29 abr 2015

Xuntanza de Abril en Santiago

Nos días 17, 18 e 19 de abril en Santiago de Compostela a base social de ESF tivemos a nosa tradicional reunión bianual: a Xuntanza. Trátase dun encontro de todas as persoas socias e das voluntarias para poñer en común as cousas que están pasando e se están facendo na asociación, tomar decisións, aprender un pouco e de paso, divertirse.

O tema desta Xuntanza foi a incidencia política. Isto non quere dicir que esta fose unha xuntanza na que nos puxemos a falar de política e a discutir a berros, non, todo o contrario. De feito, o venres, nada mais chegar, houbo un obradoiro de percusión. Todos a facer música! O obradoiro estivo a cargo de Verónica, de Trópico de Grelos. Eu en realidade non estaba todavía, mo tiveron que contar persoas de confianza, de modo que o lector pode sentirse tranquilo de que non se trata de información sesgada. Como proba diso, tamén me dixeron que despois dunha suculenta cea, fixeron un concurso para ver quen sabía mais sobre ESF e quedaron en peor lugar un grupo no que estaban varios membros da xunta directiva (e Isabel e Andrea, que como veremos mais adiante tamén entraron no día seguinte nese grupo), co cal vemos que non se trata de información propagandística.

O sábado pola maña, nada máis espertamos (ou, mellor dito, nada mais cheguei), tivemos unha formación sobre incidencia política a cargo de Sergio Fernández, o noso súper Técnico de Proxectos. Isto, claramente, xa ten mais relación coa incidencia política. Comenzamos por poñer en común nomes de políticos vivos ou mortos que nos gustaran ou disgustaran. Apareceron nomes como Bush ou Nelson Mandela. Despois, Sergio pasou a explicar como as ONGs para o Desenvolvemento se comunican cos organismos políticos, o cal se fai fundamentalmente a través de reunións da Coordinadora Galega ou Española de ONGDs cos propios políticos, acordando os obxetivos a incluir nos programas electorais. Se trata de un proceso moi importante que é preciso que a base social coñeza pola importancia que ten para o noso sector, e no que estaría ben que houbera mais voluntariado participando.

Asamblea xeral de persoas socias e voluntarias
Despois dunha deliciosa comida, comenzamos a Asamblea, o núcleo da xuntanza no que se trata o que a asociación está facendo e se toman novas decisións. Ademais de lixeira e entretida, esta asamblea tivo como novidade a renovación de tres cargos da xunta directiva (popularmente coñecida como Xunta Divertida): Tomás Bande, o Vogal de Educación para o Desenvolvemento, foi sustituido por Roberto Roget. Tomás fixo un gran esforzo como vogal, estando en Escocia durante o último ano e ainda así asistindo a todas as reunións por skype e axudando en todo o que podía. Bravo, Tomás! O segundo cargo renovado foi a vogalía de voluntariado: María López deixou paso a Andrea Aguilella. Ainda que parecía difícil imaxinar a alguén mais entrañable que María, Andrea, amante das tartarugas, non deixa nada que desexar. María estivo a cargo da vogalía de voluntariado en momentos en que había poucas incorporacións aos distintos grupos de traballo, pero ainda así, soubo sacar o voluntariado adiante! E por último, a última incorporación a Xunta Divertida foi Isabel Somoza, quen susituiu a Víctor Penas na vogalía de proxectos. A pesar do seu nome, non hai que pensar que Víctor carecera de ánimos; ao mesmo tempo que levaba proxectos en Mozambique (e viaxaba a terreno), Víctor fixo unha importantísima labor axudando na formulación e diversas xestións dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento de ESF, no Golfo de Fonseca en Honduras. Mentres que ás tres novas incorporacións lles quedan dous anos xuntodirectivos por diante, outros cargos como presidencia, vicepresidencia e vogalía de comunicación facían xa 1 ano en Xunta directiva! Así, a metade do tempo que van a estar en total!

Robert Roget, María López, Andrea
 Aguilella, Víctor Penas e Isabel Somoza.
Falta Tomás Bande, que nos acompañou
 dende Escocia.
Despois da asamblea, todos fuimos a tomar unha boa cea mentres Roberto Roget animou un obradoiro musical-poético. Por grupos, tivemos que facer poemas relacionados coas diferentes liñas de traballo de ESF. Apareceron cousas moi divertidas. Lémbrome, por exemplo, dunha estrofa sobre o software libre:

Oh software libre,
quen te puidera proclamar
para así derrocar
ao Windows incomprensible

Foi unha cea vertebrativa moi amena. O domingo pola maña, tivemos un almorzo con dúas das nosas PCR (Programa de Coñecemento da Realidade) chegadas de Honduras: Almudena e Raquel. Estiveron a contarnos o que aprenderon coa experiencia, o que lles chamou a atención... Para así poñer en común una das actividades mais intensas que o noso voluntariado ten: a estancia en Honduras para coñecer de primeira man os nosos proxectos de cooperación internacionais.

E así, con este bó sabor de boca do almorzo e coas historias de Raquel e Almudena, rematou esta xuntanza. Todos voltamos para casa mais contentos e cheos de gañas para facer mais actividades esfeiras, habendo aprendido un pouco sobre incidencia política pero tamén habendo disfrutado, que é o importante.

25 abr 2015

Tertulia con José María Vara Rodríguez - CUAC FM

Aquí podedes escoitar o audio da tertulia na que participou José María Vara Rodríguez, voluntario da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia na Coruña, emitida no programa "Ar de Coruña" de CUAC FM (Emisora Comunitaria da Coruña) o 25 de abril de 2015.
Durante a tertulia, con representantes doutras organizacións fálase das ONGD e da cooperación en xeral e Pepe presenta en particular a asociación facendo un repaso dos Proxectos de Cooperación que ESF Galicia está a desenvolver na actualidade e das actividades de sensibilización que se están a realizar.

15 abr 2015

Debates ESFeiros: "A hora galega"

Participante 1:

Galicia é o lugar de Europa con maior desfase respecto ao seu fuso horario. Hai 2 horas e media entre o noso reloxo e o sol: http://emosqueira.com/2009/10/25/los-gallegos-y-nuestra-zona-horaria/
De feito, o resto de España e Francia tamén arrastran un pequeno desfase desde a expansión alemana na II Guerra Mundial: http://www.victorsoriano.net/?p=1803
En 2006 o Parlamento galego debatía a petición ecoloxista de adoptar a hora media de Greenwich (GMT+0) como medida de aforro e eficiencia enerxética, emparellando os ciclos día-noite e actividade-descanso: http://www.elcorreogallego.es/portada/ecg/culebron-hora-gallega-anima-puente/idNoticia-111996/
Despois de negar a proposta para Galicia por motivos políticos, o ano pasado o Congreso estudouna para toda España: http://www.eldiario.es/galicia/hora-Galicia-ahora-toda-Espana_0_179882781.html
Que opinades?
Notades o desfase horario?
Tendes que prender as luces pola mañá?
Ter a mesma hora que Portugal é bo ou malo?

Participante 2:

Vou estar dacordo con todo menos coa primeira afirmación, porque realmente depende da época do ano :) Para apoiar isto último teño este sesudo enlace, do gusto dos que gustan dos mapas: http://politikon.es/2014/10/09/por-que-la-hora-de-berlin-triunfa-en-europa-occidental/
É un intento de explicar por que o teórico desfase solar de España e de Galicia en particular ten perdurado tanto tempo despois do cambio de hai 70 anos.
Tamén podedes pasar por calquera páxina que teña as horas do mencer e do solpor de cidades (por exemplo eltiempo.es) e mirar a ver como andamos hoxe de diferencias horarias. Por exemplo, mañá mesmo entre Vigo e Barcelona haberá un desfase de 45 min aproximadamente. E entre Vigo e Berín unha hora e media. Ah, pero entre Vigo e Málaga a penas 15-20 minutos...
E xa a miña opinión persoal, eu deixaría os horarios tal como están agora, porque non están tan mal e non creo que pague a pena meterse a cambialos. Eu prendo as luces cando esperto, e non as apago ata que xa estou entrando na oficina (si, son o único da oficina que pensa en apagalas cando sae o sol...), e se cambiamos a hora apagarei as luces da oficina unha hora máis tarde... pero terei máis luz ata a hora de cear. Iso en Burgos. En Galicia poderíase pensar en ter a hora de Londres, porque coincide ben coas horas do mencer e solpor dalá, millor que con Lisboa. Pero a meirande relación de Galicia é co resto de España, así que tampouco creo que pague a pena facer o cambio.
Apertas!

Participante 3:

Ola, non teño aínda unha opinión ben definida sobre o desfase horario de Galicia ou incluso de España, pero aínda que non está directamente relacionado si que non estou dacordo con dúas cousas:
-O cambio horario en outono e primavera porque me parece ir contranatura e a nosa bioloxía e, os supostos aforros están tamén cuestionados.
-Xestionar os horarios laborais doutro xeito para favorecer a conciliación laboral e familiar, de feito tal e como decía Participante 1, xa se debatira no congreso de adaptar os horarios ao "estilo británico". E unha das accións foi cambiar o prime time de TVE... algo é algo jajaja bicos.

Participante 4:

De acuerdo con Participante 2 en que el desfase depende de la época del año. El desfase al que se refiere Participante 1 (2,5 h) es durante el horario de verano. Hasta que se adelante la hora, el desfase es de aprox 1,5 horas, dependiendo de la Longitud del lugar de Galicia. Por ejemplo en Ribadeo es de 1h 28 m, y en Finisterre de 1h y 37m. En horario de verano 1h más.
Alguna aclaración:
Cada 15º de longitud suponen 1h (360º/24h), que es lo que miden los husos horarios. El huso horario en el que está la mayoría de España es el 0, el de Greenwich, que va desde 7º 30' de longitud E a 7º30' de longitud W. La mayor parte de Galicia está en el huso horario siguiente GMT -1, pero no toda, Ribadeo por ejemplo, con sus 7º2'27''W esta en el mismo huso que el resto de España.
En España, además tenemos la hora oficial, adelantada 1h en invierno. Correspondería GMT y tenemos GMT+1. Y en verano GMT+2. A lo que hay que sumar la media hora por diferencia de longitud con el meridiano 0. A la mayoría de Galicia le correspondería GMT-1, pero en ese caso llevaríamos casi media hora de adelanto con el sol. Tendríamos un desfase medio de unos 27 minutos de retraso con respecto al horario solar.
A pesar de todo lo dicho, yo creo que sería absurdo plantearse el tener la hora oficial del uso horario que corresponde a la mayoía de Galicia, el que tienen Portugal o Canarias.
Una cosa Participante 2, la referencia para el desfase se debe tomar en relación a la meridiana, al mediodía, al paso del sol por el meridiano del lugar, no a las horas de la salida o la puesta de sol, que además de con la longitud varían con la latitud, que no tiene nada que ver con el huso horario, y que también varían a lo largo del año, varían más cuanto más alta sea la latitud, tanto norte como sur, cuanto mayor sea la separación del ecuador. 2 lugares con distinta latitud varían la diferencia de horas del orto y del ocaso a lo largo del año. En cambio 2 lugares con diferente longitud mantienen constante la diferencia de tiempo del paso del sol por cada uno de los lugares (el mediodía), sea cual sea su latitud.
Por todo lo dicho, yo creo que sería bueno que se suspendiese el cambio de hora del verano (por no incrementar el desfase y por el perjuicio que causan en los bioritmos), y se debía mantener todo el año la hora del invierno. 2, 5 horas de desfase son demasiado, incluso aunque sean 2 como en Levante.
También podría plantearse el adaptar la hora oficial de la península al huso horario que corresponde, eliminando incluso la hora de adelanto permanente. Pero creo que eso no sería muy necesario, porque ya tenemos nuestros horarios adaptados a ese desfase horario y se hace todo a una hora de reloj más tardía que en otros lugares, con lo que más o menos coincide con la misma hora solar.
Lo que si tengo claro es que por ese exceso de adelanto horario medio de 3 minutos de Galicia con respecto al limite del huso horario en el que nos han metido, no merecería la pena tener una hora distinta de la del resto de la España peninsular.
Saludos.

10 abr 2015

Resumo blogueiro mensual: marzo 2015




CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    No mes de marzo, tiveron protagonismo as actividades realizadas en A Coruña con motivo do Día Mundial da Auga (xornadas e exposicións na Escola de Camiños da Universidade da Coruña co eixo central do Dereito Humano á Auga, con entrevistas na radio incluidas). Tivemos tempo a lembrar o Foro Un Mundo Rural Vivo coa crónica dunha das voluntarias de ESF que asistiu, así como a coñecer unha experiencia de marketing rural nesta liña (neste caso nunha zona donde ESF Galicia traballou até 2010, o departamento de Jinotega, Nicaragua). Dentro da parte de voluntariado, puidemos coñecer ás persoas que en 2015 participarán no Programa de Coñecemento da Realidade, así como o programa da reunión da base social da sede de A Coruña (non vos perdades a próxima!). E, como non podía ser doutro xeito neste importante ano político, fixémonos eco das propostas dende o sector galego da cooperación ao desenvolvemento aos programas dos partidos políticos para as eleccións municipais, e contamos tamén cales foron explícitamente promovidas desde ESF Galicia (aínda que todas elas teñen o noso total apoio, claro!).




BLOGUE HONDURAS

    Outro mes máis podedes facer o seguemento do proxecto de auga en Honduras coa mancomunidade NASMAR e financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. En febreiro realizaronse capacitacións de software libre, avaliación das accións levadas a cabo ate o momento e reunións e obradoiros con outros actores para establecer sinerxias. Un deles foi o Instituto Hondureño de Ciencias de la Tierra co que se fai un estudo hidroxeolóxico piloto na comunidade de La Grecia dentro do marco do proxecto, co obxectivo de analizar a contaminacion das augas e utilizar en accións de sensibilizacion. Polo momento xa se executou a primeira toma de mostras nos pozos seleccionados que se repetirá na tempada de choivas.




ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento

Consumo responsable

Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 


Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

    Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:



E NO PRÓXIMO MES ...


Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.




A ESF-RASE DO MES

    O problema da agricultura actual é que non é un sistema orientado á produción de comida, senón á produción de cartos
Bill Mollison












8 abr 2015

Xuntanza da base social esfeira: abril 2015 en Compostela

Os días 17, 18 e 19 de Abril en Santiago de Compostela celebraremos a primeira Xuntanza da base social de ESF do ano. Será no albergue Acuario.

Os prezos quedan como siguen:

2€ para almorzos.
5€ comida sábado.
17€ cea sábado
Aloxamento: tarifa estandar 13€ noite, tarifa reducida 7€ noite.A tarifa reducida para estudantes, paradxs e traballadorxs precarixs... Hai que especificar que tarifa vos corresponde neste formulario que ten que encher quen vaia asistir.

PROGRAMA

Venres

18:30 Recepción 

19:00 Obradoiro de elaboración de instrumentos de percusión con refugallo (e coreografía? :DDD)

21:15 Cea de traxe e vertebracións varias

Sábado

9:00 Almorzo

10:00 Formación sobre incidencia política.
- Conceptos básicos da incidencia política
- Incidencia Política en Cooperación ao Desenvolvemento en Galicia: a Coordinadora Galega de ONGD
- Debate sobre temáticas de Dereito Humano á Auga e á Alimentación susceptibles de producir movilizacións e accións de incidencia política

14:00 Comida

16:30 Asemblea Xeral de Persoas Socias da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

22:00 Cea

0:00 Timba poética (traede algo composto por vós ou que vos guste para dicir)

Vertebracións varias...

Domingo

10:30 Almorzo

11:30 Persoas que participaron en 2014 no programa de coñecemento da realidade, falarán dalgún dos temas máis candentes en Honduras que produceron movilizacións (zonas ZEDES, mobilización de campesinado, asasinato de periodistas, contaminación da auga por malas prácticas agrícolas ou de acuacultura, minaría ou destrución do manglar).





6 abr 2015

Clase na Escola de Relacións Laborais

O pasado 5 de marzo estivemos na Escola de Relacións Laborais dando unha charla nunha das clases expositivas da asignatura de Comportamento Organizacional. Alí tratamos temas coma auga, desigualdade no mundo, o xeito no que nos relacionamos, ademáis dunha pequena introducción ao que fai esf. A continuación contaremos máis detidamente o que se fixo.



-Sen que non poderiades vivir?

-A que vos referides, cousas inmateriais, materiais?

-O que vos pareza, o primeiro que se vos pase pola cabeza. A pregunta é moi clara, a resposta, parece que non tanto.

Soaron palabras. Familia, comida, osíxeno... Alguén suxeriu a resposta que nós esperabamos, como un eco de fondo, perdido entre todas aquelas palabras. Isto fainos recordar o afastados que estamos as veces da nosa propia natureza, e o difícil que nos resulta recordar o que verdadeiramente nos fai seres humanos, o que verdadeiramente nos fai seres vivos.

A resposta buscada era Auga, así, con maiúsculas. Poderiamos discutir cousas filosóficas sobre que está primeiro dentro das nosas necesidades pero o feito obxetivo é que unha persoa non pode vivir mais que uns poucos días sen beber e non hai ningún ser vivo que non precise de Auga para sobrevivir.  “Existo, logo bebo”

Explicamos o piar fundamental no que se sustenta toda a filosofía de Enxeñería sen Fronteiras nesta temática. O Dereito Humano á Auga. Así como o DH a Vida é algo que calquera persoa do noso entorno non lle resulta díficil comprender, o Dereito Humano á Auga non parece ser tan intuitivo. Partimos das seguintes premisas:

-Relación biunívoca entre Auga e Vida.
-Dereito Humano a Vida.
-Non posibilidade de mercantilización dun Dereito Humano. A Vida non se pode mercantilizar, estariamos falando de escravitude.

A consclusión lóxica destas premisas é que a Auga debe ser un Dereito Humano e que non pode ser mercantilizado, ó menos non na primeira dimensión que ten que ver coa Vida.


Falamos algo de historia. Dende a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, pasando polas Cumbres de Rio de Janeiro de 1992, a de Johhanesburgo do ano 2002. Converxemos en Asamblea Xeral, o 28 de Xuño do ano 2010, para facer explicita a declaración do Dereito Humano a Auga. Dí así:

“Recoñece que o Dereito a auga potable e o saneamento é un Dereito Humano esencial para o pleno disfrute da vida e de todos os Dereitos Humanos.”

Fixemos un fugaz percorrido polos distintos modos de xestión o longo da historia para rematar esta parte explicando as ideas recollidas pola Nova Cultura da Auga.

Auga Vida. Relacionada co Dereito Humano. É de interés xeral.

Auga Cidadanía. Relacionada co Dereito Cidadán e a vida digna na sociedade actual. Tamén é de interés xeral.

Auga Economía. Refírese o dereito de empregar a auga con fins produtivos. É de interés lexitimo, pero particular, e non debe estar nunca por encima dos intereses xerais.

Por último explicamos algúns bos hábitos, mais no día a día. Non hai que perder de vista que o cambio empeza por un mesmo, nas pequenas accións cotiáns. Tampouco se trata de levar un manual de instrucións no peto, senón de facer cambios puntuais, pouco a pouco. Se conseguimos iso, xa teremos feito algo.


Tras a exposición de Miño, pasamos a realizar a dinámica dos cubos. Unha actividade que ten como obxetivo comprobar e analizar a desigualdade no reparto dos recursos.
Fixeronse 4 grupos desiguais con un distinto número de materiales. Mandaronselle facer o máximo número de cubos. Os cubos tiñan que ser dun determinado tamaño e tiñan que pasar o control da xueza (Alba). A actividade foi moi ben acollida polo alumnado e a participación foi moi activa.




Cando finalizou o tempo expusemos entre todos as nosas percepcións. Foi unha experiencia moi positiva para todos, e pasamolo moi ben. Juan espuxonos finalmente as conclusións da dinámica. 






A participación foi moi activa e chegaronse a conclusións moi interesantes.


Finalmente Pepe falounos un pouco sobre ESF, quenes somos e que facemos. A experiencia foi moi divertida e participativa; e esperamos repetila o vindeiro curso.



Crónica IX Foro Por un Mundo Rural Vivo (2)

Segunda parte da crónica

Na tarde do sábado máis persoas compartiron tamén a súa experiencia en pobos que se poden considerar integramente ecolóxicos e onde se persegue unha forma de vida acorde ao concepto de soberanía, no seu sentido máis auténtico, na alimentación, na educación ou na xestión. Dora Cabaleiro é integrante da Cooperativa Ribeira do Navia, na parroquia de Ernes (Negueira de Muñiz, Lugo); comercializan ou trocan os seus produtos en mercados de Galicia e o occidente asturiano. Cristina Sancho é produtora de polo ecolóxico en Amayuelas de Abajo (Palencia), e relatou as dificultades técnicas e administrativas que atoparon para sacar adiante un proxecto tan innovador, que incluíse poder vender directamente ás consumidoras e aos consumidores, pero lograron poñer en funcionamento o seu propio matadoiro avícola ecolóxico e dar así saída a toda a produción desta comarca de Tierra de Campos, apropiándose do ciclo produtivo completo. José Cófreces reside en Tronceda (Castro Caldelas, Ourense), un pobo abandonado que hai uns 20 anos comezou pouco a pouco un proceso de repoboación, e hoxe está integrado por persoas de nacionalidades diversas ás que lles move a experimentación: bioconstrución, gando caprino, horticultura ecolóxica, apicultura ou diversas actividades comunitarias, como xuntanzas, talleres de ioga, limpeza de camiños...
Contamos ademais coa presenza de Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, entidade co-organizadora do Foro, que presentou algúns datos da situación da agrogandeiría en Galicia, onde algo máis do 4% da poboación activa pertence ao sector agrario, con explotacións que ocupan en torno ao 30% da superficie total do territorio. Lembrounos a eterna e infanda crise do sector leiteiro na nosa Comunidade, onde os gandeiros e as gandeiras están a vender o litro de leite a un prezo medio de 0,32 € na actualidade (por baixo do custo de produción), e con 130.000 explotacións pechadas desde os anos 90.
Así que benvidas sexan todas as iniciativas que supoñan crear vínculos de confianza e empatía entre a produción e o consumo, a compra de produtos locais e de tempada e os circuítos curtos de comercialización. Rendibilidade e emprego son posibles baixo este tipo de modelos, como evidencian outros proxectos tamén mostrados no Foro: Extiercol, agricultura ecolóxica en terreo público (Cuevas del Becerro, Málaga); os grupos de consumo lucenses As Grelas e Bandullo Ecolóxico; o mercado semanal de Teo, activo espazo de encontro entre productores/as e consumidores/as, ou a Cooperativa A Sazón, de froita e marmeladas ecolóxicas.
Experiencias sábado tarde
Mesas de debate
No plano político, houbo tempo tamén para coñecer a historia das CUP: Josep Plasencia falou do nacemento desta Organización a finais dos anos 70, como exemplo de novas prácticas políticas nas que as metodoloxías son 100% participativas e democráticas. E Tom Kucharz, de Ecologistas en Acción, ofreceu unhas pinceladas do que significaría a aprobación do Acordo Transatlántico de Libre Comercio (TTIP) para os dereitos campesiños e a soberanía alimentaria: fixo un chamamento para dar a máxima difusión a todo o que está ocorrendo arredor destas negociacións.
A tarde do sábado finalizou con unha serie de reunións en mesas de debate rotativas coa idea de xerar propostas de acción en 4 áreas de traballo transversais: mocidade, xénero, bens comúns e participación e democracia directa. As principais proposicións quedaron plasmadas, xunto con unha reflexión xeral, nun documento de Conclusións do IX Foro por un Mundo Rural Vivo, difundido semanas despois.
MST
E, xa á noitiña, tivemos a fermosa oportunidade de coñecer de cerca a dous representantes do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST), paradigma da loita campesiña a nivel mundial. Zé Roberto da Silva e Rosa Oliveira fixeron unha atractiva síntese das políticas agrarias no Brasil durante as últimas 3 décadas, aportando interesantes datos. Como que durante o goberno neoliberal do Enrique Cardoso, nos anos 90, o 86% do crédito agrícola foi acaparado por empresas do agronegocio nas que, sen embargo, só estaba empregada o 26% da man de obra agraria do país. Ou as investigacións que poden permitir relacionar os casos de cancro co consumo de alimentos contaminados con agrotóxicos. As mudanzas estruturais que supuxo o “goberno Lula” introduciron por exemplo unha Lei que estableceu a obriga de que o 30% do orzamento para abastecemento público de alimentos (escolas, poboación acollida a Programas de axuda alimentar...) se destinase a compra na agricultura familiar local. Sen embargo, a partir do 2008, segundo palabras do Zé, medrou enormemente a velocidade de invasión e apropiación de recursos por parte do capital: calcúlase que as multinacionais gastaron, na última formación de Goberno, 1 billón de € para colocar aos seus deputados e senadores afíns no Parlamento, manobras que están permitidas pola lexislación. Ao tempo, continúan resistindo no Brasil 4 millóns de camponeses sen terra. A Rosa describiu as ocupacións de terras, que o MST adoita exercer como accións máis representativas do seu Movemento de resistencia, como unha das experiencias máis marabillosas que se poden ter na vida.
Batuko Tabanka
Mercado
A xornada do sábado rematou con queimada e música de diversas culturas: as pandeireteiras do grupo Alesancia de Ribadeo, as mulleres burelenses de orixe caboverdiana Batuko Tabanka (certamente emocionante observalas tocar e bailar enchoupadas das súas raíces), a guitarra do músico e compositor valenciano Tomás de los Santos, que cantou e nos fixo cantar a todas, e tamén o mesmo Zé Roberto do MST, con quen gozamos, tamén a ritmo de guitarra, da música tradicional brasileira con letras que reivindican a loita por unha reforma agraria que respecte os dereitos e a dignidade de quen traballa.
E para poñer o punto e aparte a unha fin de semana ben completa, o domingo pola mañá tivemos mercado de produtos agrarios na praza do Concello de Mondoñedo, onde o campesiñado participante no Foro tivo a oportunidade de vender as súas froitas, hortalizas e diversos elaborados nun ambiente amable e festivo. Alí mesmo se fixo un acto de rúa no que se deu lectura ás conclusións deste IX Foro e se emprazou a todo o mundo para a próxima cita: a décima edición que terá lugar en 2016 (as citas son bianuais) na Venta de las Contreras, en pleno parque natural de Las Hoces del Cabriel, comarca de La Manchuela (Cuenca).

