7 sept 2015

Resumo blogueiro: agosto 2015


     Este ano a Cósmica será en Euskadi do venres 9 de outubro ao luns 12. Hai que confirmar asistencia antes do 20 de setembro, para facilitar a loxística do albergue. ESF pode financiar parcialmente a asistencia. É moi recomendable participar en estes foros, apréndese moitísimo e tamén queda tempo para a "vertebración".

    Ademais, os 2 últimos xoves de setembro e os 2 primeiros de outubro, con horario de tarde, terán lugar en A Coruña as Xornadas de Bioconstrución que organizamos xunto coa Asociación ESPIGA. Complementándoas, haberá os venres e sábados desas semanas, un Obradoiro Práctico de Construción con COB, restrinxido a 20 prazas, con preferencia para persoas da base social de ESF, ESPIGA e a UDC. Coas mans na masa!

E, a continuación, o Resumo Blogueiro de agosto 2015!

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    O mes de agosto comeza cunha pequena análise da influencia da crise nos proxectos de cooperación. Continuamos coa publicación do informe de erros sobre a planificación. Na seguinte entrada poderás coñecer os resultados dun proxecto de investigación en cooperación co Laboratorio de Enxeñería Cartográfica da UdC: é unha ferramenta para calcular o índice mundial de tecnoloxía para o desenvolvemento humano. E se aínda estás pensando en como usar o teu tempo nas próximas semanas, o blogue ofrece as recomendacións de pelis e cursos para setembro!



BLOGUE HONDURAS

    Trala chegada das PCRs, o blogue énchese de entradas onde nos contan as súas actividades de campo, como cociñan pan coas mulleres da Comunidad El Marañonal, unha charla sobre voluntariado, a sinatura da carta de entendemento entre unha Escola de Agronomía e a Rede de Productores/as Nacaome - San Lorenzo e a marcha das antorchas como expresión das persoas indignadas. Pero que mellor maneira de coñecer a estas voluntarias de agro (ou Codefagolfas) e auga (ou Triunfitos) que vendo os simpáticos capítulos 1  e 2 do aclamado reality “La isla de los PCR” onde amosan en clave de humor os seus problemas (ou non?) de convivencia e alimentación. Nos vos perdades as próximas entregas!
    Por outra banda, atoparedes un mes mais o informe de seguemento do proxecto de auga financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coas actividades realizadas no pasado mes de xulho. E un artigo onde se explica a situación dos transxénicos en Honduras.
    



ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable



Cooperación e ONGD



Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 

Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas



PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:



E NO PRÓXIMO MES ...



    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.



A ESF-RASE DO MES

Debemos, pois, parece evidente, cuestionar sempre aos que nos contan historias e aceptalas cando estén ben e rexeitalas cando non.
Platón de Atenas









No hay comentarios: