24 mar. 2013

Crónica 2º Obradoiro Tecnoloxia Apropiada: Gasolineiras Caseiras



Que é a Tecnoloxía? Unha tecnoloxía é un conxunto de coñecementos, unha forma de pensar, de solucionar as dificultades que se nos presentan. Toda tecnoloxía pode ser apropiada ou non en función dos factores exteriores, que non dependen da mesma, pero que si a condicionan na súa utilización como mecanismo de resolver problemas sen crear outros novos.



Dentro do ciclo de obradoiros prácticos en tecnoloxías apropiadas que está a organizar a asociación Enxeñería sen Fronteiras, en Santiago de Compostela, o pasado 20 de marzo celebrouse na facultade de Fisica o segundo módulo sobre gasolineiras caseiras no que se nos mostrou a reciclaxe de aceite vexetal para empregalo como combustible. Desta vola contamos ca colaboración da asociación de estudantes Isaac Newton (AISNE). Gracias compañeiros!!!

 




Gino Pirelli foi o encargado de explicar o proceso.


Primeiro presentou ós asistentes os conceptos básicos da mecanica dun motor diesel e a composición quimica do aceite,para despois dar paso á explicacion dos pasos necesarios para o uso do aceite.


O cadáver exquisito esfeiro

A primeira viaxe da Caravana Comunicativa de ESF chegou ao seu fin tras dous meses de rodaxe! A itinerante idea construíuse co fin de traballar a comunicación para o cambio social dende múltiples e variadas perspectivas (con imaxes, debates, palabras, termos e imaxinación) e a través da reflexión, do diálogo, da participación, do debate e da posta en común.

Todo isto plasmouse en materiais realizados por todas as persoas participantes. O obxectivo final de cada obradoiro (complementarios entre si) era a creación de recursos comunicativos relacionados co tema específico traballado en cada sesión. Deste xeito, o obxectivo final da caravana foi a creación entre todos e todas dun cadáver exquisito. Este termo, aínda que de primeiras poida resultar un tanto descoñecido, constitúe unha figura literaria, moi empregada no Surrealismo, e que consiste en encaixar colectivamente un conxunto de palabras ou imaxes sen ver o que se engadiu antes. E desta colaboración conxunta e creativa xurdiu o cadáver exquisito esfeiro.

A primeira parada desta ruta comunicativa tivo lugar en Santiago de Compostela. Neste obradoiro traballamos a contrapublicidade e a contracomunicación. A grandes trazos, poderiamos definir estes termos como “outro xeito de ver e facer comunicación”. A contrapublicidade é un movemento crítico que a través de métodos e técnicas publicitarias tenta darle a volta ás mensaxes consumistas. E a contracomunicación é un movemento, tamén crítico, que traballa por modificar os discursos dominantes e da non cuestionabilidade. Tras ver algún exemplos, este foi o anuncio contracomunicativo, e a primeira parte do cadáver exquisito, que se elaborou en Santiago de Compostela.



Parte primeira de Despedir aos ricos e ricas, tomádevos un descanso!
Parte segunda de Despedir aos ricos e ricas, buscade un Plan B

Continuamos camiño e sen case deternos chegamos a Vigo, onde fixemos malabares coas palabras. Traballamos arredor das greguerías, da invención de frases xurdidas doutras palabras e das posibilidades da linguaxe. Tras un breve repaso pola evolución da Comunicación para o Desenvolvemento e reflexionar sobre as diferenzas entre comunicación e información comezamos a traballar a potencia que gardan as palabras. Rompendo as nosas propias estruturas mentais e cun pouco de imaxinación saíron novas verbas e novas construcións tan estupendas coma estas. Xa tiñamos a segunda parte do cadáver exquisito.

Greguerías viguesas: "Cooperar é facer ciruxía entre varios"

E finalmente, fomos a parar coa nosa caravana en Lugo, onde traballamos, máis que coas palabras, con termos e conceptos relacionados coa cooperación. A través dun sinxelo exercicio arredor dalgúns dos conceptos da linguaxe da cooperación, puidemos comprobar como unha mesma palabra pode ter significación e connotacións distintas segundo a persoa. Resultaba fundamental traballar os termos cooperativos e reflexionar acerca dos seus significamos, posto que somos as persoas as que lle damos o significado final ás verbas. Así, finalizamos o cadáver exquisito, creando as nosas propias definicións.

Diccionario lugués: a dificultade de definir conceptos complexos

A caravana comunicativa en Lugo

O cadáver exquisito foi un proceso moi divertido que evidenciou que existen outras maneiras de comunicar, que a comunicación pode e debe favorecer ao cambio social e que todas as persoas somos creativas e capaces de elixir unha ruta comunicativa alternativa, unha comunicación para a transformación.

E tanto a Alba coma a min só nos queda agradecer a todas as persoas que asistiron a esta caravana comunicativa a súa participación, e as gañas e ilusión que transmitiron ao longo dos obradoiros. 

Graciñas!!!

22 mar. 2013

Día Mundial da Auga


Manifesto para o Día Mundial da Auga

22 de Marzo – Día Mundial da Auga

Día de Loita contra a Privatización da Auga en Europa

Austeridade e Bo Goberno = Xestión Pública, Participativa e Transparente

Malia que as Nacións Unidas proclamou que o acceso ós servizos básicos de auga potable e saneamento é un Dereito Humano, os nosos gobernantes están transformando os nosos servizos públicos en negocios privados.

A nova Lei de Réxime Local que impón o Goberno, máis que promover políticas de auténtica austeridad, o que pretende é desmontar a autonomía municipal para privatizar servizos públicos, como os de auga e saneamiento.

Estes procesos de privatización fanse, a miúdo, a través do chamado “modelo francés”, de pretendida colaboración público-privada, a través de empresas mixtas nas que as institucións públicas conservan o 51% das accións. Con todo, o control exérceno os operadores transnacionais, monopolizando a información, mediante cláusulas que lles adxudican a competencia exclusiva na xestión da empresa mixta, así como en asuntos de subcontratacións, contratacións e compras. Desaparecen así os concursos públicos e asegúranse grandes beneficios por compra-venta de servizos e tecnoloxía a empresas do grupo, con adxudicación directa. Desta forma, en plena crise, os beneficios directos e indirectos destas multinacionais cárganse sobre os recibos da auga que a ciudadanía paga cada día máis caros, abríndose un proceso de sabotaxe das economías familiares e de descapitalización das administracións públicas, que agudizan a crise social e económica.

Trátase doutra banda, de contratos por 30 ou 40 anos, irreversibles, na práctica, ao establecerse indemnizacións de reversión impagables que deben compensar, non só o investimento feito pola concesión, senón os beneficios esperados durante ese periodo. Así, unha Corporación Municipal ou un Goberno, nomeados para 4 anos, toman decisións irreversibles que afectan a cuestións crave durante 40 anos, hipotecando a democracia e a soberanía cidadá. Por iso, ante dinámicas abertas de privatización, esiximos, cando menos, amplos procesos de información e debate público que culminen en referéndum ou consultas populares.

Para rematar chamamos a atención sobre a necesidade de recuperar os nosos ríos, contaminados, sobre-explotados e na práctica privatizados por grupos de poder. Conseguir o bo estado das masas de auga que esixe a Directiva Marco do Auga, non só é unha obrigación legal, senón unha necesidade urxente para preservar a vida na natureza e o benestar na nosa sociedade.

Facemos un chamamento a asinar a Iniciativa Cidadá Europea que promove o recoñecemento do Dereito Humano á Auga e ao Saneamento, así como a exclusión do espazo do mercado deste tipo de servizos públicos na UE, promovendo novos modelos de xestión pública participativa e transparente.





15 mar. 2013

Resumo divertidillo de febreiro

Non deixes de ler se queres saber o que fixemos no mes de febreiro! ;) 

TECENDO REDES - FEDERACIÓN DE ISF 

Orde do día da Asemblea Federal, 2 de marzo

Envíase a orde do día da Asamblea Federal. Na entrada do mes de marzo poderás ler o resumo dos puntos tratados.

Informe de Comunicación Federal

Reenviouse o informe de comunicación federal do ano 2012 ata outubro. O resto do informe ata decembro non se puido elaborar xa que non hai responsable de comunicación, nin hai persoa a cargo da vogalía de comunicación. O informe é en calqueira caso moi completo. Tes interese en botarlle un ollo? Déixanos un comentario! :) Infórmase ademais de que quere rematarse antes da Asemblea Federal do 2 de marzo a proposta de Plan de Comunicación de cara a facilitar a transición se aparecese unha persoa responsable de comunicación.

Reunión coa oficina de dereitos humanos: plan nacional de empresas e dereitos humanos 

Quérese elaborar este Plan de Derechos Humanos y Empresas con condicións que se pretenden que sexan vinculantes en cuanto a prácticas de empresas que queiran acollerse a axudas para a internacionalización. ISF foi representada na reunión por Veterinarios Sin Fronteras. Acudiron máis de 40 organizacións (ONGD, CCOO e UGT, Organizacións de Dereitos Humanos, Universidades e organizacións sociais).

El primer punto de la reunión era ver si veíamos pertinente tener una Plan Nacional de Derechos Humanos y Empresas liderado desde la Oficina, y que no fuera por tanto tan solo un capítulo del documento que está realizando en Ministerio de Trabajo. La respuesta positiva  fue unánime por las casi 40 organizaciones que estábamos allí. 
La segunda cuestión, era oir la propuestas y sobre que principios debía basarse ese documento. La mayoría de organizaciones pidieron que fuera un texto con obligatoriedad jurídica, así como un requisito para obtener ayudas por parte de la empresa para su internacionalización o fondos de cooperación, fonprode etc..

El tercer punto fue cual sería la hoja de ruta. Se quiere contar con ese plan en 6 meses porque tienen el apoyo de una becaria para esos meses. La semana siguiente hay una reunión similar con empresas. Hasta el 11 de febrero podemos enviar documentación a la Oficina de DDHH para ser tenida en cuenta a la hora de elaborar un borrador. En abril nos enviarán un borrador consolidado y tendremos 15 días para hacer comentarios y cierran el documento a final de mayo.

Varias organizaciones nos quejamos de la calidad de la participación, así como de la escasez de tiempo para abordar realmente cambios en normativas etc. La UE aprieta y quieren hacer esto rápido pero quizás no tengan realmente como objetivo incluir mecanismos de obligatoriedad ni modificaciones normativas para el control de empresas en terceros países.

 
TECENDO REDES -COORDINADORA GALEGA DE ONGD

Cooperación Galega
Envíasenos un documento que analiza os orzamentos de cooperación para 2013 e a evolución da cooperación galega nos últimos catro anos. O traballo repasa a evolución dos orzamentos de cooperación exterior na Xunta de Galicia os últimos catro anos, a execución da AOD, as convocatorias de axudas, así como o cumprimento da Lei galega de cooperación, o Pacto Galego contra a Pobreza e os Plans Directores. Por outra banda, o estudo formula unha serie de reflexións e preguntas arredor do futuro da cooperación descentralizada en Galicia.

Votación do plan anual 2013 no
CONGACODE, 22 de febreiro  
O pleno do Consello Galego de Cooperación ao Desenvolvemento (CONGACODE) votará a aprobación do Plan Anual de Cooperación 2013. Nesta votación, as cinco persoas representantes das ONGD votarán en contra.

Dende a Coordinadora estamos a facer incidencia para que o resto de persoas membro do CONGACODE que non representan ao goberno (Universidade, Fondo Galego, Novacaixagalicia, Emprsari@s, etc.) non dean o seu visto bo a un Plan que recorta un ano máis o orzamento e que incumpre todos os compromisos establecidos para facer efectiva unha cooperación galega de calidade.
Nesta entrada podes coñecer o vergoñento resultado da votación.

TECENDO REDES - POSICIONAMENTOS
  
Proposta de adhesión á plataforma de acción internacional polos presos políticos saharauis de Gdeim Izik


El pasado 1 de Febrero se constituyó en Rabat el Tribunal Militar que, sin competencia alguna, ha juzgado durante más de una semana a los 24 presos políticos saharauis de Gdeim Izik. A pesar de no tener jurisdicción sobre el Territorio no Autónomo del Sahara Occidental, el régimen marroquí procedió a juzgarlos en un tribunal militar que a juicio de numerosos observadores internacionales no contó con las debidas garantías por falta de pruebas. Las armas con las que supuestamente fueron asesinados los agentes carecían de huellas dactilares de los acusados. Además, sólo se practicó una prueba forense y no se realizó ningún test de ADN. Tras nueve días de juicio y siete horas de deliberación el tribunal militar marroquí condenó a nueve cadenas perpetuas, a cuatro a 30 años de prisión, a siete a 25 años de prisión, tres a 20 años de prisión y dos han sido puestos en libertad ya que la sentencia es inferior al tiempo que ya han pasado en prisión preventiva. Estas durísimas penas suponen un nuevo atentado contra el pueblo saharaui, contra su derecho de autodeterminación y su existencia, ya que se trata de un pueblo sometido permanentemente a violaciones por parte de la fuerza ocupante marroquí.

Decídese incluír esta nova adhesión nas votacións da Asemblea.
 
FACER QUE A ASOCIACIÓN FUNCIONE COMO UN TODO

Dúas reunións de grupo: 6 e 19 de febreiro
Rematado xaneiro tiñamos á volta da esquina a Asamblea de Marzo e con ela moitas novidades. Por iso reunímonos a principios de mes e así ainda nos deu tempo de ter outra reunión antes de que finalizase febreiro para levar preparada a Asemblea Federal do día 2 e preparar a Asemblea Galega do 9 de Marzo. Outro asunto importante foi poñerse ao día da situación dos grupos e facer unha valoración de cómo vai afectar á asociación ós cambios que se estan a producir nas convocatorias de subvencións.

Temas que se trataron:

1.- Estado das vogalías e comisións - situación dos grupos.
2.- Estado das renovacións de cargos para Marzo - acollida progresiva. 
3.- Situación económica da asociación -
dispoñibilidade de financiación para apoio a formación e outras actividades - necesidade dun orzamento da asociación priorizado
4.- Asemblea Xeral: preparación da orde do día, programa de obradoiros, preparación do fío conductor para o XX aniversario.
5.- Asemblea Federal: debate sobre os puntos a tratar para preparar as opinións de ESF Galicia.
6.- Política de formación de persoas contratadas.

Borrador da Orde do Día da Asemblea Xeral, 9 de marzo

Velaquí un resumo do planificado para a Asemblea: 

Como sempre, repasaremos as novidades de sede e grupos de traballo de ESF , así como nas redes nas que participa, ademais de ratificar as votacións de urxencia da Xunta Directiva dende a última asamblea. Tamén, como é costume, aproveitaremos para levar a cabo actividades de formación, neste caso, en torno á motivación para o voluntariado. Como puntos importantes aprobaremos as contas e os manifestos ós que nos adherimos (voluntariado, auga, Sáhara). Esta xuntanza será tamén motivo de celebración do XX aniversario de ESF, facendo memoria de todo o camiñado dende que a asociación se consolida alá por 1993, con todos os cambios e aventuras que se poden dar en 20 anos (que xa son). Tal evento servirá para que algunhas persoas se poñan nostálxicas recordando tempos máis mozos, así como que as persoas menos “conectadas” coa asociación teñan unha visión de como foi cambiando co tempo (sempre pra mellor) con todo o que leva feito, sempre tratando de facer mellor este mundo. É que este pequeno grupo que somos ESF somos máis dos que pode parecer e seguiremos medrando co tempo.




Dudas de contidos para a memoria 2010-2011 de ESF Galicia

- ¿Apellidos de las personas de la Xunta Directiva?: salen aquí: http://esfgalicia.blogspot.com.es/p/persoas.html.

- ¿Inclusión del presupuesto total de los proyectos de cooperación internacional, PICD?: se decide no incluírlo para no hacer diferencia entre PICD y otras actividades. Aunque el presupuesto de PICD es más grande y da una idea del dinero que mueve la asociación, se considera suficiente con el resumen de memoria económica que aparece al final de la memoria.

- Ayuda para la revisión de entidades en los agradecimientos institucionales de la memoria.


TOMANDO DECISIÓNS
¿Subvención de La Caixa?
A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de Coruña pregúntanos se queremos presentarnos en conxunto á convocatoria de subvencións de "La Caixa". Esta proposta xerou as seguintes opinións e finalmente foi rexeitada.
"Personalmente soy de los que no me gustaría que ESF estuviera relacionada con un banco, y menos tal y como está el panorama actual. Sería cosa de ver pros y contras, ver que proyectos podrían presentarse y si no hay otra forma de financiación... Mañana tenemos reunión, puede comentarse el tema a ver cual es el pensamiento global. No quiero pecar de radical ni de estrecho de miras, sobre todo teniendo en cuenta que la financiación no sobra, pero si que me lo pensaría bien."
"Eu opto polo non. Vira unha estadística nunha conferencia sobre banca ética na que mostraban os beneficios que obtiña cada banco/caixa por mercadear con armas e La Caixa levábase a palma. Estou a favor de explorar outras formas de financiación e abrirse ao sector privado pero pasiño a pasiño."
"Opino similar..."

13 mar. 2013

Entrevista a José María Vara Rodríguez - Radio Galega

Aquí podedes escoitar o audio da entrevista realizada a José María Vara Rodríguez, voluntario da ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia; emitida no programa "Convivir en Igualdade" da Radio Galega o 13 de marzo de 2013.
Durante a conversa, Pepe Vara (que é membro fundador da asociación dende 1993) fala sobre os 20 anos que cumpre ESF Galicia poñendo a Tecnoloxía ao servizo do Desenvolvemento Humano e fai un completo repaso das actividades e proxectos que ESF Galicia leva desenvolvendo ao longo de todo este tempo.

11 mar. 2013

2º obradoiro: gasolineiras caseiras, emprego de aceite vexetal usado como combustible


Enxeñería Sen Fronteiras (ESF) está a realizar unha serie de obradoiros prácticos en tecnoloxías apropiadas. O segundo, gasolineiras caseiras, emprego de aceite vexetal usado como combustible, realizarase o vindeiro mércores 20, as 19 horas no hall da Facultade de Física no Campus Vida, antigo campus Sur da USC. Desta volta contamos ca colaboración da asociación de estudantes Isaac Newton (AISNE).

Estas actividades abertas ao público en xeral consistirán, neste segundo obradoiro, nunha exposición práctica sobre a reciclaxe de aceite vexeral usado como combustible en motores diesel. Explicarse todo o proceso, dende a recollida, filtrado, as normas a ter en conta, mesturas e proporcións, propiedades e rendementos. Tamén se fará referencia a diferenza do aceite filtrado co biodiesel e darase a coñecer a rede de “Gasolineiras caseiras". Non hai que esquencer, de que a parte dun importante aforro económico este tipo de practica implica unha diminución do impacto ambiental dos combustibles fósiles. 


Obradoiros prácticos de Tecnoloxia Apropiada

2º Obradoiro: gasolineiras caseiras. Emprego de aceite usado como combustible.

Mercores 20 de marzo
19 horas
Hall da Facultade de Física (Campus Vida)
 

O cartel é obra de Daniel Diaz Grandío.

7 mar. 2013

XX aniversario: programa detallado



ONDE?
 
Albergue Seminario Menor
Avda. Quiroga Palacios s/n  (Santiago de Compostela)
  • Coordenadas: 42.877206, -8.537332 ‎

  • Características:
    •  Prezo: Gratis! De balde! 
    •  Habitacións individuais
    •  Baño compartido
    •  Necesario saco de durmir


    QUE?
Venres 8 de Marzo

17:00-21:00 Obradoiro formativo. Motivar, escoitar e persuadir. 3 claves na acción voluntaria. Xacobe Fernández García, psicólogo e socio de ESF.

- Sala: Salón de Actos
- Programa detallado:
17:00 - 18:30 – Motivar
Teorías da motivacións, dende unha definición somera, pasando por teoría conductistas e humanistas. Explicación do Modelo da Acción Planificada para predecir que unha conducta se convirta en acción. Disonancia cognitiva como forma de continuidade en actitudes asentadas.
Descanso
19:00 - 21:00 - Escoitar e persuadir.
2.- Escoitar
Obradoiro práctico para facer entrevistas. Reflexión, a través de exercicios prácticos e explicación de experimentos clásicos.
3.- Persuadir.
Reflexión da moralidade da persuasión ou o seu uso como unha ferramenta TPDH. ¿Se a usan os bancos ou os vendedores de coches, debemos usala nós? Estratexias de persuasión.
22:00 Cea Restaurante-Pizzeria Bocalino
   - Prezo: 11 € 




Sabado 9 de Marzo
10:00 Asamblea Xeral de Socios.

- Sala: Salón de Actos


14:00 Xantar ecolóxico vertebrativo 
- Sala: Comedor
- Prezo: 8 €
16:00 Celebración XX Aniversario
- Sala: Salón de actos
                 ¡¡¡¡Programación sorpresa!!!

- Prezo: +/- 12




Data límite para apuntarse: xoves 7 de marzo!!!

6 mar. 2013

Resumo blogueiro mensual: febreiro 2013


CONTIDOS

    Blogue de Vida Asociativa
    Blogue Honduras
    Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
    Outras canles ISFeras
    Enlaces de interese
    Publicacións en físico
    E no próximo mes ...
    A ESFrase do mes




    BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

    Febreiro foi un mes de bastante actividade, que continuará en marzal se cabe con máis intensidade. Apoiamos a celebración do I Encontro Galego sobre Impactos da Minaría, se convocaron 4 prazas para o Programa de Coñecemento da Realidade, seguimos coñecendo o gran traballo da Xunta Directiva e houbo tempo para coñecer a Caravana Comunicativa en Lugo, facer un obradoiro en Santiago sobre construción de fornos solares caseiros como tecnoloxía apropiada, facer o chamamento para participar na xuntanza do XX aniversario e tamén no VIII Curso de Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano e, como non, indignarnos ante a aprobación do Plan Director 2013 de Cooperación Galega no Consello Galego de Cooperación (no que una persoa de ESF participa representando ao sector xunto con outras tres persoas doutras ONGD da Coordinadora Galega de ONGD).




    BLOGUE HONDURAS

    Este mes de febreiro publicamos o informe de seguemento do Proxecto de auga e saneamento en San José de las Conchas, financiado pola Xunta de Galicia e tamén o do proxecto de soberanía alimentaria en Gallardo e as actividades que se están realizando nesta segunda fase.
    Ademais poderedes encontrar a entrevista con Luz Marina Madariaga (presidenta da Asociación de Campesinos y Pescadores Artesanales) e con Amanda Reyes Cruz  (coordinadora do proxecto de transformación de productos pesqueiros, incluido na fase I do programa na Quebrada Gallardo).






    ENLACES DE INTERESE


    Auga


    Comunicación para o (como) desenvolvemento


    Consumo responsable


    Cooperación e ONGD



    Educación para o desenvolvemento


    Iniciativas


    Investigación para o desenvolvemento 



    Mundo


    Políticas e modelos de desenvolvemento


    Sensibilización


    Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


    Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


    Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


    Voluntariado



    PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

    (se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

    Aquí podes ver moitas das publicacións dispoñibles xa catalogadas

    Este mes:


    E NO PRÓXIMO MES ...



    Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD




    A ESF-RASE DO MES

    Para que unha revolución teña éxito, debe redescubrir valores xa esquecidos e adaptalos ás esixencias de época.
    Rabindranath Tagore

    5 mar. 2013

    Faltas ti!

    O vindeiro xoves 7 de marzo, realizarase no campus de Lugo a presentación do traballo de Enxeñería Sen Fronteiras en Lugo ademáis dunha charla informativa sobre a experiencia PCR (Programa de Coñecemento da Realidade) en Nicaragua.

    Lugar e hora:

    -12:00 h. Aula 15 (Ampliación), Escola Politécnica Superior.
    -20:00 h. Planta 0, Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay

    Coa colaboración da Bolsa de Cultura e Deportes.

    Anímate e axúdanos a difundilo. Faltas ti!