4 may 2015

Resumo blogueiro: abril 2015


    Coa data das eleccións municipais xa cercana, aquí podes ver as propostas que dende a Coordinadora Galega de ONGD seguimos a facer a partidos políticos para que inclúan no programa das eleccións municipais. Sería interesante ver cales integran máis destas propostas no seu programa!


CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    Neste mes podedes ler dúas crónicas moi completas do IX Foro Por un Mundo Rural Vivo en Mondoñedo, no que se falou sobre todo de Soberanía Alimentaria na práctica. ESF tamén estivo presente na Escola de Relacións laborais nunha clase sobre comportamento organizacional. O anuncio e a crónica do evento ESFeiro por excelencia da primaveira - a Xuntanza - son de obrigada lectura! Tamén é interesante escoitar a Pepe Vara (presidente honorífico de ESF ;D) en Cuac FM falando de ESF e nunha mesa redonda sobre a cooperación para o desenvolvemento desde Galicia, así como a Antía (do grupo de proxectos internacionais de auga) falando en Onda Cero. E por último, un tema de actualidade nesta época do ano: o cambio horario - debate connosco!


BLOGUE HONDURAS

    Como no mes anterior, atoparedes o informe de seguemento proxecto de auga coa mancomunidade NASMAR financiado polo Fondo Galego de Cooperacion e Solidariedade coas seguintes actividades: Capacitación sobre o Plan de Xestión do Recurso Hídrico e visita do Instituto Hondureño de Ciencias de la Tierra a San Lorenzo para o estudo hidroxeolóxico. Ademais podedes coñecer o movemento ambientalista e social MASSVIDA xurdido a finais do ano pasado na zona sur de Honduras como resposta a expansión da minaría extractiva e a vulnerabilidade das persoas defensoras dos dereitos  ambientais no país.




ENLACES DE INTERESE

Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable



Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 


Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

   Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • Banda deseñada social. Lo que (me) está pasando: diarios de un joven emperdedor. Miguel Brieva


E NO PRÓXIMO MES ...


    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.
 


A ESF-RASE DO MES

Abandonemos o petróleo antes de que el nos abandone a nós.
Fatih Birol



No hay comentarios: