27 feb. 2012

27 de Febreiro e 1º Exposición SensiCom 2012


1976.

27 de febreiro.

República Árabe Sharaui Democrática.

Independencia.


2012.

27 de Febreiro.

RASD.

36 anos despois seguimos a loitar pola independencia Saharaui!




"Ó pouco de comezar en Enxeñería Sen Fronteiras foi creado o grupo de
Sensibilización na área de Compostela co obxetivo de dar a coñecer a
problemática que o pobo saharaui estaba a sufrir e a responsabilidde que España,
como país colonizador, tiña sobre a súa independencia.
Están a piques de cumprirse 5 anos dende a miña entrada nesta ONGD, e o
pobo saharaui e a responsabilidade española seguen exactamente igual a pesar de
todas as movilizacións que este pobo leva feito nestes anos. Inexistente é a
movilización política sexa cal sexa a cor que estea máis arriba...
Só o pobo, español e saharaui, poden crear incidencia para que isto
mude."
María VR


-----

Dende hoxe está colocada no Salón de Actos da biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, unha exposición que leva por nome "Achégate a Coñecer outras Realidades" e que pon en movemento o grupo SensiCom de Compostela.


Nela poderedes atopar unha sección adicada a Sáhara e onde poderedes apoiar ás RASD coa vosa foto. Tamén unhas marabillosas fotografías sobre os proxectos de Honduras e Nicaragua. Todas elas documentadas con mapas e paneis explicativos. Así mesmo, ESF tamén ten o seu pequeno rincón como ONGD.


De momento non vos poñemos fotos para que vos pique a curiosidade e vos animedes a visitala in situ. Poderedes facelo ata o 5 de Marzo!!




24 feb. 2012

E volve SensiCom... 1º EXPOSICIÓN da tempada!

Boas a todas e todos, queridos ESFeiros e lectores que nos seguides!
As chicas SensiCom que forman dito grupo, e xa coa axuda dalgún "Charlie" polo medio, están encantad@s de presentarvos a primeira das actividades que levarán a cabo neste curso!





Dende o próximo luns día 27 de Febreiro e ata o vindeiro 5 de Marzo, estará colocada no Salón de Actos da Biblioteca Ánxel Casal a EXPOSICIÓN - I : "Achégate a coñecer outras realidades".




Unha exposición na que poderedes atopar información gráfica e escrita sobre os proxectos de ESF en Sáhara, Honduras e Nicaragua, acompañada sempre por un stand informativo e un pequeno panel sobre ESF.
Se tedes un momento pasádevos por alí, seguro que non ten desperdicio!! (E tampouco perda, atópase en Xoán XXIII, Santiago de Compostela).

Hoxe xa tivemos reunión e comida SensiCom para rematar algúns flecos e continuar argallando as seguintes actividades, que sen dúbida darán moito de si...








22 feb. 2012

Debatemos: debe AECID financiar proxectos de multinacionais?


Con motivo do clamor do sector pola concesión á Fundación REPSOL dunha subvención da Axencia Española de Cooperación para o Desenvolvemento para un proxecto na Amazonía ecuatoriana (lugar onde REPSOL ten recibido denuncias por malas prácticas), xenerouse un debate con algunhas ideas de interese. Ti que opinas sobre este caso? Son ou deben ser as empresas (ou as súas fundacións) axentes de cooperación ao desenvolvemento?

PARTICIPANTE 1



PARTICIPANTE 2

Qué fuerte!! 

Bueno, tengo mis dudas de si TODAS las empresas no pueden ser consideradas agentes de cooperación, todo depende de cómo se haga... pero una cooperativa también es una empresa, no?? 

Pero desde luego es una vergüenza que den cosas así a Repsol... =( 

PARTICIPANTE 3

Esto me recuerda a una reflexión que tengo muy presente:

El fin de las ONG en este sistema, es poner tiritas o válvulas de escape, para que siga funcionando este sistema tan injusto.

PARTICIPANTE 4

... sobre o de si unha cooperativa é tamén unha empresa ... eu directamente ía a responder "yes of course" ou "ja, naturlich" ... pero despois de mirar un pouquiño por aí ... penso que depende ao que te refires por empresa ...

"Empresa" según rae: "Unidad de organización dedicada a actividades industriales, mercantiles o de prestación de servicios con fines lucrativos" ...

As empresas poden ter figuridas xurídicas distintas e unha delas é a cooperativa, eu pensei que as cooperativas tiñan que ter todas fins lucrativos .... pero non ten porque ser o caso ... de feito por exemplo a Lei de cooperativas de Galicia (Lei 5/1998) recolle na disposición adicional cuarta as condicións que deben reunir as cooperativas para ser consideradas entidades sin ánimo de lucro ... se unha organización non ten ánimo de lucro eu non a consideraría empresa, para min o concepto de empresa vai ligado a sempre á obtención de lucro/beneficio ...

PARTICIPANTE 1


PARTICIPANTE 5

La consejera de la empresa multinacional Repsol YPF  “Si se comercializan el gas y el petróleo, ¿por qué no comercializar el agua?”...ya puestos, ¿por que no comercializar el aire?

16 feb. 2012

VII Edición do Curso Tecnoloxía e Cooperación para o desenvolvemento humano

Outro ano máis en Compostela (e en breve en Lugo) terá lugar a VII Edición do Curso Tecnoloxía e Cooperación para o desenvolvemento humano. O curso, que combina un amplo contido teórico e práctico, contará coa presenza de diversos colectivos, ONG’s e movementos sociais, como o Foro de Inmigración, Médicos do Mundo, Panxea, FIARE, Asamblea de Cooperación pola Paz e a propia ESF entre outros. Ademais da participación de diversos expertos en temas de desenvolvemento sostible, comunidades indíxenas, modelos de desenvolvemento, colonialismo, etc .
Este ano cabe destacar a presenza de membros de asociacións ou ONG de El Salvador, Honduras e Nicaragua que van participar no Foro Internacional da Auga e que nos comentarán a súa experiencia non só en eidos relacionados ca auga senon como axentes de cooperación, representantes de movementos sociais no Sur ou técnicas de acción e investigación participativa.

LUGAR: Escola Técnica Superior de Enxeñería, Campus Vida en Santiago de Compostela.

Datas: 9, 10, 11 e 23, 24 e 25 de marzo.

Horario: Venres e sábado, 10:00-14:00h e 16:00-20:00 h, domingo 10:00-14:00h

Prezo: 50 € con desconto do 50% aos membros de ESF

Máis información:

http://www.galicia.isf.es/tcpdh/



Polo tanto recomendamos este curso a calquera persoa que queira ter unha formación básica e ampla en cooperación e sendo membros de ESF contaredes cunha rebaixa no prezo.


Pregamos que nos axudedes a difundilo!!!!

En breve dispoñeremos do programa definitivo!!!

15 feb. 2012

Obradoiro Xuntanza Novembro 2011: Reflexións sobre Proxectos de Cooperación Internacional

Continuamos cas reflexións que xurdiron na Xuntanza sobre o que estamos a facer en proxectos de cooperación internacional....





Primeiro debatiuse sobre o principio de "fomentar a participacipación dos axentes locais"

Trabajamos en el Sur contando con el protagonismo de las contrapartes, comunidades locales y grupos vulnerables, adaptando las intervenciones en el terreno a las peculiaridades culturales y a los ritmos que el desarrollo sostenible requiere para su empoderamiento.
La cooperación debe ser identificada como necesaria y plenamente aceptada por los socios locales, población destinataria y grupos vulnerables y buscar que sea liderada por estos, los cuales participan en su diseño y desarrollo, así como por el resto de los agentes. Trabajamos en el Norte contando con la participación de los agentes locales, buscando con esta participación un modelo de sociedad activa, capaz de conseguir cambios.


·Existe un choque cultural (diferente al concepto cultura.)
·El ritmo lo determina el proyecto y a veces no se adapta, lo que implica unha descoordinación de ritmos.
·No está liderada por grupos vulnerables lo que provoca que queden desplazados)
·Se trabaja con agentes locales de forma puntual (sólo si surge, no se buscan a propósito.)
·Deberíamos prestar más atención a la parte local. (se resalta el uso del término parte local contrapuesto al de coparte).

Posteriormente debatiuse sobre o principio de "Promovemos a Tecnoloxia para o desenvolvemento humano"

Entendemos a técnica dentro do entorno cultural, político, social, económico e ambiental como unha ferramenta que se xera e que é xeradora e non como un fenómeno illado ou neutro.
Incorporamos nos proxectos técnicas autóctonas e tecnoloxías apropiadas para non crear dependencias innecesarias e mitigar as existentes. Cuestionamos o uso histórico da tecnoloxía apostando por unha tecnoloxía que permita mellorar a calidade de vida, que promova e permita alcanzar a xustiza social e a igualdade, sendo sustentable no tempo e ambientalmente.


·No se está logrando.
·Usamos malos ejemplos/aplicaciones privadas.
·No adaptamos, a veces, la tecnología a la cultura o al nivel cultural.
· No hay una formación que cambie las costumbres.
·A veces creamos dependencia tecnológica.
·Si funciona una cosa en un sitio nos quedamos en eso y no buscamos nuevas o mejores salidas.

se queres deixar algunha opinión....animate nos comentarios :-)

Entradas relacionadas:
Reflexionando sobre educación... http://esfgalicia.blogspot.com/2012/01/obradoiro-xuntanza-novembro-2011_23.html

12 feb. 2012

Resumo blogueiro mensual: xaneiro 2012

CONTIDOS


  • Blogue de Vida Asociativa
  • Blogue Nicaragua
  • Blogue Honduras
  • Blogue materia de cooperación da UDC
  • Outros recursos 2.0 de ESF Galicia
  • Outros canais ISFeros
  • Outros enlaces de interese
  • Novas publicacións en papel
  • E no próximo mes ...
  • A ESFrase do mes


BLOGUE DE VIDA ASOCIATIVA


Neste primeiro mes de xaneiro do 2012 abriuse o prazo de matrícula para o curso online de Introducción aos sistemas de información xeográfica (SIX) para a cooperación ao desenvolvemento.

Podes tamén atopar unha crónica das
Conversacións con Arcadi Oliveres en Compostela, economista coñecido tamén como activista pola paz e a xustiza social. Moi interesante tamén a entrada Reflexionando sobre as capacitacións en equidade de xénero, sobre o traballo que estamos levando a cabo nas capacitacións en equidade de xénero en Centroamérica

O pasado 23 de decembro celebrouse en Cacheiras (Teo) un encontro entre a Selección galega de fútbol e
a R.A.S.D. (República Árabe Saharaui Democrática), a crónica do cal tamén se incluiu no blogue en ESF no Galiza - RASD.

Despois dun tempo con pouca actividade na sede de Ourense, realizouse unha charla de Faltas Ti, na que Anxo explicou a súa experiencia PCR en Nicaragua o cal podemos ver na entrada de prometedor título:
Arrancando en Ourense.

En relación ós obradoiros para a elaboración da nova Planificación Estratéxica na pasada Xuntanza de novembro de 2011 dicir que estas tiveron 2 partes diferenciadas, unha primeira de intercambio de experiencias e outra de reflexión sobre o que estamos realizando nas tres grandes áreas de traballo: educación, sensibilización e proxectos internacionais, o cal podemos ver nas seguintes entradas: Obradoiro Xuntanza Novembro 2011: Intercambiando experiencias (I) e Intercambiando experiencias (II). Na segunda parte dos obradoiros da Xuntanza, promoveuse a reflexión sobre o que decimos que facemos e o que realmente estamos facendo: Reflexionando sobre a Educación.

Tamén podedes ver o
resumo de decembro e novembro dos temas que se tratan na lista de correo da Xunta Directiva (XD).



BLOGUE NICARAGUA


Este mes non se rexistrou movemento neste blogue tras ter ido pechando as actividades neste país, se ben algunha que outra entradiña aínda se irá facendo antes de pechalo indefinidamente.



BLOGUE HONDURAS

Neste mes de xaneiro pódese acceder ao interesante informe de avaliación final do proxecto de soberanía alimentaria na microcunca do Río Laure, finalizado en novembro de 2012. Ahí se pode coñecer todo o que se realizaou no proxecto dende o comezo a mediados de 2011, xunto co socio local CODDEFFAGOLF e tamén os nosos socios Amigos da Terra e Cartolab, así como as leccións aprendidas e propostas de melloras para o futuro (que as houbo, e moitas).


BLOGUE DA MATERIA DE COOPERACIÓN DA UDC

Continuou a inactividade neste blogue, co grupo recargando as pilas para o inicio do novo curso, que comeza xa en febreiro e pronto se poderá ver o programa.


OUTROS RECURSOS 2.0 DE ESF GALICIA

  • Páxina de Facebook de ESF Galicia. Conectada directamente ao twitter, para ampliar as canles de comunicación e información. Xa somos 500!
  • DESTACADO: Wiki de ESF Galicia. De novo operativa grazas ao apoio de GPUL. Pretende ser unha ferramenta para coñecer mellor como funciona ESF Galicia, os seus distintos grupos, e ter un acceso fácil a diversos recursos necesarios para o funcionamento do día a día da asociación. Todo o que sempre quixo saber e nunca se atreveu a preguntar...
  • Twitter ESF Galicia. É un canal para que os que querades estedes puntualmente informados do que está a maquinarse en ESF, e con comentarios e noticias relacionados con cambio social e desenvolvemento que vaian surxindo. Seguídeo e participade!! Xa pasamos dos 300!
  • Slideshare ESF Galicia. Ven de cumprir un ano de vida, ahí podedes ver algunhas presentacións e documentos sobre temáticas de interese de ESF.
  • Blogue de Enerxías, a finais de 2010 organizouse en Vigo unhas xornadas sobre Enerxía e Cooperación en Vigo, que xa se poden ver na televisión da UVigo.
  • Blogue de Proxectos de El Salvador como mostra dos proxectos que se fixeron entre 2004 e 2008 colaborando con ESF Catalunya, que se pecha colgando o informe de avaliación dos proxectos executados.
  • Grupo de Facebook de ESF Galicia, espazo para os esfeiros e que compartan información, experiencias, etc.
  • Album de ESF Galicia, onde podes ver e colgar fotos das actividades de ESF.
  • Canal youtube de ESF Galicia, con algúns vídeos que non vos podedes perder.
  • Podomatic de ESF Galicia. Onde se van colgando diversas entrevistas ou participacións de ESF na radio e outro material sonoro xenerado.
  • Delicious de ESF Galicia. Xestor de enlaces web, de momento usado só para recopilar as aparicións de ESF Galicia en medios de comunicación dixitais.



