16 sept 2015

Aprendizaxes nas Xornadas Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: unha oportunidade real para acabar coa pobreza global?

Nas interesantísimas xornadas "Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: unha oportunidade real para acabar coa pobreza global?" do pasado venres varias persoas esfeiras tivemos oportunidade de coñecer máis sobre como se foron construindo os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, que virán substituir (cun alcance até o 2030), como elemento central da axenda oficial de desenvolvemento, aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. Este proceso se chamou axenda Post-2015. Desde ESF xa vimos hai un tempo falando deles, e mesmo facendo pequenas análises dalgúns que tocan máis de perto ámbitos de traballo de ESF.

Tamén houbo (moito) lugar para poñer de manifesto eivas nos mesmos obxectivos, tanto na forma de construilos como na batería de obxectivos e metas definitiva que, previsiblemente, se aprobará nas próximas semanas.

"Momento pregunta" dun dos ESFeiros na sala

Algunhas ideas interesantes sacadas das xornadas (que en breve se colgarán para poder ser visualizadas e tamén se pode ver o que se xenerou en twitter coa etiqueta #ODSaDebate) as queremos compartir a continuación, ademais dalgunha consideración sobre o papel de ESF e a Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano neste novo contexto internacional para as políticas de desenvolvemento que nos fixeron formular as charlas e coloquios subseguintes.


Koldo Unceta. HEGOA

  • Os #ODM non serviron para un cambio de modelo de desenvolvemento,os #ODS é previsible que tampouco sirvan.
  • Os indicadores dos ODS son imprecisos e houbo moi pouco compromiso político en recursos para levalos a cabo.
  • Respecto aos ODM, se amplía a visión dos elementos que propician desenvolvemento sustentable e inclusivo-
  • A sociedade perdeu a esperanza no desenvolvemento
  • Papel do sector privado lucrativo na Axenda #Post2015: que polo menos "non molesten". Pagar impostos, temas ambientais, laborais...



Francisco Gutiérrez, responsable da área de educación da Secretaría Xeral de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento

  • Trátase dunha axenda centrada nas persoas e o aliñamento do estado no proceso da axenda foi unha constante.
  • O cumio de Addis Abeba non puido sacar adiante nada relacionado coa fiscalidade internacional


Ignacio Martínez. Plataforma 2015 y Más. Actores descentralizados


  • Algunhas solucións pasan pola Economía Social, con gran vínculo local e dos axentes descentralizados
  • A voluntariedade da axuda oficial ao desenvolvemento e o concepto de instrumentalización para a internacionalización que veu dándose xa hai tempo (especialmente neste goberno), así como a incoherencia de políticas, non axudarán a que esta nova axenda sirva para acadar un verdadeiro cambio de modelo que poña ás persoas primeiro.
  • A axenda non di nada sobre as responsabilidades e dereitos desde o local
  • A axenda, dende o local, hai que leela e interpretala para a acción como actores globais que somos
  • Hai que poñer en valor o municipalismo solidario: os actores locais como actores globais"
  • Papel do goberno español e as súas aportacións totalmente irrelevantes para a construción da axenda post 2015


José Medina. Alianza Española contra a Pobreza. Sector privado e sociedade civil organizada.

  • Para os lobbies empresariais a tecnoloxía ten que estar ao servizo de facer sustentable o desenvolvemento e o crecemento
  • As solucións baseadas no mercado ignoran os Dereitos Humanos,que non están en clave de rendabilidade
  • A desigualdade de poder nas estruturas de escoita (máis posibilidades tiveron as grandes empresas na construción destes ODS) e preponderancia das "persoas eminentes"nas propostas (fixeron a inicial, e eran persoas que viñan máis da "alta política" e as empresas). 
  • Nuns anos teremos moitas máis políticas de desenvolvemento baseadas no "medo" ao Cambio Climático e menos baseadas nos Dereitos Humanos (a pesar de ser uns dereitos construidos inicialmente cunha perspectiva moito máis occidental). As empresas están mellor posicionadas neste "capitalismo verde". En temas de desenvolvemento, o que vende é o "capitalismo filantrópico" de Shakira y Bill Gates.
  • "Existen desigualdades de poder entre los distintos actores de desarrollo y no se interviene para ajustarlo"
  • O papel das organizacións civiles nestes tempos é construir imaxinarios que superen os que están detrás da Axenda Post 2015 

