28 oct. 2012

FALANDO EN OURENSE SOBRE ALTERNATIVAS FRONTE Á CRISE

Amigos, desde a sede de Ourense de Enxeñería Sen Fronteiras temos o pracer de convocar a seguinte charla-reunión:

ALTERNATIVAS FRONTE Á CRISE: Asociacionismo e cooperativismo. 

Coas seguintes intervencións:
-Asociación FIARE, banca ética. Economía sostible.
-FENTO, comunidade de redes. Cooperación e solidaridade

Por favor dádelle difusión nas vosas redes sociais, a todo asistente pertencente a ESF ten un regaliño de parte da nosa incipiente sede, saúdos a todas e todos, Xosé

O sábado 3 de novembro ás 12.00h no Auditorio Municipal de Ourense, Rúa da Canle 2

24 oct. 2012

Aberta a matrícula para as II Xornadas de Soberanía Alimentaria

Os vindeiros días 23, 24 e 25 de Novembro Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza as II Xornadas de Soberanía Alimentaria, co apoio financiero de Cooperación Galega da Xunta de Galicia. O curso é de balde, recoñecido con 1 crédito de libre configuración (pendente de confirmación) para o alumnado do Campus de Lugo, excepto Facultade Humanidades, E.U. Enfermería e E.U. RRLL. As xornadas estarán divididas; venres 23 pola tarde (16:00-20:50), sábado 24 (9:30-14:00 e 16:00-20:50) e domingo 25 (9:30-14:00 e 16:00-20:50). Realizarase na Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, Campus de Lugo.

 

Neste correo lugo@galicia.isf.es podédevos matricular e dirixirvos para calquera dúbida sobre o programa, as persoas formadoras e ás inscricións. Esperamos contar coa vosa participación! 

A continuación podes ver máis detalles. Axúdanos a difundilo!

22 oct. 2012

Elaborando a planificación estratéxica 2013-17: visión colectiva

O pasado día 19 fixemos un obradoiro para compartir a última etapa da elaboración da planificación estratéxica de ESF Galicia. Alí lembramos brevemente a misión, principios e definicións xa elaborados, falamos sobre o modelo de comunicación que ESF buscará (vertical centralizado nun grupo de comunicación vs. mixto coa responsabilidade da comunicación nos distintos grupos apoiados por un grupo de comunicación: este último foi o elexido tras unha simpática dinámica con puchos de cores incluidos) e tamén pechamos as matriz de liñas estratéxicas desenvoltas.  



Ademais, e este é o tema principal deste post, estivemos traballando sobre a visión sobre ESF en 2017, compartindo os resultados da enquisa de orientacións que nos deu pistas sobre ela, pero tamén, e mentres todo o mundo respiraba fondo, se relaxaba e pechaba os ollos, alguén leu a seguinte historia que compartimos aquí:

----------------------------------------------------

Todas las personas que hay aquí sois ESF ahora. Pero todo empezó un día que estabas tranquilamente en tu rincón, ese que tienen todas las personas donde se sienten seguras y cómodas, y algo empezó a incomodarte. Algo que hasta ahora nunca había alcanzado ese rincón. Ese algo es que no estabas completamente conforme con lo que pasaba a tu alrededor, o en otras zonas del mundo. Hasta ahora tú intuías eso, o lo sabías, pero habías conseguido que no te molestara en tu rincón.

Música 2

Un sueño inquieto se apoderó de ti y soñaste. Soñaste con una mujer muy muy mayor, que irradiaba bondad y sabiduría...

         - No pienses ni por un momento que te voy a atiborrar de pastillas, ni de las rojas de la dolorosa super-sabiduría ni de las azules de “sigue viviendo bien en tu ignorancia”. ¿O es que me ves pinta de camello? La vida transcurre siempre entre esos dos polos, aprende a equilibrarlos y aunque a veces se atraiga más uno y otras más otro, nunca dejes de soñar.


Entonces despertaste y, ademas de ser consciente de que en el mundo había cosas que no te gustaban, decidiste que además querías que fueran de otra manera. Así, como el aire, fuiste a recorrer los sitios que conocías o te apetecía conocer y te mezclaste con otros aires esferos que también hoy están aquí. Y, viéndolo todo pequeñito allá abajo, pero pudiéndote acercar con un rápido planeo si lo deseabas, imaginaste como querrías que fueran esos lugares donde trabajas con esos otros aires dentro de 5 años, como querrías que estuvieran las personas con las que trabajarás en esos próximos 5 años (no sólo aquí, sino también en el resto de lugares donde ESF trabaja, porque no hay fronteras para la imaginación). ¿Cómo estarán las organizaciones con las que trabajamos, los socios locales, otros socios de trabajo?¿Y en ESF, qué estaremos haciendo, como nos relacionamos, qué haremos de forma diferente a hoy, por qué te sientes mejor en ella que hoy?
Tras disfrutar un ratito del vuelo viendo ese futuro soñado, cuando vuelves a tu rincón y te despiertas, esa incomodidad que antes te molestaba, ahora te impulsa a moverte y a actuar! La anciana te sonríe...
---------------------------------- 

Ao final, todo o mundo tivo que escreber brevemente unhas notiñas contando o que viu no su vó. En 5 aniños, que é ESF?, que fai?, para que o fai? como está a xente coa que traballamos noutros países? e aquí? e nosos socios? (a visión debe ter que ver tanto coa organización--->máis interna; como co o entorno no que traballamos----> máis externa).

Como non nos deu tempo a construir a visión final redactada axeitadamente (bos consellos de redacción das visións se poden ver nas páxinas 17 e 72 deste recomendable manual sobre Visión Colectiva: somos lo que soñamos, dos nosos compañeiros de La Cuculmeca, mesmo cunha lista de comprobación na páxina 76 a ver se realmente queda chula), deixamos até o venres 26 de outubro para que enviedes a sergio.fernandez(arroba)isf.is a vosa proposta (se sodes persoas voluntarias, socias ou contratadas de ESF, ou sexa, base social, pero tamén se sodes seguidores ou simpatizantes e vos apetece aportar algo sobre para vós como debería ser ESF Galicia en 2017!!). A comisión de planificación fará a versión final en base ao que mandedes e ás orientacións extraidas da enquisa e discutidas no obradoiro (a iso si que deu tempo!).

Os que estivestes na dinámica da "meditación visionaria+pregunta da miragre"  xa podedes empregar o que escrebestes (lembrade o que sentiades nese vó...). Se queredes coñecer máis dinámicas para facilitar a construción da visión, o manual mencionado vos axudará moitísimo.

EXEMPLOS

Un exemplo de visión motivante e "literaria"
Sono cun país libre, onde non haxa diferencias entre brancos e negros"
M.L.K.

A visión de ESF da anterior planificación 2007-12 (máis "académica" e baseada nas orientacións, se ben faltaba a compoñente de visión externa):

-Manterémonos como ONG-D de referencia en TpDH no mundo da cooperación en Galicia.
- Manterémonos como ONG-D de referencia en EpD nas Universidades galegas. - Priorizaremos o traballo en rede.
-Teremos unha maior base social que:
  •       será participativa,  
  •       poderá influír nas decisións da organización, 
  •       estará formada por profesionais, profesores e estudiantes moito máis comprometidos e estará apoiada por persoas contratadas. 
-Teremos unha base económica diversificada que nos permita unha maior independencia.
-Teremos unha organización consolidada e eficiente.
-Seremos máis transparentes.
-Impulsaremos e desenvolveremos proxectos propios de incidencia e intervención.

20 oct. 2012

#falandocospartidos

Nas dúas últimas semanas antes das eleccións galegas do 21 de outubro, estivemos facendo preguntas coa etiqueta #falandocospartidos aos 6 principais partidos (segundo as enquisas) vía twitter (ao twitter oficial dos partidos, non dos candidatos) en 4 temas que nos preocupan. Velaquí as respostas (destacar que CxG contestou ás 4, o PP a dúas, UPyD a 1 e o resto a ningunha):


-->
SOFTWARE LIBRE

Estarían dispostos a priorizar o uso do #softwarelibre na administración pública? #falandocospartidos #21O


Compromiso x Galicia ‏@Compromiso_xGal

@ESFGALICIA por suposto, supón un aforro importante e permite o desenvolvemento de ferramentas abertas para todos. Grazas!


PP de Galicia ‏@ppdegalicia

@esfgalicia fortaleceremos os mecanismos de formación,difusión e respecto aos seus modelos de desenvolvemento http://ow.ly/ekt9v (p.176)


UPyD Galicia ‏@UPyDGalicia

@ESFGALICIA Lo hemos propuesto en varias instituciones, estamos a favor del Software libre en las instituciones públicas, sí ;)


José M. Devesa Núñez ‏@josemdevesa (concejal do PP no concello de Oleiros)

@ESFGALICIA teneis un problema en vuestro planteamiento en este momento ya se usa software libre en el proyecto ABALAR da C. Educacion

Enxeñería SF Galicia ‏@ESFGALICIA

@josemdevesa Coñecemos ABALAR e tamén os problemas que ten a pesar de ser un avance.Desgraciadamente Educación é só unha parte das AAPP...


Andrés Estévez ‏@andres_aec




--------------------------------------------------------------------------
ENERXÍAS RENOVABLES

Priorizarán a I+D+I e uso das #enerxiasrenovables fronte as non renovables? #falandocospartidos #21O


Compromiso x Galicia ‏@Compromiso_xGal

@ESFGALICIA Por suposto.Queremos implantar un novo modelo económico baseado na innovación e o coñecemento,dende a educación ata a industria.




----------------------------------------------------------------
AUGA PÚBLICA

Priorizaredes a xestión pública da auga respecto a sistemas de tipo privado ou público-privado?



Compromiso x Galicia ‏@Compromiso_xGal

@ESFGALICIA si, con medidas como a derrogación da lei de augas que serve para privatizala.

PP de Galicia ‏@ppdegalicia

@ESFGALICIA continuaremos executando novas infraestruturas de abastecemento de acodo co Plan Auga (páx.198 http://xurl.es/115c0 )





-------------------------------------------------------------------

SOBERANÍA ALIMENTARIA

Tendes previsto no voso modelo agroalimentario priorizar a #soberaniaalimentaria de Galicia? #falandocospartidos #21O

Compromiso x Galicia ‏@Compromiso_xGal

@ESFGALICIA falar de soberanía nun mercado globalizado é difícil. Apoiar a productores e comerciantes galegos e ao cooperativismo é realista

18 oct. 2012

El verano en Xunta Divertida :) - Junio

El verano nos trajo consigo multitud de temas interesantes... ¡Sigue leyendo para enterarte de todo! 

A) EL DÍA A DÍA EN LA LISTA


Formación de pequeñas ONGD en la Coordinadora

Las ONGD pequeñas están débiles y precisamente no son capaces de aprovechar las convocatorias que podrían favorecerlas como Fortalecimiento, EpD o Microproyectos  porque cometen fallos a la hora de presentarse a las convocatorias.


Se ha pedido un resumen de los principales fallos detectados en los proyectos presentados en estas dos convocatorias. Las ONGD como ESF Galicia, Entreculturas, etc. a las que nos va tradicionalmente bien en las convocatorias organizaremos una formación para aquellas a las que no les va tan bien. Finalmente ESF Galicia imparte el taller de Fortalecimiento y el de Proyectos. Será en septiembre. 

En Xunta Directiva se piensa que se puede aprovechar para exigir algunas condiciones en la Xunta de Galicia desde la comisión de incidencia de la CGONGD: 

1.- Adaptar sus formulaciones, justificiones, etc., a los de AECID, incluidos plazos. Esto reduciría la carga de trabajo de la gente y por tanto las formulaciones tendrían más calidad.

2.- Las formulaciones deben ser publicadas en la página web disponibles para ser vistas por todo el mundo una vez han salido las resoluciones.

3.- Las resoluciones o las formulaciones publicadas en la web deben salir "corregidas". Es decir, explicando los baremos que se han empleado para evaluarlas y el porque de una nota u otra. Además de poner la nota.

En cuanto a las formulaciones, ESF ya tiene aprobado que se podrían colgar en nuestra web/blog las formulaciones de subvenciones concedidas, solo que nunca se ha hecho (solo se hace con las evaluaciones externas).

Alta en la lista de persona expatriada

Parece una buena propuesta. Las otras dos personas contratadas de la asociación ya están en esta lista habiendo sabido mantener la actitud adecuada de dejar a los voluntarios protagonizar la XD aportando sus opiniones de la forma adecuada, así que es un incoveniente que el expatriado no esté también en la lista y tiene ventajas.

Atrasos pagos Xunta de Galicia

A Secretaría Técnica da Coordinadora escríbenos para comentarnos que un total de seis ONGD temos atrasos nos pagos das segundas anualidades das convocatorias da Xunta 2011. Dende a Coordinadora ofrecénnos a sede para ter unha reunión presencial para tratar este tema. Cada proxecto ten as súas pecualiaridades (nos motivos dos atrasos) e en todo caso sería interesante ver como se pode xestionar esta situación coa Xunta de forma conxunta. Quedan á nosa disposición para todo o que precisemos: reunirse con nós, convocar unha reunión coa Dirección Xeral, achegarvos máis información, etc.

No noso caso, temos atrasos da Xunta da segunda anualidade do proxecto de Agro que está solicitado o pago dende hai 2 meses (desde cooperación galega xa dixeron que non saben cando pagarán, que eles xa cursaron a solicitude e estaba todo o orden, pero o pago depende de Economía e Facenda).Varias ONG das afectadas se pronunciaron xa a favor de facer reunión con Cooperación Galega. 

Se piensa que si Cooperación Galega dice que no depende de ellos es mejor solicitar una reunión conjunta con Economía y Facenda. 

Posteriormente se nos informa de que: 

- A Coordinadora púxose en contacto coa Subdirectora Xeral de Cooperación para pedir unha versión oficial sobre a causa dos atrasos nos pagos das segundas anualidades das convocatorias 2011 (EpD, Fortalecemento e Proxectos no Exterior) e convenios para 2012. Segundo explicaron, actualmente estanse pagando os proxectos que no mes de abril estaban fiscalizados, é dicir, que a orde de pago foi mandada a Tesourería. Existe un problema de liquidez nas arcas da Xunta, motivo polo cal estes pagos estanse a facer por tramos e na orde correspondente aos proxectos que se xustificaron antes. Ademais, segundo dixeron, estáselle dando prioridade aos proxectos pequenos que teñen menos fondos asignados, é dicir, EpD e Fortalecemento, co cal, os proxectos no exterior ou convenios poden atrasarse aínda. O que si que nos aseguraron, é que os pagos faranse efectivos. É dicir, que non hai risco de impagos. Pero os prazos dos proxectos que aínda están pendentes non poden aseguralos.

- Por outro lado, a Coordinadora Estatal pide as ONGD que teñen atrasos nos pagos de calquera administración, que cubran unha mini enquisa (2 minutos) para ter todos os datos e facer presión ao Ministerio de Facenda, "como último órgano decisor y al Ministerio de Asuntos Sociales y al MAEC, para conseguir un decreto similar al de provedores, que permita a las CCAA y entes locales hacer frente a las deudas de subvenciones que tienen pendientes."

Entrega placa a Xunta de Galicia

Se trata de la placa que la Alcaldía de Marcovia ha hecho para entregarle a la Xunta de Galicia por su apoyo en el proyecto de Las Lajas. Trataremos de quedar un día con la Subdirectora Xeral de Cooperación para hacer la entrega y darles el agradecimiento de parte de la Alcaldía de Marcovia. Has encontrado ya la entrada que hace referencia a esto?? ;)

Informes de valoración de formulaciones de proyectos 

Los informes de las cuatro formulaciones de este año (EpD, Fortalecimiento y 2 PICD) se han pedido a la Xunta de Galicia y están a disposición de la base social. Todavía no los has leído????


Acogida progresiva de personas en el grupo de Xunta Directiva

Se ha puesto en marcha como prueba piloto. Algunas personas se han dado de alta en la lista como oyentes antes de formar parte de XD. Otras personas se han dado de alta más adelante, poniéndoles en copia de temas más importantes. Las valoraciones de la acogida progresiva han sido positivas por parte las personas implicadas y las demás. 

1- Yo me encuentro a gusto, aunque en estos momentos con más ganas de hacer cosas e ideas que tiempo material para hacerlas :S jejeje A veces me agobio un poco con la lista de cosas pendientes pero creo que trabajamos un montón y muy bien... y además nos lo tomamos con humor y alegría, eso es lo que más me gusta.  ;)

2- Eu estou bastante a gusto tamén. Levo xa uns anos en ESF pero a miña visión parece que nunca foi más aló da miña sede e estou a darme conta que ando moi perdido en como funciona a asociación a nivel global (e da federación nin falamos). Inda me sento un pouco perdido pero mais que nada por causa miña, situación que tentarei remediar nos próximos meses de verán. Por outra parte estou bastante motivado (sobre todo despois da última reunión da XD, a pesar de non estarmos tod@s) gracias a que a XD é un grupazo e hai un humor e un bo roio que imposible non estar a gusto ;)

Foro Galego da Solidariedade

O día 13 de Xuño tivo lugar en Vigo no salón de actos do edificio da Xunta, o Foro Galego da Solidariedade, adicado as persoas nas organización solidarias.

O Foro quere propiciar conversas sobre as relacións entre todas elas, sobre todas elas. Falaremos para entendernos e ser máis efectivos na tarefa de transformación cara mellor do mundo que compartimos. Propiciaremos 8 temas distintos para a conversa, que se iniciará tentando dar resposta a preguntas significativas sobre os temas. Trátase de compartir experiencias, ideas, opinión, e en definitiva charlar e reflexionar  en base a preguntas que dirixen a conversa. 
Finalmente non puido asistir ninguén. 
  
Relevo de la persona expatriada - despedida 

Mensaje de Victor: 

Tenía pensado comentarlo en persona o por skype, pero creo que es mejor avanzarlo cuanto antes...(por ahora lo sabe alguna persona de ESF y mis grandes compas Paola y Sergio). Estuve estudiando mi vida, y he tomado la decisión de dejar Honduras este diciembre; 18 meses me parece un buen periodo a nivel de curre, y es un buen momento dejando programas cerrado y con pasta garantizada para por lo menos un año completo de la persona que me releve. A nivel personal considero que 18 meses también es un buen periodo. Es un asunto muy meditado, y creo que es bueno que se sepa con antelación... para ir pensando en el proceso de selección, y en algún otro asunto tipo vuelos y gestoría.


Se tiene que crear una pequeña comisión para la búsqueda de un nuevo/a expatriada/o. Se buscó gente con experiencia en este tipo de procesos de selección y se abrió a quién quisiese de la asociación, así que en esta estará la vocalía de proyectos, una persona más de XD, y también se enviará la propuesta a la lista general y se animará a la gente de los grupos de PICD.



PCR para profesorado y PAS de la UdC


Han llamado de la UdC y este año no sacarán la convocatoria 0'7 porque tienen muy pocos fondos, así que han propuesto un PCR para profesores, PAS o PDI. Si nos parece bien y tenemos en mente a alguien que pueda ir tendríamos que enviar en el mismo día el perfil que estamos buscando con las actividades que desarrollaría.  

No se ve como PCR sino como visitas técnicas a terreno. Parece bien proponer unos perfiles si luego tenemos potestad para decidir a quién mandamos. La estancia es de entre 1 semana y 1 mes. Se han enviado cuatro perfiles relativamente generales y se proponen condiciones como las que le ponemos a los PCR: implicación futura con ESF como voluntariado, charlas de sensibilización, etc., a mayores de las que les pedirá la OCV. Si salen personas candidatas se concretará la propuesta.

Petición de proxecto de fin de carreira


Un estudiante de enxeñería industrial da universidade de Vigo achéganos a súa idea de facer un proxecto "solidario". Gustaríalle saber se a traves de ISF se poden realizar os proxectos fin de carreira, que se ofrece para facer e un pouco de información acerca de como se traballa. 

Unha persoa de Vigo quedará con él para ver si la propuesta puede seguir adelante, tanto por nuestra parte como por la suya. 



Reunión informativa sobre as ordes de subvencións 2012


O vindeiro 29 de xuño está prevista a celebración por parte da Subdirección Xeral de Cooperación Exterior dunha reunión informativa na que se abordarán as principais novidades das diferentes Ordes de subvencións 2012, con especial incidencia nas modalidades de execución, obrigas das entidades beneficiarias, prazo e forma de xustificación das subvencións, etc. Por ESF Galicia asistirá o técnico de proxectos. 

B) PREPARANDO REUNIONES Y ASAMBLEAS

Carta de manifestaciones para auditoría

Si queremos entrar en fecha para los requisitos de Utilidad Pública, las cuentas deben ser presentadas en registro antes del 31 de junio, y para eso necesitamos aprobar las cuentas en asamblea, y para esto debemos tener el informe de auditoría. Para todo esto, es esencial que las actas de las asambleas y los registros en los que estamos dados de alta estén actualizados. Es un tema de gestión básico muy importante. 

Asamblea Extraordinaria 28 xuño

Se convoca para la aprobación de las cuentas auditadas.

Asamblea Federal Extraordinaria


No ha podido ir nadie de ESF Galicia a la Asamblea Federal Extraordinaria. Es un momento importante en el que hay que estar. Irá una persona pero es parte de la Junta Federal. Puede representar a ESF Galicia pero es una situación que no se debería dar en el futuro. La otra opción es excusar la asistencia. 


Si desde Junta Federal se puede hacer algo para acercar la Federación a las asociaciones debemos decirlo y trabajar todos juntos en ello. 


Resumen reunión de presidencias de la CONGDE

Informe enviado por la secretaría ejecutiva de la federación ISF: 

Se ha tratado de presentar a la nueva junta, deseosa de poner en práctica una nueva política de relación con el sector, más comunicativa y participativa, en un tiempo que se antoja agitado.

Más de 50 entidades nos hemos dado cita allí, se nos ha explicado un poco la nueva estructuración de trabajo en tres comisiones (incidencia, movilización social y fortalecimiento del sector) donde se van a a agrupar los grupos que actualmente están funcionando y se ha hablado un poco de las cuentas federales. 

La CONGDE vive al 55% de la AECID, al 15% de Fundación La Caixa y al 30% de sus propias cuotas. De la parte de la Caixa, del Banco de Santander (SomosAsí) y de la reflexión que debemos hacer sobre nuestra coherencia como entidades, hemos hablado algunas entidades, en el debate que se ha abierto a continuación de la exposición que la Junta a hecho de lo anterior. 

Es evidente que se nos convocaba para estrechar lazos y seguir de cerca acontecimientos, estrategias y decisiones a tomar. Han surgido ideas que se han recogido y que espero que nos pasen en el acta, pero en general se habla de endurecer el discurso y la acción contra los recortes; de avanzar hacia la movilización y la conexión con los sectores que más lo están haciendo; de cambiar el discurso hacia la redistribución de la riqueza; de no perder de vista la necesidad de salvar una política pública de cooperación; de asumir que este el momento de actuar, que en unos meses estaremos asfixiados y sin capacidad de maniobra.

También se mascan las diferentes prioridades y el riesgo de construir discursos vacíos: VSF y yo mismo hemos apelado a la coherencia y a la necesidad de exigírnoslas con nuestros financiadores si queremos incorporarnos a una sociedad civil en pie de guerra ya. Pero es evidente que hay mucha gente más preocupada en salvar estructuras que en tener una visión completa de todo lo que está pasando, y no admitir que ciertos comportamientos alimentan el sistema contra el que supuestamente luchamos. También se detecta preocupación de alguna gente por abrir debates que van a perder seguramente, como el mismo tema de la cooperación empresarial y financiera.

Significativa la carta que varios comités de trabajadores de diferentes entidades han hecho leer, exigiendo mucha más transparencia y coherencia, de nuevo, con los valores que se defienden desde nuestras entidades.

