4 ago 2014

Resumo blogueiro: xullo 2014

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
  • Outras canles ISFeras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    Para comezar o mes de xullo animad@s, lede a crónica "vertebradora" da cea de ESF en Vigo. E cargade enerxías para concentrarvos na lectura da última entrada do mes, moi moi interesante sobre consellos e leccións aprendidas dos proxectos de fin de carreira no ámbido da cooperación e o que cada persoa e institución involucrada debe ter en conta para que todo salga ben.



BLOGUE HONDURAS

No verán non descansan as actividades de ESF Galicia en Honduras. Durante o mes de xullo informamos dos seguintes eventos:
- Reunións de coordinación en Tegucigalpa entre o consorcio de ONGs (Veterinarios Sin Fronteras, Amigos de la Tierra y ESF) e socios locaies (CODEFFAGOLF, ANAFAE, ADEPES, Vía Campesina, ARCAH, CODIMCA y CNTC) para o convenio 2014-17 con AECID que ten como obxectivos articular o texido social das organizacións campesinas, promover acciones de incidencia e mellorar as capacidades productivas.
- Crónica do I Congreso Internacional del Agua en Siguatepeque onde se citaron investigadores, productores, organismos internacionales e outras entidades públicas e privadas para abordar o estudo da calidade do auga, unha das liñas prioritarias de ESF en Honduras.
- Visita á comunidade de El Fortín xunto coa mancomunidade NASMAR e a Alcaldía de Marcovia, para observar unha bomba de auga que funciona con enerxía solar.
- Segue en marcha o programa de mellora participativa de semillas de millo. Trala estancia dun técnico de CODDEFFAGOLF (a organización hondureña socia de ESF) na Misión Biolóxica de Galicia, agora se realizan experimentos de selección con familias labregas hondureñas, capacitacións, empoderamentos así como contactos con outras instituciones.




ENLACES DE INTERESE

ESTE APARTADO QUIZAIS NON SE POIDA OFRECER MÁIS, TRALA APROBACIÓN O 23 DE XULLO NO CONGRESO DA REFORMA DA "LEY DE PROPIEDAD INTELECTUAL" (LPI)

    Nela se  abre a posibilidade de ter que pagar pola agregación de contidos (enlaces, como facemos aquí), mesmo se o medio enlazado da o seu permiso (xa que o cobro se realizaría a través de entidades como CEDRO). Xa no anteproxecto de lei houbo moitas críticas, pero nin caso... Se nos poden facer pagar por esta agregación de "enlaces de interese"? Quizais non o fagan, pero tal como está a lei polo menos poderían intentalo... Así que próximamente tomaremos unha decisión sobre este apartado.

Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD



Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 


Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

     Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:

  • Tecnología para el desarrollo humano. Energía, participación y sostenibilidad. Velo García, Enric; Sneij Oria, Jorge; Delclòs Ayats, Jaume (eds).


E NO PRÓXIMO MES ...


    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.



A ESF-RASE DO MES

    Soamente aquel que contribúe ao futuro ten dereito a xulgar o pasado.
Friedrich Nietzsche

No hay comentarios: