27 mar. 2014

Día mundial da loita labrega

O vindeiro martes 1 de abril Lidia Senra (Sindicato Labrego Galego) estará no campus de Lugo onde nos explicará a importancia das Loitas labregas e a súa implicación nelas.

Lugar e hora:
-18:00 h. Aula 15 (Ampliación), Escola Politécnica Superior, Lugo.

A través desta participación, ESF comeza coa campaña do "17 de Abril, día mundial da loita labrega", onde se reivindica mundialmente a acción e mobilización global en defensa das loitas labregas con énfase nas sementes campesiñas e na soberanía alimentaria.



Desde 1996 en memoria da masacre de 19 labregos sen terra de Brasil que foron brutalmente asasinados pola policía militar e por intereses do agronegocio, a Vía Campesina declarou o 17 de abril como día mundial das loitas labregas, organizando accións que visibilizan as distintas loitas que se dan nos territorios.

"A terra non nos pertence, nós pertencemos á terra"

Anímate e axúdanos a difundilo!

21 mar. 2014

Día Mundial Del Agua 22M


DÍA MUNDIAL DEL AGUA 22 DE MARZO




Un ano máis, a redor do 22 de marzo, Día Mundial da Auga, as asociacións vinculadas a Federación Española de Enxeñería Sen Fronteiras organizamonos e participamos en diferentes actividades para mostrar a vulneración do Dereito Humano a Auga e ao saneamento que sufrimos millóns de persoas en todo o mundo por non dispoñer de auga suficiente, saludable, aceptable, accesible físicamnte e asequible.

Dende a campaña “Auga de Todas: Un dereito e non unha mercadoría” e a participación en diversas redes como a Red Agua Pública destacamos que para a implementación efectiva de este dereito humano é indispensable a xestión do abastecemento de auga e o saneamento se fagan dende o ámbito público 100% coa participación e o control da sociedade civil como medida de calidade do servizo e calidade democrática.

Cabe remarcar que xunto a múltiples organizacións do ámbito nacional e internacional se logrou que, con casi 2 millóns de firmas, #right2water haxa sido a primeira exitosa Iniciativa Cidadá Europea en presentar a Comisión Europea, a cal lle dará resposta nos próximos días.

Mentres tanto, xunto a múltiples ONGD, tamén lanzamos unha petición ao Ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación para pedirlle un maior esforzo e coherencia nas políticas internacionais, que fomente unha cooperación ao desenvolvemento real para poder exercer plenamente o digno dereito a auga e ao saneamento.


Presentamosvos a axenda de actividades de ISF e ouras organizacións co motimo do Día Mundial da Auga:



Andalucía
    13-21 de marzo, Granada


Aragón

    23 de marzo, 18:30, Centro Cívico Universidad, Zaragoza


Castilla y León

    19 marzo, 19:00, Universidad de Valladolid
    
    1-14 de abril, Centro cívico Zona Sur, Vallladolid


Catalunya

    22 de marzo, 10:00-18:00, Manlleu


Galicia

    20-23 de marzo
    
    29 de marzo, 10:00-20:00, ETSI, Campus Vida de la USC


Madrid

    19 de marzo,  CSA La Tabacalera, Madrid


Murcia

    24 de marzo, Cineclub Café Ficciones, Murcia


País Vasco

    27 de marzo, 18:30, Aula de la Experiencia de Bizkaia, Bilbao

    17 de marzo, 12:00, Escuela Politécnica de Donostia
    
    19 de marzo, 18:00, Escuela Politécnica de Donostia
    
    21 de marzo, 17:30, Escuela Politécnica de Donostia
    
    26 de marzo, 12:30, Escuela Politécnica de Donostia



Valencia

  • Inaguración Exposición "Cuando el río suena"
    21 de marzo, Casa del alumno de la UPV






Escríbese AUGA, lese DEMOCRACIA




19 mar. 2014

And the winner is... (PCR 2014)

Neste 2014 convocáronse cinco prazas,  4 prazas   para Honduras vinculadas aos grupos de proxectos internacionais de Auga e Desenvolvemento Rural e unha, sendo novidade deste ano,  que buscaba a participación na Rede Auga Pública. 

Nun primeiro momento a praza de Redes quedou deserta asique o proceso centrouse nas candidaturas de Honduras. Tras o proceso de selección, das 23 persoas que se presentaron,  foron finalmente seleccionadas:

Auga
Sara Gonzalez
Eva Solana


Desenvolvemento Rural
Almudena Rodriguez
Raquel Zolle
 Suplente: Erea Viz

A praza do PCR Redes saiu nunha recente convocatoria extraordinaria sendo finalmente seleccionado Saul Rilo.

A par da integración nos grupos de traballo e a formación previa,dado que a única praza que contaba con financiación asegurada era a de Redes, o resto das persoas seleccionadas xunto cos grupos, están na procura de posibles fontes de financiación. Sorte a todas! e esperemos en breve saber das súas andainas a traves dos distintos blogues.

17 mar. 2014

Xornadas Galegas da Auga 2014


O 29 de Marzo


XORNADAS GALEGAS DA AUGA



Compostela acolle o encontro galego pola auga, que reunirá a máis dunha ducia de persoas expertas e colectivos.


A Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC albergará unha longa xornada de debate sobre os servizos de abastecemento e saneamento da auga.



      As Xornadas Galegas da Auga xorden coa vontade de ser un espazo de encontro do sector público e organizacións da sociedade civil, no que se debata e reflexione sobre as diferentes vertentes que engloban á xestión do ciclo integral da auga.

      Dende a asociación de Enxeñería Sen Fronteiras, membro da Red Agua Pública, se promove este evento no que participará máis de unha ducia de expertos e colectivos que traballan directamente sobre a materia. Nestas xornadas contaremos coas especiais participacións de D. Jaime Morell, xerente do Consorcio Provincial de Aguas de Sevilla, que agrupa tódalas entidades públicas de Sevilla (cerca da totalidade) con responsabilidade en materia de augas, ademáis de D. Francisco López, coordinador da Marea Azul del Sur, que reúne a tódolos colectivos que loitan pola auga pública en Andalucía.

Dende Galicia acudirán diferentes colectivos ecoloxistas, plataformas, sindicatos e asociacións veciñais, que abordan os diferentes conflictos en torno a auga, así como a entidade pública Augas de Galicia.


    O espazo consistirá nunha longa xornada que abordará os aspectos técnicos sobre a xestión do ciclo urbano da auga e os modelos alternativos de saneamento, durante a mañá.

Durante a tarde levaranse a cabo dúas mesas redondas que expoñerán as diferentes vertentes nos conflictos que conforman o movemento galego pola auga e as experiencias nos procesos de remunicipalización dos servizos de abastecemento e saneamento.


      As xornadas terán lugar o día 29 de marzo, no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, no Campus Vida da USC (Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, Campus Vida) ENTRADA LIBRE

COMO CHEGAR?



Porque a auga é de todas: Un dereito e non unha mercadoría.



CONTACTO:

  • Coordinador: Guillermo Botello Tlf: 681 084 902
  • Responsable de prensa: Miño Guerreiro Tlf: 647 273 948





Escribese AUGA, lese DEMOCRACIA


Se escribe AUGA, se lé DEMOCRACI

PROGRAMA:

Comunicado sobre eleccións de marzo en El Salvador

Desde El Salvador nos hacen llegar el siguiente manifiesto para difundir:

El Foro de Cooperación Internacional Solidaria – FOCIS y la Coordinadora de ONGD Españolas en El Salvador, que agrupan a más de 30 ONGD internacionales que trabajamos en el campo de la cooperación solidaria, apoyando el fortalecimiento de la sociedad civil salvadoreña.

En tal sentido, estamos acompañando de cerca el proceso electoral y aportando a su desarrollo a través de la observación internacional. Por ello, al pueblo salvadoreño y actores involucrados queremos expresar lo siguiente:

  • Felicitamos a la población salvadoreña que de forma cívica y masiva acudió a ejercer su derecho al voto.
  • Reconocemos el trabajo competente desarrollado por los miles de voluntarios y voluntarias que participaron en la organización y desarrollo de la jornada electoral.
  • Valoramos la institucionalidad que El Salvador ha creado para el desarrollo  de procesos electorales democráticos, confiables y transparentes. En tal  sentido reconocemos el desempeño ejemplar del Tribunal Supremo Electoral, como organismo que la Constitución mandata para garantizar el proceso electoral.
  • Rechazamos las expresiones de irrespeto a la institucionalidad, vertidas por actores políticos, económicos y sociales, cuestionando el trabajo y la imparcialidad de dicho tribunal.
  • Exhortamos a respetar la legalidad vigente en materia electoral para garantizar que se cumpla la voluntad popular expresada en las urnas.
  • Llamamos a los actores políticos, económicos y sociales, así como a los medios de comunicación, a ejercer con responsabilidad el papel equilibrado y constructivo que les corresponde para fortalecer la democracia en El Salvador. Solicitamos que eviten mensajes y acciones que puedan generar situaciones de confrontación e inestabilidad.
  • Respaldamos las expresiones de apoyo y reconocimiento a la transparencia y eficacia del proceso electoral y al trabajo del Tribunal Supremo Electoral manifestadas por el Sistema de las Naciones Unidas en El Salvador y la Organización de Estados Americanos, así como los diferentes Observadores  Internacionales presentes durante el evento. 
Finalmente expresamos nuestro compromiso de seguir trabajando por el desarrollo de una sociedad democrática y con justicia social en El Salvador.
San Salvador, 12 de marzo de 2014.

14 mar. 2014

Encontros PCR

O vindeiro xoves 20 de marzo, realizarase no campus de Lugo un encontro sobre as recentes experiencias de PCR (Programa de Coñecemento da Realidade) en Honduras e outra fai uns anos na RASD, ademáis da presentación do grupo de Lugo de Enxeñería Sen Fronteiras.



Lugar e hora:

-17:00 h. Seminario 2 (Ampliación), Escola Politécnica Superior.

Anímate e axúdanos a difundilo. Faltas ti!

12 mar. 2014

Públicos electro-sensibilizados

Nesta única entrada vou facer a crónica dunha única charla dada dúas veces en dous sitios distintos. Trátase da charla de Electrónica Ética, tema estrela na sede de Vigo, que dimos na Biblioteca de Chapela e tamén na Casa Colorida en Nigrán.

A primeira deuna o xoves 27 de febreiro Andrés Suarez. O cantante non, o de ESF, o coordinador de sede, o mesmo que falou pola radio, si, o mesmo. A idea era dar unha charla, facer unha pequena dinámica e logo debatir e intercambiar ideas todo o que se puidera. A pesares de non ter acudido un público moi abundante, si resultou moi participativo. A charla pareceu gustar, a dinámica deixoulles encantados e o debate prolongouse ata que pechou a bilblioteca. E cando pechou a bilbioteca, a xente aínda seguía querendo falar. Neste sentido, pódese dicir que tivo éxito!

A charla na Casa Colorida de Nigrán (centro de actividades alternativas en xeral, dende ensinanza libre, ata hortos urbáns, expresións artísticas de diversos tipos... etc) démola o sábado 8 de marzo. Esta vez deuna Andrea, deixándonos sen dúbida de que ela tamén sabe dar charlas. E vaia charlas! En fin, nesta tivemos un público dunhas 10 persoas, todas moi participativas. Parece que a charla gustou moito, e a dinámica, que logo tornouse de maneira natural en debate, tamén se prolongou bastante. No que á Casa Colorida respecta, esperemos que este non sexa máis que o principio dunha productiva amizade, entre dous colectivos con obxetivos e ideas bastante afíns.

Estas dúas charlas pasan a enriquecer a nosa experiencia na Educación para o Desenvolvemento, e cremos ter plantado pequenas sementes nas pequenas cabeciñas dos asistentes ás charlas. Ou non tan pequenas. Silvia, da Casa Colorida, dixo que ela nunca perde oportunidade para contar á xente o que fai, porque nunca sabes cando podes desencadear algo, abrir unha porta que desencadee máis cambios nesa persoa... E así crémolo nós tamén. En fin, un pracer falar sobre electrónica ética, e esperemos ter pronto outra oportunidade para repetila. Tal vez na Xuntanza...? Pronto o sabremos.

10 mar. 2014

Tratado de libre comercio UE-EEUU: algunas ideas chave


Xa durante o 2013, dun xeito bastante opaco, vense traballando o acordo de libre comercio UE-EEUU. Aínda que parece algo bastante lonxano, en realidade nos afectará bastante e é importante seguir de cerca os detalles da negociación. Compañeiras da lista de correo-e de soberanía alimentaria da Federación ISF facilitáronnos un resumo de como van as cousas polo momento.
  • OBXECTIVOS DO TRATADO:
- Crear o espazo de comercio máis grande do mundo e non perder o tren dos xigantes asiáticos
- Os aranceis xa son moi baixos entre UE e EEUU, co que o principal obxectivo do tratado é eliminar as regulacións que dificultan os intereses das empresas do agronegocio.
  • PRINCIPAIS AMEAZAS PARA A SOBERANÍA ALIMENTARIA
- Diferente enfoque da seguridade alimentaria en EEUU e Europa:
Unión Europea
Estados Unidos
Verificación en toda a cadea: “da leira ao prato”
Só verifícase produto final
Aplicación do principio de precaución: as dúbidas son bastante para restrinxir
Necesarias probas científicas para a restrición dun produto.
As empresas teñen que probar a inocuidade de produtos químicos
O Goberno ten que probar que un produto é nocivo para restrinxilo

- Disputas específicas en torno á alimentación:
Tema
Que queren as empresas estadounidenses do agronegocio da UE
OMGs
Acelerar o proceso de aprobación da Unión Europea e a sincronización coas aprobacións de Estados Unidos. Que non haxa probas individuais para compoñentes de eventos xenéticos acumulados. Maior tolerancia a trazas de transxénicos en alimentos, alimento animal e procesados. Levantar a prohibición sobre aves e porcos alimentados con transxénicos. Reemprazar o etiquetado de OMGs polo etiquetado de alimentos libres de transxénicos.
Hormonas de crecemento
Levantar a prohibición de carne de vacún alimentado con hormonas
Promotores de crecemento
Levantar a prohibición de carne de vacún e porcos alimentados con ractopamina
Cloro
Levantar a prohibición sobre pollos e pavos lavados con cloro
Acedo láctico
Levantar a prohibición sobre carne de vacún e porco lavada con ácido láctico
Vacas tolas
Levantar a prohibición sobre a manteiga (que as empresas declaran que se utiliza para producir biocombustible e non para alimentos)
Triquinose
Eliminar as probas esixidas para triquinosis en porcos
Leite
Aumentar o número de células somáticas permitidas (para vacas con mastite) ou eliminar completamente a esixencia de conteo
Cereixas
Levantar ou diminuír as esixencias para demostrar a non existencia de pudrición parda
Moluscos
Levantar a prohibición sobre os moluscos de orixe estadounidense que non sexan vieiras
Alteradores endocrinos
Absterse de prohibir produtos químicos (usados na produción ou empaquetado) que teñan a propiedade de afectar o sistema endocrino só por esa razón

- Outros puntos contemplados nas negociacións:
- Compra pública local
- Etiquetado da orixe dos alimentos
- Novas tecnoloxías da alimentación: Animais clonados, nanotecnología, biología sintética
  • OUTRAS AMEAZAS
- Inclusión de mecanismos de disputa inversores –estados
- Expansión dos términos do acordo a outras negociacións
  • QUE SABEMOS DA NEGOCIACIÓN?
- O segredo e a opacidad son as principais características das negociacións. Con todo, as empresas foron ampliamente consultadas.
- Datas previstas de róldalas de negociación en 2014: Marzo (Bruxelas), Maio (Washington), Xullo (Bruxelas), Outubro (Washington) e Decembro (Bruxelas)
- Prazos: borrador de acordo preparado en 2014. Alargarase con seguridade a 2015.

Haberá que estar atentos e ir seguindo o tema. Seguiremos informando!!!

6 mar. 2014

Charla de Electrónica Ética na Casa Colorida

 As cousas que ocurren gracias a Blablacar non deixan de ser sorprendentes. O outro día viña de Madrid con Blablacar e a conductora resultou ter un centro en Nigrán no que trataba de impulsar actividades alternativas de diversa índole. E lle dixen:
-Vos interesaría ter unha charla sobre Electrónica Ética?
-Vale.

E así é como acordamos que este sábado 8 de marzo, con motivo do encontro Grito Rock na Casa Colorida de Nigrán (R/ Rosalía de Castro nº 16; xusto enfrente da parada do autobús), Enxeñería Sen Fronteiras Galicia dará unha charla-debate
sobre Electrónica Ética. A charla fará un breve repaso dos principais problemas que xurden ao longo do ciclo de vida dos aparatos electrónicos, dende a explotación infantil ata a contaminación, pasando pola obsolescencia programada.

O Grito Rock é un evento que trata de aglutinar todo tipo de actividades de carácter alternativo, como o son a economía alternativa (uso de moeda social), arquitectura ecolóxica ou a agricultura orgánica, e Enxeñería Sen Fronteiras tratará de aportar o seu grao de area a este encontro. Non volo perdades!


Visibilidade da muller e sexismo lingüístico

Queremos retomar a tradición de transmitir o espíritu de debate da base social de ESF neste blogue. Que mellor xeito de comezar, a poucos días do 8 de marzo, día da Muller traballadora, e do obradoiro sobre novas masculinidades, que cun debate sobre lingua e visibilidade da muller que tivemos alá a finais de 2012 e que comezou coa difusión deste artigo nas listas de distribución de correos do voluntariado:


Extracto do artigo: 
Explicaba García Meseguer que son sexistas, y por tanto discriminatorias, frases como Los ingleses prefieren el té al café, como prefieren las mujeres rubias a las morenas, pero también aclaraba que no lo es, en cambio, formar construcciones genéricas con artículos determinados o cuantificadores en masculino, como en Todos los que vivimos en una ciudad grande. Aplicando el verbo visibilizar en el sentido que recibe en estas guías, es cierto que esta última frase “no visibiliza a la mujer”, pero también lo es que las mujeres no se sienten excluidas de ella. Hay acuerdo general entre los lingüistas en que el uso no marcado (o uso genérico) del masculino para designar los dos sexos está firmemente asentado en el sistema gramatical del español, como lo está en el de otras muchas lenguas románicas y no románicas, y también en que no hay razón para censurarlo. Tiene, pues, pleno sentido preguntarse qué autoridad (profesional, científica, social, política, administrativa) poseen las personas que tan escrupulosamente dictaminan la presencia de sexismo en tales expresiones, y con ello en quienes las emplean, aplicando quizá el criterio que José A. Martínez ha llamado despotismo ético en su excelente libro El lenguaje de género y el género lingüístico (Universidad de Oviedo, 2008). No debe olvidarse que los juicios sobre nuestro lenguaje se extienden a nosotros mismos.
 ------
Participante 1 
Debe ser porque son así moi repunantiña coas palabras e, ao mesmo xeito que nunca (creo) utilicei abreviaturas ao escribir os correos, tampouco incluín no meu estilo nin a arroba, nin o x porque son lingüisticamente incorrectos. Non obstante, si que son consciente da invisibilidade da muller en todos os discursos, en parte motivada pola propia lingua que, debido a ese xenérico masculino non permite incluirnos (aínda que "todo o mundo" -cada vez menos- se sinta incluído). Estou estudando lingua e literatura na UNED e teño profesoras que son moi inclusivas e utilizan o "autor e autoras" "lector e lectora" dun xeito tan natural que non rechía. Teño ganas de que elas me comenten a súa postura académica pois non me parece que estea tan claro que "Hay acuerdo general entre los lingüistas en que el uso no marcado (o uso genérico)del masculino para designar los dos sexos está firmemente asentado en el sistema gramatical del español, como lo está en el de otras muchas lenguas románicas y no románicas, y también en que no hay razón para censurarlo". Por outra banda, os libros aos que se fai referencia nos parágrafos seleccionados son todos libros escritos por homes que, por moi empáticos que sexan, xa me parece significativo nunha disciplina como é a lingüística na que, xa dende hai moitos anos, hai moitas máis mulleres que homes.

Por iso eu dende hai xa un tempo intento escribir e falar en inclusivo e cada vez detecto máis cuestións nas que me parece unha vergoña que continúe a invisibilidade. Textos académicos nos que se inclúen frases do tipo: "a relación entre o home e a natureza", por exemplo, me parece xa o colmo, porque haberá un masculino xenérico, pero non "home" como sustantivo xenérico, senón que para iso temos "persoa". Por cousas así penso que hai que militar coa lingua porque, aínda que non teño moi clara a miña postura con respecto ao xenérico (se escribir todos e todas, todos/as, tod@s ou todxs), si que son moi consciente da invisibilidade de máis da metade de todas nós nos discursos. 

-----

Participante 2

A linguaxe reflexa o que somos... e nós reflexamos o que somos e o que queremos coa nosa linguaxe. A min non me cabe a menor duda de que as normas da RAE, RAG mais a linguaxe común da maioría dos mortais é tremendemente patriarcal, masculina. A min un xenérico masculino que recolla tanto a homes e mulleres non me vale. Eu non son "todos", son "todas". Eu non estou recollida no sistema gramatical, están recollidos eles, e eles, homes, foron quenes decidiron que me teño que contentar con estar dentro de "todos" e a calar.  Omítenme como muller. Se a linguaxe me omite como muller, omíteme como muller no mundo. Por tanto, reivindico e doume voz, grito que existimos e que temos poder a través da linguaxe, xa que a linguaxe é un reflexo do que quero ser. E con isto xustifico que para lograr a miña visibilización e PODER  teño que utilizar o feminino "xenérico". Flipades as caras da xente cando falas todo en feminino. No momento no que a xente se pregunta porque o fas, esa xente está dándose conta de que ata o de agora fumos invisibilizadas a través da linguaxe é que ese é o meu xeito de rebelarme. E ainda que moitas persoas non están de acordo, cun feminino "xenérico" logras que quen che escoite se replantee o seu discurso lingüístico.
Eu non vou predicar un feminino "xénerico", a pesar de que o defendo, esa é a miña forma de loita a nivel lingüístico. Pero dende logo, como muller, non tolero un "Todos", non tolero un "traballadores en folga", non tolero "os estudiantes",non tolero "o home e a natureza". E sinceramente, tampouco tolero demasiado ser unha -a detrás dunha barra, como  un xeito de aliviar a conciencia de quen escribe.

Na práctica escrita, para quen se pregunte cal é a forma máis correcta, eu penso que o xenérico da todas as palabras en alternancia, de cando en vez, cun "todas e todos" ou "todas/os" e con "as persoas..."

Por exemplo:
O alumnado do centro presentou unha queixa contra a Xefatura de Estudos polas últimas sancións que se lle puxeron a dúas alumnas e un alumno de Secundaria. As persoas afectadas, tras unha xuntanza coa titora, decidiron entregar esta queixa por escrito á Xefatura.. Hoxe, nais, pais, delegadas/os e profesorado decidiron...  

-----

Participante 3 

Eu concordo con Participante 2, pero por este feito a min tampouco me gusta ao que eu chamo "o hiperenxebrismo feminista" que transforma palabras cun obxectivo de visibilización que para min é contraproducente e ademais incorrecta gramaticalmente (e sobre todo totalmente innecesaria e artificiosa).

Por exemplo se se di "o estudante" e "a estudante", o cal me parece moi correcto para diferenciar e visibilizar (e cun xenérico que pode ser "o estudantado" ou "as persoas estudantes"), de onde saiu a palabra "presidenta"? A que ven ese falso e super-forzado terminación en -a? Non se dicía "a presidente" o mesmo que "a estudante" ou "o artista"? É ese tipo de cousas as que a min me botan patrás nestes temas de visibilización lingüística do xénero (e como este exemplo seguro que se vos ocorren máis).  

-----

Participante 2

Pois a min presidenta sóame de marabilla ;) De todas formas é unha palabra que foise "asentando" no noso vocabulario e ata nos medios de comunicación, que ten de malo a súa utilización? Que non está recollida na RAE? Por que non se cambia na RAE se o resto de poboación decidiu que quería unha presidenta"? E se pasara iso coa "estudanta", cal sería o problema? 
A iso me refiro cando digo que a linguaxe é un reflexo do que somos... Lóxicamente non é cuestión de porse a cambiar agora todas as palabras, pero se, como no caso de presidenta, acéptase o uso coloquialmente porque teño que escribir o que me dicta a RAE? É como "membros" e "membras" e o escándalo que se montou fai uns anos no congreso cando se utilizou, iso foi un xetio de rebeldía brutal! 

Cando eu falo de feminismo xenérico non falo de hiperxebrismo, ollo. Falo de darlle a volta á torta e en vez de masculino xenérico, pois o contrario, onde non hai nada incorrecto a nivel gramatical (e a nivel gramatical hai moita masculinidade...). Non me parece contrapoducente, todo o contrario, provoca, e na provocación despértase a curiosidade por saber os motivos que levan a unha persoa a falar así...
-----
Participante 3 

Estudante é un xerundivo, ven dun xerundio que non ten terminación xenérica. Por qué non "presidento"? (ou "artisto"?) ;-DDD Eu falo de estratexia e de non levar esa visibilización ao absurdo (que é contraproducente para o obxectivo final de equidade, porque a moita xente máis que curiosidade lle crea rexeitamento...). Por certo, eu vou ser "un persono" a partires dagora, jejejeje
----- 
Participante 2

Non é presidento, nin artisto nin persono porque os homes nunca tiveron nin teñen a necesidade de ter que darse máis visibilización da que teñen como homes... A miña estratexia é esa no meu día a día a nivel "informal", non me parece para nada absurda, e ata agora tivo resultados polo menos á hora de que a xente preguntara "por que?" e o entendera. Coa terminación xenérica deixamos de omitir á muller, pero non visibilizamos o conflito. Xa non vos "spameo" máis! ;)

-----
Participante 4

Estou moi dacordo con Participante 2, a diario non falamos correctamente, cometemos erros constantemente e ninguen lle da demasiada importancia, ademais de que creo que a linguaxe a facemos nos, os que a usamos, non a RAE. Non é cuestión inventar un novo vocabulario ou utilizar a eito a terminación indicativa de xénero feminino, inventando palabras (ainda que isto se fai a diario), creo que tan so con falar mais en feminino para deixar claro que existimos, que estamos moi presentes é suficiente.

-----

Participante 5 

Non quero parece-lo avogado do diaño, sobre todo porque realmente non me gusta a RAE, pero penso que si debemos ter unha serie de normas para escribir. A xente modela a linguaxe, pero algún organimo, sexa oficial ou simplemente de facto, ten que plasmar as normas, así que se non fora a RAE tería que ser outro. Todos temos visto aberracións lingüísticas en internet que, por moito que se empreguen, preferimos non ver. ;-D
Sobre o tema en cuestión, eu penso como Participante 3, estou dacordo en empregar un linguaxe totalmente neutro e inclusivo, pero non estou a favor de crear novos vocablos para cada caso (a verdade, tampouco me gustan fórmulas ambiguas como "todes"). De todos modos, como  di Participante 4 hai que distinguir entre a linguaxe coloquial e a linguaxe formal, que é a que se tén que rexir por unha serie de normas. Empregar un vocablo coloquialmente é a maneira de lograr que se consolide e pase a ser considerado unha palabra correcta para escritos formais (e.g jueza en castelán, que agora recolle a RAE), e por exemplo eu emprego presidenta no meu día a día, pero non o usaría nun escrito oficial polo momento.
-----

Participante 1 

Polo que vin nos discursos anteriores creo que ningunha das que intervimos prefire a creación de novas palabras ou fórmulas (como a do x ou o todes) para tentar utilizar unha linguaxe na que nos sintamos incluídas; senón que optamos por distintas fórmulas nos eidos coloquiais e do día a día (no meu caso tamén escritos e formais) para visibilizar, non a un colectivo, senón a máis da metade da poboación mundial (aí é nada). No meu caso, utilizo fórmulas xenéricas sempre que podo, e case sempre podo (exemplo do slogan de auga: "A auga é de todos" que cambiamos para poñer "A auga é nosa", sen que a mensaxe perdese forza). No caso de Participante 2, utiliza un feminino plural e reivindicativo. Me parece a mesma militancia que os esforzos que fago eu por falar en galego na administración e nos comercios a pesar de que me contesten a maioría das veces en castelán (sonvos de Vilagarcía, non digo máis). Militamos coa linguaxe; eu non co plural feminino porque aínda non o vexo claro, e para militar en serio hai que telo claro.
Despois xa nos metemos nos asuntos das profesións, e me encanta, porque creo que é un punto no que se pode ver que a linguaxe non é aséptica nin carente de intención. Rapidamente absorbeu a lingua a fórmula "enfermeiro", sen embargo asústate Merche de que a alguén se lle ocorra dicir "médica". Non coñezo a ningún enfermeiro que dixera "eu son enfermeira"; pero si a moitas médicas que din "eu son médico" (falo dende a oralidade, onde cada quen pode estar en contra da norma, como vemos lamentablemente e con menos espanto todos os días). Sei que a escrita é outro debate. Tendo en conta que o castelán (e o galego) son linguas vivas que evolucionan ao carón das súas sociedades, parece mentira que sempre nos doa a lingua cando se entra nun debate feminista, e non cando utilizamos palabras provintes de linguas estranxeiras (a alguén lle doeu a vista cando aí arriba puxen slogan en vez de lema?). Toda a palabrería anglosaxona do marketing (outra) foise asentando na lingua por cuestións de negocios e empresariais e a RAE rapidamente as fixo nosas. Quen protesta? Quen non o usa?
Estou de acordo en que ten que ver unha Academia, de feito non podo estar máis de acordo con que se investiguen os usos da linguaxe, a súa evolución, as modificacións... Creo que en ningún momento se dixo que non debía de existir. Non obstante si que é verdade que na RAE non hai equidade de ningún tipo (nunha profesión, insisto, dominada por mulleres). Coincidencia? Por iso quero coñecer o discurso das filólogas, das amantes da lingua que falan incluíndonos a todas e a todos. E despois formarme a miña opinión sobre este polémico tema.

----- 

Participante 5

O tema da evolución da linguaxe é moi complexo, pero ao final o que importa é o uso que a xente lle da aos vocablos. Se ninguén empregara slogan probablemente a RAE non aceptara a castelanización eslogan, eles non destacan por ser modernos e aceptar rapidamente novas palabras. Con isto non quero dicir que non debamos criticar á RAE, a min o seu manifesto ten puntos que non me gustan nada, pero si penso que nunca se lle debe criticar polo uso que a xente fai do idioma. Se realmente un nota que o uso da linguaxe é en moitos contextos sexista, e eu o penso, a culpa é da sociedade. Non penso que a solución sexa sempre aumentar artificialmente o noso xa extenso vocabulario para abarcar un sector adicional, senón formular os oracións tendo ese sector en mente dende o principio.
Como comenta Participante 1, escoitar ás filólogas paréceme esencial neste caso, e sorpréndeme que non fixeran un manifesto conxunto dando a súa opinión (vin opinións individuais, pero non un texto consensuado, que sería o realmente interesante). Non sei vós, pero eu admito que tamén me deixo levar a veces pola estética e sonoridade das palabras, por exemplo palabras como médica, matrón (esta vai ser admitida pola RAE) ou cederrón (admitida) soanme fatal e non as emprego nin empregarei nunca, mentres que outras como presidenta, jueza ou enfermero parécenme totalmente normais.

----- 

Participante 1
Paréceme curioso que soe mal médica cando é unha palabra que xa existe "prescripción médica, consulta médica..." Que soen mal palabras como "miembra" o entendo porque a min tamén me soa mal (me rechía) e eu son moi maniática para estas cousas. Quero dicir, adoitan "soar mal" as palabras novas que nunca se utilizaran antes nesa forma; non as que xa están incorporadas á nosa fala habitual (aínda que cambie a categoría lingüística como sería este caso). De todos xeitos, efectivamente, a sonoridade e a estética son cuestións moi subxectivas e o estilo de cada quen é, evidentemente, de cada quen.  

----

Participante 6 

por dar unha nota de cor: 
http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=presidenta 

Aquí o enlace da plabra "Presidenta" a cal, polo que se di, parece non estar admitida pola RAE... Así que Participante 5, podes escribila nun escrito formal.

Tamén temos Médica: 
http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=medica

E temos Jueza:  

http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=jueza

Nalgún caso refire ao significado en masculino, por exemplo, Presidenta é "Muller que preside" e Jueza "Muller con cargo de Xuiz" tendo que ir ao masculino para entender o que é un Xuiz... Isto está no Machismo das definicións, certo, agora ben, que está admitido e que ninguén pode tacharnos de incorrección lingüística (nin apelar á RAE) seguro.


Temos que ter coidado porque ás veces temos máis tela para traballar do que pensamos. Usando no día a día presidenta e usando presidente nun escrito formal por medo ao que diga unha RAE a cal non consultamos, nos estamos autolimitando.

Eu estou claramente a favor de inventar palabras. No sentido de "membra" por exemplo, me sonou fatal a primeira vez que o escoitei, e ségueme sonando, pero recoñezo que o feito de que antes as mulleres non podían pertencer a "clubes", polo que non podían ser miembras. É como di Participante 1, tan pronto houbo enfermeiros, estes nunca se denominaron como "enfermeiras", incluso houbo un tempo en que eran "practicantes". Cheguei a ver un escrito dos anos 80 no que dicía que nunha Unidade de Saúde Mental tiña que haber: "Dos médicos, un psicólogo, un trabajador social y un enfermero o enfemera".

Dúas cousas máis, a primeira é o chamado "Teito de cristal". Esas barreiras implícitas que teñen as mulleres pola cultura na que vivimos polas que se lles asumen funcións, roles e actitudes que non lles permiten acadar certos estatus. Exemplos, nunha asamblea cun 60% de mulleres, seguramente, se contaramos as intervencións de mulleres e homes (o cal é un experimento interesante) veriamos que habería un 80% de turnos de palabras nos homes. No sentido de que moitos homes non teñen problema en falar en público, e moitas mulleres teñen ese teito de cristal de non atreverse a falar. Obviamente, iso está a cambiar e non é bo xeneralizar, pero si estar pendentes disto. Hai uns anos, na Xunta Directiva eramos 8 homes e 3 mulleres, e todos admitimos que foi algo "Implícito" e que non entendiamos porqué ocorreu así. Eu saquei unhas oposicións nas que na carreira os homes eramos o 10%, na academia o 20% e nas plazas o 50%... Temos moitas cousas "implícitas" e a linguaxe é unha forma de explicitar, visibilizar, e empezar a ser conscientes de algo que está aí aínda que semelle escondido.

A última son as masculinidades. Os homes tamén estamos dominados por unha cultura. Vémonos obrigados tamén a ter roles e funcións que son claramente máis vantaxosas, pero que non eliximos e que incluso non somos conscientes de que podemos elixir. Ideas coma a crianza dos nenos mentres a muller traballa son bonitas en teoría, ¿pero canta xente te miraría raro ante isto? ¿Canto nos estamos perdendo con isto? Eu hai sitios onde me atrevo a darlle dous bicos a outros homes, pero recoñezo hai noutros nos que entendo que sería xulgado negativamente, cando as mulleres poden facelo sen problemas. Os problemas sexuais nos homes soen estar relacionados con "ter que cumplir" e "facer o máximo posible". Os homes debemos admitir que nos tocou a mellor parte, pero que non por iso debemos renunciar a buscar a igualdade e que iso nos beneficiará como homes, a igualdade non esixe "empatía", senón consciencia.

---- 

Participante 7 

En primeiro lugar dicir que stou moi dacordo coa estratexia que Participante 2 di que utiliza, a min tamén me gusta. Chamar a atención nos demáis e provocar a reflexión dende o meu punto de vista fai que a posteriori acaben xurdindo debates e situacions como estas.

En canto ao que comentaba Participante 3 do Hiberenxebrismo, creo que o que se empezou propoñendo foi unha linguaxe inclusiva, que o meu entender significar a non negación da metade da poboación mundial, por exemplo se se fala de "persoas" eu me sinto incluida, se se fala de "todos" eu non me atopo por ningures. Creo que temos a sorte de ter unha linguaxe rica en expresións e termos que nos permitan referirnos ao conxunto de persoas que somos sen excluir a ninguén. Ainda así tamén quero apelar a idea que se comenta de ao longo do debate de inventar palabras novas. Como comenta Participante 2 a linguaxe é un reflexo da nosa sociedade. Eu persoalmente non me sinto moi representada pola RAE, e xa non soamente como muller, se non quizais tamén como galega, entón ¿Por qué vou a ter que seguir unhas normas lingüisticas que non me representan? Da nosa man está mudalas. As sociedades están en continuo desenvolvemento e evolución, as linguaxes tamén, e dita evolución debe constar nos respaldos oficiais. Creo firmemente que as xentes e os organismos imos a ritmos diferentes, pero que o pobo non podemos limitarnos polo ritmo máis lento deses organismos que non fican no futuro da equidade.
Paréceme ao mesmo tempo super interesante a reflexión que fai Participante 6 sobre o "Teito de Cristal", esas limitacións das que fala, impedimentos que non son tanxibles nin visibles, son ademáis moi dificiles de explicar e de que se entendan. Creo que é importante ter en conta que cando se cita o Sexismo Lingüistico tamén se fai referencia ao dominio da palabra nas conversas, que inclúen ideas como o feito das interrupcións ou a capacidade de escoitar á persoa coa que te comunicas (cousas nas que aínda que non o pareza á crianza tamén se lle educa diferente en función de seren homes ou mulleres).
Son moitas ideas as que foron saindo ao longo das intervencións e, así eu vou a ser un pouco "incordio" e voulle dar outra volta.... cando nos referimos ás palabras que evolucionan e sí se aceptan na RAE, como presidenta, médica ou xuíza... por qué de todolos xeitos temos que aceptar a simboloxía destas e no seu significado atoparnos á sombra da figura masculina? ¿Por qué médica é a muller do médico e médico non é o marido da médica? ¿Non deberíamos deixar de facer esa relación e darlle á terminación femenina a independencia e empoderamento profesional na linguaxe que na realidade as mulleres acadaron ou precisan? ¿É hora tamén de mudar esas simboloxías cando as ideas de familia nuclear, matrimonio e independencia da muller están evolucionando a pasos axigantados? ¿Vedes vos tamén o que eu vin nas definicións ou xa son eu que vexo pantasmas patriarcais onde non os hai? ;)

---- 

Participante 3 

Só comentar que estou dacordo con que se fala, e mesmo de empregar novas palabras independentemente do que diga a RAE, porque é necesario para visibilizar a esa metade da poboación mundial que non estivo visibilizada.

Eu estou en contra dalgunas formas, que me parecen contraproducentes para o obxectivo de visibilización que se persegue. A invención de palabras e aplicación de terminacións indiscriminadamente,  en ocasións onde é moi discutible que sexa necesario (como na miña opinión en terminacións como -ente) fai que moita xente (tamén mulleres) rexeite todo o resto de elementos de traballo inclusivo que se están acadando e que na miña opinión son simbólicamente moi importantes (como médica, xuíza ou lideresa). Por iso falo de hiper-enxebrismo feminista e opino que non todo vale nesta loita (ou se non habería que falar de "presidento", como dicía no meu correo anterior, xa que -ente nunca foi unha terminación masculina nin penso que implicara invisibilización, ao contrario do que pode pasar con todos, ou é que se se fala de "as persoas presidentes" non vos sentides representadas? ou se se dí "a presidente", que é o que se dixo sempre que unha muller presidía? E se non, por qué non decir "a médica residenta" ou "a representanta"? Non credes que hai cousas que son pouco defendibles, tanto dende o punto de vista "gramatical", como do de "desobediencia á RAE" e mesmo de "aceptación social"?). 
Ademais, o discurso de que médica sexa a muller do médico é algo na miña opinión máis que superado e non me parece moi oportuno usalo como argumento (porque se crea un sentimento máis de confrontación que de inclusión).

--- 

E ti que opinas? Estate ao loro dos próximos debates neste blogue! E continua nos comentarios :)