31 may. 2012

Incidencia-Auga: novo grupo dentro de ESF


Un grupo de voluntarios da sede de A Coruña, xa integrados noutros grupos e vinculados no último ano a través de actividades realizadas en colaboración, con inquedanzas semellantes, decidiron crear un novo grupo que dese resposta ós problemas relacionados coa auga.

A xestión do ciclo integral da auga será o eixo principal deste novo grupo. Coñecer os diferentes modelos de xestión, a situación do recurso hídrico en Galicia e as condicións de acceso a este dereito humano, así como o traballo que estan a levar a cabo outras redes estatais como a RAP, organizacións coma FNCA ou a PCPCYII serán os principais frentes de traballo.

Destacamos o traballo en rede coma un proceso pertencente á Educación para o Desenvolvemento, e non coma unha ferramenta para acadar obxetivos. Os membros das redes deste eido atópanse en diferentes fases, polo que atopamos moi productivo entrar a formar parte das redes dende a creación do grupo para seguir os seus pasos, medrar o coñecemento das inquedanzas compartidas e coñecer de primeira man os conflitos relacionados coa auga no ámbito nacional e, a menor escala, internacional. Con este plantexamento esperamos poder dar resposta ás inquedanzas e problemas que haxa ou poidan xurdir no eido da comunidade autónoma.

Unha das primeiras actividades do grupo, compartida cos grupos de EpD e Honduras-Auga foi unha charla na asemblea do 15M que tivo lugar o 13 de maio no Obelisco. Dando resposta á invitación que a asamblea do 15M en A Coruña fixo a ESF, este tres grupos impartiron unha charla sobre os datos básicos relacionados co acceso a auga no mundo.

Voluntarios de ESF preparando as tarxetas empregadas durante a charla.

(Máis información sobre o dereito humano a auga na páxina da ONU aquí) 

21 may. 2012

Lugo: gran sede, mejor grupo

Aquí estamos, acabando un curso más y empezando un nuevo ciclo. Cuando arrancamos este año en la sede, poco pensábamos que otra vez volveríamos a resurgir e incluso meternos en más "fregaos"...

Allá por Octubre empezábamos las actividades lucenses los veteranos Marcos, Anxo y poco a poco el novato cordineitor, jeje! Éramos la mitad de gente que el año pasado, pero como nos gusta el riesgo, mejor que ni Anxo ni yo viviéramos en Lugo, quien dijo miedo? Así arrancamos el curso, con muchas ganas, proyectos...y también dificultades.

Lo primero era lo primero, meternos a tope con el I Curso de Desenvolvemento Rural, Comercio Xusto e Soberanía Alimentaria. Le fuimos dando forma y el resto, increíble!! Éxito de público y crítica, jeje!! Cierto que no salió todo perfecto, con cosas que mejorar, pero muy orgullosos del trabajo hecho y la experiencia disfrutada.

A raiz del curso fueron enganchando nuevas personas voluntarias, alguno ya conocido como el crack Abel, y los dos increíbles compañeiros, Pepe y María. Poquito a poco fuimos saliendo a flote y a organizarnos lo justo para poder afrontar por segundo año consecutivo el Curso de TCpDH, gracias al trabajón tanto de María, Abel como del coordinador del curso, Pepe, grandes! Y otra vez, gracias a la sede madriña, os debemos una cenita!

Ahora, con la calma que nos podamos conceder, debemos mirar atrás, darnos cuenta de todo lo conseguido, los fallos acumulados e intentar tener cabeza para asentar lo bueno que tenemos y así poder seguir creciendo como grupo, como sede.

No sabemos, o por lo menos no sé, qué será de éste que os escribe dentro de unos meses. Hasta hace no mucho, también con incertidumbre por la sede. Visto lo visto, con la genial gente que estará y la nueva que seguro vendrá, disfrutar de lo que nos queda por hacer.

bicos e abrazos!

17 may. 2012

Tecnoloxía apropiada - Charla en Vigo

Nos tempos que corren estamos rodeados de tecnoloxía. Dende as megaconstruccións propias do campo da enxeñería civil, coma pontes ou outras grandes infraestructuras, ata a máxima miniaturización acadada nos teléfonos móbiles de última xeración. Todas elas innovacións que, dunha maneira ou outra, modifican o estilo da vida das persoas usuarias das mesmas, así como do seu entorno. Agora ben, ¿responden sempre estas innovacións ás necesidades reais da población? ¿E esta quen ten o control sobre a mesma? ¿Son igual de válidas as mesmas tecnoloxías nuns lugares ca noutros? Estas e outras cuestións serán respondidas na charla que terá lugar o mércores 23 de maio ás 20:30h na cafetería UF, en Vigo na Rúa Pracer, número 19.

Achégate!!!

7 may. 2012

Resumo blogueiro: abril 2012



CONTIDOS

  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Honduras
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
  • Outros canais ISFeros
  • Outros enlaces de interese
  • Novas publicacións en papel
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA

Comeza o mes de abril co mellor e o peor do Curso de TCpDH en Compostela, valoración do curso que tivo lugar en Compostela no mes de marzo por parte do alumnado. O seguinte que podemos ver é unha crónica do Foro Alternativo Mundial da Auga: Marsella 2012. Baixo o epígrafe: Xuntanza 14-15 de Abril temos as diferentes actividades e talleres de formación que tiveron lugar con motivo da Xuntanza que se celebra dúas veces ó ano e que desta volta se celebrou en Gondomar. Tamén houbo propostas de debate como: Debatimos: ¿voluntariado y egoismo inteligente?. Como restropectiva e análise se futuro é bo ler: Sede de Vigo... nova etapa, novas ilusións. Tamén tivemos a promoción dunha actividade do grupo de Sensibilización de Santiago de Compostela Ciclo de Cine "Realidades sen ficción" (I) . Iria, unha compañeira que está por terras guineanas, fainos unha análise persoal coma "observadora" nese país (onde estamos intentando identificar algunha acción) e nos comenta como está a situación: DESDE GUINEA BISSAU.... Novos proxectos en carteira 2012 informa sobre os proxectos que temos pendentes de financiación neste ano 2012 (presentados todos eles as convocatorias da Xunta de Galicia, das que se prevé que salgan proximamente as resolucións). Ademais, o próximo 8 de Maio ás 18:00h, celebrarase no Salón de Graos do Edificio Politécnico, Campus Universitario de Ourense as Xornadas da Auga, o conflicto mundial, nesta estrada podemos ver tanto o programa coma os obxetivos desta actividade.






BLOGUE HONDURAS

En abril hai unha noticia importante en Honduras sobre a constitución da Coordinadora de ONGD Españolas en Honduras onde ESF coordinará o Grupo de Trabajo de Agua. Ademais pódese ver a evolución do programa de auga no concello de San Francisco de Coray, e o post-proxecto de soberanía alimentaria que xa rematou na microcunca do río Laure en novembro de 2011.




OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA


  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Búscaa!
  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!!
  • Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Blogue de Proxectos de Nicaragua como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2006 e 2011, no que aínda pode caer algunha entradiña.
  • Blogue da Materia de Cooperación ao Desenvolvemento da UDC. Con material educativo e crónicas das distintas edicións ate 2010-2011.
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.




OUTRAS CANLES DA FEDERACIÓN ISF





ENLACES DE INTERESE


Auga


Comunicación para o (como) desenvolvemento


Consumo responsable


Cooperación e ONGD



Educación para o desenvolvemento


Iniciativas


Investigación para o desenvolvemento 



Mundo


Políticas e modelos de desenvolvemento


Sensibilización


Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural


Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano




NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podes solicitalas para préstamo).

  • Remunicipalisation. Putting Water Back into Public Hands.



E NO PRÓXIMO MES ...


Para máis info sobre cursos e eventos consulta o Calendario da web de ESF e a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD





A ESF-RASE DO MES

A metade do ser humano é sono. Ou máis. O home morre, o matan, cando deixa de soñar.
Álvaro Cunqueiro


5 may. 2012

Ciclo de Cine "Realidades sen ficción: A crise da soberanía popular" (II)


O próximo luns 7 de maio comeza en Compostela o ciclo de cine “Realidades sen ficción: A crise da soberanía popular”.


Serán 5 xornadas nas que contaremos coa colaboración de Delmiro Rocha, que nos introducirá que é iso da soberanía e por que está en crise, de xente do grupo AGRO e do grupo de Enerxía de ESF – Vigo e do ou de representantes de Panxea e do Movemento 15-M. Haberá proxeccións de documentais e curtas que nos farán reflexionar a máis dunha/dun!
 Aí vos van os días, os horarios e os lugares:


Isto pinta moi ben como para deixalo pasar, non credes?

1 may. 2012

A Xuntanza en imaxes

Facer unha entrada para mostrar todo o que se fixo/falou na Xuntanza do pasado 14-15 de Abril pode levar varias entradas, polo que  imos poñer unhas cantas imaxes a modo de petiscos e como un resumo visual

Sabado 14 de Marzo

- Obradoiro de traballo en grupo a cargo dun gran equipo profesional de  Q-coach.









E despois de tanto traballo (xogos, dinámicas, reflexións, etc), chegou a hora do XANTAR



E despois a ASAMBLEA de ESF, moderada con gran éxito polo vicepresidente saínte.
Onde un dos puntos máis "visuais" foi a renovación da Xunta Directiva, con novas incorporacións/despedidas en Presidencia, Vicepresidencia, Tesorería, Secretaría, Vogalías de Planificación Estratéxica e GSIComunicación.




E tras unha asamblea rematada excepcionalmente antes da hora programada (a pesares de tratarse temas importantes e con debates controvertidos) chegou a VERTEBRACIÓN.
Cea en Gondomar, queimada e baile!



- Domingo 15

 Tras recuperar forzas cun saudable e completo almorzo
 realizouse a última actividade da xuntanza, o obradoiro de Baile Estratéxico.






E así rematou a primeira Xuntanza do 2012 asique só queda dar as
Graciñas sede de Vigo!
A verdade é que nos fixestes sentir moi cómodos... (tiñades que ver o albergue!)