El 20 de septiembre habrá otra reunión, esperemos que no sea tan urgente como esta, que en realidad tampoco era tan trascendental. Por la mañana, he aprovechado para hacer algunas gestiones con el COGITI y el Colegio de ingenieros técnicos industriales de Madrid, con el objetivo de facilitar un lugar de trabajo para GSI, que como sabéis se tralada a la capital en los próximos meses. De momento, nada confirmado.

C) TAMBIÉN LE DAMOS VUELTAS AL COCO

Incineradora non

Se debatió en las listas de voluntariado de ESF Galicia el contenido del manifiesto de cara a una posible adhesión como asociación. En Xunta Directiva se ha votado a favor de la adhesión. 

En este link se puede leer el debate:


Más información: 

A 'Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe' vén de publicar un Manifesto bastante completo sobre a política actual na xestión dos residuos, asinado por Amigos da Terra, Federación Ecoloxista Galega, Adega, Verdegaia, Organización Galega de COmunidade de Montes veciñais en Man Común, Partido da Terra, Esquerda Unida, Sindicato Labrego Galego, EQUO Galicia, Colectivo cidadán Anacos de Cidade, Acción Verde Galicia e Sociedade Galega de Historia Natural:

Esto naceu dende dúas plataformas con motivacións lixeiramente distintas que agora están aliadas porque teñen un obxectivo é común, evitar esa incineradora en O Irixo. Unha delas xa ven moi de atrás, e está en contra da incineración (e polo tanto do sistema máis usado por SOGAMA) como sistema sustentable de tratamento de resíduos, e ven de militantes ecoloxistas. Os outros son máis de tipo veciñal, que reaccionaron agora ante esta amenaza (esta última encaixaría máis como NIMBY).

Nestes enlaces atopades algúns artigos de prensa:

Últimas noticias, polo visto a Xunta "ameaza" con levar a incineradora a outro lugar: http://praza.com/politica/273/o-pp-segue-a-recuar-coa-incineradora-estara-no-irixo-ou-noutro-lugar/

Rede Agoráns

Hay una propuesta para que la Federación de ISF se integre en la red de ONGD "Agorans", con todo lo que eso implica. Este tema se tratará y si procede aprobará en la Asamblea Federal Extraordinaria de junio, por lo que es muy importante que las ISF lo estudien y analicen detenidamente.

No tendría mucho sentido que la Federación entrara en una red que no comparten las ISF, ni que las ISF no establecieran lazos con las ONGD con las que nos estamos asociando. Igualmente es importante que las ISF que trabajen con otras redes lo expongan, porque también puede ser que tengamos otras organizaciones con quien asociarnos.

Es necesario entrar en una red sólida pero es crucial que entremos como "bloque": Federación + ISF. 

La idea es que la coordinación de la red siga en Barcelona, pero que todas las organizaciones tengan carácter estatal, si así lo aceptan sus estructuras a esa escala. El objetivo es hacer masa crítica de un tipo de organizaciones que escasean (asamblearias, independientes, con un sentido político del desarrollo y sin distinciones entre Norte y Sur para su acción), en un momento especialmente crítico en el que hay que ocupar espacios donde se puede hacer incidencia política y llevar esa visión. Estas son las organizaciones que forman parte: 


Hay una lista de políticas federal donde se va pasando la información que genera AGORANS. De hecho en la CONGDE ya nos coordinamos también con todos ellos, y eso nos da algo más de repercusión y poder de incidencia, pero podría trabajarse bastante mejor, esa es la lectura que hacemos las organizaciones que actualmente estamos en la plataforma.
  
Campaña de personas socias de ESF Cataluña


Opinión 1:
Así nunha visual moi rápida...a verdade é que ten unha pinta estupenda!!
O motivo que escolleron é axeitadíiisimo para nós ... ;-) !
Veremos cales son as vindeiras partes!

Opinión 2: 
Yo tengo muchas dudas sobre cuál es la mejor manera de hacer un campaña de socios (muchas de las que veo en otras asociaciones no me convencen mucho). 
¡Me gusta el estilo de esta! ¿Podríamos pensar en algo así?

Opinión 3: 
De acuerdo con que las campañas de captación de socios suelen crisparme un poco. Imagino algo que encaje dentro de la filosofía, centrándose en crear más "una persona concienciada" que en "alguien que ponga pelas".
Esta de ESF Cataluña non me disgusta, é un bo formato. Ten o estilo que se comezara a facer co das video-entrevistas dos voluntarios, recordades???
  
Opinión 4: 
De acuerdo con 3 y añado que el que el objetivo sea gente implicada hace que lo de "poner pelas" tenga que ser solo un peldaño más (que mucha gente prefiere dar porque en ese momento no puede implicarse de otra manera, pero es cosa nuestra hacer el esfuerzo de comunicarle lo que estamos haciendo y pedirle implicación también en movilizaciones, sensibilización etc.) además del dinero, que no perdáis de vista que también es importante porque significa confianza en que hacemos las cosas bien.

Opinión 5: 
Aí está, todo depende como se plantee a cousa, as persoas concienciadas de facer un ben á sociedade son as que moven e cambian a sociedade a mellor! Non se pode querer cambiar a sociedade e logo ter socios a mansalva polo simple feito de que aporten unha cuota...

Opinión 6: 
Yo no estoy muy de acuerdo con la teoría de socio que sólo aporta cuota es un tipo de socio que no nos gusta. La realidad es que no tratamos bien a las personas socias de ESF Galicia, lo único que nos salva es que un % (en este momento no se si elevado o no) pasó por la asociación como voluntario.

Antes de realizar cualquier campaña o intento de captar nuevos socios lo que tenemos que hacer es afianzar a los actuales y establecer los mecanismos adecuados para gestionarlos, dado que en este momento carecemos de ellos.

El primer paso en esta línea sería decidir si la gestión de socios es responsabilidad de:
 a) el trinomio gat-vicepresidencia-tesorería
 b) comunicación
 c) un grupo especial (probablemente un mix de comunicación y gat)

Y, por rellenar el mail, la primera campaña que montaría, es la de "traete una persona más", consistente en que cada persona asociada en la actualidad consiguiera un nuevo socio.

Haría camisetas con los nombres de todos los socios actuales, y de los nuevos que entraran y a los nuevos socios y a los que se hayan traído a uno le mandaría la camiseta a casa. Con la opción en el momento en que se hacen socios que encarguen más camisetas, pagando, o que renuncien a ella si atenta a su filosofía.

Opinión 7
Precisamente para dar posibilidad de participar más hay que tratarlos mejor...
Me parece un buen primer paso la campaña "traete un@ más" y lo de la camiseta, además de establecer un buen protocolo de personas socias. La gestión de socios para mí tendría que formar parte de un grupo de "base social", unido con voluntariado (con las especificidades de cada uno, pero tomándolo como la "base social" si realmente nos creemos que las personas socias forman parte de nuestra base social). No veo a la comisión de financiación ocupándose de esto (ni al trinomio), porque entonces se tendrían que ocupar de todas las subvenciones que se piden, y solo se ocupan del financiamiento. O sea, esa comisión podría ocuparse de campañas para conseguir más fondos, y de los propios fondos, pero no de las "personas socias como base social"...

Opinión 8
A ver, por un lado eu tampouco o vexo mal, porque é certo que o que aporta un socio tamén é necesario, aínda que defendamos o VOLUNTARIADO. Totalmente dacordo no de tratar mellor aos socios, "implicalos" máis. Con respecto a isto, comentamos a principio de curso a idea de facer unhas tarxetas coas fotos e info que as persoas PCR tiñan das súas impresións e mandarllas a todos os socios. Por parte do grupo, é unha actividade que temos no aire. Igual agora é o momento de retomala e darlle para adiante...

D) CONVERSACIONES VERTEBRATIVAS... 


Casi-pandemia en la última reunión...

Ola divertidillos, infórmovos de que teño a varicela, andade ao loro!! Se non saio desta que saibades que foi un pracer traballar con vós. Bicos dende o máis profundo do meu moribundo corazón.

Bajas en la lista:


1. Bueno beibis,
despois de 4 anos nesta lista, lisco. Non vos aturo máis. Sigo como voluntario de base (sen cargos nin responsabilidades) na sede de Vigo.
Ámovos, beixos!!

2. xDD Por fin! Nosotr@s tampoco te aguantábamos a ti ;)
PD. Las personas voluntarias de base también tienen responsabilidades ;)

3. Si, tampouco che aguantábamos. De feito o de elimirar a vogalía de plani era por se te arrepentías e querías continuar.

4. Os de Vigo somos así de chulos. Marchamos, pero antes eliminamos as nosas respectivas vogalías xDD

5. Adri va a tener que cambiar de sede entonces... 
6. A ver, Andresiño, que ti non es de Vigo!!!! Que es de Nigrán(te). Pero razón tes, os de Vigo somos así marchamos cando nos da a gana e avisamos con 6 meses de adianto se nos dá a gana :)

7. Bueno Santi, no dés mal ejemplo a l@s nuev@s a ver si se nos van a revolucionar! xDDD Buenas nocheeees! 

8. Mimadriña como están os animos por eiquí... Entre a sede de Nigrán(te) e a de Gondor-mar isto xa non sei o que parece... definitely Vigo is different! Chelo, facedesme hueco en Santiago? :P A traballar que son horas!

9. ohhhhhhhhhhhhhh Cómo anda a vella guardia viguesa...e non vos da peniña abandoarnos así??snif snif!! Chelo ide tramitando a acollida de Adri antes de que lle de un aire vigués !! :P Por certo , cómo sigamos a cambiarlle o nome a sedes/xuntas dentro de un ano non sabemos nin como nos chamamos...:) !!
Moitos biquiños!!

17 oct. 2012

PROGRESANDO COA NOVA PLANI ESTRATÉXICA:MISIÓN, VALORES E DEFINICIÓNS

MISIÓN


ESF é unha asociación independente sen ánimo de lucro baseada no voluntariado, que busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e poñendo a tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano.



 VALORES


ESF considera o voluntariado como un fin en si mesmo: Entendendo ás persoas voluntarias como axentes de transformación social que constitúen unha forma de cambiar o mundo. Búscase a participación activa do voluntariado, perseguendo que éste sexa comprometido e que aporte pensamento crítico.

Promovemos a TPDH: Entendemos a tecnoloxía dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental como unha ferramenta que se xera e que é xeradora e non como un fenómeno illado ou neutro. Incorporamos nos proxectos técnicas autóctonas e tecnoloxías apropiadas para non crear dependencias innecesarias e mitigar as existentes. Cuestionamos o uso histórico da tecnoloxía apostando por unha tecnoloxía participativa e non excluínte que permita mellorar a calidade de vida, que promova e permita alcanzar a xustiza social e a equidade, sendo sustentable no tempo e ambientalmente. Promovemos a educación e investigación para o desenvolvemento: ESF estuda as realidades onde leva a cabo a súa acción e xera coñecemento sobre as alternativas para paliar as principais problemáticas. ESF ten especial interese na divulgación e investigación sobre as posibilidades da tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano.

Cremos na participación dos axentes locais: Traballamos noutros países contando co protagonismo dos nosos socios locais, comunidades e grupos vulnerables, adaptando as intervencións no terreo ás peculiaridades culturais e aos ritmos que o desenvolvemento sustentable require para o seu empoderamento. A cooperación debe ser identificada como necesaria e plenamente aceptada polos socios locais, poboación destinataria e grupos vulnerables e procurar que sexa liderada por estes, os cales participan no seu deseño e desenvolvemento, así como polo resto dos axentes. Traballamos no noso país contando coa participación dos axentes locais, procurando con esta participación un modelo de sociedade activa, capaz de conseguir cambios.

Apostamos por ter unha concepción integral da cooperación para o desenvolvemento: Identificamos os factores sociais, económicos, técnicos, culturais, éticos, ambientais e políticos mediante equipos de traballo pluridisciplinares. Promovemos que os plans de acción sexan integrais e que persegan efectos multiplicadores para garantir a súa viabilidade e sustentabilidade unha vez rematada a acción cooperativa.

Somos unha organización aconfesional, apartidista e politizada: ESF non está asociada a ningunha organización política nin relixiosa, aínda que consideramos que a participación política de cidadáns e organizacións é a principal vía para acadar o desenvolvemento humano.

Cremos no asociacionismo: Todas e cada unha das persoas que compoñemos ESF consideramos o asociacionismo como unha ferramenta imprescindible, tomando como base a participación social de cada un dos seus membros (persoas voluntarias, socias e socios, persoas contratadas, donantes, copartes, etc.). Así, por medio do compromiso, o traballo e a participación dentro das actividades da asociación, perseguimos a transformación da sociedade para acadar a nosa misión

Defendemos a Equidade de Xenero: Consideramos imprescindible adoptar a perspectiva de xénero como eixo transversal e transformador en tódalas nosas accións (entendendo esto como o medio de acadar a a equidade entre homes e mulleres), non só no deseño dos nosos proxectos, senón tamén no día a día da asociación e nas relacións entre as persoas que a forman. Para iso, tratamos de orientar as nosas actividades cara a igualdade entre os sexos mediante o empoderamento da muller e a súa participación activa na sociedade; á igualdade de oportunidades á hora de acceder a recursos e beneficios; e, en definitiva, a concienciación da existencia dunha fenda de xénero e loita por reducila e eliminala.

DEFINICIÓNS


Tecnoloxía apropiada (TA)
Entendemos a tecnoloxía apropiada como un conxunto de coñecementos técnicos, ordenados científicamente, que permiten deseñar e crear bens e servizos que facilitan a adaptación ao medio e satisfacer tanto as necesidades esenciais como os desexos das persoas, pero que deben estar deseñados con especial atención aos aspectos medioambientais, éticos, culturais, sociais e económicos da comunidade á que se dirixen. Atendendo a estas consideracións, a TA normalmente demanda menos recursos, é máis fácil de manter, presenta un menor custo e un menor impacto sobre o medio ambiente respecto a outras tecnoloxías equiparables.
Este concepto de “apropiada” ten, pois, en conta, os dous significados da palabra apropiada:
Diccionario de la lengua española © 2005 Espasa-Calpe: 
apropiado, da 
1. adj. Acomodado o proporcionado para el fin a que se destina. 
apropiar 
1. tr. Acomodar con propiedad. ♦ Se construye con la prep. a: debes apropiar tu comportamiento a cada situación. 
2. prnl. Tomar para sí alguna cosa haciéndose dueño de ella. ♦ Se puede o no construir con la prep. de: se ha apropiado el dinero; se ha apropiado de mis ideas. Proxecto Conxunto de actividades interrelacionadas para realizar nun prazo preestablecido e mediante a utilización de recursos predeterminados, englobadas baixo un obxectivo xeral cunha finalidade transformadora, desde unha perspectiva multidisciplinar e participativa.

Educación para o Desenvolvemento
Proceso educativo constante que favorece a comprensión sobre as interrelacións económicas, políticas, sociais e culturais globais, que promove unha conciencia crítica, así como valores e actitudes relacionados coa solidariedade e a xustiza social e busca vías de acción para alcanzar un desenvolvemento humano e sostible. Parte dunha análise en profundidade, que cuestiona o modelo de desenvolvemento e promove accións para o cambio a nivel individual, local e global a medio e longo prazo.

Sensibilización
Proceso divulgativo e informativo levado a cabo mediante accións puntuais, polo cal se pretende facer ver unha realidade e denunciar situacións de inxustiza, educando a través da profundización sobre un tema concreto, tentando despertar unha visión crítica no público xeral ou definido, empregando para iso calquer modo de difusión e esperando unha concienciación permanente.

Incidencia
Conxunto de accións encamiñadas a influir naqueles que, tanto dende o ámbito público como privado, toman decisións, elaboran leis, regulacións e distribúen recursos que afectan ao benestar das persoas . Perséguese un cambio social, incluíndo unha reforma lexislativa e política. O público obxectivo estará ben definido, así como debe estar claro a quén se está tratando de influenciar e qué política se desexa cambiar (centrarse nun contexto en particular).

Investigación para o desenvolvemento
Estudo, análise e desenvolvemento dos coñecementos, actitudes e procedementos, desde unha dimensión de cidadanía global, co obxetivo de definir e promover un desenvolvemento humano sustentable.

Desenvolvemento Humano 
Proceso de expansión das capacidades das persoas, de xeito que poidan elixir o seu modo de vida para a busca do seu benestar. Consideramos a satisfacción das necesidades básicas das persoas, medios de vida sustentable e a erradicación da pobreza as prioridades do mesmo, así como a equidade e o empoderamento da cidadanía. Cuestionamos que o desenvolvemento dependa fundamentalmente da expansión do capital físico. Defendemos que se fundamenta no capital humano e a ampliación de capacidades das persoas para o avance cara a unha cidadanía cosmopolita (con dereitos e responsabilidades). Todo iso sendo conscientes dos límites físicos da nosa contorna e a necesidade de asegurar as posibilidades de desenvolvemento non só á poboación actual senón tamén ás xeracións futuras. A procura deste desenvolvemento das persoas emana dos valores de xustiza e solidariedade, básicos no labor de ESF.

Xustiza social 
Pechada no obradoiro do día 19 baseándose nestes enfoques.
Finalmente definímola como:
ESF considera xusto o dereito das persoas a desempeñar tarefas na sociedade desde as que poda contribuírse ao benestar xeral de acordo ás propias capacidades, defendendo ademais o criterio absoluto de necesidade para repartir a riqueza e lograr a igualdade de condición en todo o que ten que ver co acceso aos servizos básicos, polo enfoque de Dereitos Humanos que se promove dende a asociación

Cooperación para o desenvolvemento 
Toda actuación de traballo en común, tanto nas nosas actividades en Galicia como en paises empobrecidos, co obxectivo final de acadar o desenvolvemento humano

Independencia
Enxeñería Sen Fronteiras entende a independencia como a non vinculación a ningún partido político nin relixión, así como a autonomía respecto aos poderes públicos e intereses privados para o deseño das súas accións e a definición das súas estratexias.

Redes de traballo 
Conxunto de persoas e organizacións da sociedade civil cunha mesma finalidade, que traballan paralelamente en base a súa especialización, e cunha estructura horizontal. Diferenciamos, redes formais, como aquelas que precisan necesariamente dunha coordinación e nas que os integrantes participan activamente, adquirindo responsabilidades e estructura organizativa para concluir nunha toma de decisións explícita. Por outra banda, as redes informais, son aquelas nas que os integrantes deciden o momento e a forma na que consideran conveniente participar e nas que se conclúe progresivamente nunha decisión, segundo a constancia na que participen os integrantes. Ambos modelos poden coexistir en moi diversas formas de interdependencia.

Comunicación para o cambio social 
Trátase dun concepto vivo que define a un proceso social e educativo de carácter cíclico que busca a relación, a posta en común e a participación colaborativa entre as persoas. A comunicación para o cambio social baséase na tolerancia, o respecto, a equidade, a xustiza social e a participación activa de todos e todas. Deste xeito, este modelo comunicativo promove os procesos, non os instrumentos, e entende que o uso da tecnoloxía debe dimensionarse de acordo ás necesidades de cada proceso comunicacional e á capacidade de apropiación das persoas involucradas. A comunicación para o cambio social promove o diálogo e o debate, non só no interior do proceso de comunicación, senón cara outros procesos similares. Así, a constitución de redes contribúe á consolidación destes procesos, enriquecidos polo propio intercambio.

Sociedade civil 
Conxunto de cidadáns organizados para actuar no campo do público na busca do ben común, sen ánimo de lucro persoal nin buscar o poder político ou a adhesión a un partido determinado

Base social de ESF
A base social de ESF son tanto as persoas voluntarias (co seu compromiso de voluntariado asinado), como as persoas socias (co formulario de suscripción asinado) e o persoal contratado en nómina da asociación

Actualización: aproveitamos e engadimos tamén a VISIÓN que finalmente se aprobou 

En 2017, en ESF somos máis persoas militantes e críticas que continuamos aprendendo arredor da influencia das nosas accións no mundo e nos implicamos
activamente na creación de propostas para a construción colectiva dunha cidadanía global solidaria. Traballamos con persoas organizadas que constrúen e defenden o seu dereito ao acceso e á gobernanza dos servizos básicos para protagonizar o seu propio desenvolvemento. A calidade das nosas accións, a transparencia e a coherencia institucional son os nosos avais.

16 oct. 2012

Experimentos peligrosos: ciudades modelo en Honduras

En Honduras hay bastante polémica por una iniciativa de crear ciudades modelo, regiones especiales de desarrollo o ciudades libres (tipo eurovegas, aunque otros como lo que adjunto prefieren compararlos con el "milagro de Hong Kong"). Nuestro socio hondureño CODDEFFAGOLF se posiciona en contra de esta iniciativa (muy similar a las zonas francas al lado del lago Managua en Nicaragua, pero más a lo grande, con sus propias leyes laborales-policía-tasas impositivas, etc.). Esta iniciativa está haciendo las delicias de los defensores del liberalismo a ultranza: aquí podéis ver una noticia sacada de la revista Actualidad Económica, que trata esta noticia de forma en mi opinión sesgada y muy superficial:


  • Uno: no veo muy replicable este modelo (aunque claro, ellos tampoco, se trata de competencia de unos territorios con otros en el mismo país, para crear una especie de "islas insolidarias").
  • Dos: tampoco me parece un milagro, porque aunque aumentó muchísimo su posición en el Indice de Desarrollo Humano, está entre las zonas más desiguales del mundo... (suele pasar cuando dejas al libre mercado hacer "milagros"). Aunque claro, depende de las prioridades de lo que cada uno entendamos como desarrollo...

También en la web de RTVE se ha tocado el tema recientemente.

¿Qué opinais de estos experimentos?

------
Opinión 1


Vino hoxe no País e pareceume que contestaba todo isto con poucas palabras:

8 oct. 2012

Obradoiro Peche Planificación Estratéxica

O vindeiro 19 de outubro, venres,  de 17 a 21 no aula de proxectos da ETSE, Campus Sur de Compostela, celebrarase o obradoiro de peche da planificación estratéxica 2013-2016.

 É fundamental que acuda a máxima xente da base social de ESF Galicia (persoas voluntarias, socias..) dado que neste obradoiro decidirase a visión (cómo nos vemos e en que esperamos que se convirta a asociación dentro duns aniños ) así como, presentaranse as liñas estratéxicas nas que traballaron os distintos grupos de ESF. É dicir, veremos en que imos traballar e cómo. Xunto cas liñas estratéxicas veranse os resultados, actividades asi como indicadores e fontes de verificación, todo isto vai condicionar a  forma de traballar (en qué, cándo, cómo) dos vindeiros anos polo que é moi moi importante que estea consensuado por toda a asociación!!!

Aqui deixamos o programa:


- 17:00-17:45. Visión. 45 min.

Dinámica sobre a visión da organización (aconsellable ter visto MATRIX ;DDDD).
Presentación dos resultados da enquisa personal.
Peche da visión.

- 17:45-18:45. Comunicación. 1 hora

O grupo de comunicación co apoio de expertas en comunicación para o desenvolvemento nos contarán brevemente as bases filosóficas da comunicación para o desenvolvemento, de cara a desenvolver liñamentos específicos para ESF Galicia de aquí a decembro.

- 18:45-19:00. Descanso. 15 min.

- 19:00-21:00. Liñas estratéxicas.

Presentarase de xeito áxil as liñas estratéxicas e resultados enviadas polos distintos grupos, comentando as dúbidas que poidan traer as persoas participantes no obradoiro (non dará tempo a leer as liñas, resultados, indicadores e actividades, senón que as dúbidas terán que traerse preferiblemente tras ler o documento de consolidación das liñas previamente enviado).

Estamos na recta final e necesitamos estar tdxs para completar este proceso!!!