12 mar 2015

Propostas da Coordinadora para unha cooperación ao desenvolvemento transformadora dende os concellos

A Coordinadora Galega de ONGD, a través da súa Comisión de Incidencia Política (da que formamos parte) e coa colaboración do resto de ONGD da mesma,  elaborou un documento con propostas para que os distintos partidos políticos se comprometan coa cooperación ao desenvolvemento dende os municipios e as deputacións.
Os gobernos locais xogan un papel insubstituíble na Cooperación Internacional. A súa proximidade á cidadanía outórgalles un rol único na provisión de servizos, na garantía de dereitos, na articulación de procesos de participación cidadá, e na construción dunha cidadanía global, activa, crítica e solidaria. Unha cidadanía que, pola súa banda, vén demostrado o seu compromiso coa xustiza no ámbito máis próximo e máis alá das nosas fronteiras.

Neste documento atoparedes as propostas. Animámosvos a que as difundades con nós e fagades propostas de mellora!!!

No hay comentarios: