25 mar. 2015

Entrevista a Antía Yáñez Rodríguez - Onda Cero Radio

Aquí podedes escoitar o audio da entrevista realizada a Antía Yáñez Rodríguez, voluntaria da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia na Coruña, emitida no programa "Pontevedra na Onda" de Onda Cero Pontevedra o 25 de marzo de 2015.
Durante a conversa, Antía fala sobre o Dereito Humano de acceso á Auga, ademáis de presentar as distintas actividades nas que está a traballar a asociación neste eido, como o programa en Honduras co Fondo Galego de Cooperación, ou as actividades da Semana da Auga.

24 mar. 2015

Entrevista a Antía Yáñez e Miño Guerreiro - Radio Fusión

Aquí podedes escoitar o audio da entrevista realizada a Antía Yáñez e Miño Guerreiro, voluntarios da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia na Coruña, emitida no programa "Arredor de Nós" de Radio Fusión o 23 de marzo de 2015.
Durante a conversa, Antía e Miño falan sobre o Dereito Humano de acceso á Auga, ademáis de presentar as distintas actividades nas que está a traballar a asociación neste eido, como o programa en Honduras co Fondo Galego de Cooperación, ou as actividades da Semana da Auga.

23 mar. 2015

Dereito Humano á Auga


Cando nos falan dos Dereitos Humanos, moitas veces pensamos en cousas intanxibles, cousas como a vida digna, a liberdade ou a seguridade. Por iso, e sobre todo na sociedade actual, cunha gran carga materialista, pode ser difícil de entender que a auga sexa un Dereito Humano que cumpla todas as propiedades dos mesmos, como a non posibilidade de mercantilización.


O artigo 3 da mesma dí:

Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa. ”

O Dereito Humano á Vida, aínda sendo un dereito vulnerado en moitas partes do mundo, é de fácil comprensión, se cadra o mais institucionalizado. Todo o mundo debería entender que non se pode mercantilizar a vida, estariamos falando de escravitude. 

Empregando dúas premisas:

Para que exista a vida tal é como a coñecemos, é necesario que exista auga que a soporte.

A vida é un Dereito Humano con todas as propiedades que isto implica. Os Dereitos Humanos son inherentes a todas as persoas, son universais, pero poño atención na propiedade de interdependencia e interrelación.

O resultado lóxico destes dous argumentos é que, se a vida é un Dereito Humano, a auga tamén o debe ser, xa que é necesaria para o pleno disfrute daquela . É así como se recoñeceu finalmente no ano 2010 na Asamblea Xeral das Nacións Unidas:

Recoñece que o Dereito a auga potable e o saneamento é un Dereito Humano esencial para o pleno disfrute da vida e de todos os Dereitos Humanos.”

Este feito foi significativo, ainda que cabe destacar que esta resolución das Nacións Unidas non é vinculante para os Estados, é dicir, non teñen porque cumplila. 
 
Son innegables os avances dos últimos anos, como demostra o feito de que se cumplise, xa no ano 2011, o Obxetivo do Milenio referido a reducción de persoas que non poden disfrutar de abastecemento e saneamento.

 É a demostración de que, si se quere, pódese. É unha cuestión de vontade.




16 mar. 2015

Conta atrás para o Día Mundial da Auga, o 22 de Marzo!


Con motivo desta celebración, dende Enxeñería Sen Fronteiras organizamos unha serie de actividades de sensibilización sobre as problemáticas relacionadas.

Aproveitando o marco ofrecido polas Nacións Unidas para este ano "Auga e desenvolvemento sostible", tratamos de poñer o foco de atención na Auga como un elemento fundamental para acadar un futuro sustentable. Fundamental en calquera das tres dimensións que comprenden o desenvolvemento sustentable, a social, a ecolóxica e a económica.


O Lus 23 de Marzo, as 12:45 contaremos coa presentación do Dr. José Anta Álvarez, do Grupo de Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente, que nos falará sobre Auga e Desenvolvemento Humano. Tamén co grupo de Programas Internacionais de Enxeñería Sen Fronteiras  que nos falarán de experiencias reais en Cooperación Internacional.

O Xoves 26 de Marzo, as 12:45, presentaremos o vídeo resumo das Xornadas da Auga. Poderemos disfrutar da poñencia de Pedro Vega Marcote, profesor na UDC de Educación Ambiental e Desenvolvemento Sostible, que nos falará sobre a Pegada Ecolóxica, facendo especial fincapé na pegada hídrica como instrumento para a sustentabilidade.

Por último, e como peche as actividades, o grupo de Sensibilización e Incidencia Política levará a cabo a Dinámica da Sustentabilidade, donde aprenderemos de forma diferente o concepto de Sustentabilidade na explotación dos recursos, en especial da Auga.
Ademais, o longo de toda a semana, poderedes desfrutar das exposicións "Auga con Fronteiras" e da fotográfica "Outras realidades", unha recopilación de fotos realizadas por persoas que participaron nos Programas de Coñecemento da Realidade en Enxeñería Sen Fronteiras.

As Xornadas serán no Salón de Actos da Escola de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, de libre acceso.

Máis info: 981 167 000 ext. 1479

13 mar. 2015

Crónica IX Foro Por Un Mundo Rural Vivo 2014

24, 25 y 26 de outubro de 2014 varias esfeiras (mesmo viñeron compas de Valencia!) estiveron en Mondoñedo no IX Foro por Un Mundo Rural Vivo. Nesta super-crónica nos conta Isa as cousas que se trataron. -------------------

Reunión-vertebración sede A Coruña

O próximo xoves 19 hai unha esperadísima reunión de sede e cea na Coruña.
Quedamos ás 18:45h no local da Escola de Camiños:

- 18:45 a 19:00 Dinámica inicial e presentación.
- 19:00 a 19:30 Reunión de grupos (cada grupo fará resumo de 5 minutos do que está a facer).
- 19:30 a 20:15 Formación de auga (a cargo do grupo de Incidencia).
- 20:15 a 21:30 Xogos esefeiros.
- 22:00 Cea.


Rógase traer un calcetín vello e botóns.

12 mar. 2015

Propostas da Coordinadora para unha cooperación ao desenvolvemento transformadora dende os concellos

A Coordinadora Galega de ONGD, a través da súa Comisión de Incidencia Política (da que formamos parte) e coa colaboración do resto de ONGD da mesma,  elaborou un documento con propostas para que os distintos partidos políticos se comprometan coa cooperación ao desenvolvemento dende os municipios e as deputacións.
Os gobernos locais xogan un papel insubstituíble na Cooperación Internacional. A súa proximidade á cidadanía outórgalles un rol único na provisión de servizos, na garantía de dereitos, na articulación de procesos de participación cidadá, e na construción dunha cidadanía global, activa, crítica e solidaria. Unha cidadanía que, pola súa banda, vén demostrado o seu compromiso coa xustiza no ámbito máis próximo e máis alá das nosas fronteiras.

Neste documento atoparedes as propostas. Animámosvos a que as difundades con nós e fagades propostas de mellora!!!

PCR 2015

Este ano 2015 convocáronse cinco prazas,  4 prazas  para Honduras vinculadas aos grupos de proxectos internacionais de Auga e Desenvolvemento Rural e unha para participar en xornadas polo dereito a auga.


Auga
Martín Moreda Garía-Echeva
Paula Iglesias Pardo
 
Desenvolvemento Rural
Paula Esteban Matin
María López López
 
Redes
Beatriz Ángela Díaz Ruggiero


Nestes momentos todas as persoas seleccionadas estanse integrando en cada grupo e xuntos están buscando posibles fontes de financiación. Moita sorte!

6 mar. 2015

Una de marketing rural familiar en Nicaragua

Aquí podéis ver un mini-documental-anuncio de una familia productora de café nicaragüense que fue creciendo para llegar a producir y exportar bastante café (sobre todo para USA, de hecho el vídeo está producido por el que fue su primer cliente en USA, que como parte de su estrategia de marketing produce estos cortos para dar a conocer el origen de su producción)
https://vimeo.com/102271172

Este ejemplo nos toca de cerca a ESF porque se trata de la familia de alguien a quien muchos conocemos: el chele Ernesto (compañero de la asociación La Cuculmeca cuando estuvimos trabajando en la zona entre 2006 y 2010).

La producción de café es lo que más dinero deja en la zona norte de Nicaragua, sobre todo en Jinotega (y la especialización en café de calidad es lo que ha hecho mejorar a muchas pequeñas fincas, ya que el café en Nicaragua no puede competir en precio bajo con el de otras zonas del mundo). Eso sí, no deja de representar un modelo peligroso de dependencia de un cultivo que en su mayoría se exporta y está sujeto a los vaivenes del mercado (si bien el café de calidad no los sufre tanto). Además, hay técnicas de plantación de café en pisos, con gran diversificación de cultivos (y que además, con un manejo adecuado, genera café de mucha mejor calidad, aunque hace falta mucha formación para dar este manejo). Se trata de un ejemplo de integración de la cadena y repercusión en cada vez más familias productoras de una zona con grandes desigualdades (en línea con el trabajo que desarrollamos actualmente en el Golfo de Fonseca hondureño con CODDEFFAGOLF).

4 mar. 2015

Propostas de ESF Galicia para os programas dos partidos nas municipais

Integrándoas con moitas outras propostas, este ano dende ESF Galicia, ademais de compartir as demandas do sector da cooperación para o desenvolvemento para que se recoñeza, tamén nas administracións locais, como unha política pública, centrámonos moito máis nas propostas transversais (ou sexa, o 99,3% do orzamento que non sería para esta política pública de cooperación se chegáramos ao 0,7%).
A defensa dos dereitos humanos non ten fronteiras. Nin nacionais, nin entre niveles de goberno, nin, por descontado, entre departamentos xestores de políticas públicas. Tan importante é a defensa dos dereitos dende a Concellería/Consellería/Ministerio de Servizos Sociais como dende Interior, Xustiza, Defensa, Medio Ambiente, Infraestruturas ou Relacións Exteriores (por non dicir Sanidade ou Educación). Isto é o que chamamos "coherencia de políticas".

Así que, aquí podedes ver as propostas de ESF, que se integraron nas propostas do sector galego das organizacións que traballamos polo desenvolvemento das persoas e os Dereitos Humanos en todo o mundo organizadas na Coordinadora Galega de ONGD (pronto veredes todas as propostas do sector).
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


1. Dentro das directrices para loitar de forma efectiva contra o cambio climático:

  • promover o concepto de espazos para as persoas, con modelos de planificación urbanístico que devolvan o espazo público ás persoas
  • facilitar ordenanzas para redución do tráfico
  • promover espazos peonís na cidade
  • promover o transporte público e/ou colectivo e os medios de transporte máis sustentables como a bicicleta ou o desprazamento a pé
  • promover experiencias en bioconstrución con materiais locais para mobiliario urbano e outras construcións
  • reducir a xeración de residuos a través da concienciación da cidadanía en materia de redución, reciclaxe e reutilización de residuos.
  • adoptar sistemas de xestión dos residuos para reducir a compoñente de incineración con puntos comarcais de valorización e reciclaxe, a promoción da compostaxe caseira, etc. Tamén coa posta en marcha de campañas de sensibilización e con medidas correctoras na recollida municipal do lixo que faciliten ese cambio de modelo de xestión.

2. En aplicación do dereito humano á auga, pedimos a implementación da xestión do subministro con criterios de calidade, equidade social nas políticas tarifarias, boa gobernanza e transparencia. Para iso, resulta fundamental garantir:

  • Unha dotación mínima (no contexto mundial está entre 60 e 100 litros por persoa e día) e o compromiso de non cortar o subministro en caso de que se dean casos de impagos xustificados socialmente.
  • Como en calquera servizo básico, non lle chega con asegurar o acceso. É preciso promover novas formas de control social e de democracia participativa que garantan transparencia e participación cidadá efectiva e proactiva, tal e como estableceu á Convención de Aarhus, trasposta á normativa europea pola Directiva 2003/35/CE, de 26 de maio de 2003, e á normativa española pola Lei 27/2006, de 18 de xullo, reguladora dos “dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente”. No eido da auga, consideramos que a administración local ten un papel principal na boa gobernanza e transparencia.
  • Establecemento dunha batería de indicadores significativos para os distintos ámbitos da xestión (técnicos, financeiros, sociais, ambientais, patrimoniais), accesibles a través de internet, comprensibles para a cidadanía e que se cumpran sexa quen sexa o provedor de servizos (empresas públicas, mixtas ou privadas). 
     
  • Compromiso de impulsar campañas de fomento da auga de "billa" e de consideración da auga embotellada como unha opción de consumo a través de información sobre os impactos ecolóxicos relacionados. Farase a través de iniciativas de información públicas de consumo de auga de billa e de bos hábitos no uso da auga; dun maior esforzo para garantir a calidade da auga; da utilización da auga da billa en centros públicos e, por defecto, en actos públicos da administración local; e da mellora das redes de fontes públicas de auga potable.

3. No eido das tecnoloxías de información e comunicación (TIC), consideramos que o software libre debe ter un papel predominante nas estruturas TIC das administracións locais. Para iso, se elaborarán plans de soberanía dixital municipal onde se contemple a progresiva implantación de software libre nos equipos de xestión das administracións, acompañadas de formacións e actualización pertinentes ao persoal contratado. En 4 anos, se acadará polo menos un 50% de uso de software libre (incluíndo subcontratas de servizos TIC, mesmo aplicacións específicas para a administración en cuestión), o cal redundará no aforro en licenzas de programas privativos, ademais da redución da dependencia tecnolóxica da administración local. Tamén terá efecto sobre a potenciación do tecido local de empresas de servizos para o desenvolvemento e mantemento das infraestruturas TIC.

Ademais, todo software desenvolvido directamente por algún servizo dependente dos concellos, ou ben indirectamente a través dunha contrata, ten que ser de software libre. Deste xeito, as ferramentas informáticas desenvolvidas para as necesidades dos concellos son tamén postas a disposición da sociedade.

4. Na acceso á enerxía, outro dos servizos básicos para unha vida digna, compromiso coa erradicación da pobreza enerxética ante as normativas de carácter autonómico e nacional.

Promoveranse axudas compensatorias nesta liña nos casos de impago xustificado socialmente, tratando de eliminar os casos de corte de subministro eléctrico e de gas por razóns de vulnerabilidade social, especialmente nos casos de unidades familiares monoparentais e/ou con menores de idade. Ademais, incluirase nas posibles axudas a reformas e novas construcións (e nos pregos de condicións para obras da administración local) criterios de eficiencia enerxética (superando aos xa incluídos na lexislación vixente) e facilidades para o auto abastecemento enerxético a baixa escala a partir de tecnoloxías que xa existen coa promoción de axudas e ordenanzas reguladoras correspondentes explorando os límites que permiten as leis.

Tamén se promoverá o “asociacionismo enerxético” como poden ser as cooperativas de consumo de enerxías renovables (promovendo que as propias institucións da administración local participen nelas). Levaranse a cabo campañas de consumo responsable de enerxía nas propias institucións, mediante boas prácticas. Ademáis, traballarase para declarar ao concello “100% autosuficiente enerxicamente” (cando se produce máis da que se consume) e, idealmente, “concello 100% autosuficiente de enerxías renovables”. Todo isto respectando escrupulosamente a planificación urbanística correspondente ás zonas sensibles a determinados tipos de infraestruturas de xeración de enerxía.
 
5. Promocionar ordenanzas a prol de circuítos curtos de comercialización para produtos alimentarios locais, especialmente artesanais e ecolóxicos; patrocinar o consumo consciente, sá e de proximidade. Apoio a través de formacións e obradoiros a persoas produtoras locais sobre algúns condicionantes de seguridade alimentaria e etiquetaxe dados pola lexislación actual, que está de costas a este tipo de produtos.

6. Declaración de concello libre de transxénicos. O concello rexeitará que se experimente e se cultiven este tipo de cultivos nos seus terreos. Actualmente, son unhas poucas empresas multinacionais as que se benefician da industria da manipulación xenética de alimentos, de xeito que se promove un modelo de desenvolvemento económico non baseado no beneficio social e ambiental. Este tipo de cultivos, que contan con sementes con patente, interactúan co resto de cultivos (e das persoas) sen que se coñezan as consecuencias do seu cultivo e consumo na saúde dos corpos e da terra.

Ademais, o concello promoverá e facilitará a produción de variedades endóxenas (con feiras de sementes, formacións a labregos e labregas e/ou convenios con centros de investigación como a Misión Biolóxica de Galicia).

7. Promoción de actividades de cara a formación de cidadanía crítica e responsable. Para iso poñeranse en valor as infraestruturas (moitas delas moi pouco utilizadas durante gran parte do tempo, como pavillóns, centros socioculturais, teleclubes, bibliotecas, casas do pobo ou outras construcións de propiedade da administración local) para desenvolver actividades que estimulen a reflexión, a crítica, a creatividade, o "faino ti mesm@". Tamén se facilitará o asociacionismo.

8. Promoción do acceso aberto e a transparencia radical en datos públicos, con acceso sinxelo tamén a datos de estatísticas municipais (incluíndo datos en bruto que facilite a elaboración de investigacións), sen esquecer a facilidade de acceso para persoas con discapacidade (páxinas web que cumpran os estándares para persoas con problemas de visión, e posibilidade de acceso para persoas cegas con “lectores de pantalla”).


9. Recuperar as iniciativas municipais de Internet sen cables que asegure un mínimo acceso á rede a toda a veciñanza. Tamé se participará nos grupos de negociación e presión coas operadoras para pechar a fenda dixital en Galicia (incluíndo iniciativas de redes alternativas). É especialmente importante a promoción da alfabetización dixital da cidadanía, no que tamén ten un papel importante a administración local.

3 mar. 2015

Resumo blogueiro: febreiro 2015

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    Este mes podes atopar a evaluación da Cósmica do pasado decembro en Allariz (Ourense): con graficas onde se reflicten opinions do voluntariado participante sobre a preparación da mesma, o ambiente xerado, os obradoiros realizados e outros comentarios. Tamen unha crónica da visita de tres pescadoras tradicionais centroamericanas á reserva mariña dos Miñarzos (A Coruña) coa cooperativa O Canto da Balea dentro do proxecto de investigacion de pesca sustentable de ESF e Amigos da Terra financiado pola Cooperacion Galega da Xunta de Galicia. Por outra banda, preséntase o calendario da materia Cooperacion para o Desenvolvemento na Enxeñaría Civil que se imparte na Escola de Camiños de Coruña coa colaboracion de ESF e profesionais de diferentes sectores con experiencia en multiculturalidade, proxectos, axuda humanitaria, economía... Continuando coa diversidade de contidos, publicouse unha carta sobre etnomedicina onde se describe con numerosos exemplos a utilidade da antropoloxia aplicada para mellorar a resposta ante as necesidades dunha poboacion. Para finalizar, a invitacion por parte do grupo de desenvolvemento rural á xornada de autoaprendizaxe sobre o acceso á terra que tivo lugar o sabado 28 en Lugo.




BLOGUE HONDURAS


    Noutro lado do océano actualizamos co estado dos proxectos máis recentes:
-          Seguemento do proxecto en curso de fortalecemento a traves da xestion integrada dos recursos hidricos coa Mancomunidade NASMAR (7 municipios do sur de Honduras) e financiado polo Fondo Galego de Cooperacion.
-          Seguemento anual do proxecto de auga en San Jose de las Conchas (municipio de Marcovia), finalizado no 2013 e financiado pola Cooperacion Galega da Xunta de Galicia para coñecer o impacto da instalacion dos contadores de auga.
-          Peche do proxecto de soberania alimentaria na microbacia do rio Laure (municipios de  de San Lorenzo e Nacaome), finalizado en decembro de 2014 e financiado pola Cooperacion Galega da Xunta de Galicia.
En canto as actividades realizadas en Galicia, fíxose unha formacion previa para as persoas candidatas ao programa PCR 2015.



ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas



Investigación para o desenvolvemento 



Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento

 

Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas





PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

     Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • Más allá de la ayuda. Coherencia de políticas económicas para el desarrollo. Real Instituto Elcano.



E NO PRÓXIMO MES ...



    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.





A ESF-RASE DO MES

    Na loita contra o ruido está en xogo a tranquilidade dos nosos nervios, na loita contra i silencio, a vida humana. Ninguén xustifica nin defende ao que fai moito ruído, en cambio, aquel que no seu país impón o silencio sempre está protexido por un aparato de represión.
Ryszard Kapuscinski (Cristo con un fusil al hombro)