhar Agirrezabal. NORMA TÉCNICA EN MEDICIÓNS DE BIOCONSTRUCIÓN 

http://youtu.be/QPfmoYdz9aI

Entendemos las mediciones en Bioconstrucción como una herramienta útil y necesaria para la construcción de hábitats saludables. Ante la actual confusión de informaciones y datos respecto a agentes que alteran la salud en el espacio construído, es necesaria la existencia de una Norma Técnica que acote los parámetros de afección. Explicaremos la Norma SBM-2015, su importancia, qué es lo que se mide en ella, y cómo se mide, al mismo tiempo que se expondrán aparatos para la medición. También se darán posibles soluciones y recomendaciones a seguir cuando encontramos valores críticos.

Inhar Agirrezabal. Máster en bioconstrución, especialista en medicións.

 

Xoves 1 de outubro

“TECNOLOXÍAS APROPIADAS”

16.00 h A PRÁCTICA DA BIOCONSTRUCIÓN. TERRA. Esteve Navarrete.

La importancia de la aplicación correcta en la bioconstrucción. Se analizaran varios proyectos observando el diseño y los materiales empleados para conseguir viviendas eficientes, saludables y respetuosas con el medio.
http://youtu.be/e95waCSHbOg

Esteve Navarrete, AuBa Bioarquitectura. Arquitecto especializado en bioconstrucción y construcción con tierra, docente en varios másters y postgrados en la universidad de Girona y codirector de la asociación autoconstructor.


17.00 hDA AUTOCONSTRUCIÓN Á BIOCONSTRUCIÓN. PALLA. Alejandro López, Okambuva.

Desarrollo y aplicación de sistemas constructivos para la construcción profesional con balas de paja, experiencia y propuestas prácticas. Posibilidades para el desarrollo local sostenible.
http://youtu.be/9_d-TkOfuiY

Alejandro López, Okambuva. Arquitecto interiorista, diseñador industrial y gráfico, bioconstructor, formador e investigador en el ámbito de la construcción con materiales naturales.


18.00 h A AUGA NA BIOCONSTRUCIÓN. Ismael Caballero.

La importancia de una adecuada gestión del agua, principios, estrategias y actuaciones sostenibles. Desde la captación, pasando por su uso, depuración y reutilización, para una posterior regeneración y retorno al medio natural.
http://youtu.be/mbn8VxKSrHU

Ismael Caballero, Ismana. Ingeniero Civil Doctorado en Sistemas Energéticos. Presidente de la Asociación Española de Bioconstrucción. Profesor, escritor y asesor sobre el Desarrollo Sostenible, La Bioconstrucción, La Gestión del Agua y la Eficiencia Energética. Ha desarrollado proyectos de Arquitectura Bioclimática, Bioconstrucción, Energías Renovables, e I+D+I.



Xoves  8 de outubro

“EFICIENCIA ENERXÉTICA”

16:30 BIOCLIMÁTICA, ANTES E DESPOIS DA EFICIENCIA ENERXÉTICA (http://youtu.be/aRDJ4B3Xv9c). Benito Sánchez-Montañés, Universidad de Sevilla e Universidad Pompeu Fabra.
La bioclimática es una técnica que ha crecido junto al habitar desde el origen de la arquitectura y que hoy hemos codificado para su difusión científica (es decir, democrática). Su aplicación correcta nos libera de asumir la ecuación perversa de la eficiencia energética y nos da herramientas para un hábitat resiliente.

Benito Sánchez-Montañés es arquitecto, Máster en Arquitectura y Medio Ambiente, Doctor Arquitecto; Profesor Titular de Arquitectura y Medio Ambiente, Universidad de Sevilla; profesor del Posgrado en Bioconstrucción de la U. Pompeu Fabra de Barcelona; miembro fundador del Grupo de Investigación "Composición, Arquitectura y Medio Ambiente"; miembro del Instituto ECOHABITAR; profesor invitado en las universidades de Shiga (JP), Quebec (CA), WTS Saarland (D), Timisoara (RO), Khon Kaen (TA), Nancy (F). Autor de varias decenas de artículos en revistas especializadas, libros y capítulos de libro.


17:30 ESTÁNDAR PASSIVHAUS E EDIFICIOS DE CONSUMO CASE NULO (
http://youtu.be/iiR01fbitFc). M. Rosa de la Iglesia, Plataforma de Edificación Passivhaus.

Edificios de Consumo Casi Nulo, estándar Passivhaus: Qué es, en qué consiste, cómo se puede conseguir y qué aporta a los edificios que se construyen según sus criterios, analizándose también desde el punto de vista normativo. Se mostrarán ejemplos de construcciones Passivhaus en España, explicándose uno de ellos.

M. Rosa de la Iglesia es arquitecta, Máster en Medio Ambiente y Arquitectura Bioclimática. Especialista en Edificios de Consumo Casi Nulo y estándar Passivhaus Imparte formación sobre arquitectura bioclimática, rehabilitación energética y diversas herramientas informáticas para, entre otros, el COAM. Forma parte del equipo de gestión de la Plataforma de Edificación Passivhaus. Miembro de la International Passive House Association y de Slow Energy España. 

18:30 O ECÓMETRO. FERRAMENTA ABERTA DE MEDICIÓN DA ECOLOXÍA NA ARQUITECTURA (http://youtu.be/ldsGtmMo0O8). Iñaki Alonso.

Los procesos industriales y de construcción no son ecológicos. Todos los procesos contaminan y necesitamos medir los impactos desde una perspectiva compleja para poder minimizarlos. El ecómetro se desarrolla en un paradigma nuevo relacionado con la cultura del conocimiento compartido, el "creative commons", con la intención de intentar desmercantilizar la sostenibilidad. La ética hacker y la ecología pueden ir de la mano.

Iñaki Alonso es arquitecto, con doce años de experiencia en investigación y desarrollo de proyectos ecológicos aplicados a la arquitectura. Satt arquitectura, Presidente de Ecómetro, miembro de ASA: Asociación Sostenibilidad y Arquitectura.

 

Venres 16 de outubro

“VISITAS TÉCNICAS”


16:00 - Visita BANCOB - Mobiliario urbano realizado en obradoiro dentro do curso de bioconstrución da UDC.
           Lugar: Parterre anexo a parada autobus da Escola de Informática da UDC - Campus de Elviña.
    Coordina: Víctor González e Marta Salgado.

17:00 - Visita Módulo BIOVALVO - Edificio experimental baixo o estándar passivhaus e bioconstrución, con conchas de mexillón.
           Lugar: Parcela anexa as hortas urbanas da UDC - Campus de Elviña.
    Coordina: Carolina Martínez e Mike Lehmhaus.

18:00 - Visita Módulo Bioclimático Experimental "A Vieira"
           Lugar: CIFP SOMESO
    Coordina: Juan Bello Llorente


2 sept. 2015

Traballo en equipo: cando, como e con quen?

A continuación un debate sobre unha ferramenta moi ben valorada en ESF: o traballo en equipo. Continúa aportando nos comentarios!

------------------------------------------------------------------------------------------


Participante 1

Dende ESF defendemos o traballo en equipo, pero que vos parece este artigo (*)? sobretodo cando aqui pecamos de "buenismo", creedes que algunha vez nos pasou esto?


--------------------------------------------------------------------------------------
Participante 2
A min paréceme moi correcto o de que non é "todo" traballar en equipo. O mellor para a creatividade é ir alternando, sen dúbida (e as fases de introspección parécenme claves). Pero non estou nada de acordo coa análise que fai da problemática de  traballo en grupo de que se dilúe a responsabilidade, o do silencio, etc. Creo que quen escribiu isto non acaba de entender o que é traballo en equipo (e que un equipo o forman persoas).
---------------------------------------------------------------------------------------
Participante 3
Eu teño bastante claro que hai que buscar esa combinación entre o traballo individual e o colectivo. Calquera de nós que teñamos dinamizado algunha cousa para fomentar a creación de ideas sabe que non se pode chegar ante un grupo de xente e dicirlle: "ala! A crear! Que fluya la magia". Iso non funciona así. Nótase un montón cando as persoas xa teñen traballados os temas de xeito individual o positivo que é o grupo para darlle forma e sumar, sumar e sumar (creo que temos experiencias recientes en ESF de quedarnos todas ollipláticas co nivel de creatividade traballando sobre os nosos temas).

Agora ben, o artigo describe un ambiente de grupo moi nocivo que non fomenta que se poida dar ese beneficio do traballo colaborativo. Concordo totalmente con Participante 2. O problema aí non é o traballo en grupo, é o grupo. Nun grupo que non é horizontal, onde non se pode expresar con liberdade, onde os acordos se entenden como renuncias creativas porque en xeral non se quere arriscar, onde hai timidez e medo... O que falla aí é o grupo. Por iso concordo co artigo sobre a crítica á "moda" do traballo en equipo porque penso que se terá que fomentar en espazos onde iso teña sentido (espazos de liberdade). Pero non concordo en absoluto coa súa conclusión; porque eu non renunicaría ao traballo en equipo, o que penso que hai que traballar nese caso é o propio equipo.
-----------------------------------------------------------------------------------------
Participante 4
Boas, só uns apuntes sobre o que comentan Participante 3 e 4:
  • penso que na práctica nos brainstormings nunca se parte de cero, xa que os participantes teñen (temos) experiencias previas ou paralelas tanto no tema en cuestión coma noutros dos que se poden extraer e relacionar as ideas. Desta forma enriquécese o debate xa que se introducen experiencias que cada un poida aportar, sempre é cando o ambiente non sexa nocivo, como sinalabades.
  • Dito o anterior, tamén é certo que ás veces é necesario rachar coas experiencias previas, no chamado pensamento lateral. Aquí tamén é importante o equipo. Pode que ti non teñas certa experiencia, pero si outro membro do equipo. 
  • As ideas están sobrevaloradas. É isto xa é opinión miña. Se fala moito de ideas, pero pouco de como levalas á práctica. É neste punto cando o equipo vólvese indispensable

Por último, creo que as últimas liñas do artigo,

"Pero, sea como sea, deberemos, en última instancia, decidir nosotros. De lo contrario, es posible que acabemos convirtiendo ese precioso galgo en un dromedario que no satisfaga a nadie." 

son un claro indicador de en que terreo se enmarca o artigo. Trátase, na miña opinión, desta tendencias dos últimos anos de facer ver ás persoas a falsa ilusión de que todo o poden, case como se de deuses se tratase. Refírome a algunhas manifestacións do coaching, PNL (https://es.wikipedia.org/wiki/Programaci%C3%B3n_neuroling%C3%BC%C3%ADstica), "felicidade no traballo" e demáis pseudociencias.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------
Participante 1
Pois eu coincido en parte co artigo  pero  non en que o traballo en equipo está sobrevalorado senon en que, tal e xa como dixo Participante 3, non se sabe traballar en equipo, non hai formación previa! se utiliza esta ferramenta, por que si, porque mola, porque si somos participativos temos que traballar en equipo si ou si, e o que molan son as empresas/asociacións (curros remunerados ou non) que sean así, se eres "guai", "moderno/a" curras así e punto... 
Pero esta metodoloxía como calquera outra necesita que a persona sepa traballar en grupo e aínda que hai persoas que teñen unha personalidade que as propicia a traballar mellor así, tamén se aprende! e debemos ser conscientes desto, fun-da-men-tal. O primeiro paso é  pasar da inconsciencia incompetente a consciencia incompetente para finalmente ser conscientes competentes.
Traballar en equipo/grupo (non imos entrar a analizar as diferencias) require que a persoa traballe de maneira individual certas habilidades pero igualmente que se instaure na cultura da organización. E así se favoreza unha cultura e aprendizaxe cando se integra a persoas novas ou incluso empezen a traballar persoas que nunca antes o fixeron xuntas (consciencia incompetente). Só si se crea o clima axeitado se pode traballar en equipo ou polo menos sacarlle o máximo partido (as ventaxas, sinerxias son tantas!!). 
--------------------------------------------------------------------------------------------------
Participante 5
Baixo a miña experiencia, o traballo en equipo é unha maneira de traballar moi agradecida, pero cando as persoas teñen intereses contrapostos, ainda que teñan un problema común, esta maneira de traballar, ás veces vólvese nunha negociación e non nuha búsqueda creativa de solucións consensuadas.