26 dic 2012

II Xornadas de Soberanía Alimentaria

Aínda que a entrada a publico eu (Anxo un vello dinosaurio), realizarona Quintelos e Carmen son dous novo/a voluntario/a da sede de Lugo, están son as súas verbas: 

Os días 23, 24 e 25 de Novembro celebráronse en Lugo as II Xornadas de Sobernía Alimentaria co apoio de Cooperación Galega da Xunta de Galicia, puidemos aproveitar como alumnos a experiencia que o curso ofrecía. Logo de decidirnos a participar activamente en ESF, a primeira actividade na que participamos foi a organización de dito curso.
Trala preparación da actividade, con algún que outro problemiña, pero que entre todos resolvimos rápidamente, chegamos ao inicio do curso o venres 23 de Novembro ás catro da tarde.
Comezamos o curso coa introducción levada a cabo polo noso compañeiro, Xosé Manuel Meira, que comentou como se ía levar a cabo o curso, os requisitos de avaliación e asistencia precisos para poder acadar o crédito de libre configuración e demais dúbidas que podían xurdir no transcurso das xornadas. 
De seguido, María Velasco, tamén unha nova voluntaria na sede de Lugo, levou a cabo unha dinámica para romper o xeo entre os asistentes e ir introducindo conceptos, con moi bo resultado.
A continuación comezou o primeiro relatorio, levada a cabo por Lidia Senra do Sindicato Labrego Galego, baixo o título Principios básicos da Soberanía Alimentaria. Causas da pobreza, acceso á terra”.
Foi unha charla con moi boa acollida, na que maioritariamente se dou o punto de vista respecto á posición do relator pero fomentando un debate constructivo entre os asistentes, que participaron e demostraron a súa boa disposición respeto do curso.
Así remataba o noso primeiro día nas II Xornadas de Soberanía Alimentaria, e tocaba recoller un pouco o local para proseguir ao día seguinte.
Mentras recollíamos e organizábamos as tarefas para o seguinte día, reunímonos os voluntarios, e o noso compañeiro Anxo tivo a ocurrencia de preparar un taboleiro con folios en branco, os cales iríamos cubrindo, ao longo da fin de semana con palabras chave relacionadas coas distintias charlas que se levaran a cabo, para que os alumnos e os propios voluntarios escribisen frases, palabras ou calquera cousa relacionada que lle viñese á cabeza nos descansos programados. Colocámo-lo tablón ao fondo do salón de actos, e deixamos todo no seu sitio para o día seguinte.  Na foto observase o tablón, o coautor desta entrada Quintelos e María López (voluntaria/o da sede de Lugo) 
O sábado 24 pola mañán Pedro Revilla, investigador da Misión Biolóxica de Galicia era o encargado de comezar coas ponencias deste día, falando de “Soberanía Alimentaria desde un punto de vista científico e variedades tradicionais e tranxénicos”.
Primeiramente, centrouse na explicación teórica para despois levar a cabo unha dinámica na que os alumnos se involucraron satisfactoriamente.
Falouse principalmente de millo, das súas variedades, características, dos transxénicos, etc. e durante a dinámica todos debíamos intentar convencer aos demais participantes de que comprasen unha variedade tradicional en lugar de preferir a perfecta mazaroca que se modificou para acadar uns resultados visuais tan espectaculares.
Os alumnos, e nós como tal, divertímonos moito á vez que aprendíamos, buscando a mellor forma de vender o noso producto.
No descanso para o café, observamos que a xente empezaba a se involucrar no curso dende un punto de vista máis persoal, escribindo no tablón cos folios propostos, e aportando novas ideas.
A continuación, tras o descanso, Juan Miguel Moreno, experto en agricultura urbana, realizou a súa ponencia sobre “Agroecoloxía e agricultura ecolóxica. Alimentación e cambio climático. Construcción da biodiversidade. O caso de Cuba”.
Comezou o relatorio sobre este tema tan interesante, coa colaboración dun cubano que coñecía de primeira man a temática da que falaba. Mais a expectativa xerada non lle beneficiou, xa que enfocou o relatorio en diapositivas cargadas con información máis que en explicalo coas súas propias palabras.
Esto fixo que moita xente perdese o fío nalgún momento e non se quedase con parte das cousas que contaba.
Nas fotos da dereita observase o ambiente nas charlas.
Ao rematar deu paso a unha rolda de preguntas, da cál xurdiu un debate de gran interese para o curso no que o alumnado foi moi participativo.
Finalizaba así a xornada matutina, dando paso a un par de horiñas para recuperar forzas antes de proseguir con Francisco Solano Raigón pola tarde.
Francisco Solano, participante activo na Asamblea de Cooperación pola Paz, tratou o tema de “Comercialización de produtos alimentarios. Alimentos como bens especulativos. Modelo alternativo de desenvolvemento, posibles cambios e repercusións”.
Comezábase neste temática cun xogo, proposto para facer máis amenas esas horas despois da comida, cun moi bo criterio, para que os alumnos e tamén os voluntarios se reactivasen e mantivese a atención. Dito xogo, buscaba que a xente adaptase un rol.
Dividíronse grupos según distintos países, e foi de gran interese ver a reacción de todos nós, según a pertenza a un ou outro país. De feito, todos desenvolvimos o noso papel moi ben. En algún casos tomaronse decisións que poderían ser moi criticables, mesmo polas persoas que as levaron a cabo, como declarar unha guerra ou non vender determinados produtos esperando para especular con eles co paso do tempo.
Nestas fotos vese os alumnos realizando o xogo, na foto inferior observase a Carmen, coautora deste entrada e nova voluntaria de Lugo (a rapaza do centro con gafas), negociando polos dereitos do seu país, dentro da dinámica.
A maioría dos alumnos, senon todos, démonos conta do fácil que o teñen algún países e o complicado que é para outros simples accións como comprar ou vender calquera producto. Isto é algo co que vivimos cada día, temos información de todo tipo, ata ás veces por parte dos medios de comunicación, que nos “informan” da situación de outros países, pero ás veces, fan falta xogos coma este, no que adoptando un papel, un rol, un é máis consciente ca nunca das diferencias entre países, neste mundo tan difícil ou doado dependendo de donde che toque vivir.
Todo esto permiteu un debate moi animado ao finalizar a dinámica.
 Tamén se proxectou un video para ilustrar certas actuacións que se están levando a cabo, como a especulación con bens de primeira necesidade coma os alimentos.
Finalmente, chegou a hora de clausurar as charlas deste día, esperando para finalizar as xornadas ao día seguinte.
Chegou o derradeiro día!
Así como empezamos con bo pé, as cousas torcéronse un pouco o domingo.
As nove e media, estaba previsto que tomase parte nas xornadas, como ponente, Raquel Zolle, voluntaria de ESF-Galicia, pero por impedimentos técnicos non pudo chegar a tempo, polo que tivemos que improvisar rápidamente unha actividade interesante e que se correspondese coa temática das xornadas na medida do posible.
Pero como os problemas non veñen sós, a última ponencia do día levada a cabo por A Cova da Terra, asociación para o comercio xusto e responsable tampouco se pudo realizar, esta vez por desorganización interna da sede (pedimos desculpas!)
Aínda así, non podíamos deixar que todo isto afectase á boa disposición que estaban tendo as xornadas e puxemonos mans á obra para solucionar na medida do posible todos estes problemas.
A primeira actuación que levamos a cabo, foi a proxección dun video que é un clásico para nós "A historia das cousas"; dende aquí abrimos debates sobre o consumismo exaserado e introducimos a temática de comercio Xusto e comercio responsable. Isto viuse refrendado por unha dinámica dirixida polo noso compañeiro Xosé Manuel Meira, sobre comercio xusto e comercialización, dividindo o alumnado en grupos e dandolles diferentes rols (agricultores, pequenos almacenistas, transnacionais....).
A continuación, foi o turno de Marcos Ellacuriaga Alonso, voluntario de ESF-Galicia, que se encargou de levar a cabo a temática “Economía para o desenvolvemento nos sistemas alimentarios, posibles formas de orzamento, banca ética”.
Comezou a ponencia explicando conceptos básicos, e foi afondando en cuestións máis centradas, para que o alumnado poidesemos comprender en todo momento do que se estaba a falar e seguisemos a exposición sen problemas.
Na metade da charla, levouse a cabo unha dinámica, na que tivemos que repartir os beneficios xerados por unha empresa propia ficticia. Propoñíanse varios destinos para os que empregar o diñeiro e reflexionouse, falando en porcentaxes, sobre o destino empregado por algúns dos asistentes.
Houbo grandes diferencias nas reparticións e esto fíxonos ver as diferentes prioridades que temos, algunas un tanto cuestionables.
Desgraciadamente, non dou tempo a finalizar a charla debido a un retraso na dinámica anterior, aínda que a xente estaba moi interesada e quería seguir tratando o tema.
Nas fotos da dereita vese o noso compañeiro Marcos Ellacuriaga, impartindo a súa charla.
Descanso para comer, e volta con Xosé Ramón Rodríguez. 
Neste caso, o relator contounos o proxecto de gran interese de “Vida de aldea”, levado a cabo por el mesmo.

Dito proxecto, comezou tras o retiro de seus pais, que lle deixaron ao seu cargo unha explotación, que estaba nunhas condicións un pouco deplorables. De ahí, explicou como foi levando a cabo modificacións para mellorar todo o terreo do que dispoñía ata chegar ao que ten na actualidade, un lugar idílico, onde a xente da cidade pode alquilar unha pequena parcela na que producir os seus propios productos. Falou de como asociacións de diversa índole realizan alí diversas actividades, como rapaces con mal comportamento traballan alí de vez en cando, levabando a cabo obras maravillosas como parte do seu tratamento e como á xente lle gusta tanto o sitio que lle pideu poder facer bodas, comunións, bautizos, etc.
Unha serie de evolucións incribles descritas con imaxes e relatadas por el mesmo que serviron para motivar ao participantes a ser emprendedores e para ilustrar que facendoo ben pódense conseguir cousas moi boas.
A influencia desta charla veuse reflectada na seguinte, que trataba de “Gobernanza local e soberanía alimentaria. Unha aproximación dende o concepto do capitalismo social”, levada a cabo, agora sí, por Raquel Zolle, pechando así as II Xornadas de Soberanía Alimentaria.
Logo da conferencia ofrecida por Raquel, propúxose unha dinámica por grupos, que consistenteu en crear unha empresa e pensar nas súas fortalezas e debilidades, a curto e longo prazo, os bens para poder levala a cabo, etc. Os participantes pensaron nas súas ideas, e entretivéronse contestando ás preguntas realizadas por Raquel, buscandolle remedio ás debilidades dos seus proxectos.
Para finalizar, queremos darvos a grazas a todos os que leestes todo este texto e pedímosvos desculpas se hai algún erro, que non serán poucos.
En especial aos nosos compañeiros da sede de Lugo pola boa acollida que nos deron e pola axuda que nos ofrecen sempre que a precisamos (incluído na realización desta entrada).
Moitas grazas a todos!

3 comentarios:

Sergio dijo...

Moitas felicidades polo traballo, grupaso!!!!! E tamén pola crónica!

Anónimo dijo...

Está genial la entrada! Es como haber estado allí, casi! jeje :)

Roberto Roget Antelo dijo...

Gran nivel de poñentes: Lidia Senra, Pedro Revilla, Francisco Solano... E alégrome moito de ver que Anxo segue a dar o callo e que María participa tan activamente... Non coñezo os demais nomes pero as próximas xornadas non mas perdo!