26 nov 2014

Obradoiros de Instalación de GNU/Linux en Vigo, Compostela e A Coruña

SANTIAGO DE COMPOSTELA

O vindeiro martes 2 de decembro a partir das 17:00 na Facultade de Dereito (Aula Informática 03) terá lugar o obradoiro de  "Segunda vida para o teu ordenador". A Oficina de Software Libre do CIXUG axudarannos  instalar outros sistemas operativos baseados no software libre que nos permitan seguir empregando ordenadores que xa non soportan os actuais. 
 O obradoiro é de balde e a entrada é libre pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico compostela@galicia.isf.es.



A CORUÑA

       Tamén o 2 de decembro, de 16 a 19, na Domus, terá lugar tamén un obradoiro de este estilo: o "Obradoiro de Instalación de GNU/Linux. Libérate". Terá lugar co apoio de Bricolabs e do Grupo de Programadores e Usuarios de Linux. Levade o ordenador con copia de seguridade feita. 
      O obradoiro é de balde, pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico info@galicia.isf.es, xa que as prazas son limitadas, e se asignarán por orde de inscrición.


VIGO

       28 de novembro no Café De Catro a Catro, nas Traviesas, na rúa Girona nº 16 (nunha das rúas que sae da Gran Vía, non moi lonxe dela) e será as 17:30. Non se estima unha duración de máis aló de unha hora e media. Non é preciso pagar, chega con estar en corpo e alma, e cun ordenador se se quere. Máis info.

Os tres estarán cofinaciados por Cooperación Galega da Xunta de Galicia.

---------------------------------------------------------
  Que é un sistema operativo?
Son os programas web que facilitan a nosa vida, o navegador web, o procesador de textos, a folla de cálculo, etc Estes interactúan co noso ordenador gracias ao sistema operativo. Este é un conxunto de programas que xestionan para os anteriores os recursos da máquina, é dicir, a memoria, o procesador, e os dispositivos que se empregan con eles, o teclado, a pantalla, impresoras, etc

Por que software libre?
Software libre é aquel que ten o código aberto, é dicir, que pode ser lido, copiado, difundido ou modificado por calquer usuario. A diferencia do software privativo, desenvolto maioritariamente por empresas e no cal o código só é accesíbel para os programadores desa empresa, un software de código aberto pode ser mellorado por usuarios de calquera parte do mundo. Non é unha cuestión de liberdade, senon de transmisión e mellora do conocemento así como dos dereitos do usuarios. Aqui neste documento tedes máis información.
Exemplos de software privativo son os sistemas operativos Mac OSX (Apple), Windows, Microsoft Word, Safari, Google Chrome, Pages, os programas de Adobe... Exemplos de software libre son os programas de Mozilla (o navegador Firefox, o administrador de correo Thunderbird), os sistemas operativos de base Unix como Linux, o OpenOffice, o reproductor de video VLC e un longo etcétera. 

 Por que darlle unha segunda vida ao teu ordenador?
 Os sistemas operativos privativos como windows requiren cada vez ordenadores máis potentes polo que se che esixe cambiar continuamente de PC. Se ben é certo, que hai xente que necesita ordenadores potentes, a gran maioría dos usuarios, simplemente navega, lee e escribe correos, edita textos ou fai diapositivas, polo tanto é necesario mercar un novo ordenador cada 2, 3, 4 anos?
 Os software libre adoita ser tan bo ou mellor co software privativo, e ao ser desenvoltos por múltiples usuarios particulares, permite unha mellor adaptación, así que se desenvolven distintos softwares adaptados a diferentes requerimentos dos ordenadores. Polo tanto aparatos que quedaron obsoletos para as esixencias dos novos sistemas operativos, como por exemplo windows, poden funcionar perfectamente con sistemas como Linux, Debian, etc. 
Tampouco se fan milagres, e non vas facer que o teu ordenador de 10 anos vaia como un vólido, pero permitirache realizar as tarefas máis habituais, e o máis importante estará activo e funcionando!


Dende Enxeñería Sen Fronteiras defendemos o Software Libre como tecnoloxía apropiada e tecnoloxía para o desenvolvemento humano por permitir aos usuarios non depender dos caprichos das grandes multinacionais do software, empoderando así ás usuarias.


24 nov 2014

Blue Corn

Unha vez lidos todos os relatos presentados ao I Certame de microrrelatos "Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano" o xurado decidiu que Blue Corn é o gañador. Noraboa a César Arquero!



– Oes, viches a última no periódico?

– Cal ? A da nova variedade de millo que gracias á enxeñería xenética poderase cultivar en condicións de aridez extrema, é resistente a herbicidas e pragas, e aínda por riba ten alto contido en antioxidantes, vitaminas A, C, B, e ata ácidos graxos similares ós do peixe azul? Vano chamar Blue Corn.

– Non, home non¡ Falábache dos gardas civís que arrebolaron os negros da valla de Melilla. Vanos meter no caldeiro. Pff¡ País de pandeireta¡ De tódolos xeitos, se imos a iso a clave sería saber quen vende ese “millo-feixón máxico”, canto custa e sobre todo que efectos secundarios ten. Eh ? Eh ?

– Eh...eso non cho sei, pero se queres cóntoche para que serve...

César Arquero

Imos ao Foro Internacional de Desenvolvemento en Solingen!

Hoxe viaxamos a Solingen (Alemaña) para participar nun Foro Internacional de Desenvolvemento entre o 25 e o 30 de novembro, con outras entidades que traballaron na cidade nicaragüense de Jinotega, hermanada con Solingen. Nesa zona de Nicaragua traballamos entre 2007 e 2010 e o contamos neste blogueAquí pódese ver o programa do Foro (e a continuación traducido ao castelán): 

Ámbitos temáticos del Foro:
1. Programas de protección de paisaje y de bosque tropical
    o Reforestación – Economía/manejo del bosque
    o Aprovechamiento de la tierra – métodos y prácticas agrícolas
2. Energía renovable – construcción sostenible – eficiencia energética

3. Reducción y gestión de desechos sólidos, gestión de recursos hídricos y consumo sostenible
4. Prevención de inundaciones y manejo de sequías– sistemas de alerta temprana
5. Cooperación municipal en relación a la protección del clima y la adaptación al cambio climático
   o Bases conceptuales
   o Concepto de protección del clima
   o Adquisición justa
 

La educación para el desarrollo sostenible (formación técnica y profesional, intercambios entre estudiantes) será abordada como eje transversal.

Que boa pinta. Esperamos aprender moito e contárvolo!!



21 nov 2014

Obradoiro de Instalación Software Libre

O vindeiro venres día 28 de novembro terá lugar en Vigo un obradoiro sobre Software Libre, no que aprenderemos como instalar un sistema operativo de Linux nun ordenador.

O obradoiro terá lugar no Café De Catro a Catro, nas Traviesas, na rúa Girona nº 16 (nunha das rúas que sae da Gran Vía, non moi lonxe dela) e será as 17:30. Non se estima unha duración de máis aló de unha hora e media. Será impartido por Daniel Vila, consagrado experto nestas temáticas. Non é preciso pagar, chega con estar en corpo e alma, e cun ordenador se se quere.

Como sabedes, considerase software libre aqueles software cuxo código está aberto para ser lido, copiado, difundido ou modificado para calquer usuario. A diferencia do software privativo, desenvolto maioritariamente por empresas e no cal o código só é accesíbel para os programadores desa empresa, un software de código aberto pode ser mellorado por usuarios de calquera parte do mundo. Como resultado, adoitan ser tan bós ou mellores que o software privativo, e como resultado de seren desenvoltos por múltiples usuarios particulares, tamén adoita ser gratuito. Exemplos de software privativo son os sistemas operativos Mac OSX (Apple), Windows, Microsoft Word, Safari, Google Chrome, Pages, os programas de Adobe... Exemplos de software libre son os programas de Mozilla (o navegador Firefox, o administrador de correo Thunderbird), os sistemas operativos de base Unix como Linux, o OpenOffice, o reproductor de video VLC e un longo etcétera.

Dende Enxeñería Sen Fronteiras defendemos o Software Libre como tecnoloxía apropiada por permitir aos usuarios non depender dos caprichos das grandes multinacionais do software, empoderando así aos usuarios.

Non vos perdades este obradoiro e participade con nós da tecnoloxía baseada no Software Libre!

18 nov 2014

Xornadas de soberanía alimentaria

ONDE E CANDO?

Salón de actos da Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, Campus de Lugo.

Os vindeiros días 28, 29 e 30 de novembro.

PROGRAMA:

Venres 28/11: 16.00 - 20.30 h.
- Benvida e presentación das Xornadas
- Dinámica e Introdución á Soberanía Alimentaria
- Mesa redonda: Contexto político europeo e nacional. Causas da pobreza, a nova Política Agraria Común, o Tratado de Libre Comercio e o acceso á terra.

Sábado 29/11: 9.30 - 14.00 h e 16.00 - 18.30 h.
- Mellora de variedades para agricultura ecolóxica e tradicional, mellora participativa. Pedro Revilla. Misión Biolóxica de Galicia do CSIC.
- A industria alimentaria e o desenvolvemento.
- Organización mundial do Comercio, distribución de alimentos e alternativas ao modelo económico actual.

Domingo: 30/11: 9.30 - 14.00 h e 16.00 - 20 h.
- A verdadeira historia de Rodolfo Langostino. ESF e a Soberanía Alimentaria.
- Pesca sustentable, consumo responsable de produtos do mar.
- Experiencias para a construcción da Soberanía Alimentaria: La Casa de la Aldea e Granxa Familiar.
- ULTRA_ALIMENTO. O ultramarinos que leva ao extremo O_PODER_DO_ALIMENTO.


¿COMO INSCRIBIRSE?
Enviando un correo a lugo@galicia.isf.es incluíndo:

- Nome e apelidos
- DNI
- Facultade ou Escola á que se pertence (se se realizan estudos universitarios)
- Asunto: Inscrición nas IV Xornadas de Soberanía Alimentaria.

Data límite: Xoves 27 de novembro.

POR QUÉ?

¡Porque HAI ALTERNATIVAS!

APÚNTATE! É DE BALDE!


PARA CALQUERA DÚBIDA OU INFORMACIÓN...

lugo@galicia.isf.es
esf.lugo@gmail.com


14 nov 2014

Entrevista a Sergio Fernández Alonso - Radio Galega

Aquí podedes escoitar o audio da entrevista realizada a Sergio Fernández Alonso, Técnico de Proxectos da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia; emitida no programa "Convivir en Igualdade" da Radio Galega o 13 de novembro de 2014.
Durante a conversa, Sergio fala sobre o "I Certame de microrrelatos Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano" organizado por ESF Galicia e aproveita para matizar o concepto de Tecnoloxía aplicada para o Desenvolvemento, ademáis de presentar as distintas actividades nas que está a traballar a asociación.

13 nov 2014

Obradoiros prácticos de Tecnoloxia en Santiago...

Dentro das  xornadas É neutral a Tecnoloxía?  que se van celebrar o vindeiro sábado 22 de novembro na Facultade de Filosofía, levaranse a cabo uns obradoiros máis prácticos en distintas cidades, no caso de Santiago, realizaranse:

Martes 18 de Novembro, as 18:30  no CIAC. "Elaboración de productos de limpeza caseiros e ecolóxicos" . Almudena Ares, técnico superior de Xestión de Recursos Naturais, proporcionaranos receitas sinxelas, baratas e ecolóxicas para elaborar fácilmente os produtos de limpeza caseiros e así manter o noso fogar saudable e libre de tóxicos.



Sábado 22 de Novembro as 16:3no CIAC "Mantemento básico de bicicleta"  xunto cos compañeiros e compañeiras da Sociedade Cívica Composcleta aprenderemos os coidados básicos da bicicleta, xa que os axustes, o coidado e as reparacións da nosa montura son un factor crucial para facer dela un medio de transporte cotián, eficiente e fiable.

Martes 2 de decembro a partir das 17:00 na Facultade de Dereito (Aula Informática 03) "Segunda vida para o teu ordenador". A Oficina de Software Libre do CIXUG axudarannos  instalar outros sistemas operativos que nos permitan seguir empregando ordenadores que xa non soportan os actuais.


O obradoiro é de balde e a entrada é libre pero será necesario realizar a preinscrición no correo electrónico compostela@galicia.isf.es


Pgase difusión!  

9 nov 2014

¡Amigo! ¡Houbo unha Xuntanza esta finde!

Coa foto que encabeza este texto e o título xa vos podedes levar unha boa panorámica de como foi a Xuntanza de novembro deste ano, que lle tocaba á sede de Vigo. Carteis que comezaban cun vocativo ''¡Amigo!'' e a continuación indicábache normas a seguir no albergue, e outras veces ata daban consellos sobre a túa saúde, e unha casiña para nós soiños, e eventuais visitantes. O albergue que vedes na foto trátase do Albergue Santuario San Campio (Tomiño), para os peregrinos do Camiño do Sur e, eventualmente, para quenes quixeran utilizar as instalacións coma nós, cun precio libre. Así pois, vaiamos coa crónica da segunda Xuntanza de ESF deste ano!

O venres, para empezar e para dar unha boa benvida, tivemos o obradoiro Recollendo cogumelos con Miño, no que o susodito  ensinounos a distinguir setas de fungos, setas comestibles de non comestibles e setas normais de setas mellores. Como resumiu Roberto Roget nunha improvisación de blues, ''se o cogumelo é de cor branco/tíralo''. Na foto podedes ver a María experimentando cos cogumelos e a Miño de pé explicándolle a Álvaro e a Dani (Vila) (Secre). Miño dixo que polo menos esperaba ternos espertado a curiosidade polo mundo dos fungos e os cogumelos, e dende logo todos coincidimos en que o conseguiu sobradamente.

Despois, tivemos unha agradable cea seguida de vertebración, na que tocamos música, aprendimos a bailar algúns ritmos latinos da man de Andrea (de quen hai que dicir que é a quen máis hai que agradecer que esta Xuntanza tivera lugar finalmente, coa axuda dos outros membros da sede) e fixemos algunha que outra dinámica de autopresentación, abrazos e expresión esaxeirada de emocións, a cargo dun servidor.

Á mañá seguinte, a primeira hora tivo lugar o obradoiro Aprende a falar en público con Miguel e Andrea. En primer lugar, compartín os meus coñecementos sobre oratoria e desenvolvemento persoal como comunicador, criticando o énfase que se tende a facer na persuasión e nunha imaxe inmaculada. Despois, Andrea centrouse mais na linguaxe non verbal, e de aí pasamos a facer cada un unha pequena mostra de falar en público. Polo que a xente comentaba, parece que conseguimos que a xente interiorizada que cando se fala en público hai que falar alto pero non berrar, falar esaxeiradamente despacio, con pausas esaxeiradamente longas, mirando para o público, sen mostrar nerviosismo, pero sempre sendo un mesmo e sen perder a propia personalidade. Nada do outro mundo.

A continuación, na segunda parte da mañá, fíxose unha pequena actividade de información e coñecemento sobre o panorama da Federación ISF (Ingeniería Sin Fronteras a nivel España), e sobre decisións difíciles que se teñen que tomar en relación aos presupostos. Unha actividade menos divertida tal vez, pero moi importante, e preparatoria da Asamblea que tivemos esa tarde. Foi levada a cabo por Marta (a quen hai que recoñecerlle o moi bó traballo que está facer como presi, coa axuda dos demais membros da xunta directiva) e Pepe Vara.

A Asamblea, principal actividade da Xuntanza, e un momento moi importante para tomar decisións na asociación e para a participación da base social. Esta Asamblea estivo chea de novidades. En primeiro lugar, procedeuse aos habituais resumos por vogalías e sedes do estado da asociación. A continuación, falouse dos presupostos, nunha presentación extraordinariamente clara e explicativa, da man de Francisco Puga e Pablo Sanxiao. Despois, persoas do grupo de socios dirixiron un debate tan dinámico que eu ata esquecín que estabamos na asamblea (o cal supuso un shock, cando lembrei que antes de cear ainda quedaban non sei cantos puntos por tratar). Outra dinámica parecida se fixo para falar sobre a Federación ISF. E, por se estas novidades non foran suficientes, no último punto, a ratificación pola asamblea das decisións da Xunta Directiva, eu fixen uso dun novidoso ainda que inxustamente pouco recoñecido recurso democrático: o doble voto, como membro da xunta directiva e como membro da asamblea. Algún día isto sairá nos libros de historia e eu serei recoñecido como un pioneiro.

E despois, coas decisións ben discutidas e tomadas, fomos todos xuntiños a tomar unha merecida cea con comida italiana. Que foi seguida dunha ainda mais merecida vertebración, incluindo máis música, da man da guitarra de Pepe Vara (por certo, Presi Honorífico), da increíble voz de Marta Sara (Presidenta por iso mesmo, asi fai mais agradables as asambleas) e Kike. Mención aparte merece Yoli, quen tocando algunhas cancións, deixounos absolutamente alucinados e conquistados coa súa voz e a súa música. Ten unha capacidade de transmitir e emocionar que eu, persoalmente, nunca vira. Tamén aprendimos novos ritmos latinos, con Andrea (como o día anterior), e en xeral a diversión non tivo parangón.

A última mañá, a mañá do domingo, tivo lugar o Almorzo con Saúl, no que este veunos a falar sobre a súa experiencia en Honduras, país no que ESF Galicia traballa actualmente con cooperación para o desenvolvemento. O emocionante desta actividade era que a noite anterior, ás 6:00 da mañá non estabamos seguros de que fora a ter lugar, pois todos estabamos seguros de que si, pero ninguén falara con el. Miño despexou toda dúbida: ''Coñezo a Saúl persoalmente e sei que verá, de verdade'', dixo, cun brillo nos ollos. E efectivamente, alí estaba el a mañá seguinte almorzando con nós. Sempre cabe a hipótese de que fora Pepe o de Lugo disfrazado, pois xusto desapareceu sen deixar rastro o tempo que Saúl estivo con nós, nunha estratexia que lembra á de Lois e Supermán, ou Peter Parker e Spiderman. Sexa como sexa, o presunto Saúl tívonos ben entretidos contándonos a súa experiencia en Honduras, as súas indignacións, emocións, alegrías e preocupacións, facendo que, como xa é común en ESF, a experiencia traballando noutros países impregne o noso discurso e enriqueza as nosas conversacións.

E así, contentos e felices, todos voltamos para as nosas casas, sen mais percance que unhas chaves do albergue que viaxaron a Vigo pola noite e volveron pola mañá, para logo acabaren na hucha de doazóns. Non hai queixa! Quedamos todos expectantes da vindeira Cósmica, reunión a nivel nacional das ISFs de España, que terá lugar en Allariz, Galicia. Esta xuntanza non é mais que o principio dun in crescendo que Deus sabe como acabará. Amén!










7 nov 2014

Objetivos de desarrollo sostenible post2015 y tecnología: objetivo 15, biodiversidad y lucha contra desertificación

Dentro del proceso de trabajo para ver "qué pasará" después de que en 2015 no se hayan cumplido los Objetivos de Desarrollo del Milenio, se está trabajando ya en una serie de nuevos objetivos que se basaron en unas consultas a distintos agentes y cuentan con una agenda que se está desarrollando a marchas forzadas. Estos objetivos se conocen con el nombre de Objetivos de Desarrollo Sostenible, y serán 17. Ya hay unas primeras propuestas de metas dentro de cada objetivo e indicadores de consecución de esas metas.
Desde Enxeñería Sen Fronteiras Galicia iremos publicando reflexiones sobre algunos de estos objetivos cuya temática nos interesa especialmente, desde la óptica de cómo la tecnología y la ingeniería debería ponerse al servicio de conseguirlos.
Continuamos la serie hablando del Objetivo 15: Proteger, restaurar y promover el uso sostenible de los ecosistemas terrestres, el manejo sostenible de los bosques, combatir la desertificación, detener y revertir la degradación de la tierra y detener la pérdida de biodiversidad
-------------------------------------------------------------------------------------- 

Como en el objetivo 14, también será clave la tecnología para el levantamiento de datos precisos y fiables que permitan hacerse una idea del restado de deterioro de los ecosistemas y su evolución. Esto debería servir no sólo para apoyar la búsqueda de soluciones (donde también las herramientas de toma de decisiones serán importantes y la ingeniería tiene mucho que aportar en ellas), sino también para erradicar posibles dudas acerca de los impactos a todos los niveles que están teniendo lugar con el deterioro de los ecosistemas (dudas promovidas en general por determinados grupos de presión interesados no precisamente en el bien común...). Herramientas que promuevan la cartografía participativa para la toma de decisiones consensuada, la concreción de modelos territoriales, políticas de ordenación territorial y de gestión de áreas protegidas serán también muy importantes si se quiere construir sociedades con una ciudadanía informada, activa y responsable. La conciliación de las múltiples actividades sobre el territorio necesarias para la vida, se verá facilitada por nuevas técnicas que hagan menos impactantes esas actividades, y por tanto sostenibles (tanto desde su componente económica, como de la social y ambiental). Dentro de estas técnicas no hay que olvidar tampoco las tecnologías blandas, vinculadas con la componente institucional o de gobernanza, de la sostenibilidad, que al ser transversal influye directamente en las otras tres (y que además suele ser la más crítica).

Hay que destacar también la protección de los recursos genéticos y biodiversidad, siendo la biotecnología uno de los campos con más proyección de futuro (y que genera más controversia), con lo que hay que ser especialmente cautos y no perder de vista la generación de bien común y la equidad (esta última contemplada en un objetivo propio). También los modelos productivos y organizativos “en cadena” (aquí hay un papel importante de la ingeniería de organización), implementados de forma homogénea, pueden tener un impacto negativo (ya lo están teniendo en muchos casos de agricultura industrial, pesca, actividad forestal, etc.), siendo papel de la ingeniería buscar nuevos sistemas adaptables a realidades heterogéneas (y de nuevo sin perder de vista la justicia social a través de la inclusión y la equidad).

Como se ha mencionado, la relación entre objetivos debería ser tenida muy en cuenta, pudiendo ser contraproducente trabajarlos aisladamente. En este caso, el papel de la ingeniería será clave por ejemplo en la lucha contra la desertificación y la sequía, sin perder de vista la gestión sostenible del recurso hídrico (no sirve de mucho que en una zona desértica se use tecnología de última generación de riego por goteo en campos de golf o cultivos, teniendo que consumir agua fósil de acuíferos antiguos que no se recargan, o teniendo que traer el agua de grandes distancias, aquí las herramientas mencionadas de toma de decisiones sobre modelo territorial y actividades compatible cobra una enorme importancia). 

Un entorno de consciencia sobre los límites del planeta y la necesidad de justicia social será clave en el desarrollo de la tecnología que realmente apoye la consecución de estos objetivos, o se correrá el peligro de desarrollar tecnologías muy eficientes en un aspecto, pero que sin integrar en su entorno ambiental, social, ético y político pueden llevar a efectos incluso negativos (por ejemplo la conocida como Paradoja de Jevons, aplicable a cualquier tecnología, como lo mencionado de la lucha contra la sequía).


4 nov 2014

Introdución da educación para o desenvolvemento nas aulas da Universidade de Santiago: formación para docentes

Este foi o segundo dos cursos organizados pola Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento, froito do Convenio de Colaboración que asinaron o 16 de xuño as tres Universidades, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. 

Tivo lugar en Santiago de Compostela, os as tardes dos días 15 e 16 de outubro, con 10 persoas asistentes, que exercen a súa laboura docente en diversas facultades (Veterinaria ou a EPS de Lugo, Filoloxía, Medicina, Pedagoxía, Economía, etc.). 

O primeiro curso desta serie xa tivo lugar na Universidade da Coruña, do que xa deixamos a crónica. Queda outro na Universidade de Vigo que será en decembro, e esperamos que se sigan repetindo e afondando no tema nos próximos anos!

Comezamos tratando de definir entre todas as persoas asistentes o concepto de Educación para o Desenvolvemento, simplemente segundo o que nos suscita o concepto. Saíron as seguintes ideas:
  • Deseño para todxs/social/para o outro 90%, 
  • Xustiza, 
  • Valores, 
  • Igualdade, 
  • Ética, 
  • Planificación, 
  • Formación/capital humano, 
  • Capacidades, 
  • Atención á diversidade, 
  • Sustentabilidade, 
  • Atreverse a pensar, 
  • Pensar nos demais



Traballamos a continuación cunha serie de dinámicas para promover a participación, reflexionando sobre se a Universidade debe ser axente de cambio e como está cumprindo o seu papel social.

Saíron elementos como o curtoplacismo e como a crise serviu de escusa para promover este enfoque curtoplacista tamén na universidade, en vez do contrario. Tamén, e como consecuencia do anterior, a non promoción da investigación de base, que queda abandonada a súa sorte, orientándose a universidade máis cara a “formación de profesionais” que demandan os mercados (educación mercantilista ou de “cadea de produción”?).

Noutra orde de pensamentos, xurdeu a non visibilización de inquietudes do profesorado vinculadas a educación para o desenvolvemento, porque non sinten que a institución promova ou espere que as introduzan nas aulas (“despolitización” e un carácter pretendidamente neutral, que naturalmente non o é). Esas manifestacións ou interese do profesorado quedan entón “na intimidade”.

Creen que a motivación ao alunado para mobilizarse debe vir dende atrás, faltan fundamentos.

Se reflexiona sobre que parece que falar nas aulas de valores ou empregar outras ferramentas pedagóxicas se ve como menos “serio”, como que na EpD ou na educación transformadora parece que “vale todo”, e polo tanto non se lle da tanto valor como ao máis “científico” (unha “maría”).

Se ve Boloña como un gran problema por quererse cambiar o sistema “a custe xa non cero, senón -20, co cal é peor o remedio que a enfermidade. E é unha pena, porque hai oportunidades como a promoción e posibilidade de usar novas ferramentas pedagóxicas de xeito un pouco máis “obrigatorio” para as docentes, e non sempre as leccións maxistrais (que de todas formas tamén terían a súa importancia nunha educación transformadora). De todos os xeitos si había un consenso en que outras prácticas pedagóxicas son necesarias se se quere unha educación transformadora. Tamén o había en que a universidade está cada vez máis lonxe do seu papel social de axente de cambio ou de formar persoas que saiban pensar criticamente.


Presentación de exemplos de prácticas de EpD na universidade existentes en Galicia

Na tarde do día 16 se presentaron brevemente algúns exemplos de prácticas pedagóxicas ou iniciativas dende a universidade onde se introducen elementos de educación para o desenvolvemento:
  1.  Materias específicas sobre cooperación e educación para o desenvolvemento
  1. Colaboración con ONGD para organización de cursos con recoñecemento académico sobre esta temática
  1. Colaboración con ONGD para que “veñan a aula” (lectorado)
  1. Xeneración de materiais que permitan transversalizar elementos da EpD na práctica docente habitual, estando a promoverse tamén o APRENDIZAXE-SERVIZO
  1. Alianzas con ONGD para proxectos de investigación para o desenvolvemento (exemplos: ESF-LaboraTe, etc).
  1. Acceso a subvencións específicas para universidades para proxectos internacionais de cooperación ao desenvolvemento ou para accións da EpD ou IpD, en Galicia este ano por primeira vez por parte de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
  1. Estancias de investigación para docentes ou estudantado no marco de programas internacionais de cooperación que poden estar vencellados a proxectos de investigacións ou proxectos de fin de carreira.
  1. Dirección de tesinas ou proxectos fin de carreira con contidos de EpD ou cooperación para o desenvolvemento.
  1. Rede galega de educación para o desenvolvemento na docencia universitaria.
  1. Prácticas para alumnado, convalidación de créditos ETC por horas de voluntariado ou formación externa (pode ser en ONG con convenio coa universidade).
  1. Novas ferramentas didácticas distintas ás tradicionais, que xa se están a utilizar aínda que non moi xeneralizadamente (xogo de rol, exposicións, relatorios...)
  1. Facilitar loxística para eventos relacionados (ciclos de cine, exposicións, relatorios...)
  1. Cursos de formación de formadores.
  1. Diagnose sobre a educación para o desenvolvemento na universidade pública galega: proceso interesantísimo ao falar co profesorado, e coñecer outras ideas. No estudio presentouse ao profesorado se consideraban que a universidade debe estar comprometida.

ALGUNHAS IDEAS QUE FORON SAÍNDO SOBRE ESTAS PRÁCTICAS
  • Unha profesora fala de que introduciu certos aspectos en “cuantitativa” (unha materia de económicas). Fala de que traballaron sobre analise dos obxectivos do milenio e traballaron con Intermón OXFAM, pero o fixeron con plan anterior a Bolonia, co que era máis fácil traballar.
  • A implicación dos docentes é esencial, exemplo relación ESF-Camiños
  • Ofrecimiento por parte de ESF de colaboración para definir contidos nas materias (e seguro que hai outras ONGD dispostas, a través da Coordinadora Galega de ONGD pódense contactar).
  • Un dos asistentes ve moi factible o de que “as ONGD veñan a aula” e moi difícil conseguir una materia específica. Todos concordan en que sobran optativas e teñen problemas por iso como para presentar outra asignatura máis.
  • Tamén ven factible o da transversabilidade (a 4ª das actividades expostas). ESF pon como exemplo de transversabilidade de que nos exercizos, proxectos, casos prácticos … se poidan usar datos e contextos reais, de forma que tamén os resultados poidan ser de interese para as ONGD. Esto é aplicable non so a temas técnicos senon doutros ámbitos: lexislación, …
  • ESF apunta que é esencial sentarse a falar para poder definir ben actuacións conxuntas que sexan válidas académicamente e valiosas tamén para as ONGD. A veces as ONGD contan con moita información pero non saben cales poden ser os requisitos académicos.
  • Sobre investigación, fálase de que aquí ábrense moitas posibilidades para a Universidade. Existen investigación conxuntas de traballo man a man entre universidades e ONGD… exemplo manglares. Recalca que se os estudos son avalados por universidades, son máis “valiosos” e “respectados” tanto aquí como no país/es cos que se traballa. Fálase tamén da colaboración entre ESF e a Misión Biolóxica.
  • Sobre a investigación trátatase o tema da posibilidade de financiación, en concreto en Galicia existe una línea directa de subvencións á que poden optar as universidades (NOTA: acaba de sair a resolución 2014).
  • Os proxectos de cooperación son outra vía de traballo das universidades, sobre todo en aspectos de fortalecemento de organizacións, universidades, creación de redes .... Fálase tamén da posibilidade de financiamento a través das liñas de axudas da Xunta.
  • Estancias: posibilidade de estancias de docentes, alumnos, PCRs ...
  • Dirección de tesinas, proxectos fin de grao, ... ESF recalca que aínda que pode haber certos recelos por parte dos tribunais, son actividades moi enriquecedoras para o alumno e teñen conta contextos e situacións reais que en moitas ocasións ese tipo de proxectos non teñen en conta. A experiencia foi moi boa tanto na escola de Camiños da UDC como na EPS de Lugo da USC.
  • Practicas: normalmente precisan de tutor tanto da ONGD como da universidade.
  • Metodoloxías pedagóxicas “non tradicionais” (por non chamarlles novas porque non son novas). Ponse en dúbida que exista formación suficiente a profesorado para mellorar a metodoloxía pedagóxica a utilizar co alumnado, ou polo menos diversificala. Falan as persoas asistentes que antes si había algo (non moito) pero duns anos para aca, pensan que polos recortes, céntrase moito a formación na plataforma dixital. Metodoloxías procedentes da “educación popular” suscitan moito interese (hai descoñecemento entre a maior parte das persoas asistentes).

Barreiras e oportunidades de implementación no traballo diario das persoas asistentes ao curso destes exemplos que xa es están a implementar

So se traballaron en profundidade algunhas das presentadas no punto anterior:


  1. Colaboración con ONGD para que “veñan a aula” (lectorado):

Barreiras
  • Dificultade de adaptar os contidos para que veña alguén a participar e ao revés atopar a alguén que encaixa na tematica e nas esixencias académicas.
  • Discusión: Fálase de que se reducen estas barreiras se á hora de definir os contidos se conta coas ONGDs e/ou expertos, pois sempre poden orientar a temática cara aspectos nos que se está traballando e sexa cando se dea a clase máis fácil atopar o perfil.
  • Coñecer as ONGDs que existen e o que poden aportar
  • Crítica de compañeiros profesores ao pensar que é unha maneira de de non dar a clase.

Discusión: Isto último se atalla participando tamén na clase e intentando combinar os contidos prácticos cos contidos teóricos dados. Isto incluso pode requirir máis traballo que dar unha clase.

Oportunidades:
  • As clases son máis atractivas
  • Non hai tantas trabas administrativas para facelo
  • Non esixe moito traballo a maiores para o docente
  • A persona que fala é máis experta que os docentes nesa materia e acerca a realidade á universidade

Discusión: Cando son varios os docentes que dan a mesma materia hai que coordinarse, pode suceder que un docente non queira que se realice e pode ocasionar problemas no alumnado así como na avaliación do alumnado.


  1. Xeneración de materiais que permitan transversalizar elementos da EpD na práctica docente habitual, estando a promoverse tamén o APRENDIZAXE-SERVIZO:

Barreiras:
  • Plan Bolonia esixe moito: hai que facer moitas cousas, con menos tempo e debido aos recortes con menos recursos e hai profesores que teñen moitos alumnos co que é complicado introducir novos temas/metodoloxías.
  • Xunto coa docencia se lles esixe aos profesores aumentar o curriculum vía investigación e é complicado centrarse en mellorar a docencia sen abandonar a investigación (falta de tempo). Existe un problema de conciliación da investigación e a innovación educativa no profesorado. Os profesores temporais vense obligados a centrarse na investigación para poder continuar e os que son estables para poder obter financiación. A mellora das clases e a innovación educativa non é valorada.

Discusión: Fálase de que o plan Bolonia é plan de estudos para unificar Europa nese sentido, pero non o consegue. Todos concordan en que se dixo ... plan Bolonia si pero a custe 0. Os profesores teñen que dar máis horas, os edificios non están adaptados e todos concordan en que teñen a sensación de que os alumnos saen peor preparados que cos planes anteriores.

Oportunidades:
  • A Rede Galega de Cooperación (descoñecida polos asistentes, pola maioría polo menos) e moi interesante e necesari)
  • As asignaturas máis “básicas” que non cambian moito de temario, e que en principio poden parecer máis “aburridas” é máis fácil introducir aspectos da EPD pois aos profesores non lles supón moita carga de traballo facer cambios na materia e no programa ao ser o temario igual todos os anos. Unha das asistentes fala de como se aproximou a introdución de casos reais nas súas clases, en internet atopou cousas moi interesantes no museo nacional de Nueva York. No seu caso Bolonia lle favoreceu porque a estabilizou co que puido centrarse na docencia e deixar máis de lado a investigación.

Discusión: Falan dos planes de estudio e da problemática de andalos cambiando, ao final o alumno sae peor preparado porque non dan tempo nin sequera a esperar a que todo o mundo se adapte, cando se a xente se adaptou, se cambia.


  1. e 6. Alianzas con ONGD para proxectos de investigación para o desenvolvemento (exemplos: ESF-LaboraTe, etc) e Acceso a subvencións específicas para universidades para proxectos internacionais de cooperación ao desenvolvemento ou para accións da EpD ou IpD, en Galicia este ano por primeira vez por parte de Cooperación Galega da Xunta de Galicia.
  • É interesante porque traballando con ONGD o contexto é moito máis visible e real, tamén a nivel institucional. Hai docentes que poden buscar afondar no contexto pola súa conta.
  • Sería necesario ter unha referencia para saber sobre especialidades de ONGD (na coordinadora galega de ONGD poden informar sobre isto, e na web da Rede Universitaria de Cooperación para o Desenvolvemento de Galicia que nunha temporada estará en marcha tamén haberá información deste tipo).
  • Os requisitos para acceder ás subvencións poden ser insuperables para algúns equipos de investigación (neste caso, as subvencións tanto de proxectos de cooperación para outros axentes de cooperación como as específicas de investigación para o desenvolvemento para universidades, non teñen requisitos especialmente importnates, máis aló de coñecer a metodoloxía do Marco Lóxico, moi usada nestes proxectos)
  • Convocatorias de subvencións dependentes dos vaivéns orzamentarios das administracións públicas, especialmente neste ámbito da cooperación e a educación para o desenvolvemento
  • É unha oportunidade para colaborar entre ONGD e Universidade ao mesmo nivel
  • Cansanzo dos grupos de investigación, de feito que ao presentarse poucos é máis doado acadar financiación
  • Interdisciplinariedade e posibilidade de acadar proxectos, pero tamén publicacións e material complementario para a docencia


  1. Estancias de investigación para docentes ou estudantado no marco de programas internacionais de cooperación que poden estar vencellados a proxectos de investigacións ou proxectos de fin de carreira.
  • Descoñecemento da existencia de financiamento para estas actividades nas universidades
  • Escaso financiamento
  • Posible incompatibilidade temporal para realizar estancias
  • Conciliación familiar nas viaxes
  • Preocupación pola posible excesiva burocracia (permisos, papeleo...)
  • Á hora de elexir destino, poden primarse países porque vaian amigos ou “gusten máis”
  • Barreira de idiomas
  • Oportunidade de desenvolvemento profesional e peroal. Valores, cidadanía global, problemática de desenvolvemento, autoestima, innovación docente...
  • Doble transferibilidade de competencias, aprender noutro país, aportar noutro país, aportar á volta o aprendido
  • Existencia de ofertas de financiación variada
  • Posibilidade de aprendizaxe de idiomas e culturas


  1. Dirección de tesinas ou proxectos fin de carreira con contidos de EpD ou cooperación para o desenvolvemento.

Oportunidades (ou aspectos positivos)
  • Dáselle importancia ao tema
  • Contribúe a formar ao alumno como persoa (+sensible)???
  • Non hai barreiras institucionais

Barreiras
  • Fontes de información: non se sabe a onde acudir, como empezar, fiabilidade das fontes, ...
  • Por exemplos nos proxectos fin de grado se debería relacionar o proxecto con todo o aprendido no grado, isto pode ser unha dificultade a maiores se o proxecto se centra nun aspecto moi concreto.
  • A hora de ofertalo, ao ser algo novedoso a xente pode non estar moi de acordo. A xente prefire terminar os estudos e escoller algo novedoso pode ocasionar máis retrasos na terminación.
  • En xeral o grupo pensa que os aspectos positivos pesan máis que os negativos

Discusión: Fálase de que as veces os alumnos escollen o “fácil” ou o “menos complicado” por ser máis rápido de finalizar e nese sentido poden non ser atractivos, pero en si o tema si soe gustar. A xente tamén é reticente porque teñen medo de que o tribunal non estea de acordo (se escapa dos proxectos “normais” que se presentan), pero que a cuestión é ir abrindo camiño que a experiencia di que son actividades moi proveitosas e enriquecedoras e unha vez que se abren as portas a situación se normaliza e este tipo de proxectos encaixan ben.

Novas propostas de actividades ou adaptación das existentes para unha implementación o máis inmediata posible por parte das docentes asistentes ao curso


  • Difundir nas aulas a existencia de financiamento como os PCR, ou da existencia de ONGD no eido da carreira (xa non só por posibilidade de traballo, senon tamén de colaboración solidaria)
  • Programas de intervención en materias de tecnoloxía educativa. Analizar na aula como fan difusión dos mesmos e que se propoñan alternativas
  • Difundir as axudas a e a existencia da Rede Universitaria nas aulas e departamentos
  • Aproveitar estadías de alunos estranxeiros e levalos como lectores á aula nalgunha temática da súa especialidade, aproveitando para coñecer do contexto do seu país
  • Aula virtual, propoñer un foro de discusión sobre educación para o desenvolvemento
  • Innovación en metodoloxía, coñecemento da realidade, enquisas, grupos de discusión. Concienciar dendo o principio da materia sobre a metodoloxía que se vai empregar (distinta á habitual), para que o alunado saiba a que aterse (moitas veces ante novas ferramentas pedagóxicas hai persoas que reaccionan mal, preferindo as clases maxistrais).
  • Investigación e estadías entre universidades
  • Achegarse a ONG, unha sorte de “spin offs” de contacto con ONGD
  • Acercar ás ONG á facultade
  • Á hora de propoñer traballo neste eido hai que ser consciente da valoración real de méritos que vánselle outorgar (e tratar de incidir para mellorar isto).
  • En lingüística fomentar o pensamento crítico (a través da palabra). Así como se poñen exemplos de como na cultura esquimal teñen moitas palabras para neve, e en Galicia moitas para choiva, traballar tamén en como os medios empregan diversas palabras con sesgos determinados.
  • Cando se fala das teorías do pensamento (no que se basea, por exemplo, en como aprender a falar os nenos e nenas), pódese prantexar un xogo de rol entre grupos que defendan as distintas teorías
  • En Econometría, pódense usar variables para explicar exemplos que teñan que ver con desenvolvemento humano, índice de Gini, etc.
  • En Historia Moderna pódese traballar máis con minorías e pobreza. Tamén facer adaptación curricular e traballar campos como as “persoas sen historia”.
  • En materias de tipo de lexislación alimentaria, invitar a persoas que veñan falar de comercio xusto enfocado a produción de alimentos
  • Se hai estudantes doutros países na aula, aproveitar os traballos de curso para que expoñan elementos institucionais ou culturais do seu país que teñan que ver coa materia (por exemplo, funcionamento do sistema de saúde).
  • Traballos fin de grao nestes temas, por exemplo en enfermería. Traballar con asociacións de estudantes que mostren interese nestes temas (como pode ser MEIGA en Medicina en Santiago de Compostela).

 

3 nov 2014

Resumo blogueiro: outubro 2014

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    Neste mes podes coñecer a outras dúas das novas PCR, Eva Solana e Almudena Rodriguez. Comezamos as reflexiones de como a tecnoloxía debería porse ao servicio dos novos obxectivos do milenio post2015, comezando cos mares e oceános e continuando coa inequidade. Tamén podes informarte de exemplos de xestión do común no rural galego. Podes participar en dous actuais debates da asociación: debate sobre a base social de ESF, debate sobre persoas coordinadoras. E por suposto, podes tamén ler as crónicas das últimas actividades de ESF, ou nas que ESF estivo presente: xornadas de EpD en A Coruña, Cronica das Xornadas de Pesca Sustentable Galicia Centroamérica, Experiencias de EpD na Universidade de A Coruña, Charla sobre Tecnoloxías Apropiadas en Oporto, e das futuras, que non te podes perder!: Xuntanza de ESF e as I Xornadas: é neutral a Tecnoloxía?



BLOGUE HONDURAS

    Coas catro participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2014 xa no terreo contándonos as súas primeiras impresións e os proxectos de ESF executándose, o mes de outubro tráenos numerosas entradas no blogue, tanto de temas de desenvolvemento rural e soberanía alimentaria...
...como de auga:
  • Capacitacións sobre Plans de Xestión Integral do Recurso Hídrico ao persoal técnico da mancomunidade Nasmar.
Pero sobre todo, nestes momentos, da defensa dos dereitos do pobo hondureño que loita contra a creación das cidades modelo:

ENLACES DE INTERESE

Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas



Investigación para o desenvolvemento  


Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas



PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

    Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • Cuaderno de viaje para acompañar experiencias de voluntariado social. Homo Prosocius.


E NO PRÓXIMO MES ...


Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.
 




A ESF-RASE DO MES

Cando a única ferramenta que tes é un martelo, todo problema comenza a parecerse a un cravo
Proverbio