30 nov 2015

A Universidade da Coruña como axente de cooperación ao desenvolvemento e defensa dos dereitos humanos: novos retos para o futuro

O vindeiro venres son as eleccións á Reitoría da Universidade da Coruña. Dous candidatos concorren, e quixemos enviarlles, como xa fixeramos en 2011 (e antes xa tamén na Universidade de Santiago de Compostela), un documento elaborado polo equipo de Educación para o Desenvolvemento da Coruña de ESF Galicia (moitas das persoas que a forman son membros da propia universidade), onde contamos os que pensamos que son os retos da UDC cara o futuro como axente de cooperación e, sobre todo, de desenvolvemento. Moitas das cousas sobre as que reflexionamos son aplicables á universidade en xeral. Aquí o tendes, esperamos aportacións para ilo mellorando!!!!!




19 nov 2015

Día Internacional del Patrimonio. Recuperando la memoria ecológica de las Gándaras de Budiño y Riberas del Río Louro

Pontillón
Con motivo del Día Internacional del Patrimonio, el 16 de noviembre, la organización Valora Natura Gándaras de Budiño, en colaboración con la Sociedade Galega de Historia Natural, organizó el domingo 15 de noviembre una visita guiada por las Gándaras de Budiño y Riberas del río Louro, espacio protegido por la Red Natura 2000 (código LIC ES1140011) localizado en el sur de la provincia de Pontevedra. El objetivo de la visita fue dar a conocer las pontellas, pontillóns y poldras, construcciones que sirven para salvar diversas tipologías de líneas de agua. Estos elementos fueron construidos y utilizados por la población local, muchos de ellos hoy en desuso o en elevado estado de degradación.

Poldra
Las Gándaras de Budiño es un ecosistema que se caracteriza por estar sometido a un régimen de inundaciones periódico dependiente de la pluviometría estacional. Sus pobladores, para aprovechar el elevado potencial agronómico de estos terrenos, diseñaron y construyeron una red de sangras (zanjas) para su drenado. Los pontillóns, pontellas y poldras permitieron durante siglos la comunicación entre las diferentes aldeas y vilas, así como el paso del Camino Portugués del Camino de Santiago de Compostela y la Vía Romana XIX que comunica Braga con Astorga.
Valle del río Louro
Durante la visita se dieron a conocer otros valores singulares que hacen único este lugar. Hábitats prioritarios como las turberas y bosques de ribera, hábitats de interés comunitario como los brezales húmedos, especies singulares como el galápago europeo (Emys orbicularis, en peligro de extinción)el ciervo volante (Lacanus cervus, en régimen especial de protección), varias plantas carnívoras (Drosera spp.) o la cerceta común (Anas crecca) que ha encontrado en estas riberas el único punto de cría regular de la Península Ibérica. Se recordaron algunos hechos emblemáticos como que en este espacio se han encontrado restos arqueológicos pertenecientes al Paleolítico Inferior de lo que hoy se consideran los primeros habitantes de Galicia.
Así mismo, durante el recorrido se pudieron observar y comentar los diferentes impactos y presiones antrópicas a las que se tiene que enfrentar este espacio natural: vías de comunicación (A-55, AP-9, N-550, PO- 2502 y otras de menor rango, así como la línea de ferrocarril Vigo-Tui), los polígonos industriales As Gándaras y A Granxa (área industrial más grandes de Galicia), las explotaciones extractivas (granito Rosa Porriño y arcilla) y la creciente presión de especies exóticas invasoras. 
Las principales consecuencias para el ecosistema son la fragmentación del territorio, la contaminación periódica por vertidos industriales y fecales, la contaminación acústica (detonaciones, aserraderos, etc), el abandono del uso tradicional del territorio (agrícola,ganadero y forestal), la propia destrucción del hábitat (extracción de recursos minerales, vertidos ilegales, plantaciones monoespecíficas y colmatación de fondos lacustres y fluviales por sedimentos procedentes de las canteras, de la erosión de los márgenes fluviales, de paseos fluviales y otros viales, etc), el aumento de la presencia de especies invasoras (Fallopia japonica, visón americano, cangrejo americano, bambú, acacias, eucaliptos,etc), así como el aumento de patógenos que pueden suponer la extinción de especies como la tortuga europea (afección por Spirorchis elegans, introducido por una especie invasora) y de los alisos (Alnus spp.), una de las especies dominantes del bosque de ribera (afección por Phytophtora alni)

El desconocimiento de la población local de los valores etnográficos, culturales y biológicos, así como del verdadero impacto de los usos que alberga el territorio donde habita, representa la principal amenaza para la total degradación de este espacio natural. Del mismo modo, el conocimiento de estos valores representa la mejor herramienta para frenar su degradación. Es por ello que, la labor de organizaciones como Valora Natura Gándaras de Budiño, Asociación Galega da Historia Natural de Galicia, Verdegaia, así como la de todas aquellas personas que trabajan para la recuperación de la memoria ecológica de este territorio, debe ser reconocida y considerada como una labor estratégica para la futura conservación y restauración de este espacio natural.
Puente romano de Orbenlle. Inicio de la visita

17 nov 2015

Foros sobre a xestión municipal do Dereito Humano á Auga.


A organización destes Foros constitúe
unha mellora en sí mesma do
cumplimento do Dereito Humano á Auga

 O pasado mes de Outubro, dende Enxeñería Sen Fronteiras organizamos unha serie de foros sobre a Xestión Municipal do Dereito Humano á Auga. En primeiro lugar queremos agradecer aos Concellos da Coruña, Teo, Ames e Monforte a oportunidade de poñer en práctica esta actividade así como a implicación tanto na súa difusión como na participación. Tamén a todas as veciñas que participaron e que contribuíron a que está experiencia fose rica e interesante en ideas e conclusións. E ao Fondo Galego de Cooperación pola implicación na co-organización da actividade.

 

Ademais, invitamos a todos os Concellos interesados nesta actividade, a contactar con nós a través do email info@galicia.isf.es. Consideramos que a organización de Foros como estes constitúen unha mellora en sí mesma do cumplimento do Dereito Humano á Auga, no canto que se crean espazos de debate e reflexión que permiten a libre participación da xente.


Os obxectivos da actividade son chamar a atención sobre como a problemática do dereito á auga é global (a defensa dos Dereitos Humanos non ten fronteiras), e as leccións aprendidas dun lugar poden (tras adaptalas ao contexto) aplicarse a outros lugares. Ademais, debater e poñer sobre a mesa propostas de mellora da transparencia e do bo goberno en todo o ciclo da xestión da auga, o cal é clave para asegurar ese dereito.




A ONU recoñeceu explícitamente
o Dereito Humano á Auga no 201
0
Os Concellos, como administración pública máis achegada á cidadanía, teñen unhas competencias importantes á hora de garantilo, o que se reflicte no marco lexislativo da maioría dos países do mundo.

Enxeñería Sen Fronteiras, como asociación que traballa no eido da tecnoloxía para as persoas, ten o dereito á auga como un dos seus eixos de traballo, con experiencia en lugares como El Salvador, os campamentos de refuxiados saharauis en Arxelia ou Honduras, e participa a través da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras en redes que promoven unha maior transparencia e bo goberno na xestión da auga en todo o mundo. Con esta actividade, impulsouse un foro nos concellos coas persoas interesadas en coñecer máis sobre o enfoque do dereito humano á auga
Promover a transparencia foi un
dos obxectivos da actividade
mediante a mellora da transparencia e bo goberno na súa xestión, a partir do exemplo dos traballos desenvolvidos cunha mancomunidade de 7 concellos do sur de Honduras co apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, así como outras experiencias existentes, que permita establecer un intercambio coas persoas asistentes para posibles melloras concretas a impulsar dende o concello (expoñer novas alternativas, melloras concretas da xestión, dúbidas, etc.).




As dimensións do Dereito Humano á Auga

Programa das Nacións Unidas
para o Medio Ambiente



No ano 2002, o Comité de Dereitos Sociais, Económicos e Culturais, emitiu a súa Observación Xeral nº 15, centrada en concretar o alcance do Dereito Humano á Auga e o saneamento.
Establecense as categorias fundamentais que garantizan o cumplimento, ou non, dos Estados do Dereito Humano á Auga





  
Os Estados deben garantir
unha cantidade mínima de auga

Dispoñibilidade 
Abastecemento de auga dun xeito suficiente e continuo para usos persoais e domésticos (consumo, saneamento, louza, alimentación e hixiene)  
A cantidade mínima diaria considerada pola OMS é de 20 litros por persoa e día. Mais, se os recursos hídricos son suficientes, o Estado debería garantizar uns 100 litros por persoa e día.


 

A auga non pode ser
nociva para a saúde

Calidade
A auga debe ser salubre, potable, carente de microorganismos ou sustancias perigosas que poidan perxudicar a saúde das persoas. Ademais, a auga debe ter un olor, sabor e color para cada uso persoal ou doméstico.







A auga debe ser de fácil acceso
para todas as persoas

Accesibilidade
A auga e as instalacións de servizos de auga e saneamento consideranse accesibles cando están no interior de cada fogar, institución, lugar de traballo ou nas súas cercanias. Implica tamén implica a seguridade física de quén accede o servizo.
De acordo a OMS, a fonte debe atoparse a menos de 1000 m do fogar e a menos de 30 minutos camiñando.




Os servizos de auga deben ser
asequibles para todas as persoas


Asequibilidade
O acceso os servizos de auga e saneamento debería garantizarse sen que elo comprometa á capacidade das persoas de adquirir outros bens e servizos esenciais (alimentación, saúde, educación...)
O Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) suxire que o custo da auga non debería superar o 3% dos ingresos do fogar.





A participación e a transparencia foron
protagonistas desta actividade
   


Dereito á participación e a información
Todas as persoas teñen dereito a participar na elaboración e planificación das políticas da auga como condición básica para exercer o dereito á auga. A accesibilidade comprende o dereito de solicitar, recibir e difundir información sobre as cuestións da auga.





Igualdade e non discriminación
A auga e os seus servizos básicos deben garantizarse a todas as persoas, prestando especial atención os sectores mais vulnerables e marxinados da poboación.

Sustentabilidade
O sistema de abastecemento debe estar garantizado tamén para as xeracións futuras.

Rendición de contas
Deben establecerse recursos xudiciais ou de outro tipo para resarcir ás vítimas da violación do dereito á auga.





Os Foros

 
Aquí recollemos as opinións vertidas polas diferentes persoas que acudiron aos distintos foros. Son os apuntes tomados polas persoas voluntarias de Enxeñería Sen Fronteiras que participaron na facilitación dos debates. As opinións son lineais, é decir, están escritas na orde na que se dixeron, polo que pode haber cousas que non encaixen dentro do tema que se propón. Quixemos facelo así para ser o máis fieis posibles á realidade. Evidentemente, é moi difícil facer un axuste exacto e recoller ao cento por cento todas e cada unha das opinións, polo que pedimos desculpas se hai algunha cousa que quedou fora. Por suposto, non dubidedes en poñervos en contacto con nós se queredes que se engada algo. Podedes facelo, ben comentando ou escribindo un email á seguinte dirección: info@galicia.isf.es





A Coruña


   

O 1 de outubro comezaron as actividades na Coruña. Foi nas magníficas instalacións do Centro Cívico da Cidade Vella. Asistiron unhas 10 persoas entre as que se encontraban persoas do Grupo de Goberno no Concello.

 

  

 O debate

Acudiron ó Foro representantes do
Grupo Municipal e do Fondo
Galego de Cooperación

-Fálase da Fundación Emalcsa, que se plantexa pagar os recibos ás familias que non se o poidan permitir.
-Coméntase as diferenzas de custo que lle supón a auga á universidade e á industria (en concreto á fábrica de Estrella Galicia).
-Deberíanse cambiar os mecanismos de comunicación e facerse auditorías públicas
-Xurde a dúbida de se os “beneficios” ligados a xestión da auga se deben investir noutras cousas que non teñan relación. No caso de que se acepte isto, deberíaselle dar prioridade a proxectos sociais sobre outros.

-Opinouse tamén que, antes de pensar en que deberíamos invertir, deberíase acadar un ciclo perfecto en abastecemento e saneamento, baixar os recibos a límites asequibles a todos os cidadáns .

-En torno o prezo do servizo, comentase que hai que ter coidado cando se fala de gratuidade. Débese deixar claro que os servizos de auga teñen un custo importante asociado. É un servizo que debe estar garantido pero non debe ser gratuito salvo en ocasións de necesidade.
-En torno a esta idea comentase que, ainda que non deba ser gratuito, as contas deben estar claras e accesibles a calquer cidadá, para que se vexan os custos.

Houbo un interesante debate en torno
o cumplimento do Dereito Humano
á Auga en Galicia
Cómo se podría mellorar o Dereito Humano á Auga no Concello da Coruña?
-En xeral cremos que se cumple en Galicia nas zonas urbanas, aínda que non tanto nas zonas rurais.

-Con repecto á dispoñibilidade e accesibilidade entendemos que non hai problemas no Concello da Coruña, salvo na zona da Pasaxe.
-Plantéxanse como propostas políticas de aforro.

-Con respecto ás políticas tarifarias, faise por tramos e fálase da posibilidade de baixar as tarifas.

-Respecto ao abastecemento, do que mais queixas reciben é do sabor (aínda que non son habituais). Podería ser polas tuberías, que aínda hai cobre e chumbo.
 -Plantéxase unha campaña para o uso da auga da billa.
-Con respecto ao saneamento, dende o Concello están tratando de subsanar todos os vertidos.

-Plantexase a posibilidade de poñer un teléfono ao que se poida chamar se hai alertas por vertidos de augas residuais ou fugas no abastecemento.

Teo


O Foro tivo lugar no Salón de Plenos
do Concello de Teo

Continuamos o 21 de outubro no Concello de Teo, onde tivemos a honra de facilitar o debate no Salón de Plenos do propio Concello. Participaron unhas 10 persoas, sendo o debate mais plural dos que fixemos, estando representados tanto o grupo municipal de goberno, a oposición, persoal técnico do Concello e veciñanza interesada na temática. O Concello de Teo rematou o proceso de remunicipalización da xestión o 1 de Outubro polo que este debate foi moi interesante.


Velaquí o anuncio da actividade por parte do Concello.



O debate


Foi un debate plural, con representantes do
Grupo Municipal, da oposición, técnicos do
Concello e veciñanza.
-Na primeira parte saiu unha idea interesante sobre o saneamento. Cal é a definición de abastecemento e saneamento? É unha cuestón cultural e social. Fai 20 ou 30 anos en Galicia non había cultura de ducharse todos os días. Había un aseo persoal pero a xente duchábase unha vez a semana. Por iso é importante definir o que entendemos por saneamento e abastecemento "básico".

Debería haber cortes de suministro por impago?

-Sí, no caso de que podas pagala e non o fagas. Non é Honduras, aquí todo o mundo ten acceso.
-En Teo existe unha ordenanza que garantiza o suministro e impide os cortes, sempre e cando haxa unha xustificación. Según parece, se alguén non pode pagala, debe xustificalo. Non hai case peticións deste tipo (que se farían en Servizos Sociais do concello).

-Plantexase que pode haber unha exposición da xente á hora de ter que xustificar que non poden pagar. Que podería haber alguén que quede sen auga por vergonza a ter que xustificar que non poden pagar.
-Iso non é así, a xente non se vai privar de auga por vergonza.

-Cando se comenta que o precio da auga non debe superar o 3%, alguén pregunta polo prezo da auga do supermercado. Cabe deixar claro que esa auga non é un ben estrictamente necesario, polo que non debe estar reflexado nesa contía.
-O precio da auga en Teo xunta co lixo ronda os 63€/ano. Fálase de que é máis cara que na Coruña porque o saneamento en Teo é máis doado.

-Xurde o debate de se a industria debería pagar máis. (Comentase o que se falou na Coruña de que a Universidade é a que máis paga e a Refinería a que menos).

-Fálase tamén de que algúns grupos da poboación teñen dúbidas sobre a capacidade municipal sobre a xestión da auga e a falta de medios.



 Participación e transparencia

-Debe haber un proceso de participación. A xente debe estar interesada. É importante facer unha labor de formación/información para que isto sexa posible. Ponse como exemplo as toallitas que a xente tira sen ser consciente dos problemas e costes que ese acto xera para o Concello, é dicir, para todos.

-Ten que haber unha labor de concienciación.

-Hai unha falta de coñecementos e de interese na cidadanía. Tamén de previsión. Soamente se chama cando hai unha avería. Pola apatía da xente vese complicado o tema da participación.

-A auga non é un ben de consumo. A xente entende que paga, polo tanto é algo que nos teñen que dar.

-Falase do aumento do consumo en xuño, polas piscinas.

-Antes coas traídas veciñais, isto era distinto. Había un sentido comunitario. Había cousas mal, como que non había control sanitario. Pero cousas boas, falase da autorregulación polos propios veciños. Ponse como exemplo que en aldeas de Ourense a propia comunidade prohibe regar durante o verán. Perdeuse a conciencia de corresponsabilidade.

-Había un control veciñal da xestión. Isto debería seguir sendo así.

-Ese sentido comunitario e de pertenza, perdeuse cando hai traída municipal e ti tes o dereito de sacar auga.

-Alguén pregunta se hai recibo por tramos. Contestase que si, que hai un mínimo familiar.

-Houbo declaracións de auga non apta por metais pesados nos anos 80.

-En canto a transparencia, estase traballando na elaboración dunha nova páxina que incorporará o tema da auga.

-Fálase de que a xente ten facilidade de opinar a través das redes sociais (coma o Facebook) sobre cuestións políticas ou de xestión.



Ames
  


O Foro tivo lugar no Pazo da Peregrina
en Bertamiráns

  

O día seguinte, aparcamos no Concello de Ames. A actividade tivo lugar esta vez no fermoso Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Hai que agradecer a labor de difusión por parte do Concello, con notas de prensa tanto na páxina do Concello como nos medios escritos, que se traduceu no debate con maior afluencia, arredor das 20 persoas.


 


Introducción por parte do grupo municipal.
Foi o debate mais extenso no tempo
e nas opinións debido a boa
participación

-Falanse de problemas de abastecemento, sobretodo no verán, asocianse a un consumo excesivo.

-O que sucede no Concello de Brión afecta ó Concello de Ames, hai que ter un enfoque conxunto na xestión.

-Prezo en torno os 1.6€/m^3

-Fanse políticas de aforro, con bandos de sensibilización, incitando ao aforro.

-Debido a que existe un fixo na factura, comentase que isto incita á xente a derrochar a auga. Proponse que cada veciño pague polo que consuma, eliminando os mínimos de consumo.

-Proponse un pago por tramos con varios criterios que habería que estudiar. Non todos os comercios son iguais e sin embargo cóbraselles igual. Bonificacións para familias numerosas. Eliminar cortes de suministro por impago se hai xustificación.

-Falase de Mancomunar o servizo con Teo e con Brión, de novo sae a idea do enfoque conxunto (a nivel cunca hidrográfica, algo no que en Honduras se trata de traballar tamén, xa que ao falar de xestión da auga é o máis axeitado).



O debate

Dereito Humano.
-Son leis morais mais que leis escritas. Os gobernos deberían velar polo seu cumplimento.

-Cando alguén ten sede, é humano darlle de beber.

-Está totalmente garantido?

-No Concello hai persoas que non teñen servizo tal é como o entendemos pero teñen pozo.

-Aínda que teñan unha fonte non o teñen garantido.

-Non existe abastecemento e saneamento nalgúns lugares.

Asequibilidade
-O río Sar está contaminado pola cidade de Santiago, que está augas arriba, e logo hai que mercar auga o Concello de Santiago. Sae de novo a idea de mancomunar.

-Vaise sacar unha ordenanza, parece probable que se impidan os cortes de suministro.

-Os cortes de suministro non son frecuentes, unha das causas que se plantexan é que a xente a última factura que deixa de pagar é a da auga.

-Xurdiu unha anécdota que entronca co debate de Teo, cando alguén ten que xustificar que non pode pagar. Unha persoa que non podía pagar e necesitaba auga para labores no rural e non solicitou axuda, se cadra por vergonza.

Igualdade

-Pagamos todos igual e parece que non hai colectivos con falta de subministro.

-Plantexase a dúbida de se deberíamos pagar todos igual, se é boa a economía de escala para o caso da auga. Volve sair a proposta de eliminar os mínimos.

-Hai quen dí que a auga debe ser gratis. Contéstaselle que, ainda que a auga non se deba mercantilizar e que non se pode ter como obxectivo obter beneficios monetarios, ten un coste asociado.

-Proponse que se garantice un mínimo dentro dos estándares da OMS, digamos os 20 l/persoa.día, e a partir de ahí habería que pagar xa que estamos moi por encima dos estándares humanitarios.

-Hai o risco de que a auga se convirta nun negocio, frente á idea de dereito. Non debe ser obxectivo prioritario gañar diñeiro.

-Os Concellos teñen moita culpa. Son os contratos máis grandes que se fan. Non hai control. Ademais, hai unha falta de persoal que poda realizar ese control.


Participación

A participación da veciñanza puxo en entredito
unha das conclusións do debate, a apatía da xente.

-O contrato está colgado en internete.

-Coméntase que a participación non é importante na elaboración dunha ordenanza.

-Para que a participación sexa posible debe haber unha labor de formación por parte dos Concellos. Como exemplo dise que hai moita xente que non entende o desglose das facturas da auga. Axuda ser parte na toma de decisións, axuda a querer participar e axuda na xestión.

-Comentase que hai pouca información dispoñible para participar.

-Recordase o problema das toalliñas de Teo, a modo de exemplo. Hai que facer unha labor de sensibilización ambiental. Ao non haber participación, pérdese dalgún xeito o sentido de pertenza a comunidade, o espírito comunitario e de corresponsabilidade.

-Comentase que, por exemplo, habendo un custo fixo, a xente xa o gasta, que se deben facer políticas de aforro. Non debería haber gastos fixos.

-Alguén di que o custo fixo debería habelo, coas contas claras. Que o tema da participación é tamén unha cuestión de educación, de crear un novo espírito de sociedade.

-A transparencia é a primeira forma de participación, é o que garantiza que calquera persoa, queira ou non, poda participar. É necesaria para garantir ese dereito, sen ela, non se pode participar. Por iso faise necesario o fácil acceso á información.

-Foron os veciños os que fixeron as primeiras traídas, coa privatización hai un cambio de modelo e a xente xa non se sinte participe da xestión.

-Alguén comenta que se minusvalora o que a xente pode aportar. Recorda que no instituto visitou unha potabilizadora. Que foi algo moi interesante e intructivo, aínda que se escapen moitos detalles técnicos. Que  cousas como, “a auga ben de alí para alí” son comprensibles para calquer cidadán.

-Todos os partidos falaron de participación e transparencia nas antigas eleccións. É algo que está de moda e quedan ben nun programa. Pero hai que preguntarse se a xente realmente está demandando participación, porque isto implica movilizarse.

-Estase mellor sentado e que outro cho faga, que participando.

-O proceso participativo é precisamente iso, un proceso. Comeza pola educación na participación, por iso é bon comezar.

-Hai que contar como se fai, ter espazos de participación. É algo cultural, a falta de cultura de participación. Cambiar isto é un proceso larguisimo, hai que comezar e co tempo convertirase nun hábito.

-Subscríbese a importancia de que a participación se convirta nun hábito.

-Hai unha desmovilización, unha apatía xeralizada na sociedade. Ponse de exemplo que a corrupción sempre a houbo, pero non lle interesaba a ninguén mentres estabamos no estado do benestar.

-Confrontase a idea de comodidade frente á de participación real. De forma transversal, falase das redes sociais. Ponse de exemplo, alguén sentado no sofá dalle o megusta nunha convocatoria de manifestación, é con iso pensan que xa está feito. Pero logo ninguén vai a manifestación. Participar é algo mais que iso, é moverse é participar dun xeito real.

-Vese a necesidade de crear interés na xente, con moita información.

-Volve sair a idea de que é unha cuestión de educación. De implicación e de interiorizar a cultura da participación. Igual nos estamos equivocando no enfoque.

-A nivel local é moi importante porque é a administración mais cercana. O enganche do ambito local, hai que aproveitar estes espazos. Por exemplo, no canto de facer un taller en plan lección maxistral, pódese facer unha ruta de senderismo onde se expliquen multitude de cousas (por exemplo, roteiro visitando instalacións de xestión municipal da auga). Este tipo de actividades son as adecuadas para que a xente se implique e interese. A mellor escala é a local.

-Faise unha auditoria técnica interna.

-Falouse moito da falta de formación da cidadanía, pero hai un gran descoñecemento tamén por parte dos nosos políticos e que quizáis sexa unha boa base para facer xurdir o coñecemento en xeral. Que non lle podemos esixir a cidadanía ningún tipo de educación específica (ou moral) sen teren os seus gobernantes unhas mínimas nocións básicas.

-Creo que se tende moito a confundir a participación coa opinión subxectiva tomando un café na rúa. Que a educación e formación é boa pero sempre teñen que ter por obxetivo último o debate e aporte de novas ideas e a implicación.

-Ao fin e o cabo ás veces debemos estar confundindo falta de formación con pasotismo e comodidade. Polo que quizáis só sexa iso no que hai que formar á xente en xeral.

-Rematar con que é inadmisible que alguén entenda por dereito humano á auga a gratuidade dista sen máis.





Monforte

  






O día 23 rematamos esta serie de actividades no Concello de Monforte, no Centro Cívico Social, na rúa do Malecón. Foi a actividade menos concurrida, con 5 persoas, mais non por elo foi menos instructiva e enriquecedora.





  O debate
 
Dereitos Humanos

-O principio comentase algo sobre a definición do abastecemento e saneamento, como algo cultural, na liña do que se falou en Teo.

-En temas de asequibilidade, a auga no Concello de Monforte é moi barata, falase incluso das mais baratas de Galicia. Arredor de 6€ cada dous meses.

-Esta idea é interesante, o Modelo de xestión no Concello de Monforte é concesional. Xestiona unha empresa privada. Sempre se dí que cando hai xestión privada, os prezos suben. Isto non se cumple no Concello de Monforte.



Participación

-Unha cousa é participar e decir cousas que non sabes, hai que facer unha labor de educación-información.

-Hai decisións técnicas e non técnicas, non se debe deixar todo en mans dos técnicos xa que estariamos falando dunha tecnocracia.

-Hai que educar á xente na participación.

-Hai decisións políticas, ponse de exemplo a sanidade e a educación. Coller a liña da saúde pública ou ben da privada, é unha decisión puramente política. Sobre a técnica hai argumentos para defender unha ou outra. Esa decisión a debe tomar un político en función da opinión da xente.

-Non é bon que decidan todo os políticos, son decisións políticas pero a decisión é das persoas. Logo o xestor debe facer o que lle mandan. Un político toma unha decisión e logo os técnicos deciden se esa decisión é sostible, se se pode levar a cabo.

-Para un político, moitas veces é difícil tomar unha decisión por descoñecemento.

-Moito antes de tomar decisións políticas hai que asesorarse técnicamente, se o político fose como ten que ser un político, tomaría a mellor decisión tendo en conta todos os puntos de vista.

-En Monforte non existen ordenanzas que recollan o dereito humano e impidan os cortes de suministro por impago.






16 nov 2015

Xornadas "O Xénero da Tecnoloxía: un motor de cambio"

SÁBADO 12 DE DECEMBRO



Salón de Actos do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT). A Coruña


ENTRADA LIBRE


Cofinanciado por Cooperación Galega da Xunta de Galicia

 

 

 

 

  

PROGRAMA OFICIAL:

 

11:00. Presentación.

Coa intervención de:

  • Juan Domingo Quintela Vázquez. Grupo de Educación para o Desenvolvemento de ESF Galicia.
  • Ana Correas (Directora do MUNCYT)
  • Rocío Fraga (Concelleira de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña)
  • Susana López Abella (Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia)

11:30. Mesa redonda: Tecnoloxía e desenvolvemento. Introdución a fenda de xénero.  


Intervirán: 
  • Lucía Peña Armijo. ISF-MGI (Ingeniería Sin Fronteras Euskadi)
  • Belén Fernández Suárez (Prof. Socioloxía da Educación)
  • María Ferreiro (Sindicato Labrego Galego)


13.00. Descanso xantar.

 

18:00. Mesa redonda: Tecnoloxías para a desigualdade. 

Intervirán:

 

19.30. Avaliación.

 

20.00. Fin da xornada. 

 

Máis información en epd.corunha@isf.es ou 981 167 000 ext 1479

12 nov 2015

O día en que ESF migrou a Telegram

A raiz da segunda reunión esfeira do grupo de comunicación que tivo lugar en setembro, xurdiu entre a base social a idea de migrar nos sistemas de mensaxería instantánea para a comunicación interna dende Whatsapp a Telegram.

O bó de Telegram non é só que o seu nome sexa mais vintage, dándolle a ESF un toque mais acorde coas últimas tendencias hipster na moda. É moito mais ca iso!

En primeiro lugar, Telegram está baseado en software libre, o cal quere dicir que o seu código é aberto, modificable e difundible por calquera que o desexe e saiba algo de programación. ESF posiciónase a favor do software libre por entender que é unha tecnoloxía para o desenvolvemento humán. A diferencia de Whatsapp, Telegram non está xestionado por unha empresa privada, que neste caso é Facebook, senón que está xestionada por un grupo de usuarios. Sempre cabe a posibilidade de que ese grupo de usuarios teña un carácter déspota, e quera aproveitarse da nosa información por motivos escuros. Polo que se ve na prensa, a primeira vista non parece que iso sexa así.

Pero, mais alá de estar baseado no software libre, hai mais motivos que convidan a pensar que hai boas intencións detrás de Telegram. Entre outras posibilidades, Telegram ofrece a posibilidade de ter chats secretos, nos que a información non se chega a almacenar en ningún servidor externo, senón que só chega aos dispositivos móbiles e dura un tempo limitado neles. E ata te avisan se a outra persoa fai unha captura de pantalla co teu texto! Isto contrasta coa política de Whatsapp, onde nin sequera ofrecen esa posibilidade.

A maiores do software libre e de ofrecer privacidade, Telegram tamén ofrece moitas pequenas vantaxes:
  • permite contestar referíndose específicamente a unha mensaxe, 
  • permite cargar arquivos moito mais pesados, 
  • permite facer uso de #hashtags e de @mencións de persoas,
  • permite ter un nome de usuario de tal maneira que poidas chatear sen necesidade de dar o teu número de teléfono
  • e ten un servidor de ordenador moito mellor que o do Whatsapp, dende o que podes borrar todos os teus chats en caso de que te roben o teléfono.
Pero, sen dúbida, a mellor das vantaxes do Telegram está nos emoticonos. Frente á impresionante gama de Whatsapp limitada aos emoticonos do teclado (que inclúe unha gran variedade de cadrados negros e de reloxos marcando diferentes horas), Telegram incorpora emoticonos e stickers de indudable valor expresivo, ademais de que permite usar GIFs e bots (investiga para saber o que é!). Ainda sen todo o demais, só polos emoticonos pagaba a pena migrar a Telegram.

E, despois de toda esta perorata, preguntarédevos: ''que interese ten este rapaz en soltar unha exhortación sobre as innúmeras vantaxes do Telegram?'' Só direi que ninguén se comprometeu a invitarme a unha mariscada por isto, de modo que non é preciso que pasedes o martes que ven pola marisquería El Capitán, no casco vello de Vigo, para comprobar que non estoy alí. Detrás disto non hai mais interese que pregonar o uso de tecnoloxías para o desenvolvemento humán, en prol dun mundo mais xusto.



10 nov 2015

Ciencia para a paz e o desenvolvemento.

Hoxe se celebra o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. Preocupa que teña que haber un día para isto xa que, inxenuos de nós, pensamos que xa se daba por suposto que a Ciencia debería servir para iso.
En calquera caso, dende ESF Galicia hai unha aposta clara pola Investigación para o Desenvolvemento, que soemos facer sempre colaborando con entidades que levan a investigación no su ADN, como é a Universidade ou centros de investigación (e tratando de fomentar as redes de investigación para o desenvolvemento entre Galicia e os países de traballo). Aquí van algúns exemplos en orde cronolóxica:


  • Estudo da calidade de auga subterránea e de abastecmento nos campamentos de refuxiados saharauis de Arxelia (o primeiro completo que se fixo nos campamentos). Entre 2004 e 2006, co apoio dun grupo de investigación das universidades de A Coruña e Santiago de Compostela, así como a unidade de xestión hídrica do POLISARIO. A sistematización pódese descargar aquí.
  • Investigación sobre metodoloxía para implementar os Plans de Xestión Integral dos Recursos Hídricos, que vimos desenvolvendo xa dende 2008 en Honduras coa colaboración do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade da Coruña, ampliándose máis recentemente á Universidade Nacional Autónoma de Honduras. Xa publicamos unha sistematización da experiencia que se pode descargar aquí, e seguimos mellorando a ferramenta de apoio a toma de decisións (baseada en software libre). Aquí se pode ver unha publicación científica sobre o tema.
  • Investigación sobre o uso de imáxenes de satélite para o estudo do avance de piscinas artificiais para a cría de langostino sobre o ecosistema de manglar no Golfo de Fonseca (Nicaragua, Honduras e El Salvador), que vimos desenvolvendo dende 2010 coa colaboración do Laboratorio do Territorio da Universidade de Santiago de Compostela e, máis recentemente, coa Universidade Nacional Autónoma de Honduras. Máis información incluindo a posibilidade de descarga do estudo aquí.
  • Programa de mellora participativa de sementes de millo en Honduras, que se está a desenvolver dende o 2013 coa Misión Biolóxica de Galicia, centro pertencente ao Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Estase tratando de incorporar tamén persoas de Universidade Nacional Autónoma de Honduras. Aquí pódese coñecer máis información do programa e aquí como vai evolucionando.
  • Estudo para o establecemento dun Índice Mundial de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano, que comenzou en 2013 a modo de pilotaxe coa colaboración do Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade da Coruña e continúa hoxe en día co apoio económico de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
  • Estamos comezando o estudo Análise xeoespacial da xestión municipal dos recursos hídricos en Galicia mediante indicadores técnicos e participativos, co obxectivo de establecer una metodoloxía que permita avaliar a situación da xestión municipal dos recursos hídricos. Iremos informando desta nova investigación, na que participa o Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da Universidade da Coruña.


Publicación da sistematización sobre metodoloxía do Plan de Xestión Integral do Recurso Hídrico


Investigación participativa na mellora de sementes de millo, formación na Misión Biolóxica de Galicia

Investigación participativa na mellora de sementes de millo, traballo de campo en Honduras coas familias productoras


Índice Mundial de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano



Estudo de avance das piscinas artificiais de cría de langostino no Golfo de Fonseca