17 feb 2014

Divagación sobre a vertebración

A conto da cea que houbo en Vigo hai unhas semanas da sede coa Xunta Directiva, vou contar as reflexións que tiveron lugar na miña cabeza. Supoñendo, claro, que as relfexións teñan lugar...

Pero bueno, o caso é que a miúdo dicimos que en ESF teñen moita importancia os espazos informais como base para a motivación da participación de ESF, porque neles fráguanse as amizades que despois son o pegamento que mantén unida á base social. Así, ademais dos espazos formais nos que se discuten largamente cuestións complexas, espazos nos que hai que poñer cara seria e ceño fruncido, temos os espazos informais, nos que se bromea se fala de moitas cousas, pero tamén dos intereses comúns.

Os espazos informais dan pegamento á base social, pero tamén supoñen unha carga motivacional; unha carga de pilas, adóitase dicir. Tamén é nestes espazos nos que surxen moitas propostas que logo se levarán adiante. Lorena díxolle a Adri na cea:
-A min interésame o tema da bioconstrucción.
E Adri contestou:
-Proponlo.
-Pero se podería facer algo?
-Proponlo.

Ademais da aplastante retórica de Adri, aquí vemos como surxe unha idea. Quen sabe se se traballará ou non algo de bioconstrucción no futuro! Outro exemplo é que Andrea e máis eu falamos de recibir formación interna e práctica de Software libre. Tomen nota!

Eu diría que a vertebración non só é como unha carga motivacional; eu creo que as afinidades nas que se fundamenta ESF son as que impulsan os traballos e actividades formais. Ou sexa, que eu rompería a dicotomía de actividades formais e informais, porque ao fin e a cabo, o que permite que haxa actividades como cursos, campañas de sensibilización. etc. é unha maneira común que temos de ver as cousas e de entender o mundo, e, acaso non é iso mesmo o que permite que haxa amizades?

Divagacións que surxen como resultado de tardar tanto en facer un post sobre unha xornada de vertebración.

2 comentarios:

Xoaniña dijo...

Miguel, canto se te bota de menos en Compostela!!!! E como me gustan as túas divagacións.

Roberto Roget Antelo dijo...

Bioconstrución! Si! O tema leva ano e medio aberto :D http://esfgalicia.blogspot.com.es/search/label/bioconstruci%C3%B3n