6 nov 2015

Xuntanza da base social de ESF: vente!

A fin de semana do 20, 21 e 22 de novembro celebramos a Xuntanza da Base Social de ESF Galicia. Aproveitamos para vernos as caras, aprender moito e tamén pasalo ben.


Lugar
Venres e sábado até 11:30: ETS Camiños, Canais e Portos. Campus de Elviña s/n 15071 A Coruña
Sábado: Sociedade Cultural E Deportiva Tempo Novo (Lugar San Vicente De Elviña, 114, 15008, A Coruña)
Domingo: por definir



Venres 20 de novembro

TARDE (19h)

  • Edición virtual Galipedia (wikicacharreo) na Aula de Informática da ETS Camiños e, en paralelo, reunión sectorial dos grupos de Desenvolvemento Rural e Dereito Humano á Auga   

NOITE
  • Vertebración


Sábado 21 de novembro

MAÑÁ
  • 9:30h Xogo de cartas de cooperación ao desenvolvemento e, en paralelo, obradoiro comunicación
  • 11:30h Obradoiro de incidencia política, na Sociedade Cultural E Deportiva Tempo Novo

TARDE
  • 15:30 Asemblea Xeral de persoas socias, Sociedade Cultural E Deportiva Tempo Novo, coa seguinte orde do día:
0.- Modificacións e aprobación da orde do día
1.- Lectura e aprobación das actas da asemblea anterior
2.- Resumos das vogalías e grupos de traballo
   2.1.- Voluntariado
   2.2.- PICD
   2.3.- EpD
   2.4.- Comunicación
   2.5.- Grupo Xunta Directiva
   2.6.- Sedes
3.- Presentación planificación anual 2016
4.- Grupo persoas socias
5.- Debate sobre ciencia, pseudociencia e filosofía da ciencia
6.- Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras
7.- Redes de ESF: CGONGD, Fiare
   7.1.- CGONGD
   7.2.- Fiare
8.- Renovación de cargos en XD
9.- Ratificación de acordos adoptados pola Xunta Directiva
10.- Rogos e preguntas
  

NOITE
  • Vertebración


Domingo 22 de novembro

MAÑÁ (11:00h)

  • Almorzo coas participantes no Programa PCR 2015 en Honduras


   



   

No hay comentarios: