19 feb 2014

III Crónicas de Soberanía Alimentaria

Por terceiro ano consecutivo, leváronse a cabo en Lugo as III Xornadas de Soberanía Alimentaria.
Debido ó elevado e ás veces excesivo número de alumnado (aínda que pareza mentira) do ano pasado, nesta edición puidemos contar con un  novo éxito de participación, enchéronse as prazas con nada máis e nada menos que 25 persoas.

O curso realizouse a fin de semana do 15, 16 e 17 de novembro, na residencia universitaria Bal y Gay, como xa é tradición nos cursos da sede.
Este ano planteáronse algunhas modificacións en canto á edición anterior, sobre todo pola aposta de xente ESFeira, como Yolanda coa súa xenial comunicación emocional da súa experiencia PCR, Marcos innovando e deixándonos de novo abraiados co seu relatorio sobre industrias alimentarias e a iniciación como relatora de María Velasco,  (todo un descubrimento!!) plantexándonos se os transxénicos son a solución para a fame no mundo.


Como non podía ser de outra maneira, tamén nos acompañaron un ano máis unhas persoas con moito que contar, como son Lidia Senra e a súa inesgotable experiencia; Paco Raigón, un ESFerio máis que sempre nos apoia e nos ensina tantas cousas; Xosé Ramón, un claro exemplo do compromiso e o traballo feito con ilusión e esforzo, amosándonos o seu incrible proxecto de Vida de aldea e Ringo da Cova da Terra, outro habitual nos nosos cursos, sempre disposto a achegarnos a súa experiencia asociacionista.


Con esa sensación de que tanto relatores e relatoras, alumnado e as persoas que formamos o grupo de Lugo pasamos uns agradables días de reflexión, aprendizaxe e concienciación sobre unha temática tan sensible como é a soberanía alimentaria, despedímonos ata as que esperamos sexan aínda mellores IV xornadas.

Gracias a todos e todas as que participáchedes!!

No hay comentarios: