15 dic. 2013

Cósmica Madrid 2013

Os pasados días 1, 2 e 3 de novembro tivo lugar a Cósmica 2013 en Madrid na que se celebrou a terceira asamblea federal do 2013. Desta nada menos que 10 persoas voluntarias de ESF Galicia (tanto primeirizos coma repetidores) acudiron en representación do sector galaico da Federación Española de Ingeniería Sin Fronteras.

Un dos puntos mais falados desta convocatoria xa se comentaba polas listas semanas antes do evento, cando, con non moito marxe, houbo que reorganizar a fin de semana tras saber que non se ia poder celebrar en Sevilla como quedara fixado na anterior Cósmica 2012 en Barcelona. Decídese realizala en Madrid por motivos xeográficos e cabe destacar o bo traballo de organización que realizaron os nosos compañeiros e compañeiras de ISF Madrid tendo en conta o número de persoas que hai que xestionar para unha Cósmica sen ter excesivo tempo para elo. A pesares disto a organización foi excelente e todo transcuriu según o planeado.

A crónica comeza con dous coches poñendo rumbo á capital con 9 ocupantes en total un vernes de mañá, a 10ª persoa uníase ó grupo unha vez chegados ó albergue onde ian ter lugar os talleres e actividades.


 
Programa da fin de semana

Un dos temas que se pronosticaban mais peliagudos era a presentación do plan federal de comunicación, que pretende aunar os métodos e vías de comunicación empregadas polas ISFs. Este plan levaba anos de traballo, con pouco avance e interés por parte das asociacións, pero si con un sentimento de que debería existir unhas pautas comunes de comunicación nas asociacións se estamos a transmitir a mesma mensaxe. O tema debatiuse nas semanas previas a través das listas de correo, sendo a postura de ESF Galicia contraria a varios puntos do plan considerando que afectava directamente á nosa maneira de comunicar e incluso á nosa filosofía do voluntariado. Unha das cousas quemais nos afectaban era a creación dun perfil de Facebook e unha conta de Twitter comunes a tódalas ISF, eliminando as contas das ISF, e a creación da figura don "comunity manager" encargado de xestionar esas contas, posicionamento moi contrario á actitude de ESF galicia na que se pretende que a comunicación sexa un elemnto transversal e que sexa o propio voluntariado o encargado de xerar e divulgar material a través das redes sociais (facebook, Twitter e blogues).

Taller de comunicación
Previo á asablea realizouse un taller de comunicación co fin de axilizar o debate no tema na asamblea, onde se puxeron en común os contrapuntos e as propostas debatidas nas listas de correo. Antes de continuar quería recalcar os meus parabens ó grupo de comunicación federal e os dinamizadores do taller do comunicación por como conseguiron, a apartir dun tema que xa estaba desgastado e que se pensaba que ía ser moi discrepante, un taller que además de ameno e ilustrativo conseguimos acordar entre todos uns mínimos e unhas prioridades nas que poñerse a traballar, cousa que non se había conseguido antes. Entre estes acordos figuran o manter as contas nas redes sociais a nivel autonómico e aunar as webs nunha única onde haberá apratados das diferentes ISF, implicar o voluntariado nas actividades de comunicación facendoa un elemento transversal inda que contando con grupos e responsables en comunicación que actúen como elementos dinamizadores non como responsables. tamén refacer por completo a intranet tratándo de convertela nunha ferramente verdadeiremente útil para as asociacións. Non quedou moi definido cómo xestionar os blogues pero parece que gusta o modelo proposto dende ESF de crear unha "blogosfera" cos diferentes blogs das asociaciós e persoas colaboradoras. Todo un avance nos esforzos por fomentar a comunicación externe a aunar ás asociaciós nun modelo de comunicación.

Ademais deste tema, outro dos protagosnistas tratado en Interjuntas e na Asamblea Federal foi a non realización da Cósmica 2013 por parte de ISF Andalucía e o pouco marxe que quedou para reubicala. Os membros de ISF Andalucía alí presentes explicaron a problemática recente da súa asociación, que por motivos económicos e de falta de recursos estivo a piques de desaparecer, conseguindo manterse a flote gracias a un sobreesforzo das persoas voluntarias pero que lles deixou sen capacidade para adicarse a outros temas. Presentaron as súas disculpas e dende as demais ISF alegrámonos de que foran quen de solventar a situación.

Durante a asamblea federal
Como temas principais tratados na asamblea están:

  • Cambio de sede de Federación, que pasa a ser o local de ISF Cataluña. 
  • Aprobación da política de despido federal (como plan de contixencia ante a situación de ter que despedir ó persoal federal), non sin certo debate e algo de reticencia por parte de ESF Galicia. Parte do presuposto federal pasará a engordar unha bolsa finiquitos, primeiramente tratarase de asegurar a indemnización de 20 días por ano traballado que obliga a lei actual e unha vez conseguido, de ser pòsible, intentaríase chegar ata o máximo dos 45 días de indemnización que indicaban a anterior lei. Apróbase reservar ata un máximo do 15% (en oposición a un 20%) do presuposto federal anual para esta bolsa.
  • Aprobada renovación de cargos da Junta Federal.
A Junta Federal
  • Non se aprobou o documento de colaboración con entidades privadas da Federación presentado, comenzando debate para reformulalo e aprobalo na seguinte asamblea.
  • Apróbase presentarse ós indicadores de transparencia e bo gonberno da CONGDE a nivel federal, comprómenténdonos a aprobar antes de fin de ano as políticas federais que faltan para poder facelo. 
  •  Revisión das cuotas federales para o 2014. A cuota deste ano recalculouse respecto a como se facía normalmente pola mala situación económica que afrontaban algunhas ISF. Para o 2014 mantélense as cuotas pagadas este anos polas asociacións salvo Cataluña e valencia que a aumentan e Aragón que solicita disminuila.

 Finalizada a asamblea desfrutamos de unha amena xornada vertebrativa non sen faltar algunha que outra dinámica con test incluido poñendo a proba os coñecementos dos asistentes sobre hitoria(s) da Federación.

Xa de domingo á mañá mais relaxados, e pasadas as tarefas "gordas" da Cómica, participamos nos talleres de agua, enerxía e xénero.

Un momento do taller de xénero
Dase a continuación por finalizada a Cósmica 2014 entre abrazos e despedidas ata que nos volvamos a ver entre ISFs. Unha boa maneira de pasar a ponte na que se pecharon cousas e avances, aprendimos algunha que outra cousa nova, se estreitaron lazos entre o voluntariado mais aló das fronteiras autonómicas e (que me corrixan se me equivoco) as persoas novas de ESF nisto dos espacios federais apredenron un pouco mais sobre o funcionamiento internos da federación e as asociacións.

Representantes de ESF Galicia pechando a Cósmica2013
e a punto de embarcar rumbo a casa

Ah, e para a Cósmica 2014 non hai excusa para perdela xa que será ESF Galicia a anfitriona da que un ano mais será a reunión anual de voluntarios e voluntarias das asociacións dispersadas a nivel nacional ¡Búscase voluntariado motivado para organizala!

12 dic. 2013

Novos tempos en ESF Vigo

    Novas caras, novos voluntarios, PCRs retornados, algunha migración, unha carga de motivación e máis algunha que outra actividade de vertebración: unha receta electrizante que está facendo posible unha nova etapa en ESF Vigo. En vísperas do peche da planificación anual, vou facer un repaso das ideas que circulan polas nosas mentes, expetantes de convertirse en realidades ao longo do ano que ven:

  • Obradoiro de Hardware Libre: Deixando á marxe a discusión de se esta liña de traballo se enmarca ou non dentro do que se coñece como electrónica ética, todos estamos dacordo en que se trata dunha liña moi interesante e que da que nos morremos de gañas por aprender. O hardware libre, ou alternativas libres para a base física dos aparatos electrónicos, é algo que nos gustaría traballar nun instituto ou ben na escola de Telecomunicacións.
  • Electrónica ética: un clásico donde os haxa na sede de Vigo. A idea é facer charlas centrándonos no público máis xove (que cremos que é o máis aberto a aprender e o mais sensible), os adolescentes e mesmo nenos para que coñezan os inconvintes do modelo predominante en consumo electrónico. A gran novidade está en centrarnos en este novo público, xa que ESF non ten traballado apenas sobre eles.
  • Sensibilización na rúa sobre Dereito á Auga: outra idea que calou bastante e a de incidir sobre a poboación chamando a súa atención na rúa mesmo. Un plan de sensibilización dos clásicos sobre un tema clásico, pero ao parecer non suficientemente repetido á xente. Temos algunhas ideas para atraer a atención, ideas innovadoras que non podemos revelar por aquí por risco de  perderen o factor sorpresa.
  • Existe tamén a idea de facer mini-obradoiros ao estilo dos que se estiveron facendo en Compostela. Trátase de cursiños breves, de una hora e media e duns 15 asistentes que permiten darnos a coñecer axilmente, que son sinxelos de organizar e que tratan temas tan xugosos como cosméticos naturais e ecolóxicos, nocións básicas de mantemento de bicicletas, enmendamento de roupa,  mermeladas, fornos solares... A idea tivo moito éxito e sábese que tamén nas sedes de Ourense e Lugo, tamén coñecidas como Tomás, queren importar a idea.
    Pero non son só as actividades o que cambian. Cambia a maneira de contalo. Porque dende a última reunión federal na Cósmica en Madrid (próximo post en camiño), houbo cambios na política de comunicación, e así ESF Vigo fará cousas novas e as contará dun xeito novo. Tales son as características dos novos tempos en Enxeñería Sen Fronteiras Vigo.

5 dic. 2013

Dia internacional do Voluntariado

Hoxe, 5 de Decembro, é o día internacional do Voluntariado. Ademais de dar as grazas a todas as persoas que a través do seu tempo e do seu traballo fan posible Enxeñería Sen Fronteiras, queríamos achegarvos o posicionamento sobre voluntariado que se aprovou este 2013, concretamente na Xuntanza de Marzo.Como é algo extenso, o dividiremos en 2 partes, aí vai a primeira...


Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (ESF Galicia), é unha asociación formada e liderada por persoas voluntarias, apoiadas por algunhas persoas contratadas. En ESF Galicia non temos voluntariado, senón que somos voluntariado. ESF son as persoas que a conforman, coas súas diferentes ideas, habilidades, iniciativas e inquietudes. Únennos uns obxectivos e apoiámonos uns en outros para conseguilos. O voluntariado é o motor da asociación, sendo incluso a dispoñibilidade das persoas voluntarias as que marcan o ritmo de traballo, os temas polos que a asociación avanza e os proxectos da asociación en todos os seus sentidos. En ESF Galicia, o proceso dunha persoa voluntaria busca que se converta nun cambio. Buscamos que as persoas reflictan o seu paso en ESF como unha actividade importante que lles axuda a madurar e crecer como persoas e non como un simple paso, por iso:

Fomentamos

A sensibilidade aos problemas do mundo, o acceso a novas fontes de información, pensar en profundidade sobre temas claves na sociedade, as opinións compartidas con outras persoas ou as experiencias de aprendizaxe cando vivimos somerxidos noutras realidades. Todas estas cousas buscan que a persoa adquira ou mellore a súa visión global das inxustizas sociais que provoque cambios tanto no seu pensamento como na súa forma de actuar, sempre desde o pensamento crítico (coñecer moita información sobre un tema e decidir a nosa opinión evitando estereotipos e prexuízos) e co obxectivo de construír colectivamente un mundo máis humano.

O voluntariado como Educación para o Desenvolvemento a través da cal formamos a unha persoa en profundidade en diversos temas, non dun simple modo superficial. A formación continua, tanto formal como informal, do voluntariado resulta esencial para que as nosas accións teñan validez.

O voluntariado como crecemento persoal, tanto a nivel de habilidades como de coñecemento do mundo que nos rodea. En ESF foméntanse certos valores de tipo organizativos que se visualizan na nosa forma de traballar, isto aportará á persoa voluntaria unha serie de recursos que lle permitirán a súa eficiencia en calquera tipo de ocupación. Como exemplo disto, temos os protocolos dos diferentes ámbitos ou comprender a linguaxe legal na convocatoria dunha subvención.

O voluntariado con responsabilidade e iniciativa. Debido a que todos somos persoas voluntarias, admitimos as ideas das demais persoas e se admiten as nosas de cara ao futuro e ás actividades. Isto tamén implica un certo compromiso en ser capaz de levar a cabo a iniciativa proposta. Neste senso, a responsabilidade de ser coherente coa idea proposta e o compromiso de levala a cabo é unha actitude que intentamos transmitir.

O traballo en equipo. Traballamos mellor en equipo, unha iniciativa persoal que se leve a cabo por unha persoa individual pode suceder en diversas ocasiones, pero estas adoitan “desgastar” a esa persoa e aportarlle pouco persoalmente, a parte de que hai unha maior probabilidade de que as cousas salgan mal. A experiencia ensínanos que as cousas feitas en grupo poden ser mais lentas ou difíciles, pero adoitan contar cun desgaste menor, maior aporte persoal e adoitan representar moito mellor a ESF.

A calidade nas accións de voluntariado. Unha cousa que se critica en ocasións ás asociacións que promovemos o voluntariado, é que este é demasiado inconstante para levar a cabo accións de calidade. Estamos completamente en contra disto. O traballo en grupo, a formación en habilidades e coñecementos, o pensamento crítico e, por que non dicilo, a vontade de querer facelo sen ningún beneficio económico demostraron que as persoas voluntarias podemos facer cousas de gran calidade.

A importancia das relacións persoais. Ante todo, debemos introducir un matiz aquí, estamos en ESF Galicia porque compartimos obxectivos, non porque queiramos relacións de amistade, perdendo isto de vista seríamos unha asociación que perde o norte. Agora ben, si nos levamos ben coas persoas coas que traballamos; si compartimos, non só o traballo, senón tamén experiencias e diversións e fomentamos o espacio informal e as relacións humanas, vemos que isto repercute positivamente na nosa coordinación, satisfacción e motivación. En definitiva, é ao que lle chamamos vertebrar.

A evolución constante. Sabemos que non somos persoas perfectas, quédanos moito que recorrer e moito por mellorar. Agora ben, fomentamos a vontade de mellora constante de forma que intentamos cumprir os apartados anteriores, pero tamén reflexionalos e amplialos ao mesmo tempo que volvemos pensar sobre eles. Isto nótase tanto na nosa filosofía como nos nosos procesos.

O voluntariado como experiencia transformadora, de forma que o anteriormente exposto sirva para evidenciar que o que pretendemos é o paso da persoa voluntaria, na que se reflicte a sensibilidade de coñecer e a vontade de axudar, á persoa militante ou activista que coñece, comprende, opina e leva esta visión mais alá do lugar onde fai voluntariado.

Fomentamos o voluntariado en si porque nos gusta ser persoas voluntarias, porque é algo que consideramos importante e queremos compartilo coas demais persoas.

4 dic. 2013

Resumo blogueiro: novembro 2013

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa 
  • Blogue Honduras 
  • Enlaces de interese 
  • Publicacións en físico 
  • E no próximo mes ... 
  • A ESFrase do mes 


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    No mes de novembro tivo lugar a Asemblea e Xuntanza ESFeira, o evento máis esperado do último trimestre do ano. Tamén podedes ler o anuncio e a crónica do obradoiro de cosméticos naturais, no que un total de 21 persoas tiveron a oportunidade de adentrarse no mundo das herbas aromáticas e medicinais así como as beneficiosas funcións dos aceites esenciais e vexetais no organismo. Para "celebrar" o día mundial do saneamento, un deses que non debería existir, publicamos unha carta da Coordinadora de ONGD Española dirixida ao goberno, para esixirlle con accións concretas que promova o dereito á auga e ao saneamento cun modelo público que garantice o acceso de todas as persoas a este dereito.



BLOGUE HONDURAS

    En novembro realizouse unha xira da Junta de Agua de Monjaras (16 anos de experiencia) a San José de las Conchas (Junta de Agua de nova creación), de forma que as dúas poidesen compartir diferentes realidades. Ademais atopamos un resumo do seguemento do proxecto de Gallardo 2 con fotos das actividades realizadas.





ENLACES DE INTERESE

Auga



Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD



Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado




PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:



E NO PRÓXIMO MES ...



Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD




A ESF-RASE DO MES

Se cree que a educación é un gasto, probe vostede coa ignorancia.
Derek Bok