3 jul 2014

Resumo blogueiro: mes de xuño 2014

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    O mes de xuño foi o mes da educación no blogue de vida asociativa. En primeiro lugar, curioseade un resumo dunha actividade pioneira en ESF: contar a que nos dedicamos a nenas e nenos de 3 anos do CEIP Campomaior de Ordes. Dando un salto no tempo educativo, atopamos catro reflexións en formato entrevista sobre a Educación para o Desenvolvemento na Universidade: a primeira do profesor Francisco Xosé Candia Durán da Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, USC (Lugo), unha do anterior reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares; outra de Pablo Meira, profesor titular de Educación Ambiental; e outra da antiga vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade da USC, Benita Silva. Pasando a outros temas, podes ler tamén un breve análise sobre a imaxe que a empresa Pescanova transmite nasúa web; así como unha análise moi sistemática e didáctica sobre a posibilidade de adherirse a un manifesto da plataforma Nostián Solución que se presentou en xuño no Concello da Coruña, sobre a xestión de resíduos da planta de Nostián (adhesión que acaba de ser aprobada pola Xunta Directiva de ESF).


Volver


BLOGUE HONDURAS

    Durante o mes de xuño podedes ver o avance de actividades (con fotos!) do proxecto de soberanía alimentaria. Por outra banda, o 5 de xuño celebrouse o día do medio ambiente e para conmemoralo, o noso socio local CODDEFFAGOLF publicou o seguinte comunicado en defensa dos recursos naturais e dereitos das personas da zona do Golfo de Fonseca. 



ENLACES DE INTERESE

Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento

Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 


Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado e Persoas



PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

    Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:



E NO PRÓXIMO MES ...



    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD, ou segue as nosas redes sociais FacebookTwitter.




A ESF-RASE DO MES

    O obxectivo principal da educación é crear persoas capaces de facer cousas novas, e non simplemente repetir o que outras xeneracións fixeron
Jean Piaget












No hay comentarios: