27 oct 2014

Persoas coordinadoras, cal é a súa función na asociación?

Se Enxeñería Sen Fronteiras é unha organización horizontal, entón por que son necesarias as persoas coordinadoras nos grupos? Pola nosa forma de traballar e de organizarnos, con 5 sedes e traballando en distintas áreas que fai que en cada sede poida haber distintos grupos, os cales deben estar coordinados entre si, tanto dentro da súa sede como na súa área para poder crear sinerxias, aproveitar mellor os recursos e como non, facer cousas en conxunto.

Entón, que é unha persoa coordinadora? É un enlace, un portavoz, un facilitador. Cada grupo establecerá as suas funcións que ao igual que pode haber un responsable de voluntariado, económico, etc pero para facilitar a comunicación interna e que as canles de comunicación sexan conocidas por todas e todos, será necesaria a figura do coordinador/a, sen máis nin menos poder de decisión dentro do grupo e tendo moi claro que exerce un papel de representación. Esto debe ser extensivo ás vogalías da Xunta Directiva, onde salvo os cargos estatutarios (ainda que esto tamén se debería discutir), o resto son cargos de representacións dos grupos da base social, das persoas voluntarias que traballan nas distintas áreas, tanto nas básicas como nas transversais ou de xestión.

Polo tanto unha verdadeira persoa coordinadora e as vogalías deben ser esencialmente un enlace tanto a nivel horizontal como vertical, esto sempre no contexto da funcionalidade a nivel xeral dentro da asociación. Outro debate é se esa persoa debería ter cualidades de liderazgo ou cales poderían ser outras funcións específicas dentro do propio grupo.

No hay comentarios: