30 dic. 2012

Voluntariado activista, creatividade e optimismo para comezar o 2013!

Xa se coñecen os orzamentos para 2013 da Xunta de Galicia. A Cooperación para o Desenvolvemento ocupa o último lugar nas partidas e para o próximo ano sufriu unha baixada importante (ver páxinas 63 e 64). Mantense a Subdirección Xeral de Cooperación e aínda destinaranse cartos para manter a estrutura da Subdirección. Asi mesmo, os cartos comprometidos xa para 2013 das convocatorias de 2012 mantéñense (Bolseiros, Cooperación, Educación, etc). A mala nova é que os cartos restantes son apenas 400.000,00 euros. Manterase un convenio coa Coordinadora de ONGD (60.000 euros fronte aos 90.000 doutros anos) e quérese sacar únicamente unha convocatoria de Axuda Humanitaria (o cal dí moi pouco da aposta polo sector da cooperación ao desenvolvemento por parte da Xunta de Galicia a pesar das promesas pre-electorais do PPdG). Nuns días se terá unha análise máis polo miúdo do que representa esta redución, que implica ademais o non comprometer partidas en cooperación ao desenvolvemento para o 2014.

En resumo, no ano 2013 non haberá convocatorias da Xunta, nin de cooperación, nin de educación para o desenvolvemento, nin de Fortalecemento. Non haberá convocatoria de persoas bolseiras e elimínase o convenio da Xunta co Fondo Galego de Cooperación
 
Ante esta noticia, faise necesaria unha pequena inxección de OPTIMISMO que mandamos tras a reunión de Voluntariado de onte pola mañá

- É a nosa oportunidade de planificar sen axustarse a un financiador - algo que sempre dicimos e quizais poucas veces facemos.
- É a nosa oportunidade para realzar o valor do voluntariado - o gran potencial de ESF que permítenos gracias ao activismo das persoas facer moito con "moi pouco".
- É a nosa oportunidade para diversificar as fontes de financiamento: Concellos, Universidades, UE, AECID, afianzar e ampliar persoas socias, lei de mecenazgo, crowfunding...
 

A pesares de todo isto non imos deixar de presionar desde a comisión de incidencia da Coordinadora Galega de ONGD, por coherencia e para que a cooperación continúe sendo una política pública e social, xa que non importa onde estean as persoas vulnerables e os sen voz (de ahí o sen fronteiras), contra o que demagóxicamente se está a querer transmitir nos últimos tempos.

Xa rematando, lédevos esta pequena entrada antigua que nos recordar as orixes da asociación: as persoas e a nosa visión colectiva de mundo xusto e solidario :) :
Así que grupos de traballo, xente, seguide cos vosos plans e a vosa ilusión!! E os medios materiais necesarios, buscarémolos onde e como faga falla!! - mantendo por suposto os nosos criterios éticos e solidarios ;)

Agárdanos un ano 2013 cheo de retos como asociación e como persoas voluntarias... así que preparádevos para formarvos e motivarvos realzando o valor do voluntariado como unha forma altruista de crear riqueza social e potenciando esa creatividade que tod@s temos dentro. O plan de formación de voluntariado, que elaboramos onte pola mañá, está orientado nesta dirección. Pronto publicaremos as propostas no blogue para seguir reinventándonos e non desistir na creación colectiva dun mundo cada día un pouquiño mellor.

28 dic. 2012

Un fin de año divertido! :) - noviembre y diciembre en Xunta Directiva

Qué rápido pasa el otoño! Esperamos que no te hayas perdido las entradas de septiembre y octubre y que ahora puedas explicar de carrerilla por qué y para qué tiene ESF Galicia una Xunta DiVERTIDA ;). ¿A qué dedicamos el tiempo libre l@s divertidill@s? 

REPRESENTACIÓN DE LA BASE SOCIAL


Somos las personas de referencia, PERO dada la estructura horizontal de ESF... cualquier persona de la base social ¡representa al fin y al cabo a ESF! La Xunta Directiva y en concreto Presidencia y en su defecto Vicepresidencia son además la representación legal de la asociación. 

FEDERACIÓN DE ISF 


Asistencia  a Junta Federal de diciembre

Convócase para o luns, 3 de decembro, ás 19h30. O borrador da Orde do Día é:

- Presupuesto 2013

- ISF Internacional
- Preparación Asamblea Federal de marzo de 2013, y debates federales
- Proceso Planificación Estratégica
- Indicadores CONGDE


Por parte de ESF Galicia, asiste Tesorería.

Fecha de la Asamblea Federal de marzo (AF)

Se comenta que la fecha propuesta por Junta Federal es una buena fecha. Apuntaosla en vuestros calendarios: 2 de marzo! Un adelanto de temas muy importantes que podrían tratarse

- Transmisión de debates sobre la Federación en las ISF.
- Orientar el proceso federal a partir de marzo.
- Planificación Estratégica Federal - es un proceso abierto: ¿cuál es la misión, valores y visión de la Federación? ¿cuál es nuestra estrategia internacional?


Se requiere la presencia de todas las personas de la Junta Federal y de al menos una persona representante de cada ISF. 

COORDINADORA GALEGA DE ONGD (CGONGD)

Participación na Xunta Directiva da CGONGD


Quérese sumar máis xente, as prazas están cubertas pero queren facer unha XD integradora e buscar xente de outas ONGD. Buscaban a unha persoas que cumprira estas condicións:
- que estea activa dentro de ESF
- que teña certa traxectoria
- a ser posible que fora unha rapaza 


Como asociación queremos ser máis activas na CGONGD. Como individuos ás veces é complicado atopar a unha persoa, ¡porque somos voluntari@s e o tempo non é infinito! De momento quedou a cousa así: Patricia Iglesias Fernández decidiu persoalmente tratar de ser un dos nexos de unión CGONGD-ESF aínda que lle sexa complicado pola súa situación persoal. Asumirá este cargo baixo mínimos pero ¡menos dá unha pedra! Tod@s @s divertidill@s estamos moi orgullos@s pola vontade de Patricia, unha voluntaria exemplar en ESF Galicia 

Asistencia a la Asamblea Extraordinaria de la CGONGD

Celebrouse ás 17 horas en Santiago de Compostela o día 30 de novembro.

O obxectivo da convocatoria é que Asemblea ratifique a nova composición da Xunta Directiva, aprobe a nova Planificación Estratéxica da Coordinadora 2013-2015 e escolla de novo as persoas representantes das ONGD no Consello Galego de Cooperación Internacional ao Desenvolvemento (CONGACODE). A documentación que se enviou foi:


-    Carta de presentación ás ONGD e a orde do día da Asemblea
-    Borrador da Planificación Estratéxica da Coordinadora 2013-2015

- Normativa para a elección das persoas representantes das ONGD no CONGACODE
(Consello Galego de Cooperación) 


adir que un dos temas que ESF Galicia continúa a ter pendente da última Asemblea da CGONGD é unha proposta máis concreta de creación dunha lista de traballo por correo. 
 

RELACIÓN CON OTRAS INSTITUCIONES

Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade de Coruña

A vocalía de EpD asiste ao acto de presentación da nova campaña de sensibilización, que pretende crear unha imaxe fácilmente recoñecible, coa que a comunidade  universitaria se identifique por ser novidosa e creativa. Foi o luns día 12 de novembro, ás 18:00 h no salón de graos (andar 1º) da facultade de Socioloxía (Campus de Elviña). A xornada remata cun pincho con produtos de comercio xusto. Nesta sesión presentouse o vídeo da oficina de difusión do voluntariado. Os comentarios de ESF sobre o enfoque/contido do vídeo achegaránse á oficina antes das vacacións de Nadal.

Reunión con bolseiras de Cooperación da Xunta de Galicia para o seguimento de accións de EpD subvencionadas. 

É un proceso de diálogo e intercambio para o seguimento das diferentes intervencións que se están a realizar ao abeiro da convocatoria de Educación para o Desenvolvemento (EpD) e dos convenios de Fortalecemento e EpD aprobados no ano 2012.

A metodoloxía de traballo consiste nunha primeira reunión coa persoa responsable da intervención na que se contextualizaría o proxecto, aportando información e a súa valoración sobre a execución do mesmo (aspectos positivos e negativos, ideas de mellora, etc.). Posteriormente, se realizaría a visita a algunha das actividades programadas do proxecto en execución. Posteriormente cubrirase unha enquisa online para completar a información. 
 
A idea é
obter unha información máis de calidade sobre como vai a execución dun proxecto que se leva tantos anos financiando desde a Xunta, cales son as metodoloxías de traballo, se houbo algunha evolución nas mesmas, que dificultades se afronta, aprendizaxes en xeral e calquera tipo de suxerencia que gustaría que se tivese en conta desde a Administración. Vamos, non é tanto un "control" ou un "seguimento" propiamente dito senón a apertura dun espazo de diálogo e intercambio coa Xunta, así como fortalecer a formación das bolseiras que tamén somos responsabilidade de todo o tecido da cooperación galega. Quere coñecerse unha valoración das actividades neste ano (a nivel proceso) e tamén unha reflexión sobre a propia evolución do proxecto.


Á reunión asiste a vocalía de EpD o 20 de decembro en Santiago e as bolseiras visitaránnos no obradoiro de teatro social en A Coruña.

VII Jornadas de Cooperación do Fondo Galego


Son o día 30 de novembro en Santiago. Parece interesante asistir, xa que o Fondo Galego financia o novo proxecto solicitado desde o grupo Auga. Finalmente non pode asistir ningunha persoa. 

Posible colaboración con Vicus DT, empresa de investigación tecnolóxica.

Chamou ao local Vicus DT. É unha empresa de investigación tecnolóxica vinculada aos sectores naval e enerxético que quere facerse socia de ESF e participar activamente na asociación. Solicitaron información sobre quen somos e que facemos exactamente que debemos enviar por correo. Ademáis querían saber que vías de participación temos abertas para eles e de que modo poden participar. Mándouselles un email parecido ao da acollida de voluntariado, comentando que queremos ter unha reunión. Mandóuselles tamén en adxunto o resumo da Planificación Estratéxica que se fixo para as persoas socias. A empresa ten unhas 400 persoas traballadoras. As referencias ata o momento son boas. Se a colaboración sae adiante temos que concretar o tema concreto de colaboración para que poidamos xestionalo ben.

TOMA DE DECISIONES OPERATIVA 

La Asamblea Xeral de ESF Galicia delega en nosotr@s la toma de decisiones en el día a día de la Asociación. Es simplemente una forma de que la asociación sea operativa... pero las decisiones se toman en función de las opiniones de toda la base social y pueden ser por supuesto rebatidas de nuevo en la Asamblea. 

Resumen da Asamblea de novembro e calendario ESFeiro



El 17-18 de noviembre tuvo lugar la Asamblea Xeral en las Corderizas, Ourense. El acta se subirá próximamente a la wiki, junto con todas las actas de reuniones del grupo en 2012 y de la Asamblea de Ourense. ;) Desde aquí simplemente... ¡enviamos nuestra enhorabuena a la sede de Ourense por la fantástica organización! A próxima Xuntanza será a do XX Aniversario os días 9-10 de marzo en Santiago. Na Asemblea creouse unha Comisión de Festas para organizar o contacto con persoas socias e antigas persoas voluntarias da asociación. 

Políticas de indicadores

De momento temos na lista unha proposta-borrador de política ambiental, elaborada pola comisión de PICD, que baseouse na de ISF-País Vasco e é moi sinxela. Comeza enunciando a misión de ESF, logo enumérase a adhesión ás políticas, plans ou principios sobre medio ambiente das universidades galegas, xa que é onde traballamos o 90% das nosas actividades. Despois noméanse os principios básicos do que se quere cumplir e o que se propoñe para conseguilo, pero é todo moi xenérico. Con respecto ao formato, faltaría incluír o logo de ESF, pero farémolo coa maquetación final para homoxeneizar os formatos do resto de políticas.

No resumo do próximo mes presentaremos o resto de políticas! 

DINAMIZACIÓN DE TEMAS DE INTERÉS GENERAL 

Este es el trabajo de la Xunta Directiva como grupo, como cualquier otro grupo. La Xunta Directiva se ocupa de velar por temas importantes para la mejora de la estructura, el mantenimiento del rumbo adecuado. La Xunta Directiva tiene una visión global de la asociación... Gracias a una comunicación bidireccional entre Xunta y el resto de grupos se detectan fallos y se promueven sinergias para actuar como un todo... Somos el pegamento que une todas las acciones de los grupos de ESF Galicia! Según todo esto, sobra decir que la Planificación Estratégica de la Asociación es nuestro libro preferido para la mesilla de noche ;) 

Apoyo a la huelga del 14 de noviembre como miembro de la CGONGD

Este é o manifesto de apoio: 

A Xunta Directiva da Coordinadora Galega de ONGD apoia á folga xeral convocada para o 14 de novembro como mostra do rexeitamento ás políticas de recortes sociais e de supresión dos dereitos das persoas que están a afectar, de forma moi negativa, aos colectivos máis vulnerables.  A convocatoria de folga xeral está a ser apoiada por distintas entidades como a Coordinadora de ONGD – España e a Alianza Social Galega, das cales a Coordinadora forma parte.

Para a Coordinadora Galega de ONGD, como organización que representa a 47 ONG de Desenvolvemento que promoven a defensa dos dereitos humanos de todas as persoas, os recortes que están a deteriorar a ensinanza e a sanidade pública, a paralización da lei de dependencia, o repago farmacéutico, as privatizacións dos servizos públicos, os recortes nas políticas de cooperación ao desenvolvemento, o aumento do IVE, a reforma laboral, os recortes na prestación por desemprego e a amnistía fiscal non son a solución para frear a actual crise financeira. Estas medidas, aprobadas o último ano e medio polos gobernos galego e español, están a xerar maiores inxustizas e desigualdades entre a cidadanía e están debilitando o Estado de Benestar.


Ante esta realidade, a Coordinadora Galega de ONGD demanda a aprobación e posta en marcha de medidas xustas que aseguren o cumprimento dos compromisos adquiridos polos distintos gobernos na loita contra a pobreza porque si existen alternativas:


•    Redución do déficit público mediante unha recadación baseada na progresividade fiscal e non mediante a redución do gasto social.

•    Paralización dos recortes nas políticas sociais (sanidade, educación, inclusión, dependencia e cooperación ao desenvolvemento) que afectan ás persoas con menos recursos.

•    Traballo digno que respecte e cumpra cos dereitos laborais, a igualdade de trato e de oportunidades.

•    Defensa dunha política de cooperación internacional coherente co cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM).


Consideramos que existen alternativas e, polo tanto, razóns suficientes para secundar a convocatoria de folga xeral do 14 de novembro e facemos un chamamento á cidadanía para que participe nela.

Desde ESF Galicia, non houbo ningunha proposta de mellora do manifesto e estivemos a favor de apoiar a folga a través da CGONGD. Aquí podedes ler as opinións do debate: 
Opinión 1
Pois apoiaremola, ou? non se me ocorre por que non facelo...

Opinión 2
A mi el manifiesto de la Coordinadora me parece bastante correcto, puede ser mejorable como todo,pero en principio me parece bien.

Opinión 3
eu concordo nos minimos coa cordinadora..e eu creo que a folga por responsabilidade social tense que apoiar

Opinión 4
Como cidadáns e cidadás traballadoras temos o dereito á folga e a obriga moral de facela. Así como criticar a quen non a faga (todo dende o respecto) debido a que quen non fai folga, está boicoteando os esforzos de quen si a fai, e se os que a fan consiguen melloras, estará tamén aproveitándose indebidamente do seu sacrificio, porque facer unha folga é un sacrificio grande polo ben común.

Opinión 5
Concordo coa tónica xeral do manifesto e a nivel persoal o vou a apoiar. Aínda que penso que a fórmula folga xeral dun día varias veces ao ano non é unha medida de presión real, non está a conseguir resultados e está a esgotar as forzas e os ánimos da xente que leva apoiando todas as xornadas (isto falo por casos do meu entorno, non polo meu persoal que é a primeira vez que dende a "alegalidade" vou a apoiar unha folga xeral). Por iso me absteño da parte que apunta Persoa 4 de criticar á xente que non secunda a convocatoria.


Traballo en equipo entre ONGD - proposta da CGONGD


Pensamos en seguir avanzando nas dinámicas do "coworking" entre ONGD combinando esta forma de traballo coa apertura a novas entiades/movementos (ONG de acción social, entidades de economía solidaria...), para aliñarnos cos obxetivos da nosa nova Planificación Estratéica  de fomentar a participación e as alianzas da Coordinadora.
Neste sentido, unha idea fundamental sería facer unha especie de "laboratorio de ideas" ao estilo MediaLab Prado (http://medialab-prado.es/) ou HUB Madrid (http://madrid.the-hub.net/), pero sobre temas socias, é dicir facer unha especie de "laboratorio social" en Galicia

O obxectivo deste laboratorio: aprender a comunicar problemáticas interconectadas (como cambio climático, e pobreza) para promover a mobilización e a transformación;  aprender a facer incidencia política "copiando" a outros movementos ou entidades máis "radicais" e innovadoras, intentar conectar e achegarnos a outras entidadades para crear unha teito común de discurso co que facer frente ao actual modelo neoliberal; analizar e buscar fontes alternativas de financiamento...

Este tipo de "laboratorios" xa existen pero máis ligados ao mundo empresarial, da universidade ou da cultura, a nivel de ONGD si existe unha iniciativa europea chamada Smart CSOs, na que ONG e redes de ONG, como a CONCORD xa traballen neste tipo de modelos innovadores.

A idea sería que a Coordinadora podería impulsar a metodoloxías e dinámicas destes "laboratorios" primeiro de forma interna, entre as ONGD, pero tamén intentando incoporar a outras entidades afíns (tipo as que estamos dentro da Alianza Social Galega).

As persoas idóneas para axudarnos a poñer en marcha este proceso e a dinamizar este laboratorio: 

- Xosé Ramil, que actualmente está levando a cabo unha inciativa semellante para a Coordinadora Estatal que se chama "Laboratorio de iniciativas de participación para ONGD", e que como sabedes traballou para diferentes ONGD e xa traballou connnosco no curso de Comunicación Dixital  e redes socias de Xuño. Aquí tedes a dirección da iniciativa da CONGDE con Xosé Ramil (http://www.colab.mobi/)

- Juan Freire, profesor dea UDC ata fai uns meses e impulsor de espazos semellantes en diferentes sectores (universidade, empresa..). Foi o primeiro referente no que se pensou cando saliu a idea de poñer en marcah o "laboroatorio de ideas". Ten un curriculum moi amplo, e díxonos que como era galego, rebaixaría moito os prezos dos seus honorarios pola ilusión que lle faría ver esta inciativa en marcha en Galicia. 

A iniciativa aínda non comezouse a organizar estase vendo que ideas poden dar as dúas persoas. En principio habería unha parte presencial, con traballo tamén virtual se se forman grupos de traballo en distintos temas.


CÓMO HACEMOS TODO ESTE TRABAJO? 

Por una parte, tratamos de reunirnos una vez cada mes - 2 meses, aunque sea por Skype y tratamos de tener al menos 3 reuniones anuales presenciales. 

Por otra parte, tenemos una lista de correo muy activa, cuya gestión tratamos siempre de mejorar. Cualquier persona de ESF Galicia puede darse de alta en esta lista, si quiere saber de primera mano lo que se cuece en el día a día... así como para tirarnos de las orejas si alguna cosa importante se nos escapa! 

Por último, una parte importante del trabajo de XD se hace a través de las comisiones, grupos de trabajo muy ligados a la Xunta y expertos en un tema, nos ayudan con los picos de trabajo! Algunas comisiones de ESF Galicia son Financiación, Formación, Proyectos, PCR y la muy conocida ultimamente Planificación Estratégica! 

En el mes de noviembre comenzamos a utilizar un google docs con las tareas a realizar a modo de tracker para el seguimiento interno de las actividades.

En el mes de diciembre nos reunimos el día 28 de diciembre en Santiago para tratar los siguientes temas: 

1. Aprobación das Políticas de Indicadores: Colaboración con empresas, Política de compras, Xestión medioambiental, Políticas de inversións financieras, Política de selección
2. Aprobación da firma para facer o Poder notarial de representante de ESF en centroamérica para Cristina Sesto, a nosa nova persoa expatriada.
3. Posta ó día da última Junta Federal
4. Outras xestións  

26 dic. 2012

II Xornadas de Soberanía Alimentaria

Aínda que a entrada a publico eu (Anxo un vello dinosaurio), realizarona Quintelos e Carmen son dous novo/a voluntario/a da sede de Lugo, están son as súas verbas: 

Os días 23, 24 e 25 de Novembro celebráronse en Lugo as II Xornadas de Sobernía Alimentaria co apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, puidemos aproveitar como alumnos a experiencia que o curso ofrecía. Logo de decidirnos a participar activamente en ESF, a primeira actividade na que participamos foi a organización de dito curso.
Trala preparación da actividade, con algún que outro problemiña, pero que entre todos resolvimos rápidamente, chegamos ao inicio do curso o venres 23 de Novembro ás catro da tarde.
Comezamos o curso coa introducción levada a cabo polo noso compañeiro, Xosé Manuel Meira, que comentou como se ía levar a cabo o curso, os requisitos de avaliación e asistencia precisos para poder acadar o crédito de libre configuración e demais dúbidas que podían xurdir no transcurso das xornadas. 
De seguido, María Velasco, tamén unha nova voluntaria na sede de Lugo, levou a cabo unha dinámica para romper o xeo entre os asistentes e ir introducindo conceptos, con moi bo resultado.
A continuación comezou o primeiro relatorio, levada a cabo por Lidia Senra do Sindicato Labrego Galego, baixo o título Principios básicos da Soberanía Alimentaria. Causas da pobreza, acceso á terra”.
Foi unha charla con moi boa acollida, na que maioritariamente se dou o punto de vista respecto á posición do relator pero fomentando un debate constructivo entre os asistentes, que participaron e demostraron a súa boa disposición respeto do curso.
Así remataba o noso primeiro día nas II Xornadas de Soberanía Alimentaria, e tocaba recoller un pouco o local para proseguir ao día seguinte.
Mentras recollíamos e organizábamos as tarefas para o seguinte día, reunímonos os voluntarios, e o noso compañeiro Anxo tivo a ocurrencia de preparar un taboleiro con folios en branco, os cales iríamos cubrindo, ao longo da fin de semana con palabras chave relacionadas coas distintias charlas que se levaran a cabo, para que os alumnos e os propios voluntarios escribisen frases, palabras ou calquera cousa relacionada que lle viñese á cabeza nos descansos programados. Colocámo-lo tablón ao fondo do salón de actos, e deixamos todo no seu sitio para o día seguinte.  Na foto observase o tablón, o coautor desta entrada Quintelos e María López (voluntaria/o da sede de Lugo) 
O sábado 24 pola mañán Pedro Revilla, investigador da Misión Biolóxica de Galicia era o encargado de comezar coas ponencias deste día, falando de “Soberanía Alimentaria desde un punto de vista científico e variedades tradicionais e tranxénicos”.
Primeiramente, centrouse na explicación teórica para despois levar a cabo unha dinámica na que os alumnos se involucraron satisfactoriamente.
Falouse principalmente de millo, das súas variedades, características, dos transxénicos, etc. e durante a dinámica todos debíamos intentar convencer aos demais participantes de que comprasen unha variedade tradicional en lugar de preferir a perfecta mazaroca que se modificou para acadar uns resultados visuais tan espectaculares.
Os alumnos, e nós como tal, divertímonos moito á vez que aprendíamos, buscando a mellor forma de vender o noso producto.
No descanso para o café, observamos que a xente empezaba a se involucrar no curso dende un punto de vista máis persoal, escribindo no tablón cos folios propostos, e aportando novas ideas.
A continuación, tras o descanso, Juan Miguel Moreno, experto en agricultura urbana, realizou a súa ponencia sobre “Agroecoloxía e agricultura ecolóxica. Alimentación e cambio climático. Construcción da biodiversidade. O caso de Cuba”.
Comezou o relatorio sobre este tema tan interesante, coa colaboración dun cubano que coñecía de primeira man a temática da que falaba. Mais a expectativa xerada non lle beneficiou, xa que enfocou o relatorio en diapositivas cargadas con información máis que en explicalo coas súas propias palabras.
Esto fixo que moita xente perdese o fío nalgún momento e non se quedase con parte das cousas que contaba.
Nas fotos da dereita observase o ambiente nas charlas.
Ao rematar deu paso a unha rolda de preguntas, da cál xurdiu un debate de gran interese para o curso no que o alumnado foi moi participativo.
Finalizaba así a xornada matutina, dando paso a un par de horiñas para recuperar forzas antes de proseguir con Francisco Solano Raigón pola tarde.
Francisco Solano, participante activo na Asamblea de Cooperación pola Paz, tratou o tema de “Comercialización de produtos alimentarios. Alimentos como bens especulativos. Modelo alternativo de desenvolvemento, posibles cambios e repercusións”.
Comezábase neste temática cun xogo, proposto para facer máis amenas esas horas despois da comida, cun moi bo criterio, para que os alumnos e tamén os voluntarios se reactivasen e mantivese a atención. Dito xogo, buscaba que a xente adaptase un rol.
Dividíronse grupos según distintos países, e foi de gran interese ver a reacción de todos nós, según a pertenza a un ou outro país. De feito, todos desenvolvimos o noso papel moi ben. En algún casos tomaronse decisións que poderían ser moi criticables, mesmo polas persoas que as levaron a cabo, como declarar unha guerra ou non vender determinados produtos esperando para especular con eles co paso do tempo.
Nestas fotos vese os alumnos realizando o xogo, na foto inferior observase a Carmen, coautora deste entrada e nova voluntaria de Lugo (a rapaza do centro con gafas), negociando polos dereitos do seu país, dentro da dinámica.
A maioría dos alumnos, senon todos, démonos conta do fácil que o teñen algún países e o complicado que é para outros simples accións como comprar ou vender calquera producto. Isto é algo co que vivimos cada día, temos información de todo tipo, ata ás veces por parte dos medios de comunicación, que nos “informan” da situación de outros países, pero ás veces, fan falta xogos coma este, no que adoptando un papel, un rol, un é máis consciente ca nunca das diferencias entre países, neste mundo tan difícil ou doado dependendo de donde che toque vivir.
Todo esto permiteu un debate moi animado ao finalizar a dinámica.
 Tamén se proxectou un video para ilustrar certas actuacións que se están levando a cabo, como a especulación con bens de primeira necesidade coma os alimentos.
Finalmente, chegou a hora de clausurar as charlas deste día, esperando para finalizar as xornadas ao día seguinte.
Chegou o derradeiro día!
Así como empezamos con bo pé, as cousas torcéronse un pouco o domingo.
As nove e media, estaba previsto que tomase parte nas xornadas, como ponente, Raquel Zolle, voluntaria de ESF-Galicia, pero por impedimentos técnicos non pudo chegar a tempo, polo que tivemos que improvisar rápidamente unha actividade interesante e que se correspondese coa temática das xornadas na medida do posible.
Pero como os problemas non veñen sós, a última ponencia do día levada a cabo por A Cova da Terra, asociación para o comercio xusto e responsable tampouco se pudo realizar, esta vez por desorganización interna da sede (pedimos desculpas!)
Aínda así, non podíamos deixar que todo isto afectase á boa disposición que estaban tendo as xornadas e puxemonos mans á obra para solucionar na medida do posible todos estes problemas.
A primeira actuación que levamos a cabo, foi a proxección dun video que é un clásico para nós "A historia das cousas"; dende aquí abrimos debates sobre o consumismo exaserado e introducimos a temática de comercio Xusto e comercio responsable. Isto viuse refrendado por unha dinámica dirixida polo noso compañeiro Xosé Manuel Meira, sobre comercio xusto e comercialización, dividindo o alumnado en grupos e dandolles diferentes rols (agricultores, pequenos almacenistas, transnacionais....).
A continuación, foi o turno de Marcos Ellacuriaga Alonso, voluntario de ESF-Galicia, que se encargou de levar a cabo a temática “Economía para o desenvolvemento nos sistemas alimentarios, posibles formas de orzamento, banca ética”.
Comezou a ponencia explicando conceptos básicos, e foi afondando en cuestións máis centradas, para que o alumnado poidesemos comprender en todo momento do que se estaba a falar e seguisemos a exposición sen problemas.
Na metade da charla, levouse a cabo unha dinámica, na que tivemos que repartir os beneficios xerados por unha empresa propia ficticia. Propoñíanse varios destinos para os que empregar o diñeiro e reflexionouse, falando en porcentaxes, sobre o destino empregado por algúns dos asistentes.
Houbo grandes diferencias nas reparticións e esto fíxonos ver as diferentes prioridades que temos, algunas un tanto cuestionables.
Desgraciadamente, non dou tempo a finalizar a charla debido a un retraso na dinámica anterior, aínda que a xente estaba moi interesada e quería seguir tratando o tema.
Nas fotos da dereita vese o noso compañeiro Marcos Ellacuriaga, impartindo a súa charla.
Descanso para comer, e volta con Xosé Ramón Rodríguez. 
Neste caso, o relator contounos o proxecto de gran interese de “Vida de aldea”, levado a cabo por el mesmo.

Dito proxecto, comezou tras o retiro de seus pais, que lle deixaron ao seu cargo unha explotación, que estaba nunhas condicións un pouco deplorables. De ahí, explicou como foi levando a cabo modificacións para mellorar todo o terreo do que dispoñía ata chegar ao que ten na actualidade, un lugar idílico, onde a xente da cidade pode alquilar unha pequena parcela na que producir os seus propios productos. Falou de como asociacións de diversa índole realizan alí diversas actividades, como rapaces con mal comportamento traballan alí de vez en cando, levabando a cabo obras maravillosas como parte do seu tratamento e como á xente lle gusta tanto o sitio que lle pideu poder facer bodas, comunións, bautizos, etc.
Unha serie de evolucións incribles descritas con imaxes e relatadas por el mesmo que serviron para motivar ao participantes a ser emprendedores e para ilustrar que facendoo ben pódense conseguir cousas moi boas.
A influencia desta charla veuse reflectada na seguinte, que trataba de “Gobernanza local e soberanía alimentaria. Unha aproximación dende o concepto do capitalismo social”, levada a cabo, agora sí, por Raquel Zolle, pechando así as II Xornadas de Soberanía Alimentaria.
Logo da conferencia ofrecida por Raquel, propúxose unha dinámica por grupos, que consistenteu en crear unha empresa e pensar nas súas fortalezas e debilidades, a curto e longo prazo, os bens para poder levala a cabo, etc. Os participantes pensaron nas súas ideas, e entretivéronse contestando ás preguntas realizadas por Raquel, buscandolle remedio ás debilidades dos seus proxectos.
Para finalizar, queremos darvos a grazas a todos os que leestes todo este texto e pedímosvos desculpas se hai algún erro, que non serán poucos.
En especial aos nosos compañeiros da sede de Lugo pola boa acollida que nos deron e pola axuda que nos ofrecen sempre que a precisamos (incluído na realización desta entrada).
Moitas grazas a todos!

24 dic. 2012

ESF asiste a reunión da Plataforma pola Defensa de Corcoesto

Con 'ESF' referímonos neste caso a Enxeñería Sen Fronteiras (Galicia) e a Enginyeria Sense Fronteres (Catalunya). E a 'Plataforma pola Defensa de Corcoesto' pode dicirse que tamén defende Cereo, Valenza, a Costa da Morte e todas as aldeas do mundo... e a auga, e polo tanto a vida.
Onte, nunha das mañás de domingo máis ventosas que recordamos, un vendaval axitaba as nosas cabeciñas por dentro e por fóra. O "Sur" tal e como o coñecemos estaba aquí, reproducindo ese proceso que xa temos visto en Honduras ou Perú: chega unha multinacional, obtén o beneplácito do goberno, extorsiona a poboación local... e o que segue é o que se quere evitar, a substitución dun territorio sustentábel por unha inmensa fochanca que supura arsénico.


Antecedentes
Edgewater Exploration, empresa transnacional de bandeira de conveniencia canadense, faise con varias concesións mineiras na Galiza e en Ghana. Para comezar tramita o Corcoesto Gold Project que abrangue varias parroquias da comarca de Bergantiños e consiste nunha macroexplotación aurífera a ceo aberto con sistema de lixiviación por cianuro. Por citar algúns datos: 774 ha de extensión a profundidades por debaixo do nivel do mar, 2 km de diámetro, 1 millón de litros de consumo de auga ao día, tonelada e media de cianuro de sodio transportado ao día, 100.000 tn de residuos contaminados que ficarán nun encoro, etc.
Desde o primeiro momento, malia as informacións contraditorias da empresa con respecto a promesas de traballo, chama a atención o apoio total ao proxecto por parte da Dirección Xeral de Industria e do Concello de Cabana.


A situación, hoxe
Ante a estupefacción dos colectivos veciñais e ambientalistas que observan o proceso, ven de coñecerse a Declaración de Impacto Ambiental da Consellaría de Infraestruturas/Medio Ambiente, que practicamente asume o Estudo de Impacto Ambiental da empresa co visto e prace de Augas de Galicia e obvia as alegacións presentadas omitindo cuestións como a ausencia dun estudo de impacto socioeconómico (existen explotacións gandeiras e forestais na zona). Ademais facíase público estes días un informe científico do CSIC onde se valora que a reapertura da mina proxectada vai agravar a actual contaminación por arsénico das augas do río Anllóns, afectando a través dos sedimentos o seu esteiro marisqueiro até niveis inaceptables para a saúde humana.
Todo isto derivou na convocatoria desta reunión da Plataforma pola Defensa de Corcoesto. Aquí coñecemos máis datos técnicos e testimonios de intimidacións para venderen os terreos por debaixo do seu valor real. Aquí animamos a xente a informarse, empoderarse, unirse. Aquí nos comprometemos a colaborar nunha loita desigual e duradeira.


É urxente
Impedir que a Xunta declare o proxecto como 'estratéxico' co que se axilizarían aínda máis os trámites a favor da empresa. Un parlamentario do PP recoñeceu nunha entrevista recente que esa é a intención do goberno. A Plataforma baralla levar a cabo accións legais, divulgativas e mobilizadoras nas parroquias directamente afectadas así como concienciar a xente doutros lugares.
Actuemos, para que non se reproduza en ningún lugar do mundo un atentado ambiental como o que por exemplo está a acontecer en Honduras cun proxecto semellante, e que prime o sentidiño: a auga é máis importante que o ouro!

19 dic. 2012

Fracking, que é?

O fracking ou fractura hidráulica é un método de extracción de combustibles fósiles do subsolo, almacenados en estratos de pizarra, polo que tamén se lle conoce coma gas pizarra (shale gas).

Esta innovadora técnica consiste na perforación vertical de ata catro kilómetros de profundidade, e outros tantos en horizontal a través dos cales se inxecta auga e area, xunto cunha mestura de máis de 500 químicos, logo de realizar unha serie de voaduras no interior para fracturar os estratos de lousa. Desta forma o gas é liberado e finalmente extraído xunto cá auga para ser tratada posteriormente nunha planta de separación.

As posibilidades económicas que xenera este método son incalculables, pois fai posible a extracción de unha cantidade enorme deste combustible pola simple razón de facelo viable económicamente. É tal a cantidade deste tipo de gas no mundo que se calcula que podería prolongar nun 30% o noso modelo de vida baseado nos combustibles fósiles.

Agora ben, é realmente e viable? é unha solución enerxética para o futuro? ou simplemente é unha tentadora posibilidade económica?


18 dic. 2012

Un cadáver exquisito: Obradoiros de comunicación e co-creación colectiva

O grupo de comunicación de ESF Galicia colle a caravana esta fin de semana para desprazarse pola xeografía galega co obxectivo de levar as gafas comunicativas aos grupos de Santiago e de Vigo de ESF. Nestas cidades, celebraranse dous obradoiros centrados nas diferentes temáticas relacionadas coa comunicación para o cambio social. Os dous obradoiros serán complementarios, e neles se traballará a parte activa de todo proceso comunicativo: a creación de mensaxes. 

Venres 21 de decembro, Santiago de Compostela

A que hora? De 16:30 a 20:30
Onde? Na Aula 6 da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE), no Campus Vida

Que imos facer?

1) Introdución. Liñamentos estratéxicos de comunicación. Que tipo de comunicación decidimos facer?

2) A comunicación, redes sociais e creatividade
3) Mans á obra. Fagamos algo que poidamos tocar, ver e oir. A Guerrilla de Comunicación. Contracomuniquemos!

4) Remate. Cuestións, preguntar e avaliación. 



TRAEDE REVISTAS E XORNAIS!


Sábado 22 de decembro, Vigo
A que hora? 16h
Que imos facer?
1) Presentación do obradoiro. Caravana Comunicativa e Cadaver Exquisito (Compostela)
2) Diferenzas entre comunicación e información.
3) Xoguemos coa linguaxe. Malabares coas palabras.
4) Creación colectiva de mensaxes
5) Despedida da caravana

TRAEDE GAÑAS!

14 dic. 2012

A pregunta como resposta

Xa está aquí o segundo dos artigos sobre TpDH enmarcados dentro do proxecto de Educación para o Desenvolvemento que conta co apoio de Cooperación Galega. Despois de que Ton Ríos nos (Re)Definira Tecnoloxía Apropiada chéganos un escrito redactado a catro mans por membros da Universidade Cromática das Virtudes.
"A Universidade Cromática das Virtudes preséntase como unha comunidade aberta, plural, unha agrupación de seres calquera, sen identidade, que posúen a característica común da non pertenenza e, polo mesmo, da súa condición de sentirse na casa en calquera lugar, como un fogar espiritual e libre de contaminación ideolóxica. Andamos na procura dun pensamento adecuado á nosa leve preocupación polas cousas que crea a cor do mar e o aire que se respira nas nosas cabezas. Invitamos a aquel ser máis impersoal a que se una neste conxunto de iniciativas que xiran en torno á organización de actividades culturais de diversa índole, tales como a realización de ciclos de cinema, festivais, exposicións de foto e debuxo, ou publicacións gráficas, revistas… permanecendo abertos ás posíbeis propostas que se orixinen ben dende dentro, ben dende fora da asociación, pero sempre no eido da comunidade."

 A UCdV define a súa aportación a este proxecto como unha análise do discurso imperante [...] de cara a poñer en dúbida os grandes conceptos que se manexan ao respecto. [...] consideramos que a nosa aportación non debe ir no camiño de achegar solucións prácticas aos problemas, senón máis ben a de facer preguntas, deixando claro que non é a pretensión deste texto dar unha resposta pechada ás mesmas.
[Para poder chegar ao noso obxetivo] procederemos en primeiro lugar a ocuparnos da cuestión do desenvolvemento e a súa relación co índice de desenvolvemento humano, tratando de poñer en cuestión a máis que asumida afinidade entre dito índice e o desenvolvemento como tal. En segundo lugar, abordaremos a cuestión do exotismo, preguntándonos se non subxace a toda práctica de exportación tecnolóxica [...] a idea de pulir a diferencia. [...] profundizaremos na aparente discontinuidade entre o formalismo ético, no plano do discurso, e os postulados próximos a unha ética situacionista no plano da praxe. A continuación, indagaremos na posible influencia de occidente e a súa exportación tecnolóxica nas sociedades receptoras e o seu devir. Finalmente, tentaremos de interrogarnos sobre a posibilidade de entender o diálogo entre o capitalismo tecnolóxico no que estamos inmersos e os postulados de Schumacher apoiados na tecnoloxía de rostro humano. A modo de conclusión, faremos unha achega ao “porvir tecnolóxico” apoiándonos naqueles que, dende a novela de ficción, entenderon que o vínculo entre tecnoloxía e sociedade encamiñábase [...] cara a distopía.

5 dic. 2012

Resumo blogueiro mensual: novembro 2012


CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Blogue materia de cooperación da UDC
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
  • Outras canles ISFeras
  • Enlaces de interese
  • Publicacións en físico
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

O mes de novembro foi intenso na asociación. Tivemos a Xuntanza de Base Social coa Asemblea de Socios por primeira vez en Ourense (hai que felicitar as persoas da sede máis nova de ESF Galicia polo gran traballo de organización que fixeron). Tamén puidemos coñecer os temas que se trataron na Xunta Directiva en verán e setembro. Pódese ver a crónica dos obradoiros sobre Educación para o Desenvolvemento que se impartiron en Lugo e Santiago dentro dos cursos da USC sobre Voluntariado, así como coñecer máis sobre a Iniciativa Cidadá Europea polo Dereito Humano ao Auga. Houbo tempo tamén para reflexionar sobre a Federación de ISF que queremos e tamén sobre a Coordinadora Galega de ONGD que queremos (entidades ambas ás que ESF pertence). Ademais, podedes coñecer aos nosos socios locais de Honduras, Nicaragua e El Salvador a través dos seus representantes que participaron no Foro Internacional da Auga que celebrouse en marzal.




BLOGUE HONDURAS

En novembro se fixo unha recompilación do traballo que se está a realizar no país no eido do desenvolvemento rural e a soberanía alimentaria. Aquí podedes ver un resumo onde se ve de xeito integral en que consiste o programa.




BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC


Continuou a inactividade neste blogue, co grupo recargando as pilas para o inicio do novo curso.



OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!!
  • Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Blogue de Proxectos de Nicaragua como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2006 e 2010
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.



OUTRAS CANLES ISFERAS



ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD


Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 


Mundo



Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano


Voluntariado





PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e as persoas da base social de ESF poden solicitalas para préstamo).

Aquí podes ver moitas das publicacións disponibles xa catalogadas e tamén podes solicitar fondos da biblioteca da Coordinadora Galega de ONGD

Este mes:

  • Los niños esclavos. Martin Monestier.



E NO PRÓXIMO MES ...



Para máis info sobre cursos e eventos en Galicia consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD




A ESF-RASE DO MES

Se hai camiños os seguiremos, se non os hai nolos inventaremos.
Amilcar Barca