 

Foto de grupo

Por Isabel Somoza Alonso 

   Enlaces relacionados



Crónica IX Foro Por un Mundo Rural Vivo (1)



A fin de semana do 24 ao 26 de outubro de 2014 tivo lugar na fermosa vila de Mondoñedo (rodeada dun entorno natural que lle fai competencia á beleza da propia vila), o IX Foro por un Mundo Rural Vivo. Este Foro, que vén organizando cada ano a Plataforma Rural, estáse a afianzar como un espazo de encontro a nivel do Estado español de todas aquelas persoas e movementos sociais que traballan e impulsan, co seu xeito de vivir e organizarse, a creación de Alianzas por un Medio Rural Vivo.
Dúas voluntarias de ESF participamos nas actividades do Foro, polo noso interese persoal e/ou profesional, pero tivemos a oportunidade de coñecer experiencias de gran relevancia en canto ao que significa poñer en práctica, na realidade galega e española, iniciativas que loitan por unha verdadeira SOBERANÍA ALIMENTARIA. Descubrimos que outras ISFs andan tamén inmersas nas actividades da Plataforma Rural, como son os compañeiros de Andalucía e de Valencia; estes últimos traendo tamén as voces do Sur, do Movimiento Nacional Campesino Indígena da Arxentina, co que teñen unha gran vinculación a través dos seus Programas de Cooperación, e como colaboradores permanentes da máis que recomendable revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas, ao igual que a propia Plataforma Rural. La Vía Campesina, o movemento que globaliza a loita labrega a nivel internacional, tamén estivo presente neste Foro, pois a Plataforma Rural é sen dúbida artelladora do seu discurso. Así pois, tras haber participado nun entorno de traballo que xiraba en torno a ese gran concepto da Soberanía Alimentaria, co que diariamente comungamos no grupo de traballo de Desenvolvemento Rural de ESF, crin necesario dar a coñecer as actividades desa fin de semana a toda a Asociación e demais persoas que nos seguen.
A problemática particular á que se enfrontan as mulleres no momento de apostar pola vida no rural foi un dos eixos arredor do cal xirou o debate nesta edición do Foro. Por iso o venres tivemos a oportunidade de coñecer a experiencia de catro mulleres labregas que están a aportar un “plus” de loita nas súas respectivas comunidades; todas elas coincidían en admitir que lles falta tempo material para atender a súa vida persoal, familiar, labrega e, por riba de todo iso, militante e activista campesiña, pero que aínda así, paga a pena, e por iso todas elas son un valioso referente.
Experiencia mulleres o venres
Raquel Ramírez, de Nalda (La Rioja), pertence a dúas organizacións sociais do seu municipio: Panal, Asociación que naceu para combater as ameazas que as prospeccións de gas na comarca supuñan para o Patrimonio Cultural e que, entre outros proxectos, está recuperando os usos forestais do monte para emprego, goce e aprendizaxe da propia veciñanza, como unha maneira de reapropiarse do patrimonio histórico-natural que lles pertence, e El Colletero, unha Asociación para a recuperación de espazos cultivables cos principios da produción ecolóxica e a economía solidaria, en coordinación con un club de consumo. El Colletero pode gabarse de crear emprego na comarca, traballa en alianza coa comunidade de regantes e coas cooperativas da zona e, polo lado do consumo, coa Residencia de Anciáns e a ANPA da Escola, coa que tamén realizan actividades de aprendizaxe.
Encóntrolle un especial significado histórico á experiencia de Ángeles Ramón, da comarca zaragozana de Cinco Villas, pois ela criouse nun pobo de colonización e, tras ligarse tamén desde os seus inicios ao primeiro sindicato campesiño independente de España, a UAGA, protagonista das chamadas “guerra del pimiento” e “guerra del maíz” nos anos 70 (conflitos causados en anos de elevadas colleitas, que os intermediarios aproveitaron para pagar aos agricultores e ás agricultoras uns prezos moi por debaixo dos custes de produción, desembocando en tractoradas masivas), hoxe continúa a ser unha agricultora que vive do seu traballo, e tamén militante feminista e sindical, nunha comarca onde, defende, se está creando unha gran diversidade de producións, incluíndo elaboracións artesanais, que permiten a autosuficiencia. Ángeles fixo tamén fincapé na importancia do consumo responsable, empregando un interesante termo: a Agricultura de Responsabilidade Compartida.
Josefa Martín, orixinaria de San Esteban de La Sierra (Salamanca), relatou as súas vivencias como colaboradora activa da Asociación Salmantina de Agricultura de Montaña que, entre outras iniciativas, xestiona un banco de hortas para poñer a disposición de novos/as agricultores/as terras que cultivar, cedidas por propietarios/as que non poden traballalas, e que recuperan a satisfacción de velas producir de novo. Unha solución ben positiva para o problema de acceso á terra, que semella que é bastante común entre as persoas que desexan iniciarse na actividade agraria.
Por último, coñecemos a experiencia de Henar Román, granxeira de Labrada (Abadín, Lugo), que impulsou a creación dunha Cooperativa gandeira na súa parroquia, para buscar solucións aos abusos aos que se vían sometidas por parte da industria leiteira. Hoxe, co triplo de persoas socias que nos seus inicios, teñen tamén asociadas con explotacións de vacún de carne, e venden directamente a consumidores/as. Ademais, coñecemos a historia do Monte Veciñal en Man Común de Labrada, historia de esforzo, loitas e negociacións para tratar de facer valer os dereitos das comuneiras e os comuneiros sobre a propiedade e a toma de decisións nos usos deste monte emprazado na serra do Xistral. Henar relatounos ademais simpáticas anécdotas sobre un estudante (creo recordar que alemán) que chegou a Abadín coa intención de investigar as explotacións galegas de produción de leite de vacún para a súa tese, e que rematou converténdose nun membro máis da familia.

Xa na xornada do sábado, gozamos cunha sorprendente intervención preparada polos mozos e mozas que participaron na organización do Foro, e que vos recomendo ver neste vídeo (1 hora de duración, en clave de humor).
Teatro sábado pola mañá

Da man de Inmaculada Idáñez continuamos a afondar na problemática específica da muller labrega. Falounos da súa situación en Andalucía, onde, non sen esforzo, está a lograrse a súa paulatina introdución en espazos onde habitualmente non participaba, como as comunidades de regantes e, sobre todo, no que se refire á titularidade das terras, que lles permite ser beneficiarias das axudas da PAC ou cotizar para acceder a pensións contributivas, recoñecendo así xurídica e economicamente o seu invisible papel no mundo agrario. Desde a Confederación de Mujeres Rurales (CERES), a Organización que Inmaculada preside, estase a loitar por unha Lei de Titularidade compartida nas explotacións agrarias que sexa realmente efectiva pois, a causa de -segundo sinalan- falta de recursos humanos e económicos para a súa implementación a nivel autonómico, esta Lei é considerada un fracaso do Ministerio xa que, tras dous anos en vigor, estímase que só 52 mulleres se rexistraron como co-titulares de explotacións agrarias.
Outra Lei desgraciadamente protagonista nos debates do Foro foi a “Ley de Racionalización y Sostenibilidad de la Administración Local”, coñecida como “Lei Montoro”, que baixo tal eufemístico nome agocha a disolución de todas aquelas entidades de ámbito inferior ao municipal que, a 31 de decembro de 2014, non tivesen presentado as súas contas. En Castela-León, Comunidade onde, de maneira similar aos Montes Veciñais en Man Común de Galicia e o norte de Portugal, as Juntas Vecinales (existen un total de 1230 soamente na provincia de León) constitúen tradicionalmente unha moi particular forma de tenencia e xestión dos bens comúns no medio rural, están especialmente sensibilizados con este problema. A Plataforma para la Defensa de las Juntas Vecinales de Omaña aglutina ás Xuntas Veciñais desta comarca leonesa, que permanecen en loita por defender o seu estatus e facer valer as súas capacidades, participativas e democráticas, para xestionar o patrimonio comunal. Na tarde do sábado presentáronnos este vídeo documental que vos convido a visualizar e difundir. A “Lei Montoro” recibiu ata o de agora 10 recursos de inconstitucionalidade no TC.

Por Isabel Somoza Alonso

Enlaces relacionados