Nuria Castejón. Secretaría Técnica do Observatorio da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (OCUD 

  • Mandato á universidade de formar en desenvolvemento sustentable, empezando a nivel interno
  • A universidade tamén debe mirar ao seu territorio, pola lexitimidade que ten pode ser ponte para impulsar á axenda na sociedade civil do seu entorno.
  • É importante o traballo entre ONGD e universidades para xenerar e xestionar o coñecemento sobre desenvolvemento


----------------------------------------------

Yayo Herrero. Fuhem. Medio ambiente como elemento transversal nos ODS

  • O ambiente,elemento transversal na axenda. Todos os países"desenvolvidos"son deficitarios en materia-enerxía 
  • Hai que darlle a volta ao modelo produtivo e de consumo para poñer a vida no centro.
  • Todos os ODS fan unha aposta tecnolóxica e de crecemento económico a partir da propia crise ecolóxica
  • Crer no crecemento sustentable só é posible crendo na 1 lei de WaltDisney: basta con creer moito en algo para que sexa verdade
  • A tecnoloxía é condición necesaria,pero non suficiente, na transformación do modelo. Coidado co optimismo tecnolóxico
  • A crise ecolóxica non é nada diferente da crise social.  As causas son as mesmas


Itziar Ruiz-Giménez. Dereitos Humanos como elemento transversal nos ODS

  • Os Dereitos Humanos na declaración ODS son retórica, floreiro.Non aparecen nos obxectivos,nin se fala de obrigas
  • Non se debe compartimentar #DDHH #CooperaciónAoDesenvolvemento
  • Vivimos un proceso de seguritización e militarización: os problemas sociais convértense en problemas de seguridade"
  • "Los derechos humanos no están entre los objetivos de la nueva agenda de desarrollo"

Mar Correa. Xénero como elemento transversal nos ODS

  • Hai que fuxir do discurso da eficiencia e da #CaixaDeFerramentas.O activismo feminista(e o resto) ten que "atravesar o corpo"
  • O #EnfoqueDeXénero é unha ferramenta de acción,non descriptiva.Hai que vixiar isto cando a axenda #post2015 comece
  • Xénero integrado no eixo principal.Transversalizar e empoderar.Sen relacións equitativas non se cumplirán #ODS,como #ODM

María Luisa Gil. Economistas Sen Fronteiras. Coherencia de políticas como elemento transversal nos ODS
  • O desenvolvemento é moito máis que Axuda Oficial ao Desenvolvemento e políticas de cooperación
  • Para ESF, o importante é superar o "enfoque do 0,7%" e dar máis importancia ao "99,3%" restante
  • Para a avaliación da coherencia de políticas é moi importante impulsar á transparencia das administracións e os #OpenData, dada a dificultade actual de acadar datos


Pablo M. Osés. Plataforma 2015 y Más

  • Claro que a axenda post2015 non ten elementos de ruptura nin cuestionamento do modelo, dado o proceso de contrución (con en realidade moi poucas posibilidades de participación real dende organizacións da sociedade civil que defenden outro modelo posible).
  • Os documentos gobernamentais foron irrelevantes construindo #ODS. Os gobernos foron desbordados polas lóxicas transnacionais


Para que haxa masa crítica que quere cambio hai que promover a honestidade. Non queremos crer que a situación sexa "tan mala", pero hai que tratar de non enganarse a nós mesmos.  A clave é saber cando e onde hai que ser máis combativos e ter un discurso máis forte, e cando as mensaxes deben ser positivas, non culpabilizadoras, construtivas e que apelen ao pensamento crítico.

Dende ESF GALICIA seguiremos esforzándonos por impulsar á tecnoloxía para o ben común, para a emancipación e pàra vivir unha vida que pague a pena vivir, que é realmente o que debemos entender como "desenvolvemento humano"

No hay comentarios: