28 abr. 2014

Qué papel consideras que tiene la #tecnología en la lucha contra la anticooperación?

Isto lle preguntamos a David Llistar, del Observatorio de la Deuda en la Globalización, no ciberencontro que o Fondo Galego de Cooperación organizou o pasado 31 de xaneiro, dentro do ciclo #Alen2015

Esta foi a súa resposta. Grazas David!

-------------------------------
Habiendo trabajado 10 años en la UPC (Politécnica de Catalunya, ecosistema de ingenieros y otros tecnólogos) tengo la sensación que el problema no es de tecnología sino de cultura política.

En la UPC tuvimos muchos problemas por generar informes sobre investigaciones de campo en las que escribíamos sobre los impactos de Repsol, ENDESA, Fenosa-Gas Natural, La Caixa o Pescanova, o ENCE en los países del Sur.

Mucha financiación de convenios empujó al rectorado a sacarnos suavemente, a nosotros y a otros grupos críticos por ejemplo con la energía nuclear. La tecnología finalmente se convierte de nuevo en campo de batalla y de dominación. Ahí organizaciones como ISF tienen mucho que aportar, si no se recluyen a aquello de las tecnologías apropiadas y a la cultura de expertos. Porque no es cuestión de expertos, sino de democracias.

25 abr. 2014

Que ten que cambiar do papel da tecnoloxía para acadar un modelo máis sustentable?

Isto lle preguntamos a Tom Kucharz, de Ecologistas en Acción, no ciberencontro que o Fondo Galego de Cooperación organizou hoxe, dentro do ciclo #Alen2015

Esta foi a súa resposta. Grazas Tom!

------------

La tecnología es una herramienta y dependiendo de cómo la utilicemos, en manos de quién esté, dependiendo las situaciones socio-políticas puede ayudar a resolver problemas o crear problemas tremendos. No hay una respuesta simple, no hay "o blanco o negro". Por ejemplo en la actual sociedad de dominación, explotación y opresión patriarcal, la tecnología es muchas veces utilizada para mantener el status discriminatorio de lo hombres por ejemplo en el mundo del trabajo asalariado, el trabajo doméstico, etc. Tenemos las casas llenas de tecnología sin embargo las mujeres siguen realizando la mayor parte del trabajo de cuidados y reproducción de la vida, así que la tecnología no ha resuelto la situación de desigualdades.

Decía Ramón Fernández Durán: "El Ser Humano ha vivido el 99% de su existencia muy próximo al Estado estacionario, pero el uso masivo de combustibles fósiles rompió “definitivamente” esa tendencia haciendo viable el crecimiento exponencial. Y es en base a ello, y en un momento y circunstancias históricas muy determinadas, cuando Europa empieza la conquista del mundo y se inicia la expansión del capitalismo, que surge y se consolida el mito del Progreso sin límites, que se refuerza finalmente con la Revolución Industrial. Hoy en día ese mito ha alcanzado al mundo entero, con el nuevo Capitalismo Global, y ha adoptado la forma de fe en el Crecimiento perpetuo. Un crecimiento que no puede ser sino positivo y necesario para que el futuro sea una versión mejorada del presente, y en aras del cual hay que sacrificar cualquier cosa. Y todo ello a través de un creciente dominio de la Naturaleza, mediante el sistema Ciencia-Tecnología, para
ponerla a nuestro servicio, pues no en vano somos la Especie Elegida, nos dicen, y somos inmunes a las leyes naturales."

Parece que como si la fe en la todopoderosa tecnología será de las últimas creencias en caer, lo que quizás no empiece a acontecer hasta que entre en crisis la Sociedad de la Imagen, la Información y la Comunicación, que es la que apuntala todavía los “Dioses” de la Modernidad y crea los mitos de la Postmodernidad.

La gente ha sido “educada” hasta ahora en creer en las soluciones fáciles, en desenlaces felices a nuestros problemas a través de la tecnología, en la confianza en las estructuras políticas y empresariales, en la fe en el mercado, en la delegación en los expertos y sobre todo en que va a poder mantener y mejorar su “nivel de vida”.

Así pues, en las próximas décadas las nuevas economías estarán basadas en la reutilización, reciclaje y saneamiento ambiental de un sistema urbano-agroindustrial en descomposición, recuperando probablemente parte de las tecnologías preindustriales e industriales simples que habían sido desplazadas por la potencia y complejidad de la Sociedad Hipertecnológica. Los restos tecnológicos de ésta se seguirán utilizando probablemente de forma parcial y declinante durante un tiempo, mientras sea posible, hasta que finalmente no puedan ser sustituidos. Tal y como ocurre en Cuba con los coches de los años 50 previos a la revolución. Luego, en el medio y largo plazo será preciso seguir desarrollando tecnologías simples que permitan caminar hacia sociedades ecotécnicas

24 abr. 2014

17 de abril: Día mundial da loita labrega

O pasado 1 de abril, empezamos na sede de Lugo coa compaña do Día mundial da loita labrega. A través de relatorios e difundindo a importancia das reivindicacións desta data, quérese achegar ó alumnado e a sociedade en xeral esta realidade e problemática que nos involucra a todos e todas.

Desde 1996 en memoria da masacre de 19 labregos sen terra de Brasil que foron brutalmente asasinados pola policía militar e por intereses do agronegocio, a Vía Campesina declarou o 17 de abril como día mundial das loitas labregas, organizando accións que visibilizan as distintas loitas que se dan nos territorios. 


Nesta ocasión, volvimos a contar coa participación de Lidia Senra (Sindicato Labrego Galego), que a través da súa gran experiencia persoal e dos seus coñecementos, nos amosou con moita claridade e realismo a traxectoria e a importancia dos movementos agrarios e as súas reivincidacións. Tamén houbo lugar para o debate e a posta en común de alternativas para, entre todos e todas intentar cambiar a realidade e acadar unha maior xustiza social.

Desde ESF, volver a agradecerlle unha vez máis a Lidia Senra e á xente que se achegou ata a Escola Politécnica a súa participación.


"A terra non nos pertence, nós pertencemos á terra"

22 abr. 2014

O home que plantaba árbores


Aquí queda a tradución ao galego dun precioso conto de Jean Giono, L'homme qui plantait des arbres. Se atopas algunha errata avísanos, e se tes algún debuxo que queiras compartir para ilustralo, será moi benvido!

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Se un quere descubrir calidades realmente excepcionais no carácter dun ser humano, debe ter o tempo ou a oportunidade de observar o seu comportamento durante varios anos. Se este comportamento non é egoísta, se está presidido por unha xenerosidade sen límites, se é tan obvio que non hai afán de recompensa, e ademais deixou unha pegada visible na terra, entón non cabe equivocación posible.

Fai corenta anos fixen unha longa viaxe a pé a través de montañas completamente descoñecidas polos turistas, atravesando a antiga rexión onde os Alpes franceses penetran na Provenza. Cando empecei a miña viaxe por aquel lugar todo era estéril e sen cor, e a única cousa que crecía era a planta coñecida como lavanda silvestre.

Cando me aproximaba ao ponto máis elevado da miña viaxe, e tras camiñar durante tres días, atopeime no medio dunha desolación absoluta e acampei preto dos vestixios dun pobo abandonado. Quedárame sen auga o día anterior, e polo tanto necesitaba atopar algo dela. Aquel grupo de casas, aínda que arruinadas como un vello niño de avésporas, suxerían que unha vez houbo alí un pozo ou unha fonte. Habíaa, dende logo, pero estaba seca. As cinco ou seis casas sen tellados, comidas polo vento e a choiva, a pequena capela co seu campanario desmoroándose, estaban alí, aparentemente como nun pobo con vida, pero esta desaparecera.

Era un día de xuño precioso, brillante e solloso, pero sobre aquela terra desgarnecida o vento sopraba, alto no ceo, cunha ferocidade insoportable. Gruñía sobre os cadáveres das casas como un león interrompido na súa comida... Tiña que cambiar o meu campamento.

Tras cinco horas de andar, aínda non achara auga e non existía sinal algunha que me dese esperanzas de atopala. En todo o derredor reinaban a mesma sequedade, as mesmas herbas bastas. Pareceume albiscar na distancia unha pequena silueta negra vertical, que parecía o tronco dunha árbore solitaria. De todos os xeitos dirixinme cara a el. Era un pastor. Trinta ovellas estaban sentadas preto del sobre a ardente terra.

Deume un sorbo da súa cabaza-cantimplora, e pouco despois levoume á súa cabana nun pregue da chaira. Conseguía a auga -auga excelente- dun pozo natural e profundo enriba do cal construíra un primitivo torno.

O home falaba pouco, como é costume daqueles que viven sos, pero sentín que estaba seguro de si mesmo, e confiado na súa seguridade. Para min isto era sorprendente nese país estéril. Non vivía nunha cabana, senón nunha casiña feita de pedra, que reflexaba o traballo que el lle adicou para refacer a ruína que debeu atopar cando chegou. O tellado era forte e sólido. E o vento, ao soprar sobre el, lembraba o son das olas do mar rompendo na praia.

A casa estaba ordenada, os pratos lavados, o chan varrido, o seu rifle engraxado, a súa sopa fervendo no lume. Notei que estaba ben afeitado, que todos os seus botóns estaban ben cosidos e que a súa roupa fora remendada co meticuloso esmero que agocha os remendos. Compartimos a sopa, e despois, cando lle ofrecín a miña petaqueira de tabaco, díxome que non fumaba. O seu can, tan silencioso como el, era amigable sen ser servil.

Dende o principio dábase por suposto que eu pasaría a noite alí. O pobo máis próximo estaba a un día e medio de distancia. Ademais, xa coñecía perfectamente o tipo de pobo daquela rexión... Había catro ou cinco máis deles ben espallados polas saias das montañas, entre agrupacións de carballos, ao final de estradas poeirentas. Estaban habitadas por carboeiros, cuxa convivencia non era moi boa. As familias, que vivían xuntas e apretuxadas nun clima excesivamente severo, tanto no inverno como no verán, non atopaban solución ao incesante conflito de personalidades. A ambición territorial chegaba a unhas proporcións desmesuradas, no desexo continuo de escapar do ambiente. Os homes vendían as súas carretillas de carbón no pobo máis importante da zona e regresaban. As personalidades máis recias limábanse entre a rutina cotiá. As mulleres, pola súa banda, alimentaban os seus rancores. Existía rivalidade en todo, dende o prezo do carbón ao banco da igrexa. E enriba de todo estaba o vento, tamén incesante, que crispaba os nervios. Había epidemias de suicidio e casos frecuentes de tolemia, a miúdo homicida.

Transcorrera unha parte da velada cando o pastor foi buscar un saquiño do que verteu unha morea de landras sobre a mesa. Empezou a miralas unha por unha, con gran concentración, separando as boas das malas. Eu fumaba na miña pipa. Ofrecinme para axudarlle. Pero díxome que era o seu traballo. E de feito, vendo o coidado que lle dedicaba, non insistín. Esa foi toda a nosa conversa. Cando xa houbo separado unha cantidade suficiente de landras boas, separounas de dez en dez, mentres ía quitando as máis pequenas ou as que tiñan fendas, pois agora examinábaas máis detidamente. Cando houbo seleccionado cen landras perfectas, descansou e foi durmir.

Sentíase unha gran paz estando con ese home, e ao día seguinte pregunteille si podía quedarme alí outro día máis. El atopouno natural, ou para ser máis preciso, deume a impresión de que non había nada que puidese alterarlle. Eu non quería quedarme para descansar, senón porque me interesou ese home e quería coñecelo mellor. El abriu o curro e levou o seu rabaño pastar. Antes de partir, mergullou o seu saco de landras nun cubo de auga.

Deime conta de que en lugar de caxato, levouse unha variña de ferro tan grosa como o meu polegar e de metro e medio de longo. Andando relaxadamente, seguín un camiño paralelo ao seu sen que me vise. O seu rabaño quedouse nun val. El deixouno a cargo do can, e viño cara a onde eu me atopaba. Tiven medo de que quixese censurarme pola miña indiscreción, pero non se trataba diso en absoluto: ía nesa dirección e invitoume a ir con el se non tiña nada mellor que facer. Subimos á crista da montaña, a uns cen metros.

Alí empezou a cravar o seu variña de ferro na terra, facendo un buraco no que introducía unha landra para cubrir despois o buraco. Estaba plantando un carballo. Pregunteille se esa terra pertencíalle, pero díxome que non. Sabía de quen era? Non, tampouco. Supoñía que era propiedade da comunidade, ou talvez pertencía a xente descoñecida. Non lle importaba en absoluto saber de quen era. Plantou as landras co máximo esmero. Logo da comida do mediodía reemprendeu a súa sementeira. Deduzo que fun bastante insistente nas miñas preguntas, pois accedeu a responderme. Estivera plantando cen árbores ao día durante tres anos naquel deserto. Plantara uns cen mil. Daqueles, só vinte mil brotaran. Destes esperaba perder a metade por culpa dos roedores ou polos designios imprevisibles da Providencia. Ao final quedarían dez mil carballos para crecer onde antes non crecera nada.

Entón foi cando empecei a calcular a idade que podería ter ese home. Era evidentemente maior de cincuenta anos. Cincuenta e cinco díxome. O seu nome era Elzeard Bouffier. Tivera noutro tempo unha granxa na chaira, onde tiña organizada a súa vida. Perdeu o seu único fillo, e logo á súa muller. Retirouse en soidade, e a súa ilusión era vivir tranquilamente coas súas ovellas e o seu can. Opinaba que a terra estaba morrendo por falta de árbores. E engadiu que como non tiña ningunha obriga importante, decidira remediar esta situación.

Como nesa época, malia a miña mocidade, eu levaba unha vida solitaria, sabía entender tamén aos espíritos solitarios. Pero precisamente a miña mocidade empuxábame a considerar o futuro en relación a min mesmo e a certa procura da felicidade. Díxenlle que en trinta anos os seus carballos serían magníficos. El respondeume sinxelamente que, se Deus lle conservaba a vida, en trinta anos plantaría tantos máis, e que os dez mil de agora non serían máis que unha pinga de auga no mar.

Ademais, agora estaba estudando a reprodución de faias e tiña un sementeiro con faiucos crecendo preto do seu casiña. As prantiñas, que protexía das ovellas cun valo, eran preciosas. Tamén estaba considerando plantar bidueiras nos vales onde había algo de humidade preto da superficie da terra.

Ao día seguinte separámonos.

Un ano máis tarde empezou a Primeira Guerra Mundial, na que eu estiven enrolado durante os seguintes cinco anos. Un "soldado de infantería" apenas tiña tempo de pensar en árbores, e en verdade, a cousa en si fixo pouca impresión en min. Consideráraa como unha afección, algo parecido a unha colección de selos, e esquecina.

Ao terminar a guerra só tiña dúas cousas: unha pequena indemnización pola desmovilización, e un gran desexo de respirar aire fresco durante un tempo. E paréceme que unicamente con este motivo tomei de novo a estrada cara á "terra estéril".

A paisaxe non cambiara. Con todo, máis aló do pobo abandonado, albisquei na distancia un certo tipo de néboa gris que cubría os cumes das montañas como unha alfombra. O día anterior empezara de súpeto a recordar ao pastor que plantaba árbores. "Dez mil carballos -pensaba- ocupan realmente bastante espazo". Como vira morrer a tantos homes durante aqueles cinco anos, non esperaba achar a Elzeard Bouffier con vida, especialmente porque aos vinte anos uno considera aos homes de máis de cincuenta como persoas vellas preparándose para morrer... Pero non estaba morto, senón máis ben todo o contrario: víaselle extremadamente áxil e despexado: cambiara as súas ocupacións e agora tiña soamente catro ovellas, pero en cambio cen colmeas. Desfíxose das ovellas porque ameazaban as árbores novas. Díxome -e vin por min mesmo- que a guerra non lle molestou en absoluto. Continuara plantando árbores imperturbablemente. Os carballos de 1.910 tiñan entón dez anos e eran máis altos que calquera de nolos dous. Ofrecían un espectáculo impresionante. Quedeime coa boca aberta, e como el tampouco falaba, pasamos o día en enteiro silencio polo seu bosque. As tres seccións medían once quilómetros de longo e tres de ancho. Ao recordar que todo isto brotara das mans e do alma dun home só, sen recursos técnicos, un dábase conta de que os humanos poden ser tamén efectivos en términos opostos aos da destrución...

Perseverara no seu plan, e faia máis altas que os meus ombreiros, estendidas ata o límite da vista, confirmábano. Ensinoume belas paraxes con bidueiras sementadas facía cinco anos (é dicir, en 1.915), cando eu estaba loitando en Verdún. Plantounos en todos os vales nos que intuíra -acertadamente- que existía humidade case na superficie da terra. Eran delicados como rapazas novas, e estaban ademais moi ben establecidos.

Parecía tamén que a natureza efectuara pola súa conta unha serie de cambios e reaccións, aínda que el non as buscaba, pois tan só proseguía con determinación e simplicidade no seu traballo. Cando volvemos ao pobo, vin auga correndo nos regos que permaneceran secos na memoria de todos os habitantes daquela zona. Este foi o resultado máis impresionante de toda a serie de reaccións: os regatos secos facía moito tempo corrían agora cun caudal de auga fresca. Algúns dos pobos lúgubres que mencionei anteriormente edificáronse en sitios onde os romanos construíran os seus poboados, cuxos trazos aínda permanecían. E arqueólogos que exploraran a zona atoparan anzolos onde no século XX se necesitaban cisternas para asegurar un mínimo abastecemento de auga.

O vento tamén axudou a espallar sementes. E ao mesmo tempo que apareceu a auga, tamén o fixeron salgueiros, xuncos, prados, xardíns, flores e unha certa razón de existir. Pero a transformación desenvolveuse tan gradualmente que puido ser asumida sen causar asombro. Cazadores adentrándose na espesura na busca de lebres ou xabaríns, notaron evidentemente o crecemento repentino de pequenas árbores, pero atribuíano a un capricho da natureza. Por iso ninguén entremetouse co traballo de Elzeard Bouffier. Se el fose detectado, habería ter oposición. Pero era indetectable. Ningún habitante dos pobos, nin ninguén da administración da provincia, imaxinaría unha xenerosidade tan magnífica e perseverante.

Para ter unha idea máis precisa deste excepcional carácter non hai que esquecer que Elzeald traballou nunha soidade total, tan total que cara o final da súa vida perdeu o hábito de falar, quizais porque non viu a necesidade deste.

En 1.933 recibiu a visita dun gardabosques que lle notificou unha orde prohibindo acender lume, por medo a poñer en perigo o crecemento deste bosque natural. Esta era a primeira vez -díxolle o home- que vira crecer un bosque espontáneamente. Nese momento, Bouffier pensaba plantar haxas nun lugar a 12 km. da súa casa, e para evitar as ideas e vindas (pois contaba entón 75 anos de idade), planeou construír unha cabana de pedra na plantación. E así o fixo ao ano seguinte.

En 1.935 unha delegación do goberno desprazouse para examinar o bosque "natural". Compoñíana un alto cargo do Servizo de Bosques, un deputado e varios técnicos. Estableceuse un longo diálogo completamente inútil, decidíndose finalmente que algo se debía facer... e afortunadamente non se fixo nada, salvo unha única cousa que resultou útil: todo o bosque púxose baixo a protección estatal, e a obtención do carbón a partir das árbores quedou prohibida. De feito era imposible non deixarse cativar pola beleza daquelas novas árbores cheas de enerxía, que seguramente enfeitizaron ao deputado.

Un amigo meu atopábase entre os gardabosques desa delegación e expliqueille o misterio. Un día da semana seguinte fomos a ver a Elzeard Bouffier. Atopámolo traballando duro, a uns dez quilómetros de onde había ter lugar a inspección.

O gardabosques sabía valorar as cousas, pois sabía como manterse en silencio. Eu entregueille a Elzeard os ovos que traía de agasallo. Compartimos a comida entre os tres e despois pasamos varias horas en contemplación silenciosa da paisaxe...

Na mesma dirección na que viñeramos, as ladeiras estaban cubertas de árbores de seis a sete metros de altura. Ao velos recordaba aínda o aspecto da terra en 1.913, un deserto... e agora, un labor regular e tranquila, o aire da montaña fresco e vigoroso, equilibrio e, sobre todo, a serenidade de espírito, outorgaran a este home ancián una saúde marabillosa. Pregunteime cantas hectáreas máis de terra ía cubrir con árbores.

Antes de marcharse, o meu amigo fixo unha suxestión breve sobre certas especies de árbores para os que o chan da zona estaba especialmente preparado. Non foi moi insistente; "pola boa razón -díxome máis tarde- de que Bouffier sabe diso máis que eu". Pero, tras andar un intre e darlle voltas na súa mente, engadiu: "e sabe moito máis que calquera persoa, pois descubriu unha forma marabillosa de ser feliz!".

Foi grazas a ese home que non só a zona, senón tamén a felicidade de Bouffier foi protexida. Delegou tres gaardabosques para o traballo de protexer a foresta, e cominoulles a resistir e rexeitar as botellas de viño, o suborno dos carboeiros.

O único perigo serio ocorreu durante a Segunda Guerra Mundial. Como os coches funcionaban con gasóxeno, mediante xeradores que queimaban madeira, nunca había leña suficiente. A tala de carballos empezou en 1.940, pero a zona estaba tan lonxe de calquera estación de tren que non houbo perigo. O pastor non se decataba de nada. Estaba a trinta quilómetros, prantando tranquilamente, alleo á guerra de 1.939 como ignorara a de 1.914.

Vin a Elzeard Bouffier por última vez en xuño de 1.945. Tiña entón oitenta e sete anos. Volvín percorrer o camiño da "terra estéril"; pero agora en lugar da desorde que a guerra causara no país, un autobús regular unía o val do Durance e a montaña. Non recoñecín a zona, e atribuíno á relativa rapidez do autobús... Ata que vin o nome do pobo non me convencín de que me achaba realmente naquela rexión, onde antes só había ruínas e soidade.

O autobús deixoume en Vergons. En 1.913 esta aldeiña de dez ou doce casas tiña tres habitantes, criaturas algo atrasadas que case se odiaban unha a outra, subsistindo de atrapar animais con trampas, próximas ás condicións do home primitivo. Todos os arredores estaban cheos de ortigas que serpeaban polos restos das casas abandonadas. A súa condición era desesperanzadora, e unha situación así raramente predispón á virtude.

Todo cambiara, incluso o aire. No canto dos ventos secos e ásperos que adoitaban soprar, agora corría unha brisa suave e chea de arrecendo. Un son como de auga viña da montaña. Era o vento no bosque; pero máis asombroso era escoitar o auténtico son do auga movéndose nos regos e remansos. Vin que se construíu unha fonte que manaba con alegre murmurio, e o que me sorprendeu máis foi que alguén plantara un tileiro ao seu lado, un tileiro que debería ter catro anos, xa en plena floración, como símbolo irrebatible de renacemento.

Ademais, Vergons era o resultado dese tipo de traballo que necesita esperanza, a esperanza que volvera. As ruínas e as murallas xa non estaban, e cinco casas foran restauradas. Agora había vinte e cinco habitantes. Catro deles eran parellas novas. As novas casas, recentemente encaladas, estaban rodeadas por xardíns onde crecían vexetais e flores nunha ordenada confusión. Repolos e rosas, porros e margaridas, apios e anémonas facían ao pobo ideal para vivir.

Desde ese sitio seguín a pé. A guerra, ao terminar, non permitira o florecemento completo da vida, pero o espírito de Elzeard permanecía alí. Nas ladeiras baixas vin pequenos campos de cebada e de arroz; e no fondo do val verdeaban os prados.

Só foron necesarios oito anos desde entón para que toda a paisaxe brillase con saúde e prosperidade. Onde antes había ruínas, agora atopábanse granxas; os vellos regos, alimentados polas choivas e as neves que o bosque atrae, fluían de novo. As súas augas alimentaban fontes e desembocaban sobre alfombras de menta fresca. Aos poucos, as aldeas revitalizáronse. Xentes doutros lugares onde a terra era máis cara instaláronse alí, aportando a súa mocidade e a súa movilidade. Polas rúas un atopábase con homes e mulleres vivos, mozos e mozas que empezaban a rir e que recuperaran o gusto polas excursións. Se contabamos a poboación anterior, irrecoñecible agora que gozaba de certa comodidade, máis de dez mil persoas debían en parte a súa felicidade a Elzeard Bouffier.

Por iso, cando reflexiono sobre aquel home armado unicamente coas súas forzas físicas e morais, capaz de facer xurdir do deserto esa terra de Canaan, convénzome de que malia todo a humanidade é admirable. Cando reconstrúo a arrebatadora grandeza de espírito e a tenacidade e benevolencia necesaria para dar lugar a aquel froito, invádeme un respecto sen límites por aquel home ancián e supostamente analfabeto, un ser que completou unha tarefa digna de Deus.

(Elzeard Bouffier morreu pacíficamente en 1.947 no hospicio de Banon).

Jean Giono.

Encontro PCR en Ourense

O vindeiro sábado 26 de abril, realizarase en Ourense un encontro sobre as experiencias de PCR (Programa de Coñecemento da Realidade)  na RASD e no Salvador, ademáis da presentación do grupo de Ourense de Enxeñería Sen Fronteiras.



Lugar e hora:

-19:30 h, Tetería Grándola, Praza de San Marcial.

Anímate e axúdanos a difundilo. Faltas ti!

12 abr. 2014

Nórdica de Abril

Vista panorámica dende o albergue
E aquí temos a crónica máis esperada de todas: A da Nórdica!! Para esta vez, tivemos a inmensa sorte de contar coas compas de ISF Asturias, e ademais, o encontro tivo lugar nun lugar excepcional: no albergue 7 Feet Surfcamp, en Baldaio. Estamos moi agradecidos co persoal do albergue polo prezo que nos fixo e a súa dispoñibilidade. O sitio estaba xunto a unha enorme praia que fixo dicir a algunha das asturianas: ''Eu quero vir vivir a Galicia''. E razón non lle falta!

Din que por Abril, augas mil. E chuvia non caeu moita, pero cargos, choveron para todos. E é que esta Nórdica estivo marcada polo prato forte da renovación de cargos da Xunta Directiva galega (en adiante, XD, e non é porque me faga gracia). Concretamente, a Pablo Sanxiao caeulle un posto de tesorería, a min (non me librei) o de vogal de comunicación (estarei facendo posts dous anos máis polo menos!!), a Dani Vila o de Vigo, nada máis e nada menos que o de vicepresi, e atención, porque o de presi o ocupa nada máis e nada menos que.. Marta Sara Santidrián!! Será un pracer estar ás súas ordes. Esta transición, que se fixo de maneira democrática e baseada no consenso (a que me lembra isto? Ah, é que na alta política gústalles imitar o estilo de ESF), non estivo exenta de alabanzas e felicitacións á XD saínte: Carmiña Bacariza, Fran Puga, Adri Castro e Sandra García.

Persoalmente (necesariamente o que fora a dicir eu ía ser persoal), as da XD saínte foron persoas que me marcaron, dende Carmiña, que foi a principal culpable de que eu entrara en ESF hai xa case tres anos, pasando por Sandra, que misteriosamente puido con todo o que se lle presentou e me deixou alucinado coa súa capacidade de xestionar mil cousas ao mesmo tempo, cousas estresantes, urxentes, emocionantes e de todo tipo, sen despeinarse e sen perder esa sonrisa que ten; e ata Adri Castro, que dende que fun con el á Cósmica ensinoume un montón sobre ESF, deume unha enorme dose de motivación e foi un dos mellores compañeiros de sede que se pode ter. A Fran Puga apenas o coñezo, pero seguro que tamén é un crack, senón non estaría en ESF.

Panorámica do sitio onde facíamos as actividades
Pero pasaron moitas máis cousas nesta electrizante e estupendisima nórdica!! O venres pola tarde tivemos un obradoiro de novas masculinidades, que consistiu en explicarlle a dous extraterrestres as diferenzas entre homes e mulleres. O único que se sacou en claro é que para realizar tal distinción soamente compensa recurrir a unha suposta proba final. Logo estivemos unha hora discutindo que se os xens, as hormonas, a cultura, o ambiente, que se vítimas, que se partícipes... Unha toleada, pero o importante é que todos reflexionamos un pouco e saímos de aí queréndonos un pouco máis, o cal é todo un logro, tendo en conta que con estes temas a miúdo sae a nosa bestia interior. Pero é que, en fin, as palabras as leva o vento, como dixo Eva.

E logo, tras gritar todos un pouco, sacando e exhumando todos os nosos males, tocou vertebración, ou espazos informais dedicados ao fortalecemento da dimensión relacional da nosa benquerida asociación.

Andrea fixo toda unha demostración de oratoria
O sábado pola mañá, voluntarios da sede de Vigo como Andrea e Andrés nos contaron que é a Electrónica Ética, para que todo o mundo acabara de enterarse que é iso con ese nome tan raro. Andrea fixo unha súper-ponencia e logo unha dinámica na que todos adoptabamos os roles de empresas, consumidores, ONGs, gobernos, traballadores das minas e xente dos países onde están as minas. Axudou a todos a ver como, mentres as empresas, gobernos e ONGs discuten sen resultado ningún, os consumidores seguen querendo o máis bó, bonito e barato, e mentres os habitantes do Sur están felices, porque ao fin e ao cabo, tampouco morren tantos nas minas e o que gañan case lles chega para comer (ton irónico).

A xente estaba toda contenta coa dinámica do semáforo
Despois, Andrés Estévez fixo a dinámica do semáforo, moi celebrada por todos, ainda que non entendo porque. Consistía en que todos se colocaban máis á un lado ou ao outro, ou no medio, segundo as súas respostas a preguntas que se plantexaban eran afirmativas ou negativas. Serviu, máis que nada, para plantexar multitude de interrogantes nas nosas diminutas cabezas.

O sábado pola tarde foi cando tivo lugar a asamblea na que se renovaron cargos, se falaron de problemas sen solución, problemas federais, novos horizontes e algún que outro bombazo, do que a nova XD terá que encargarse. Total, 5 horas con cara de circunstancias. Despois, tras unha riquísima cea, fíxose unha dinámica para dar a coñecer o que cada grupo de sede estaba levando a cabo en Galicia. E, finalmente, chegeu de novo a vertebración, pero esta vez con música en directo, da man do presi honorífico (Pepe) e da nova presi (Marta Sara), e tamén da man de Isabel. Tiñamos tres estupendos músicos en ESF e nós sen sabelo. A xente de Asturias (Rocío, Haydee, Nacho, Raquel, Marcos e Lucía -espero non olvidar a ninguén!!) mezclouse un pouco e todos intercambiamos experiencias e tratamos de arreglar o mundo. Xente moi simpatica, si señor. A nosa asistencia ao Orballu -xuntanza en versión asturiana- será obligada, e por suposto, esperada con ansia.

Socialización no espazo chillout
A vertebración prolongouse indefinidamente ata que o sol saiu de novo, os poucos que durmiron despertaron e Ali nos contou o proxecto de transversalizar a Educación para o Desenvolvemento na Universidade. Debatimos un pouco, cómodamente asentados nos sofás dunha das zonas chillout (que en inglés significa, como o seu nome indica, chillidos fóra, é dicir, zona de estar tranquilos) do albergue. E, xa por último, Saúl, da sede de A Coruña, contounos a súa experiencia no PCR Redes: un conxunto de experiencias relacionadas coa auga en Zaragoza e Madrid, participación no 22-M incluída.

En definitiva, unha estupenda experiencia, cargapilas (como di Inés), vertebradora das relacións con Asturias, renovadora (tamén literalmente), motivadora... Quixera destacar o importante que foi que viñeran novas persoas voluntarias, tanto de Galicia como Asturias, xa que para os que xa coñecemos este tipo de eventos ESFeiros/ISFeros, xa sabemos o que é estar en ESF, pero para as novas persoas que se van incorporando, asistir a estes eventos é comprender dunha vez o que significa, e xa non querer saír máis. O digo por experiencia! Así pois, esperaremos impacientes a chegada do Orballu, pero coas novas caras da Xunta Directiva, que esperamos estean á altura das da anterior e sirvan de luceiro nestes momentos de escuridade. Ata a próxima!






7 abr. 2014

Estado actual del trabajo en proyectos internacionales de ESF Galicia


ESF continúa trabajando las áreas de Agua y Desarrollo rural mediante Programas Internacionales de Cooperación al Desarrollo (PICD), llevados a cabo en el Golfo de Fonseca en Honduras. En estas acciones, habitualmente, ESF desempeña el papel de socio coordinador realizando el seguimiento de cada fase del ciclo del proyecto y apoyando al socio local en su implementación.
Actualmente en los grupos de voluntariado de PICD de Agua y Desarrollo Rural participan 10 y 6 voluntarios/as en sus respectivas sedes de A Coruña y Santiago. Estos grupos cuentan con el apoyo de la Administrativa y el Técnico de Proyectos en la sede de A Coruña, y con la representante expatriada de ESF en Honduras. La coordinación de las actividades de los grupos y el enlace con la Xunta Directiva se realiza desde la vocalía de PICD.
De acuerdo con la planificación estratégica 2013-2017, las líneas de Agua y Desarrollo Rural son prioritarias para los PICD de ESF; por lo tanto, los respectivos grupos darán continuidad a los programas ya iniciados y/o plantearán nuevas opciones que permitan aprovechar la experiencia acumulada en los últimos años.
Grupo PICD Derecho Humano al Agua
En los últimos meses el grupo de Agua ha cerrado los dos proyectos que tenía en ejecución: uno de fortalecimiento de capacidades para la gestión de recursos hídricos, y otro de implementación de un sistema de abastecimiento y saneamiento. Estos proyectos habían dado continuidad al programa de agua desarrollado con la Alcaldía de Marcovia (AM) entre los años 2008-2012, centrado en la Planificación de Actuaciones de AyS rurales a nivel municipal.
Después de un periodo de reflexión sobre su estrategia, el grupo Agua ha decidido darle continuidad al trabajo realizado anteriormente y además potenciar el trabajo en red. El programa del grupo se centrará en la Planificación de acciones AyS a nivel municipal y en el fortalecimiento de Juntas de Agua comunitarias. Para ello se han identificado dos nuevos socios locales: la Mancomunidad de Municipios Costeros del Golfo de Fonseca (NASMAR) y la Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Sistemas de Agua (AHJASA). En el marco de esta nueva estrategia el grupo formulará un proyecto que será presentado a la convocatoria de proyectos de la Xunta de Galicia de este año.
Grupo PICD Desarrollo Rural
El grupo de Desarrollo Rural continúa la línea de trabajo de fortalecimiento de la soberanía alimentaria en comunidades rurales con el Comité de Defensa de la Flora y Fauna del Golfo de Fonseca, Coddeffagolf (CDFG), como socio local. El trabajo se centra en la implementación de proyectos con enfoque de cuenca y de ordenación territorial, en dos cuencas del Golfo de Fonseca: la cuenca del río Gallardo y en las cuenca del río Laure.
En los últimos meses se ha cerrado la Fase II (proyecto principal y complementarios) del programa de la cuenca del río Gallardo. Se presentó la Fase III a la convocatoria de proyectos de la Aecid pero la financiación no fue concedida. Actualmente se está trabajando con el socio local para redefinir la estrategia de las próximas acciones en la cuenca del río Gallardo.
En la cuenca del río Laure se ha trabajado en la identificación de la Fase II del proyecto inicial, ejecutado entre los años 2010-2011. Esta nueva fase que será presentada a la próxima convocatoria de proyectos de la Xunta de Galicia. Como inicio de las acciones de Laure Fase II se está ejecutando un pequeño proyecto de riego comunitario.
Por otra parte, el grupo de Desarrollo Rural está pendiente de la resolución de la Aecid sobre un proyecto de fortalecimiento de la organización de campesinos/as, liderado por Veterinarios Sin Fronteras, y en el que ESF y Amigos de la Tierra participan como socias aportando expertise en sus respectivas áreas de especialización.
A su vez, ESF es socia y participa en el seguimiento e implementación de un proyecto de fortalecimiento de la organización y producción rural liderado por CDFG y financiado por la UE.
Trabajo conjunto Agro y Agua
Se ha formulado un proyecto a la UE que contempla líneas de trabajo de los dos grupos de PICD (Agro y Agua) vinculadas a la mejora de la pesca artesanal y al derecho humano al agua en el Golfo de Fonseca. Es la primera vez que ESF se presenta a una convocatoria de estas características como socio coordinador.

En la siguiente tabla se resumen los proyectos de los dos grupos.
Proyectos del grupo Derecho Humano Agua



AÑO
TÍTULO
FINANCIADOR
SOCIO COORD.
SOCIO LOCAL
ESTADO
PRESUP. TOTAL
2012-2013
Fortalecimiento de las capacidades de gestión de los recursos hídricos del personal técnico de la Municipalidad de Marcovia, Honduras
Fondo Galego
ESF
AM
Finalizado
23.840 €
2012-2013
Abastecimiento y saneamiento en la comunidad de San José de Las Conchas en el municipio de Marcovia en Honduras
Xunta de Galicia
ESF
AM
Finalizado
303.800 €
2014-2015
Proyecto de agua (pendiente título)
Xunta de Galicia
ESF
NASMAR
AHJASA
Pendiente formulación
200.000 € (?)


Proyectos grupo Desarrollo Rural


AÑO
TÍTULO
FINANCIADOR
SOCIO COORD.
SOCIO LOCAL
ESTADO
PRESUP. TOTAL
2012-2013
Promoción de producción sostenible y uso racional de los recursos naturales a través de la implementación de 100 sistemas de riego en la microcuenca Quebrada Gallardo del municipio de Namasigüe, Honduras. Complementario Fase II
Dep. Coruña/
Concello Lugo
ESF
CDFG
Finalizado
29.450 €
2012-2013
Fortalecimiento de la soberanía alimentaria y del uso racional de los recursos naturales en 10 comunidades de la microcuenca Quebrada Gallardo, municipio de Namasigüe, departamento de Choluteca, Honduras, Fase 2.
Xunta de Galicia
ESF
CDFG
Finalizado
207.000 €
2013-2014
Fortalecimiento de las capacidades de las mujeres y jóvenes para el desarrollo local y la incidencia en 10 comunidades de las microcuenca Quebrada Gallardo municipio de Namasigüe. Complementario Fase II
Concello de Coruña
ESF
CDFG
Finalizado
5.860 €
2013-2014
Redución da vulnerabilidade alimentaria de 32 familias campesiñas mediante a implementación de sistemas de rego por goteo e a cría e manexo de aves de patio na microcunca Río Laure, San Lorenzo, Valle, Honduras
Concello de Lugo
ESF
CDFG
En ejecución
9.979 €
2013-2016
Fortalecimiento de la organización, alianzas y la producción agropecuaria de grupos campesinos para mejorar la seguridad alimentaria (SA) en los municipios de Nacaome y San Lorenzo, Honduras.
UE
CDFG (ESF Socia)
CDFG
En ejecución
464.304 €
2014-2015
Proyecto agro microcuenca Río Laure (pendiente título)
Xunta de Galicia
ESF
CDFG
Pendiente formulación
150.000 € (?)
2014-2018
Fortalecimiento de las capacidades de los y las campesinas organizadas para establecer un sistema de desarrollo rural justo, equitativo y sostenible que garantice el Derecho a la Alimentación en Honduras
AECID
Convenio
VSF (ESF +AdT Socias)
CDFG+ Asocs. D.Rural
Pendiente subvención (Se pasó la primera fase)
3.500.000 €



Proyectos de los dos grupos



AÑO
TÍTULO
FINANCIADOR
SOCIO COORD.
SOCIO LOCAL
ESTADO
PRESUP. TOTAL
48 meses (2014-2018)

Co-construcción de capacidades desde la promoción de la equidad en los ámbitos del empleo digno en la pesca artesanal y el derecho humano al agua: áreas clave para promover la justicia social y la lucha contra la pobreza en el Golfo de Fonseca hondureño.

UE
ESF
CDFG
AHJASA
NASMAR
Pendiente subvención
1.500.000 €






























5 abr. 2014

Resumo blogueiro: marzal 2014


CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    No mes de marzo podes coñecer as persoas seleccionadas este ano para "coñecer a realidade" coas nosas socias de Honduras. Ademais podes ler no blogue de vida asociativa anuncios sobre actividades de ESF: os encontros "Proxecto Coñecemento da Realidade" en Lugo, as xornadas galegas da auga en Compostela e unha nova charla de electrónica ética en Vigo. Desta última e doutras actividades electro-sensibilizadoras podes ler xa a crónica, así como do obradoiro de enerxía de Compostela. Así mesmo, recordamos no blogue os días deste mes que sería mellor non ter que recordar: un debate polo día da muller, o día mundial da auga e o día mundial da loita labrega. Por último, informamos sobre dúas noticias internacionais de actualidade: as eleccións en El Salvador e o tratado de libre comercio entre a UE e EEUU




BLOGUE HONDURAS

    Durante o mes de marzo os grupos estiveron traballando no peche dos proxectos de auga e desenvolvemento rural así como na preparación para formular en próximas convocatorias de Cooperación Galega da Xunta de Galicia (que tras un ano sen convocatorias de proxectos internacionais de cooperación volverán convocarse nas próximas semanas) e a selección das persoas participantes no Programa de Coñecemento da Realidade 2014. Nas vindeiras semanas poderedes seguir ao tanto das novedades en Honduras.




ENLACES DE INTERESE

Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 


Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas



PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes recomendamos:
  • Cuaderno de viaje para acompañar experiencias de voluntariado social. Homo Prosocius

E NO PRÓXIMO MES ...




Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.



A ESF-RASE DO MES

A felicidade consiste en que o que se pensa, o que se di e o que se fai sexa o mesmo
Gandhi