OUTROS CANAIS ISFEROS


Volver

OUTROS ENLACES DE INTERESE

Auga

Saneamiento, ¿tan difícil es?

Comunicación para o (como) desenvolvemento

Qué es la ley SOPA, cómo va a cambiar Internet y por qué no nos mola
20 Buenas Prácticas para la página de Facebook de tu ONG
Algunos obstáculos hacia la incorporación de las TIC en las ONL

Consumo responsable

Especial 2011 "LA ECONOMÍA DE LA SONRISA"
300 Anos de COMBUSTÍVEIS FÓSSEIS em 300 Segundos. Vídeo [Inglés sub Portugués] 5min 38seg
Consumo colaborativo: ¿Cuántas cosas poseemos?

Cooperación e ONGD

El antidiccionario de las ONGD
David Sogge: “La Ayuda Oficial al Desarrollo es uno de los principales vehículos de transmisión de la ideología neoliberal”
Quiero ser cooperante: ¿Por dónde empiezo?


Educación para o desenvolvemento

Como criar um POVO IDIOTA. Curtametraxe (en portugués). 9min 56seg
Celso Emilio Ferreiro, la voz de la Galicia beligerante

Iniciativas

Soy pública (defendiendo la educación pública)

Investigación para o desenvolvemento 

Informe IGADI WW 2012: We in the World-  Nós no Mundo "Un modelo de acción exterior crible para encarar á crise". IGADI


Mundo

El Sahara Occidental una vergüenza española

Políticas e modelos de desenvolvemento

La cooperación internacional española (AECID): ¿instrumento para beneficios de los pobres o ganancias de los ricos?
Decrecimiento justo o barbarie
DESTACADO Apostar por el desarrollo no sólo es lo más justo, sino también lo más inteligente

Sensibilización

Cifras de la campaña de Objeción Fiscal al Gasto Militar 2011 en el estado español
Las claves del nuevo activismo social
Las dos caras de las empresas pesqueras (galegas)

Soberanía alimentaria e desenvolvemento rural

Soberanía alimentaria, una perspectiva feminista
Informe El Gran Robo de la Leche. GRAIN.
DESTACADO. Hay que transformar el carro de la compra en un carro de combate. Entrevista
Redefinir la soberanía alimentaria

Tecnoloxías da Información e Comunicacións (TIC)

Caso GoDaddy: 5 claves para conseguir el boicot perfecto
Sobre brecha digital, Internet, Cuba y la banda ancha
Mapa interactivo: las naciones unidas de la vigilancia (en inglés).


Tecnoloxía para o desenvolvemento humano

DESTACADO. O desafío de ser voluntario. Debate no programa Falámolo TVG coa participación de ESF. 31min



NOVAS PUBLICACIÓNS EN FÍSICO

(se che interesan, están no local de A Coruña ou fácilmente accesibles, e podes solicitalas para préstamo).

  • Decálogo para a transversalización do xénero nos proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Comisión de Xénero CGONGD.
  • DT 2. Unha cooperación cativa para os máis pobres. CGONGD.
  • 15 anos de andaina, a rede solidaria do municipalismo galego. FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE


E NO PRÓXIMO MES ...


Aberta matrícula de cursos online da Federación ISF, con descontos para socios e colaboradores de ESF: soberanía alimentaria e sistemas de información xeográfica e cooperación

Para estar ao tanto das actividades de ESF podes consultar o novo calendario na páxina web. Para máis info sobre cursos e eventos consulta a Axenda Solidaria da Coordinadora Galega de ONGD





A ESF-RASE DO MES


Se hai camiños os seguiremos, se non os hai nolos inventaremos.
Amilcar Barca

6 feb. 2012

Pensando distinto para buscar novas solucións

Din por aí que non se poden acadar solucións a problemas pensando igual que cando os creamos, así que hai que buscar novas solucións e innovar. Para iso, é importante crear os espazos e as condicións para esa innovación de xeito consciente como parte da cultura das organizacións, tamén na cooperación ao desenvolvemento.

Crees que ESF fai iso? Ocórrenseche ideas para impulsar estes espazos de innovación?