10 nov 2015

Ciencia para a paz e o desenvolvemento.

Hoxe se celebra o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. Preocupa que teña que haber un día para isto xa que, inxenuos de nós, pensamos que xa se daba por suposto que a Ciencia debería servir para iso.
En calquera caso, dende ESF Galicia hai unha aposta clara pola Investigación para o Desenvolvemento, que soemos facer sempre colaborando con entidades que levan a investigación no su ADN, como é a Universidade ou centros de investigación (e tratando de fomentar as redes de investigación para o desenvolvemento entre Galicia e os países de traballo). Aquí van algúns exemplos en orde cronolóxica:


  • Estudo da calidade de auga subterránea e de abastecmento nos campamentos de refuxiados saharauis de Arxelia (o primeiro completo que se fixo nos campamentos). Entre 2004 e 2006, co apoio dun grupo de investigación das universidades de A Coruña e Santiago de Compostela, así como a unidade de xestión hídrica do POLISARIO. A sistematización pódese descargar aquí.
  • Investigación sobre metodoloxía para implementar os Plans de Xestión Integral dos Recursos Hídricos, que vimos desenvolvendo xa dende 2008 en Honduras coa colaboración do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade da Coruña, ampliándose máis recentemente á Universidade Nacional Autónoma de Honduras. Xa publicamos unha sistematización da experiencia que se pode descargar aquí, e seguimos mellorando a ferramenta de apoio a toma de decisións (baseada en software libre). Aquí se pode ver unha publicación científica sobre o tema.
  • Investigación sobre o uso de imáxenes de satélite para o estudo do avance de piscinas artificiais para a cría de langostino sobre o ecosistema de manglar no Golfo de Fonseca (Nicaragua, Honduras e El Salvador), que vimos desenvolvendo dende 2010 coa colaboración do Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela e, máis recentemente, coa Universidade Nacional Autónoma de Honduras. Máis información incluindo a posibilidade de descarga do estudo aquí.
  • Programa de mellora participativa de sementes de millo en Honduras, que se está a desenvolver dende o 2013 coa Misión Biolóxica de Galicia, centro pertencente ao Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Estase tratando de incorporar tamén persoas de Universidade Nacional Autónoma de Honduras. Aquí pódese coñecer máis información do programa e aquí como vai evolucionando.
  • Estudo para o establecemento dun Índice Mundial de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano, que comenzou en 2013 a modo de pilotaxe coa colaboración do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade da Coruña e continúa hoxe en día co apoio económico de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
  • Estamos comezando o estudo Análise xeoespacial da xestión municipal dos recursos hídricos en Galicia mediante indicadores técnicos e participativos, co obxectivo de establecer una metodoloxía que permita avaliar a situación da xestión municipal dos recursos hídricos. Iremos informando desta nova investigación, na que participa o Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade da Coruña.


Publicación da sistematización sobre metodoloxía do Plan de Xestión Integral do Recurso Hídrico


Investigación participativa na mellora de sementes de millo, formación na Misión Biolóxica de Galicia

Investigación participativa na mellora de sementes de millo, traballo de campo en Honduras coas familias productoras


Índice Mundial de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano



Estudo de avance das piscinas artificiais de cría de langostino no Golfo de Fonseca


No hay comentarios: