1 jun 2015

Resumo blogueiro: maio 2015

  As derradeiras eleccións deixaron un panorama onde se abren oportunidades de introducir nos concellos elementos de defensa dos dereitos humanos, a boa gobernanza dos servizos básicos e a promoción da tecnoloxía para o desenvolvemento humano. Aquí lembramos as propostas que se facían dende a Coordinadora Galega de ONGD para o 24M, e que seguiremos demandando a quen finalmente goberne nos distintos concellos.



CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    O mes de maio comezou no blogue cun interesante debate sobre "xoguetes tecnolóxicos para nenas" , continúa nos comentarios! Tamén compartimos unha serie de propostas no eido da incidencia política en temas de enerxía. A nivel interno celebrouse en maio o primeiro encontro de representantes de comunicación de ESF Galicia, do que xa podes ler a crónica. O día das letras galegas celebrámolo con 17 relatos sobre auga e muller. E para rematar o mes, mais en torno á auga - a visita de Roger de CODDEFAGOLF e persoas de ESF ao centro tecnolóxico do mar (CETMAR) e a visita Proxecto Coñecemento da Realidade (PCR) redes aos compas de ISF Valencia e ao Tribunal das Augas.  


BLOGUE HONDURAS

    Un mes máis publícase o informe de seguemento do proxecto de dereito a agua coa Mancomunidade NASMAR financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, no que se recollen as seguintes actividades realizadas no mes de abril:
-          Primeira parte das capacitacións en hixiene para as municipalidades impartida polo Servicio Autónomo Nacional de Acueductos y Alcantarillados (SANAA).
-          Recolla dos resultados das análises da auga na comunidade de La Grecia por parte do Instituto Hondureno de Ciencias de la Tierra da Universidade Nacional Autonoma de Honduras (UNAH).
    Por parte do grupo agro de desenvolvemento rural, realizouse unha vista á Misión Biolóxica de Galicia aproveitando a estancia durante o mes de maio de Roger, coordinador de proxectos da coparte hondurena CODDEFFAGOLF. A Misión colabora con eles na actividade de mellora xenética de variedades dentro do proxecto europeo de fortalecimento do campesinado para a seguridade alimentaria nos municipios de Nacaome e San Lorenzo en Honduras.   


ENLACES DE INTERESE

Auga

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD

Educación para o desenvolvemento

Iniciativas

Investigación para o desenvolvemento 

Mundo

Políticas e modelos de desenvolvemento

Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

Voluntariado e Persoas



PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • Harina para mi costal. Una experiencia de educación popular en El Salvador. Asociación Equipo Maíz.

E NO PRÓXIMO MES ...



    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.
 



A ESF-RASE DO MES

A tecnoloxía ten que ser a forza motriz do cambio, pero a súa dirección e sentido ten que ser resultado dun proceso político, cunha fonda raíz cívica e republicana.
Ramón Ramón









No hay comentarios: