30 sept. 2013

Curso de Voluntariado USC finiquitado

    Esta fin de semana, o sábado pola tarde, no salón de actos da facultade de matemáticas, estabase producindo unha axitación no pensamento duns 80 estudantes da USC. E ''axitación'' ou ''cambio'' en grego dise ''crise'', de aí o nome de pensamento crítico, o pensamento que cambia as cousas, ou a súa maneira de representalas. Polo menos, iso foi o que lles dixen eu. Se se produxo pensamento crítico ou non, non o podemos saber a ciencia certa, pero se facemos un repaso polas estatísticas, eu creo que podemos quedar satisfeitos:

  • Estudantes conformes coa educación bancaria: 1.
  • Voluntarios de ESF griposos: 2.
  • Candidatos a meterse no voluntariado de ESF Santiago: 3
  • Persoas coa boca aberta escoitando o relato do PCR de Yolanda: Ao redor de 80, aínda que as autoridades elevan a cifra a varios centos de miles.
     Todo un éxito. A charla de Educación para o Desenvolvemento dada por Belén, Yolanda e un servidor (Miguel) tivo o seu impacto nos estudantes. Para iso, foi necesario preparar unha boa presentación con Prezi (Presentación EpD 2013), pero tamén foi necesaria unha enorme apertura para escoitar as intervencións dos estudantes. Este ano non podemos dicir nin de lonxe que non foran participativos. Ao principio de todo, puxémoslles o vídeo ''O perigo dunha soa historia'' (ver aquí: El peligro de una sola historia), e pola metade, deixou de funcionar ben. Pois ben, xa nese momento lles animamos a compartir os seus pensamentos, e xa se produciu un verdaeiro intercambio. O noso propio guión viuse rapidamente modificado pola espontaneidade do público.


 

    O punto máis álxido das intervencións acadouse na discusión entre a educación bancaria e a transformadora. Os estudantes reflexionaban sobre cómo estes conceptos podían aplicarse a educación universitaria que recibían (a meirande parte opinaba que era de carácter bancario). Tamén surxiu unha interesante discusión tratando de discernir se era adecuada unha comunicación totalmente horizontal entre profesor e alumno ou se mais ben era útil que o profesor conservara parte da autoridade, tal como di José Antonio Marina.




  Pero houbo máis que discusión nesta charla. Durante o descanso, varios dos asistentes acercáronse a nós con interese polas nosas actividades como voluntarios en ESF. Mantivemos breves e agradables conversacións con eles, e despois, volvimos á carga.

    A última parte da charla ocupouna Yolanda contándonos a súa experiencia en Honduras no Programa de Coñecemento da Realidade. Como ela mesma dixo, aínda non acaba de aterrizar, e todavía estaba comenzando a darse conta do impactante que lle resultou a experiencia, i esa sensación foi a que nos transmitiu cando falou. Estaba tan metida no que dicía que todo o mundo a atendía sen parpadear; ela contaba como ir aló rompíache os esquemas; como para comprender á xente de alí facía falta una empatía brutal, pero sobre todo como era moi difícil aprender a respetar profundamente o que alí atopabas. O público a escoitaba, sumido no seu relato, ao igual que Belén e máis eu.

    Finalmente, os estudantes nos dedicaron un forte aplauso. Eu creo que podemos estar satisfeitos. O noso obxetivo era darnos a coñecer, contar o que facemos, espertar un pouco ás conciencias críticas e, xa pensando nun efecto máis directo, animar a novos voluntarios. Creo que podemos dar estes obxetivos por cumplidos. No grupo de Educación para o Desenvolvemento de Santiago, esperamos volver a ter oportunidades similares pronto. Mentres tanto, seguiremos falando do mundo nalgunha cervexería do casco vello, maquinando ideas para as futuras presentacións.

  

25 sept. 2013

Preparación da charla do Curso de Voluntariado USC 2013

    Un ano máis, a Universidade de Santiago de Compostela require a intervención de Enxeñaría Sen Fronteiras Galicia para dar una charla de cooperación ao desenvolvemento. Inmediatamente acudimos á chamada Yolanda (máis coñecida como Jolie), Belensiña (Tamén chamada Belén) e máis un servidor, Migheliño (ou Miguel).
    Igual ca o ano pasado, estamos tres para a preparción da ponencia, só que en lugar de Sheila, con cuia inestimable colaboración contamos o ano pasado, será sustituída por Yolanda. De momento, estamos nos preparativos desta charla, que terá lugar o sábado pola tarde na facultade de Matemáticas e que contará con aproximadamente 75 asistentes. Nembargantes, xa podemos adiantar algunhas das novidades deste ano:

Outra visión dos territorios en África
  • Para introducir ao efecto de quén conta unha historia na versión que da mesma dáse, imos mostrar aos asistentes o mapa de África segundo os reinos dos diferentes pobos indíxenas de alí, e non segundo a divisón establecida nas colonizacións. 
  • Imos usar como exemplos de experiencias do noso traballo campañas e proxectos do máis actualizados, deste mesmo ano. Por exemplo, a experiencia de Yolanda en América Latina como PCR.
  • Ademais, como fruto das aportación desta mesma rapaza, imos facer referencias na crítica a educaicón á película The Wall, proxecto de Pink Floyd que contén unha penetrante crítica á educación. Se fará referencia asimesmo a unha conferencia TED de Ken Robinson, tamén sobre a educación e que podedes atopar neste enlace.
  • Novas dinámicas, novas estratexias para espertar a crítica no estudantado... A charla deste ano estará chea de sorpresas que non vos podedes perder!! (e que serán explicadas nun futuro post contando como resultou a experiencia)
    E iso é todo! Este equipo de tres poñentes vai facer fronte aos retos máis difíciles este mesmo sábado. Pronto saberemos cómo resulta. Próximamente, neste mesmo blogue: resultado da Charla de ESF Galicia no curso de Voluntariado da USC 2013!!

9 sept. 2013

Resumo blogueiro: verán 2013


CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa 
  • Blogue Honduras 
  • Enlaces de interese 
  • Publicacións en físico 
  • E no próximo mes ... 
  • A ESFrase do mes



BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

Estes meses veraniegos viñeron tranquilos, sobre todo o mes de agosto. En xullo puidemos visitar a misión biolóxica de Galicia, así como ver a crónica das I Xornadas de Voluntariado en Cooperación ao Desenvolvemento. Tivemos tempo para saber máis sobre a presión cidadá contra a privatización da auga, cun artigo e a visita de Harmhel Dalla Torre, da Asociación La Cuculmeca, antiga socia de ESF en Nicaragua, que nos falou tamén da minaría no seu país e os canais interoceánicos (próximamente, a crónica destas charlas).



BLOGUE HONDURAS


O mes de xullo comeza coa visita de compañeir@s de ESF à Misión Biolóxica do CSIC en Pontevedra. Entre a plantilla de investigadores atópase Ely, técnico de CODDEFFAGOLF (socio de ESF en Honduras), realizando un estudo de mellora do grano. Os asistentes poideron ademáis de coñecer o traballo que se leva a cabo, dar unha volta polas instalacións, o laboratorio de ADN, as fincas de cultivos... aprender algúns conceptos de xenética, placas e variedades de millo.
Voltando ao outro lado do Atlántico, Cris resúmenos os puntos clave da xira da Alcaldía de Marcovia e Xunta de Auga de San José de las Conchas ata El Salvador, o país veciño, onde se están a instalar contadores para medición de caudal. Trátase dunha forma de intercambiar experiencias de éxito doutras comunidades para poder replicalas onde aínda non se usan esas tecnoloxías. O mes remata co informe de seguemento do proxecto de San José de las Conchas e as primeiras actividades dos PCRs do grupo Agro no Golfo de Fonseca.
Agosto veu cargadiño de entradas grazas a Yolanda, Adrián e Daniel, tres participantes do Programa de Coñecemento da Realidade (PCR) 2013, que cos seus espíritos inquedos móstranos as súas visións persoais do día a día hondureño. Non deixedes de desfrutar lendo as súas crónicas acerca dos temas seguintes:


ENLACES DE INTERESE


Auga



Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD



Educación para o desenvolvemento


Iniciativas



Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano



PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións que temos disponibles para préstamo á base social xa catalogadas, e se che interesan estes temas tamén podes consultar o catálogo da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD, con moitos fondos que ceden para préstamo.

Este mes:
  • Informe ejecutivo sobre el derecho humano de acceso al agua potable y saneamiento en Nicaragua. Coalición de Organizaciones poe el Derecho al Agua
  • Manual “El Agua como un Derecho Humano”. La Cuculmeca.
  • Midiendo los cambios de comportamiento en Agua y Saneamiento. La Cuculmeca.
  • A xestión de residuos orgánicos municipais: o compost.
  • Informe da Cooperación Galega 2012


E NO PRÓXIMO MES ...




Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria e as formacións da Coordinadora Galega de ONGD



A ESF-RASE DO MES

Las escuelas deberían enseñar software libre
Richard Stallman









6 sept. 2013

Situación Actual da Minaría Metálica e o Acceso a Auga en Nicaragua

No mes de xullo, Harmhel Dalla Torre, da Asociación La Cuculmeca (Nicaragua) visitou Galicia (xa por segunda vez, a primeira foi xa hai 5 anos), desta volta para falarnos dunha temática na que existen grandes paralelismos entre o que está a ocorrer no seu país e en Galicia: o auxe da minaría metálica. Ademais, tamén deu tempo a compartir con el a evolución da situación do acceso á agua dende a última vez que estivo por aquí (tamén en Galicia tivemos novedades dende aquela coa aprobación dunha Lei de Augas que trouxo o debate fora e dentro da asociación...).

Sobre a minaría falou como colofón a presentación do libro "Versus cianuro" na Gentalha do Pichel en Compostela, do que se levou un exemplar firmado polo editor e algún dos autores...

A verdade é que o paralelismo era sorprendente (mesmo as empresas máis activas no tema en Nicaragua son tamén canadianas), e ademais puidemos coñecer exemplos de concesións en diferentes estadíos do proceso (en Galicia están empezando), con efectos ambientais moi nocivos en varios dos casos. Xa sabemos que, desgraciadamente, nin a lexislación nin, sobre todo, a fortaleza institucional é a mesma para facela cumprir, pero últimamente non estamos tendo moi boas experiencias por aquí a nivel institucións públicas, non é estrano que como mínimo estas cousas xeren desconfianza... (sobre todo se nin os mesmos expertos se poñen dacordo).

Aquí queda a súa presentación do xoves 11 de xullo en Compostela!



Minaria nicaragua from Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Ese mesmo día tivemos tempo a falar tamén doutras "megaconstrucións" das que venden como "motores de desenvolvemento" pero que ao final soen ser motores de desenvolvemento duns poucos a costa de enormes impactos sociais e ambientais (en España sabemos moito disto), neste caso os canais interoceánicos que están  moi de moda en centroamérica. O de Panamá é o que está activo actualmente (e en plena ampliación), pero China está moi interesada en invertir nun canal de uso propio (o de Panamá quédaselle pequeno...), e hai candidaturas de tódolos países de Centroamérica, aquí podedes ver máis detalles:




Xa o sábado 13, no CIAC Compostela (un sitio ben chulo para facer estas formacións!), lembramos a admirable loita da sociedade civil nicaragüense pola non privatización da auga (cunha redacción alternativa completa artículo por artículo da proposta de lei de augas con comentarios sobre o porqué de cada cambio, ademais da tradución da mesma as linguas indíxenas como o miskito), que nos serviu para recargar as pilas. Houbo tempo tamén para comentar ferramentas como o canon ambiental que se contempla na nova lei de augas galega, ou a importancia do enfoque de cunca hidrográfica. Aquí está a presentación!