31 oct. 2013

III Xornadas de Soberanía Alimentaria, apúntate!!

Os vindeiros días 15, 16 e 17 de Novembro Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza as III Xornadas de Soberanía Alimentaria, co apoio financiero de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. O curso é de balde, recoñecido con 1 crédito de libre configuración (pendente de confirmación) para o alumnado do Campus de Lugo. As xornadas estarán divididas; venres 15 pola tarde (16:00-20:30), sábado 16 (9:30-14:00 e 16:00-20:30) e domingo 17 (9:30-14:00 e 16:00-20:30). Realizarase na Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, Campus de Lugo.



Neste correo lugo@galicia.isf.es podédevos matricular e dirixirvos para calquera dúbida sobre o programa, as persoas formadoras e ás inscricións. Esperamos contar coa vosa participación! 


A continuación podes ver máis detalles. Axúdanos a difundilo!



17 oct. 2013

Unha posible contradición

Despois de (Re)Definir Tecnoloxía Apropiada e de que os compañeiros da UCdV nos fixeran unha profunda reflexión sobre as implicacións da exportación tecnolóxica D. Rocha, membro de Derriba, axúdanos a sinalar Unha Posible Contradición.

Estes artigos enmárcanse dentro do Proxecto de difusión do concepto de Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano que conta co apoio de Cooperación Galega.


7 oct. 2013

Resumo blogueiro: setembro 2013

       Este mes tivemos a boa nova da concesión dos dous proxectos de acción en Galicia que se solicitaron á Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, coa puntuación máis alta dos presentados, grazas ao gran traballo dos grupos de voluntariado. Sen embargo, o feito de tratarse da única convocatoria de Cooperación Galega de este 2013 (na que non haberá para proxectos internacionais) e que moitos bos proxectos doutras entidades quedaran fora, déixanos un regusto amargo porque condena a todo o sector que loita contra a pobreza global a prolongar a súa travesía polo deserto.

    Por outra banda, xa se poden ver as contas auditadas de 2012 e a memoria de actividades 2011-12.

CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa 
  • Blogue Honduras 
  • Enlaces de interese 
  • Publicacións en físico 
  • E no próximo mes ... 
  • A ESFrase do mes



BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

No mes de setembro puidemos ler a crónica da visita de Harmhel Dalla Torre, da Asociación La Cuculmeca (Nicaragua) para falarnos dunha temática na que existen grandes paralelismos entre o que está a ocorrer no seu país e en Galicia: o auxe da minaría metálica. Harmhel tamén falou doutras "megaconstrucións" proxectadas para Latinoamérica - os canais interoceánicos- vendidos como "motores de desenvolvemento" pero que ao final soen ser motores de desenvolvemento de pouc@s a costa de enormes impactos sociais e ambientais. Arrancando o novo curso, o grupo de EpD de Compos compartiu connosco os seus preparativos para a intervención no curso de Voluntariado da USC, así como as súas impresións posteriores. As 80 persoas que asistiron ao curso debatiron moi participativamente sobre a educación, é bancaria ou transformadora? e o voluntariado ESFeiro quedou satisfeito de terlles "axitado" un pouco (pensamento crítico - xa que ''axitación'' ou ''cambio'' en grego dise ''crise'') .





BLOGUE HONDURAS


Durante este mes, da man dos PCRs en Honduras achegámonos a diferentes eventos que tiveron lugar “do outro lado do charco”:
Por outra banda continúa o fortalecemento técnico na Alcaldía de Marcovia como parte do proxecto co Fondo Galego. Dentro deste contexto contexto impartíronse capacitacións en gSIG, gvSIG-Fonsagua (pola UNAH), software libre e ofimática (por unha das persoas participantes no Programa de Coñecemento da Realidade). Ademais outras actividades que se está a facer son as fumigacións para eliminar o mosquito que transmite o dengue, que cría en zonas de auga estancada.
Finalmente, nos vos perdades o relato de Daniel acerca da súa esperada estancia nas comunidades.



ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento

Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado





PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:



E NO PRÓXIMO MES ...




Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD




A ESF-RASE DO MES

Non existiu nunca unha guerra boa ou unha paz mala.
Benjamin Franklin